Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Parlamento Xove
Susana gonzález
Created on November 8, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Geniaflix Presentation
View
Vintage Mosaic Presentation
View
Shadow Presentation
View
Newspaper Presentation
View
Zen Presentation
View
Audio tutorial
View
Pechakucha Presentation
Transcript
WOW
Parlamento Xove 2024
Información básica sobre o programa da Xunta de Galicia
empezar
Índice
1.
5.
Que é Parlamento Xove
Calendario
2.
6.
Categorías
O equipo de debate
3.
7.
Equipos
O tema de debate
4.
8.
Fases
Financiación
É un programa baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización.
ONDE ESTÁ A DIFICULTADE?Só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procederá ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada. Na edición 2023, o tema de debate foi: As redes sociais favorecen a socialización da mocidade?
Categorías
Nas categorías de ESO e Bacharelato, cada centro educativo poderá inscribir, como máximo, dous equipos por categoría.Cada equipo estará formados por 4 alumnos/a e unha profesor/a (que será a coordinadora).
3º-4ºESO
1º-2º BACH
UNIVERSIDADE
Nesta edición do Parlamento Xove poderán inscribirse un total de 24 equipos en Bacharelato.
FASES
FASE FINAL
1ª FASE: Clasificatoria
En todas as categorías, os oito equipos mellor clasificados debaterán sobre un novo tema na fase final de eliminatoria directa, composta por cuartos de final, semifinais e final. Faranse varios encontros dialécticos que seguirán idéntico sistema ao da fase anterior.
Desta xurdirán oito equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final.
+ info
+ info
CALENDARIO
Envío formulario de participación
FASE CLASIFICATORIA
FASE FINAL
FINAIS XANEIRO
FEBREIRO- MARZO
ABRIL-MAIO
Equipo
Nos debates enfrontaranse dous equipos, formado cada un deles por catro membros. Ademais, é indispensable a presenza dunha coordinadora (profe).Os membros do equipo serán catro oradores ou oradoras que realizarán as intervencións retóricas nas súas diferentes quendas: exposición inicial, refutacións e conclusións.
REFUTADOR 1
REFUTADOR 2
CONCLUSIÓN
EXPOSICIÓN INICIAL
5 minutos
5 minutos
3 minutos
4 minutos
Interpelacións
Os/as oradores/as poden interpelar a un orador ou oradora do equipo contrario durante a súa exposición, coa intención de realizar observacións, preguntas ou comentarios. Solicitará a palabra erguendo a man.
O orador/a–refutador/a contará con liberdade para conceder a palabra e para responder ou non. O cronómetro non se parará, así que tanto a interpelación (que non poderá durar máis de 15 segundos) como a resposta, contarán como tempo de intervención do orador ou oradora.
- Durante a exposición inicial e as conclusións, as persoas oradoras non poderán ser interrompidas.
- Tampouco será posible realizar interpelacións durante o último minuto da intervención do/a refutador/a de cada refutación, xa que é o denominado “minuto protexido”.
MATERIAL COMPLEMENTARIO
Para complementar a súa exposición oral, os equipos poderán utilizar o material que consideren necesario: transparencias, diapositivas, vídeos etc...
O tempo non se parará en ningún caso pola utilización de material de apoio, contarán como tempo de intervención.
NOTAS
Durante as exposicións, as persoas oradoras poden recibir apoio do seu equipo en forma de notas. Ningún dos compoñentes do equipo se erguerá dirixíndose ao atril, senón que será sempre o orador ou oradora o que se achegue á mesa.
EVIDENCIAS
Os equipos deben dispoñer durante o debate de evidencias de todos os datos conseguidos na investigación. Así, se o equipo contrario solicita a verificación dun dato, demostrarán a súa autenticidade ao rematar o encontro dialéctico.Se esa evidencia non se atopa na documentación que dispón o equipo e non consegue atopala polos seus propios medios, quedará a criterio do xurado a consideración dese dato como falso.
Que comece o debate!
FASE FINAL 2023
Tivo lugar no edificio do Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela). O equipo gañador na edición anterior foi o IES Ollos Grandes de Lugo.
FASE CLASIFICATORIA
O desenvolvemento desta fase na categoría de Bacharelato e o número de debates que se disputen nela dependerán do número de equipos inscritos. A distribución e temporalización de emparellamentos publicarase tras a realización dun sorteo público o día anterior ao inicio dos debates e se coñeza o número exacto de participantes. O número de equipos participantes tamén pode provocar cambios nas datas e lugar de realización previstos.