Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

NARRATIVA NO PRIMEIRO TERZO DO S.XX

Javier Rubín Santamarína

Created on October 25, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Snow Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Transcript

Javier Rubín Santamarina

A NARRATIVA DO PRIMEIRO TERZO DO S. XX

ÍNDICE

Vicente Risco
A narrativa das Irmandades
O grupo Nós
Ramon Otero Pedrayo
Florentino Perez Cuevillas
Rafael Dieste
Castelao
Prosa de vangarda Ensaio e Teatro

A NARRATIVA DAS IRMANDADES

No primeiro terzo do século XX as Irmandades de Fala crean unha prosa de ficción e potencian a narrativa breve, que se difundía nos xornais. Destacan coleccións de novela curta como Céltiga ee Lar. Entre os narradores máis destacados: Francisca Herrera Garrido, Xosé Lesta Meis...

O GRUPO NÓS

Entre 1920 e 1936. Os membros principais do grupo son Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas. O seu principal logro foi a consolidación e modernización da prosa galega.

VICENTE RISCO

Ideoólogo do Grupo Nós e intelectual da nosa cultura. En narrativa "O porco de pé" é a obra máis importante. Outras novelas destacadas son "Do que lle aconteceu ao doutor Alveiros", "O lobo da xente"... Dentro do ensaio escribiu a "Teoría do nacionalismo galego", "Nós, os inadaptados", "Mitteleuropa" e no teatro "O bufón de El-Rei".

RAMÓN OTERO PEDRAYO

Otero Pedrayo foi o principal literato do grupo Nós. En narrativa escribiu "Os camiños da vida", "Arredor de sí", "A Romería de Xelmírez", "Fra Vernero"... No teatro escribiu "A Lagarada" e "O desengano de prioiro". A súa numerosa produción ensaística céntrase en temas de xeografía e historia.

CASTELAO

Castelao é a figura máis sobranceira da cultura galega do século XX. En narrativa escribiu "Un ollo de vidro", "Cousas", "Retrincos", "Os dous de sempre"...Tamén deixou obras teatrais ("Os vellos non deben namorarse"), ensaísticas e plásticas.

FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS

Antropólogo e prehistoriador, desenvolveu un importante labor no campo da arqueoloxía coas súas investigacións sobre a cultura celta-castrexa e sobre a Galicia romana. Publicou numerosos ensaios sobre o tema e o libro "Prosas galegas" de forma póstuma.

RAFAEL DIESTE, O TEATRO E O ENSAIO DE VANGARDA

A produción literaria de Rafael Dieste abrangue a narrativa ("Dos arquivos do trasno") e o teatro ("A fiestra valdeira"). Dieste empregou ocasionalmente o pseudónimo Félix Muriel. Coas Irmandades de Fala, o teatro convértese en instrumento de concienciación política e lingüística. Os dramaturgos máis significativos son Cabanillas, Armando Cotarelo Valledor, Xaimw Quintanilla... Neste periodo prodúcense as primeiras obras de ensaio. Os grandes autores do momento escribiron obras didácticas sobre diversos ámbitos.