Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PRESENTACIÓN PDI CURSO 20223/2024

nicolegarciamoledo

Created on October 10, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Dynamic Visual Presentation

Pastel Color Presentation

Blackboard Presentation

Transcript

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DE CENTRO

Todas e todos temos unha historia que contar

CURSO 2023/ 2024

CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel (Carral)

ÍNDICE

Formación de usuarios

Colaboración da comunidade educativa

Semana da Prensa

Lecturas na Galiña Azul

Concurso de logos

Consello da infancia

Lectura e familias

Elas contan historias

50 anos do noso colexio

Acompañamentos lectores

Día do libro

Programas de radio

Día de Rosalía

Taller de libro obxecto

Ciénciame un conto

Produtos finais do PDI

FORMACIÓN DE USUARIOS

Iniciamos o curso formando a toda a comunidade educativa

Profesorado

Alumnado

Familias

Formación do alumnado de cada clase na biblioteca por diferentes membros do equipo.

Diapostiva para as familias transmitida nas diferentes reunións

Informacións varias sobre a biblioteca e unha reunión para todo o profesorado.

Tríptico informativo

Funcionamento KOHA

CONSELLO DA INFANCIA

O mércores 11 de outubro levamos a cabo o primeiro Consello da Infancia deste curso escolar 2023/2024. Desvelamos o título do PDI deste curso "Todos e todas temos unha historia que contar", a través da análise de varias fotografías que apareceron por sorpresa nos corredores do colexio.

Pica aquí para ver as imaxes

TEMAS DO CONSELLO DA INFANCIA

Outros temas relacionados co PDI que se traballaron nas seguintes reunións do Consello da Infancia foron:

Desvelar os produtos finais de cada aula

Elaborar un logo que represente a historia do Consello da Infancia

Ideas para aexposición do PDI á comunidade educativa

ELAS CONTAN HISTORIAS

O luns 16 de outubro conmemorouse o Día das Escritoras. Neste día, levamos a cabo a actividade "Elas contan historias". Cada aula escolleu unha escritora e unha das súas obras e foilla ler a outra aula do mesmo nivel. Acompañouse esta proposta coa elaboración dunha folla de outono (aproveitando esta estación) onde se incluíu información sobre a escritora e a obra que escoitaron.

AQUÍ PODEDES VER OS RESULTADOS DESTA ACTIVIDADE!

PROGRAMAS DE RADIO

Magosto

50 aniversario

25 N

Día de Rosalía

Día das escritoras

O alumnado de 5ºB contaron a historia de Rosalía de Castro nun programa de radio. Ademais, outras aulas do cole (2ºC, 4ºA e 5ºA) recitaron poemas dela.

O alumnado de 6º curso elaborou un programa de radio para conmemorar os 50 anos do noso colexio.

Queredes saber a historia do Magosto?Escoitade este programa do alumnado de 5ºB de radio para sabelo.

Polo 25N o alumnado de 6º curso realizou un programa de radio. Ademais, contaron coa axuda das nenas e nenos de 2ºC que recitaron un poema.

O alumnado de 5ºB elaborou un programa de radio sobre o Día das Escritoras e a figura de Begoña Oro.

CIÉNCIAME UN CONTO

Durante a última semana de novembro levamos a cabo a proposta "Ciénciame un conto" xa que novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. O alumnado realizou diferentes experimentos partindo das historias e dos/as protagonistas de diferentes libros da biblioteca.

COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA

O apoio da comunidade educativa foi imprescindible para contar a nosa primeira historia do PDI, a do noso colexio. A comunidade educativa participou de distintas formas:

Charlas
Fotografías
Entrevistas

7. CONCURSO DE LOGOS

Cada curso, no noso cole levamos a cabo un concurso de logos no que poden participar todos/as os/as nenos/as do centro. O obxectivo deste concurso é escoller o logo que vai representar o noso PDI "Todos e todas temos unha historia que contar". O logo gañador deste curso escolar foi este:

Nesta presentación poderedes ver aos finalistas e a todos/as os/as participantes deste concurso

50 ano do noso colexio

A primeira historia que quixemos contar foi a do noso colexio xa que, neste curso, cumpre 50 anos de antigüidade. Cada grupo levou a cabo unha investigación sobre o pasado de colexio (o nome, instalacións, recordos, entrevistas...). O 21 de decembro mostramos os resultados das nosas investigacións no centro coa presenza de antigos mestres/as deste colexio.

Educación Primaria

Educación Infantil

50 anos do noso colexio

Picando en cada curso poderedes observar os produtos finais levados a cabo polo alumnado de Educación Infantil.

6º EI A

4º e 5º EI

6º EI B

50 ano do noso colexio

Picando en cada curso poderedes observar os produtos finais levados a cabo polo alumnado de Educación Primaria.

3º EP

4º EP

2º EP

1º EP

5º EP

6º EP

Os nenos e as nenas de 4º e 5º de educación infantil elaboraron un photocall para que todo o alumnado do centro puidese sacar unha foto nel neste memorable día. Quedou estupendamente!

4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Para que todo o centro se enterase deste día e da nosa exposición sobre o pasado do colexio, o alumnado de 6º de Educación Infantil A elaborou un cartel publicitario .

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL B

Estes nenos e nenas elaboraron entrevistas ao persoal da limpeza pois foron, no seu momento, alumnas deste colexio. Estas entrevistas fixéronse a través da radio do colexio.

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL A

O alumnado de 1º de educación primaria investigou sobre a figura de Vicente Otero Valcárcel e o motivo polo que o noso centro ten ese nome. Ademais, prepararon un xogo para completar con palabras a historia de Vicente.

1ºDE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estas nenas e nenos elaboraron debuxos relacionados co colexio e escolleron diferentes imaxes antigas del. Coa máquina Transfer de Polos Creativos, pasaron eses debuxos e imaxes a unha tea e logo bordáronas.

2ºDE EDUCACIÓN PRIMARIA

Aproveitando os 50 anos do colexio, o alumnado de 3º de Educación Primaria elaborou unha liña do tempo sobre diferentes acontementos importantes que sucederon dentro destes anos (inventos, sucesos históricos...).

3ºDE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos e as nenas de 4º de Educación Primaria investigaron sobre os recordos que teñen as súas familias sobre o seu paso polo colexio (a que xogos xogaban, anécdotas, lugares favoritos...).Con eses recordos elaboraron unha exposición simbolizando unha rede.

4ºDE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos e as alumnas de 5º de Educación Primaria investigaron sobre as antigas instalacións do colexio. Realizaron diferentes entrevistas para saber das mesmas e, como produto final, elaboraron unha maqueta 3D sobre o colexio (en cartón e coa impresora 3D) incluíndo información sobre as instalacións antigas. Ademais, popuxeron o xogo de relacionar o nome da zona do colexio coa súa ubicación na maqueta. Sodes capaces de ubicalas?

5ºDE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os e as maiores do colexio elaboraron un programa de radio incluíndo entrevistas de persoas da comunidade educativa, entre elas, Cristina (mestra, nai e exalumna deste colexio) e Iván (conserxe do colexio e exalumno deste). Escoitade este programa!

6ºDE EDUCACIÓN PRIMARIA

ACOMPAÑAMENTOS LECTORES

Unha das mellores maneiras de contar historias é a través dos acompañamentos lectores levados a cabo no noso colexio. A continuación, podedes ver imaxes dalgúns destes encontros.

SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar a Semana da Prensa (do 4 ao 8 de marzo), o Equipo de Biblioteca e o Equipo TIC propuxemos a elaboración dun xornal dixital chamado "Todos e todas contamos" relacionado co tema das historias e dos contos clásicos.

DÍA DE ROSALÍA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo unha actividade para celebrar o día do nacemento de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro. Esta actividade consistía en plasmar un poema de Rosalía e facer un debuxo sobre o que estaría pensando a autora cando escribiu ese poema.A continuación, podedes ver as nosas creacións.

DÍA DE ROSALÍA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo unha actividade para celebrar o día do nacemento de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro. Esta actividade consistía en plasmar un poema de Rosalía e facer un debuxo sobre o que estaría pensando a autora cando escribiu ese poema.A continuación, podedes ver as nosas creacións.

LECTURAS NA GALIÑA AZUL

O pasado 22 e 23 de abril, para conmemorar o Día do Libro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria (16 nenos e nenas voluntarios/as) foron compartir contos e historias cos pequenos e pequenas da Galiña Azul. Pasamos uns momentos ben bonitos e entrañables na mellor das compañías e cun público do máis respectuoso e atento. Esta actividade está encadrada no programa Bibliotecas Solidarias do que formamos parte por primeira vez este ano. Foi unha experiencia para repetir!

LECTURA E FAMILIAS

Dentro do programa de Lectura e Familias levamos a cabo as seguintes actividades:

Charlas para as familias
Maletas de lectura

Contacontos

DÍA DO LIBRO

Polo Día do Libro, o equipo de biblioteca propuxo a actividade de elaborar unha oca de libros chamada "O pingüicamiño das historias" entre todas as aulas do centro. Cada clase escolleu unha historia e fixo preguntas sobre ela, agora está dispoñible na biblioteca para que poidan xogar todos e todas. O obxectivo desta actividade e coñecer diferentes contos dunha forma máis lúdica e entretida.

TALLER DE LIBRO OBXECTO

A profe Rocío fixo un taller de "libro obxecto" con varias clases voluntarias do centro. A actividade consistiu en darlle unha nova vida aos libros de expurgo, facelos nosos e contar as nosas historias e vida neles tal e como aprendeu do artista Pablo Otero nos seus obradoiros. O resultado deses libros obxecto foron expostos na feira final do noso PDI.

PRODUTOS FINAIS DO PDI

Aquí poderedes ver a historia que contou cada un dos cursos:

3º EP
2º EP
1º EP
5º EI
EI
6º EP
4º EP
5º EP
Historias que marcan
As nosas historias contan
Spring Week
Polos Creativos

O PROTAGONORIO:LIBRO DOS QUE FAN HISTORIAS

A historia dos nenos e das nenas de Educación Infantil centrábase nos protagonitas dos diferentes contos. Elaboraron un vídeo explicativo e un xogo onde o alumnado tiña que manexar un escornabot.

ASÍ SON EU

O alumnado de 5º de Educación Infantil fixeron unha exposición contando a súa propia historia e incluíndo os seus gustos persoais.

A HISTORIA DOS MÁRTIRES DE CARRAL

As nenas e os nenos de 1º de primaria contaron a historia dun monumento moi importante en Carral, os Mártires. Elaboraron unha presentación en Canva informativa sobre dito monumento e uns pasatempos.

HISTORIAS A TRAVÉS DA ARTE

Os alumnos e as alumnas de 2º curso de primaria contaron a historia de varias artistas como Judith Scott, Louise Bourgeois entre outras. Recrearon algunhas das súas obras e animaron aos/ás visitantes da súa exposición a facer o mesmo, por exemplo, decorando unha cadeira con fío de lá de distintas cores ao estilo de Judith Scott.

HISTORIAS DESTE SÉCULO

O alumnado de 3º de educación primaria investigou sobre os diferentes inventos e historias de contos que aconteceron durante este século. Expuxeron toda a información nunha liña do tempo. Ademais, elaboraron un xogo no que, a través de diferentes pistas, había que ubicar na liña do tempo o ano de creación das distintas historias.

HISTORIAS DETRÁS DAS VENTÁS

En 4º de primaria investigaron sobre as historias que poden ocorrer detrás das ventás, é dicir, dentro dos nosos fogares partindo do libro "Ventanas". Elaboraron unha maqueta dun pobo onde cada casa representaba unha historia diferente. Este pobo podía visitarse cun robot. Ademais, os nenos e as nenas recompilaron por escrito as historias de cada casa e animaban aos e ás visitantes a elaborar a súa propia historia tendo en conta os elementos principais dunha historia: personaxe, lugar, acontecemento, tempo...

HISTORIAS PARA LEMBRAR

Partindo do libro "Chamádeme Simbad" de Francisco Castro, o alumnado de 5º de primaria investigaron sobre a enfermidade do alzhéimer. Elaboraron unha instalación artística denominada "A rede de recordos" na que cada persoa tiña que escribir aquel recordo que sempre lle gustaría manter na súa memoria. Ademais, elaboraron unha serie de xogos para fortalecer a memoria como un memory e un dominó de contos e un xogo para adiviñar de que conto se trataba utilizando a placa makey-makey. Coa impresora 3D elaboraron obxectos como colares e pulseiras para as persoas con alzhéimer. Cuns barquiños con imáns recrearon un momento do conto e así deron a coñecer o concepto de magnetismo.

AS TRES MARÍAS E CARRAL INFORMA

As alumnas e os alumnos de 6º curso de educación primaria elaboraron un museo sobre a historia de tres mulleres moi importantes para Galicia: Maruxa Mallo, María Casares e María Miramontes. Elaboraron uns retratos delas seguindo diferentes técnicas artísticas, expuxeron datos biográficos das mesmas utilizando a ferramenta de Canva e elaboraron diferentes xogos ambientados nestas figuras, por exemplo: Un tres en raia, un memory, unha sopa de letras e sección de maquillaxe a Maruxa Mallo. Ademais, estes rapaces e rapazas elaboraron un documental sobre o seu paso polo colexio de Carral.

AS NOSAS HISTORIAS CONTAN

Grazas ao taller de libro obxecto levado a cabo pola mestra Rocío, cada aula participante puido expoñer o seu libro obxecto contando as súas historias. Aquí podedes ver o resultado:

HISTORIAS QUE MARCAN

Grazas ao traballo das nais que formaron parte do Club de Lectura "Milfollas de papel", puidemos presenciar esta exposición sobre algún dos libros que leron.

A HISTORIA DA SPRING WEEK

O alumnado de 6º de primaria elaborou un mural contando a súa experiencia e as súas aventuras no programa de inmersión lingüística Spring Week.

POLOS CREATIVOS

Dende Polos Creativos, expuxéronse diferentes xogos e actividades relacionadas coas historias, por exemplo: Animar a elaborar un Stop Motion, un "Quen é quen?" de mestres/as do colexio, descifrar unha mensaze utilizando o código de bandeiras náuticas

Fotografías

Grazas á nosa comunidade educativa e ao Concello, contamos cunha ampla variedade de fotografías do pasado do noso colexio. A maiores, fixemos unha fotografía cun dron simbolizando os 50 anos do colexio.

Neste vídeo poderedes ver a historia do colexio en 50 recordos e as fotografías que nos enviaron do mesmo.

Maletas viaxeiras

Son cinco maletas cheas de libros e materiais que se poden levar prestadas para a casa. É unha iniciativa que pretende fomentar a lectura no fogar tanto con libros pensados para os nenos/as como para os adultos/as. As temáticas destas maletas son as seguintes:

  • Estimulación da linguaxe (pensada para EI, 1º e 2º de EP).
  • Maleta TIC para pequenos (EI, 1º e 2º de EP)
  • Maleta TIC para maiores (3º, 4º, 5º e 6º de EP)
  • Maleta de inglés.
  • Maleta con libros sobre a crianza e outros.

Para saber máis...

CHARLAS DE FAMILIARES

Durante este trimestre tres familias colaboradoras viñeron contarnos a súa historia ás clases de 4º dentro do PDI do centro "Todas e todos temos unha historia que contar". Moitas grazas por vir e por darnos a oportunidade de tan boas conversas.

Contacontos

Dúas nais do noso colexio, María e Graciela, viñeron en tres ocasións a contar uns contos ao alumnado de Educación Infantil.

  • Para o alumnado máis pequeno, os de 4º de EI, contaron o conto de "O paraguas de cebra" de David Hernández Sevillano e Anuska Allepuz.
  • Para o alumnado de 5º de EI, o conto elixido foi "8 patas" de Ana Meilán.
  • Para os nenos e as nenas de 6º de EI, tocoulle o libro de "Aquiles o puntiño" de Guia Risari e Marc Taeger da Editorial Kalandraka.
Moitísimas grazas pola vosa implicación e traballo!

ENTREVISTAS

Os/as alumnos/as de 5º de Educación Infancil e 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron entrevistas a distintos membros da comunidade educativa. Entre eles hai: nais e pais do centro, Iván (o conserxe do colexio), Adrián (o cociñeiro do centro) e mestres/as do colexio que foron antigos/as alumnos/as deste centro. Grazas a estas entrevistas, coñecemos máis información do pasado do colexio. Grazas a todos/as pola vosa participación! Aquí tedes algunha das entrevistas realizadas. As demais poderedes escoitalas dentro da carpeta de 5º de Educación Infantil e na de 6º de Educación Primaria.

Entrevista a Adrián, o cociñeiro

Entrevista ao pai de Martín de 5ºB

CHARLAS PARA AS FAMILIAS

As familias puideron desfrutar dalgunhas charlas organizadas dende a biblioteca do colexio:

  • Charla impartida por Isabel Dans profesora da Universidade de A Coruña, que estivo con nós para falarnos de familia e tecnoloxía.
  • Charla impartida por Montse Pena Presas da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a literatura infantil e xuvenil.