Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

LECTURAS QUE ESTÁN DE MEDO

anajandro3

Created on October 29, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Blackboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Historical Presentation

Psychedelic Presentation

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Transcript

Lecturas que están de medo

CEIP O COUTO- EQUIPO DE BIBLIOTECA SAMAÍN 2024

Lecturas que están de medo"CORRE CORRE , CABACIÑA"

Unha velliña atopa no camiño un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela e mais a súa neta argallarán algo moi orixinal para burlar as tres feras

Lecturas que están de medo " A BRUXA REGAÑADENTES"

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, internánse no bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno trata de avisar os dous máis vellos pero acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida...

Lecturas que están de medo "FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS"

Fiz non era coma outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo

Lecturas que están de medo" LA EXTRAÑA VISITA"

Unha velliña que vivía soa, desexaba ter compañía e todas as noites, moi triste, sentábase a fiar esperando unha visita que nunca daba chegado...

Lecturas que están de medo" PAPÁ CANIBAL"

Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín.

Lecturas que están de medo" ESCARLATINA A COCIÑEIRA DEFUNTA"

Como Román quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén.

Lecturas que están de medo"SOCORRO 12 CUENTOS PARA CAERSE DE MIEDO"

Unha avoa malvada que odia aos seus netos; máns misteriosas que te agarran na noite; unha xigantesca tea de araña; nenos que deseaparecen; un cadro que cobra vida para denunciar un crime.... Non leas este libro antes de durmir!! Non poderás durmir...

Lecturas que están de medo " TRECE AVISOS"

O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves...

FELIZ SAMAÍN!!!!Bibliocouto