Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

AS VANGARDAS

antiarodriguez

Created on November 8, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Snow Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Transcript

As vangardas

lingua e literatura galega

comezar

as vangardas

I. As orixes

orixes: crise da sociedade europea

i GUERRA MUNDIAL

DECADENTISMO DE FIN DE SÉCULO

MARXISMO VS. CAPITALISMO

REVOLUCIÓN BOLXEVIQUE

REVOLUCIÓN TECNOLÓXICA

CRAC DO 29

ascenso dos fascismos

avant garde!

termo militar que define unha actitude risco, exploración e innovación.

Os movementos vangardistas nacen en Francia, Alemaña e Inglaterra. A REVOLUCIÓNS DOS -ISMOS

as vangardas

II. Os ismos

-ISMOS

-ISMOS

RACHAR COA TRADICIÓN

CUBISMO

CREACIONISMO

ANULAR O PASADO

EVOLUCIONAR

DADAÍSMO

MODERNIZARSE

FUTURISMO

ROMPER CO VELLO

EXPRESIONISMO

FURIA, INNOVACIÓN, VELOCIDADE

SUPERREALISMO...

características dos -ismos

  • ANTIRROMANTISMO: fóra sentimentalismo
  • BUSCA DA ARTE PURA (deshumanización, eliminación da finalidade moral, social ou política. O protagonismo non recae no ser humano. A ARTE POLA ARTE
  • ANTIRREALISMO
  • Renovación da LINGUAXE: Búscase a orixinalidade, a experimentación estética elingüística: ruptura coa orde lóxica e sintáctica, uso abundante de metáforas (arte minoritaria, de difícil comprensión)

principais movementos vangardistas europeos

CUBISMO Nace na pintura Na literatura podemos encontrar os caligramas

FUTURISMO Exáltase a vida contemporánea, en especial, a máquina e o movemento. Suprímense adxectivos, adverbios, os signos de puntuación, e a sintaxe.

principais movementos vangardistas europeos

DADAÍSMO Presentado por Tristan Tzara, é o máis provocador dos ismos. Propón a destrución das normas estéticas e defende a liberdade total do artista, a escrita feita grazas ao azar.

CREACIONISMO O seu obxectivo é que o poema fascine, non que se comprenda. O poeta usa a palabra para crear arte, mais non unha arte que traduza nin imite a realidade. Os versos non riman, xógase coa disposición da páxina e prenscíndese da puntuación.

principais movementos vangardistas europeos

SURREALISMO Promovido por André Breton, este ismo está fortemente influido pola psicanálise. O surrealismo rexeita a realidade, e busca a creación no mundo dos soños, do inconsciente. Os surrealistas sostiñan que a creación, en especial a poética, debe ser anónima e grupal, intuitiva, espontánea, lúdica e, no posible, automática. Foron os inventores do CADÁVER EXQUISITO. De feito o seu nome vén do poema creado por eles: «Le cadavre - exquis - boira - le vin - nouveau» (O cadáver exquisito beberá o viño novo).

o manifesto

como órgano difusor da estética

as vangardas

II. en Galiza

as vangardas en Galiza

  • Chegan da man do Grupo Nós, mais especialmente de Vicente Risco
  • Nacen revistas especializadas na difusión destas novas propostas estéticas (Yunque, Ronsel, Alfar...)
  • Existen DÚAS LIÑAS DIFERENCIADAS:
- as da VANGARDA MATIZADA (unidas á tradición poética galega: neotrobadorismo e hilozoísmo) - as da VANGARDA PLENA (creacionismo e surrealismo) que representan Manoel Antonio e Álvaro Cunqueiro (algúns poemarios deste).

as vangardas en Galiza

  • DIFICULTADES PARA SEREN RADICALMENTE VANGARDISTAS
  • A CULTURA GALEGA VIVÍA, DENDE FINAIS DOS 10, UN ASENTAMENTO DA SÚA PROPIA REALIDADE DIFERENCIADA
  • OBXECTIVO FUNDAMENTAL: "Crear de hoxe para sempre a cultura galega" (V. Risco)
  • RAÍCES POPULARES E MITOLOXÍA CÉLTICO-ATLÁNTICA
  • PROCESO CONSTRUTIVO VS. PROCEDEMENTOS VANGARDISTAS (RUPTURISTAS)

as vangardas en Galiza

  • OS ARTISTAS CON POSICIÓNS MÁIS RENOVADORAS (MANUEL ANTONIO, AMADO CARBALLO...) DECLARAN A SÚA DÉBEDA COAS VANGARDAS INTERNACIONAIS
  • PERO NON ESQUECEN AS SÚAS RAÍCES
  • AÚNAN COSMOPOLITISMO (mais alá de Portugal ou o mundo celta) COA SÚA REALIDADE NACIONAL

as vangardas

III. vangarda matizada

vangardas matizadas

O hilozoísmo

O elemento central dos poemas é a paisaxe, un tema tradicional. A súa forma tampouco é renovadora: composicións breves, de rima e métrica tradicionais e léxico popular. A renovación prodúcese nos recursos: numerosas prosopopeas, imaxes, metáforas, cualificacións sensoriais e cromáticas…

+info

vangardas matizadas

neotrobadorismo

Xorde tras a lectura dos cancioneiros medievais, que se popularizaron a finais dos anos 20. Os seus representantes son Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro, aínda que con diferenzas. Bouza estará máis pegado á tradición, e Cunqueiro conxugará tradición con procedementos vangardistas.

+info

Imaxe ou metáfora?❏ A metáfora designa unha relación de semellanza entre dous elementos.❏ Na imaxe hai entre dous significantes unha relación arbitraria, libre e subxectiva. Nace da vontade creacionista de crear unha realidade nova, propia do poeta.

as vangardas

IV. vangarda plena

vangarda plena

surrealismo

Caracterízase pola representación do mundo irracional, dos soños, do subconsciente (psicanálise de Freud). Practican a escritura automática.En Galicia iniciou esta corrente ÁlvaroCunqueiro con Poemas do si e non (1933).

+info

vangarda plena

creacionismo

MANOEL ANTONIO É A FIGURA MÁIS DESTACADA DA RENOVACIÓN DA POESÍA DE COMEZOS DE SÉCULO Está fortemente influenciado polo CREACIONISMO, aínda que tamén pesenta trazos cubistas e futuristas.

+info

vangarda plena: Manuel Antonio

De catro a catro (1928). O libro representa unha travesíamarítima, na que van xurdindo diversas emocións propias

Trazos xerais da obra:- o fondo existencial dos poemas- disposición tipográfica innovadora- ausencia de rima e ritmo- inexistencia da lóxica gramatical- léxico técnico, pouco habitual na poesía- metáforas inusuais- profundo simbolismo (o barco> eu lírico; a proa> a aventura, o futuro; a popa> a saudade, o pasado...)

NAVY BAR

Que elementos innovadores encontras no poema NAVY BAR?

NAVY BAR

AUSENCIA DE RIMA HETEROSILABISMO SUPRESIÓN DOS SIGNOS DE PUNTUACIÓN

Lied onhe worte

Noiva miña vestida de lúa Que romantizas ¡tan cursi! polo xardín Senteima á proa Fumando a miña pipa. Pero outra noite pensarei en ti.

Que che chama a atención deste poema de De catro a catro?

Lied onhe worte

Noiva miña vestida de lúa Que romantizas ¡tan cursi! polo xardín Senteima á proa Fumando a miña pipa. Pero outra noite pensarei en ti.

ANTIRROMANTISMO IRONÍA CONTRA OS INTIMISTAS ANTERIORES Á VANGARDA

Lied onhe worte

Que che chama a atención deste poema de De catro a catro?

Lied onhe worte

ELEMENTOS CUBISTAS ESPAZO EN BRANCO: SILENCIO; ILLA A PALABRA, INTENSIFICA O SIGNIFICADO

EXCELSIOR

Pertence a Foulas (1922-25) CALIGRAMA: VONTADE DE CONSTRUÍR ALGO NOVO ROSA DOS VENTOS: INDIVIDUALISMO, MAIS GALEGUISMO

principais autores

manoel antonio

luís amado carballo

fermín bouza brey

álvaro cunqueiro

LELÍAS Ó TEU OUVIDO

NOIVADO IV

TABERNA

NAVY BAR

Cronoloxía

1916

NACEMENTO DAS IRMANDADES DA FALA

1919

II ASEMBLEA NACIONALISTA: DEBÁTESE A PARTICIPACIÓN POLÍTICA

FUNDACIÓN DO GRUPO NÓS (A REVISTA NACERA EN 1920)

1921

MANUEL ANTONIO E ÁLVARO CEBREIRO PUBLICAN O MANIFESTO MÁIS ALÁ

1922

Cronoloxía

1923

NACEMENTO DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

1927

AMADO CARBALLO PUBLICA PROEL (HILOZOÍSMO)

MANUEL ANTONIO PUBLICA DE CATRO A CATRO (NÓS)

1928

1932

CUNQUEIRO PUBLICA MAR AO NORDE (NÓS)

1933

CUNQUEIRO PUBLICA POEMAS DO SI... E BOUZA BREY NAO SENLLEIRA

Obrigada!

Xa tedes esta presentación na aula virtual