A AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA
Según a lexislación en Galicia
REGULACIÓN LEXISLATIVA
COMO SE SOLICITA
COMo se leva a cabo
CONCEPTO E FINALIDADE
REVISIÓN, INFORMACIÓN E ARQIUIVAMENTO
COMPETENCIA E RESPONSABILIDADE
CANDO SE LEVA A CABO
O INFORME PSICOPEDAGÓXICO
Defínese como un proceso sistematizado de recollida, análise e valoración da información relevante do alumnado, do seu contexto escolar, do contorno sociofamiliar e dos elementos que interveñen no proceso de ensino e de aprendizaxe. A finalidade da avaliación psicopedagóxica é a identificación e a acreditación do desenvolvemento persoal e social, das competencias adquiridas e das necesidades educativas que poida presentar determinado alumnado, para poder fundamentar e concretar a resposta educativa ás súas necesidades, por exemplo:
- Recursos e apoios específicos
- Modalidade de escolarización
- Medidas de atención á diversidade
- Orientación educativa e profesional.
Na avaliación psicopedagóxica haberá que recoller información sobre os seguintes aspectos:
- O alumno/a: datos físicos, de saúde, desenvolvemento, historia escolar, nivel curricular, competencias, intereses, motivación, ... .
- O seu contexto escolar.
- O seu contexto sociofamiliar.
- Concluír se se trata dunha alumno/a con necesidade específica de apoio educativo, e especificar o tipo de necesidade específica de apoio educativo que presenta.
- Concretar as orientacións para a intervención educativa.
Os instrumentos a empregar serán variados de propios da orientación educativa:
- Probas psicopedagóxicas, tests estandarizados e cuestionarios.
- Observación en diferentes contextos.
- Entrevistas.
- Análise do seu expediente e das súas producións escolares.
- Informe do equipo docente.
- Achegas da familia e profesionais que o atenden.
SOLICITUDE: A avaliación psicopedagóxica pode ser solicitada, cando se cumpra algunha das situacións anteriormente descritas, por:
- O profesorado titor/a.
- A dirección do centro nos casos de alumnado en proceso de admisión.
- A Administración educativa.
- A propia xefatura do departamento de orientación.
- Os pais e nais ou titores legais do alumnado.
PROTOCOLO DE DEMANDA: Con carácter xeral, a avaliación psicopedagóxica iniciarase a partir do correspondente protocolo de demanda, concretado nun documento elaborado pola xefatura do departamento de orientación, o cal pertencerá o Plan de Atención á Diversidade. No caso de que sexa necesaria a intervención dos especialistas dos EOEs, a xefatura do departamento de orientación, co visto e prace da dirección do centro, solicitarao á Xefatura Territorial de Inpección Educativa mediante un modelo formalizado, adxuntando unha copia do informe psicopedagóxico. AUTORIZACIÓN: As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado deberán ser informadas da realización da avaliación psicopedagóxica, así como da súa finalidade, dos resultados e das posibles orientacións ou propostas de actuación. Destas informacións quedará constancia escrita.
REVISIÓN DA AVALIACIÓN:
O informe psicopedagóxico ten carácter revisable e actualizarase nos seguintes casos:
- En calquera momento da escolarización do alumnado, cando se produzan modificacións significativas da súa situación.
- Ao comezo de cada etapa educativa.
INFORMACIÓN DA AVALIACIÓN:
A xefatura do departamento de orientación informará o profesorado titor, ó alumno/a, e ós seus pais ou titores legais dos resultados e das conclusións da avaliación psicopedagóxica realizada, así como da proposta educativa que se derive desta. Os pais/ nais e titores legais poden solicitar unha copia do informe psicopedagóxico por escrito á dirección do centro docente.
O centro docente facilitaralles copia do informe solicitado; esa entrega consignarase no rexistro oficial de saída do centro e deixarase constancia escrita da recepción por parte da persoa solicitante, no expediente da alumna ou do alumno. CONFIDENCIALIDADE:
Os informes psicopedagóxicos teñen carácter confidencial, polo que levarán esa indicación en todas as páxinas. ARQUIVAMENTO DO INFORME: O orixinal ou unha copia auténtica arquivarase no expediente escolar da alumna ou do alumno.
A avaliación psicopedagóxica do alumnado é competencia e responsabilidade da xefatura do departamento de orientación do centro docente, coa colaboración e o asesoramento, de ser necesario, do equipo de orientación específico correspondente. Nos casos que proceda, a devandita avaliación será realizada directamente polo equipo de orientación específico
O informe psicopedagóxico é o documento no que se recollen os resultados e as conclusións da avaliación psicopedagóxica. A elaboración do informe psicopedagóxico compete á xefatura do departamento de orientación do centro docente no que estean matriculados o alumno ou a alumna obxecto da avaliación psicopedagóxica, ou, de ser o caso, a do centro para o que solicita praza. Neste ENLACE pódese obter un modelo de informe psicopedagóxico según a lexislación vixente.
A avaliación psicopedagóxica, tamén denominada avaliación psicoeducativa, está regulada nos artigos nº 13, 14, 15, 16, 17, 18 e 19 da ORDE do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O informe psicopedagóxico está regulado nos artigos nº 20, 21, 22, 23 e 24 de dita Orde. ENLACE á Orde do 8 de setembro de 2021.
Débese realizar Avaliación Psicopedagóxica nos seguintes casos:
- Cando existe algún tipo de discapacidade, trastorno ou circunstancia que afecte o seu desenvolvemento xeral, así como a súa aprendizaxe.
- Se existen indicios de altas capacidades intelectuais.
- Se os resultados da avaliación inicial deban complementarse con esa avaliación.
- Se se prevé a necesidade dalgunha medida extraordinaria de atención á diversidade que require, previamente, esa avaliación, por exemplo ADAPTACIÓN CURRICULAR ou FLEXIBILIZACIÓN, entre outras.
- Cando se prevé a necesidade de recursos educativos complementarios ou apoios especializados de difícil xeneralización.
- Cando hai que elaborar ou modificar o ditame de escolarización.
- Cando, por circunstancias excepcionais, a Administración o require.
A Avaliación Psicopedagóxica
Mónica Diz Besada
Created on October 17, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Akihabara Connectors Infographic
View
Essential Infographic
View
Practical Infographic
View
Akihabara Infographic
View
Vision Board
View
The Power of Roadmap
View
Artificial Intelligence in Corporate Environments
Explore all templates
Transcript
A AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA
Según a lexislación en Galicia
REGULACIÓN LEXISLATIVA
COMO SE SOLICITA
COMo se leva a cabo
CONCEPTO E FINALIDADE
REVISIÓN, INFORMACIÓN E ARQIUIVAMENTO
COMPETENCIA E RESPONSABILIDADE
CANDO SE LEVA A CABO
O INFORME PSICOPEDAGÓXICO
Defínese como un proceso sistematizado de recollida, análise e valoración da información relevante do alumnado, do seu contexto escolar, do contorno sociofamiliar e dos elementos que interveñen no proceso de ensino e de aprendizaxe. A finalidade da avaliación psicopedagóxica é a identificación e a acreditación do desenvolvemento persoal e social, das competencias adquiridas e das necesidades educativas que poida presentar determinado alumnado, para poder fundamentar e concretar a resposta educativa ás súas necesidades, por exemplo:
Na avaliación psicopedagóxica haberá que recoller información sobre os seguintes aspectos:
- O alumno/a: datos físicos, de saúde, desenvolvemento, historia escolar, nivel curricular, competencias, intereses, motivación, ... .
- O seu contexto escolar.
- O seu contexto sociofamiliar.
- Concluír se se trata dunha alumno/a con necesidade específica de apoio educativo, e especificar o tipo de necesidade específica de apoio educativo que presenta.
- Concretar as orientacións para a intervención educativa.
Os instrumentos a empregar serán variados de propios da orientación educativa:SOLICITUDE: A avaliación psicopedagóxica pode ser solicitada, cando se cumpra algunha das situacións anteriormente descritas, por:
- O profesorado titor/a.
- A dirección do centro nos casos de alumnado en proceso de admisión.
- A Administración educativa.
- A propia xefatura do departamento de orientación.
- Os pais e nais ou titores legais do alumnado.
PROTOCOLO DE DEMANDA: Con carácter xeral, a avaliación psicopedagóxica iniciarase a partir do correspondente protocolo de demanda, concretado nun documento elaborado pola xefatura do departamento de orientación, o cal pertencerá o Plan de Atención á Diversidade. No caso de que sexa necesaria a intervención dos especialistas dos EOEs, a xefatura do departamento de orientación, co visto e prace da dirección do centro, solicitarao á Xefatura Territorial de Inpección Educativa mediante un modelo formalizado, adxuntando unha copia do informe psicopedagóxico. AUTORIZACIÓN: As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado deberán ser informadas da realización da avaliación psicopedagóxica, así como da súa finalidade, dos resultados e das posibles orientacións ou propostas de actuación. Destas informacións quedará constancia escrita.REVISIÓN DA AVALIACIÓN: O informe psicopedagóxico ten carácter revisable e actualizarase nos seguintes casos:
- En calquera momento da escolarización do alumnado, cando se produzan modificacións significativas da súa situación.
- Ao comezo de cada etapa educativa.
INFORMACIÓN DA AVALIACIÓN: A xefatura do departamento de orientación informará o profesorado titor, ó alumno/a, e ós seus pais ou titores legais dos resultados e das conclusións da avaliación psicopedagóxica realizada, así como da proposta educativa que se derive desta. Os pais/ nais e titores legais poden solicitar unha copia do informe psicopedagóxico por escrito á dirección do centro docente. O centro docente facilitaralles copia do informe solicitado; esa entrega consignarase no rexistro oficial de saída do centro e deixarase constancia escrita da recepción por parte da persoa solicitante, no expediente da alumna ou do alumno. CONFIDENCIALIDADE: Os informes psicopedagóxicos teñen carácter confidencial, polo que levarán esa indicación en todas as páxinas. ARQUIVAMENTO DO INFORME: O orixinal ou unha copia auténtica arquivarase no expediente escolar da alumna ou do alumno.A avaliación psicopedagóxica do alumnado é competencia e responsabilidade da xefatura do departamento de orientación do centro docente, coa colaboración e o asesoramento, de ser necesario, do equipo de orientación específico correspondente. Nos casos que proceda, a devandita avaliación será realizada directamente polo equipo de orientación específico