Os seres míticos galegos
que figura che mete máis medo?, por que?
Pilar BuelaJuan C. Montejano
Os seres míticos galegos
que figura che dá máis medo?, por que?
Pilar BuelaJuan C. Montejano
O GATIPEDRO
O gatipedro é unha figura mitolóxica de Galicia que fai mexar ós nenos na cama.Ten forma de gato branco cun corno mouro na cabeza. Vai ás casas polas noites, para nos cuartos nos que hai nenos durmindo, e entón ponse a verquer auga polo seu corno. O neno durmido, escoitando o pingar da fonte do gatipedro, soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Segundo a tradición, para espantalo é necesario botar unhas areas de sal diante da porta do cuarto e a carón da fiestra. O gatipedro camiña apoiándose, ademais de nas catro patas, na lingua, polo que cando sente o sabor do sal, dá a volta e deixa os nenos da casa en paz.
LOBISHOME
Un lobishome, tamén coñecido como licántropo, é, nas mitoloxías e lendas principalmente da civilización europea, un humano que posúe a capacidade de transformarse, parcial ou totalmente, nun lobo. Esta transformación pode deberse a varias causas, coma unha imprecación ou ritual voluntario, ou, máis recentemente, pola mordedela ou rabuñada doutro lobo. Adoita activarse durante as noites de lúa chea, condenando ao lobishome a vagar ata a mañá.
MEIGAS
Segundo a tradición popular, unha meiga é a muller con coñecementos de maxia e bruxaría, ademais de menciñeira. Entre as súas calidades figuran a capacidade para facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación A meiga non se debe confundir coa bruxa, que fai o ben e é capaz de desfacer os conxuros maléficos e o mal de ollo das meigas. Porén, ás veces, utilízase como sinónimo.
PEDRO CHOSCO
Ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Pedro Chosco é o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños, aínda que prefire anainar mozas e sobre todo criadas de servir. Rolda as rapazas polo día entreténdoas e impedíndolles traballar. Os nenos e nenas ven a Pedro Chosco cando xa teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir.
OS TRASNOS OU TRASGOS
Un trasno ou trasgo é unha criatura imaxinaria, unha especie de demo invisíbel, propia da tradición popular galega e do norte de Portugal. Denomínase tamén diaño, entendido como ente distinto do demo e nunca tan maligno coma este.
Adoita ser de hábitos nocturnos e serve para explicar sucesos de causa aparente descoñecida, sobre todo sucesos accidentais que comportan un dano non grave. Así, o trasno argalla para facer que rompa a louza, que se perdan as chaves, que caia un valado, que se leen os novelos que estea fiando unha moza etc. Pero o trasno tamén pode andar detrás dunha persoa e seguila a todas partes. Ás veces toma forma animal
O SACAÚNTOS
O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar a alguén, especialmente os nenos. O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso. Segundo outros, desta forma saca cartos ao vendérllela ós vellos, para cambiar o seu sangue por outro máis novo.
LAMIAS
A lamia, tamén coñecida como lumia, é un personaxe feminino da mitoloxía galega, equivalente ás xanas asturianas. Adoitan representarse con torso e cara de muller fermosa e corpo de dragón e, en ocasións, tamén poden aparecer como mulleres con corpo ou pés de cabra.Son moi perigosas para os homes, aos que encantan e devoran. Son unha especie de sereas terrestres que viven en covas á beira de ríos e fontes e aparécenselles aos homes mentres lavan ou fían para namoralos.
MARUXAINA
A Maruxaina é unha serea de cabelo louro, metade peixe, metade muller, que vive na cova de Xan Vello, nas illas Farallóns, no concello de Cervo (Lugo).
A serea vive entre percebes e mexillóns, e pasa o tempo fiando con febras de liño. Esta ninfa mariña sobe o curuto da Sombriza cando hai temporal e berra e toca o seu corno.
Desde o mar atrae cos seus cantos e coa súa enfeitizadora fermosura ós mariñeiros para que naufraguen.
As mansas augas convértense de súpeto en remuíños, tempestades, vendavais e furacáns deitando as embarcacións dos inxenuos mariñeiros que sucumben ás melodías engaioladoras da serea.
MOURAS
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
As lendas describen as mouras encantadas como doncelas novas de gran beleza ou encantadoras princesas. Aparecen frecuentemente cantando e peiteando os seus longos cabelos, louros como o ouro ou negros como a noite, cun peite de ouro, e prometen tesouros a quen as libere do encanto.
URCOS
O can do Urco ou can do Mar é unha figura mitolóxica galega. Trátase dun animal fantástico que adoita adoptar a forma dun enorme can negro ou branco con cornos e orellas longas que sae do mar arrastrando cadeas.É considerado de mal agoiro, xa que a súa presenza agoira a morte.
Segundo conta a mitoloxía popular este animal habitaría en Borrón, un lugar neboento e tebroso pertencente ao "Outro Mundo", de aí a comparación que ás veces se fai entre el e o can Cérbero, o gardián do inferno.
Os seres míticos galegos
pilaricabuela
Created on October 2, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vintage Advent Calendar
View
Professional Advent Calendar
View
Interactive Event Microsite
View
January School Calendar
View
Genial Calendar 2026
View
Annual calendar 2026
View
School Calendar 2026
Explore all templates
Transcript
Os seres míticos galegos
que figura che mete máis medo?, por que?
Pilar BuelaJuan C. Montejano
Os seres míticos galegos
que figura che dá máis medo?, por que?
Pilar BuelaJuan C. Montejano
O GATIPEDRO
O gatipedro é unha figura mitolóxica de Galicia que fai mexar ós nenos na cama.Ten forma de gato branco cun corno mouro na cabeza. Vai ás casas polas noites, para nos cuartos nos que hai nenos durmindo, e entón ponse a verquer auga polo seu corno. O neno durmido, escoitando o pingar da fonte do gatipedro, soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Segundo a tradición, para espantalo é necesario botar unhas areas de sal diante da porta do cuarto e a carón da fiestra. O gatipedro camiña apoiándose, ademais de nas catro patas, na lingua, polo que cando sente o sabor do sal, dá a volta e deixa os nenos da casa en paz.
LOBISHOME
Un lobishome, tamén coñecido como licántropo, é, nas mitoloxías e lendas principalmente da civilización europea, un humano que posúe a capacidade de transformarse, parcial ou totalmente, nun lobo. Esta transformación pode deberse a varias causas, coma unha imprecación ou ritual voluntario, ou, máis recentemente, pola mordedela ou rabuñada doutro lobo. Adoita activarse durante as noites de lúa chea, condenando ao lobishome a vagar ata a mañá.
MEIGAS
Segundo a tradición popular, unha meiga é a muller con coñecementos de maxia e bruxaría, ademais de menciñeira. Entre as súas calidades figuran a capacidade para facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación A meiga non se debe confundir coa bruxa, que fai o ben e é capaz de desfacer os conxuros maléficos e o mal de ollo das meigas. Porén, ás veces, utilízase como sinónimo.
PEDRO CHOSCO
Ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Pedro Chosco é o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños, aínda que prefire anainar mozas e sobre todo criadas de servir. Rolda as rapazas polo día entreténdoas e impedíndolles traballar. Os nenos e nenas ven a Pedro Chosco cando xa teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir.
OS TRASNOS OU TRASGOS
Un trasno ou trasgo é unha criatura imaxinaria, unha especie de demo invisíbel, propia da tradición popular galega e do norte de Portugal. Denomínase tamén diaño, entendido como ente distinto do demo e nunca tan maligno coma este. Adoita ser de hábitos nocturnos e serve para explicar sucesos de causa aparente descoñecida, sobre todo sucesos accidentais que comportan un dano non grave. Así, o trasno argalla para facer que rompa a louza, que se perdan as chaves, que caia un valado, que se leen os novelos que estea fiando unha moza etc. Pero o trasno tamén pode andar detrás dunha persoa e seguila a todas partes. Ás veces toma forma animal
O SACAÚNTOS
O Sacaúntos é un personaxe "asustanenos", igual có home do saco, un personaxe grande e mal vestido. Ás veces tamén se lle chama o papón, en alusión a que pode papar a alguén, especialmente os nenos. O Sacaúntos, de ollar terrible, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso. Segundo outros, desta forma saca cartos ao vendérllela ós vellos, para cambiar o seu sangue por outro máis novo.
LAMIAS
A lamia, tamén coñecida como lumia, é un personaxe feminino da mitoloxía galega, equivalente ás xanas asturianas. Adoitan representarse con torso e cara de muller fermosa e corpo de dragón e, en ocasións, tamén poden aparecer como mulleres con corpo ou pés de cabra.Son moi perigosas para os homes, aos que encantan e devoran. Son unha especie de sereas terrestres que viven en covas á beira de ríos e fontes e aparécenselles aos homes mentres lavan ou fían para namoralos.
MARUXAINA
A Maruxaina é unha serea de cabelo louro, metade peixe, metade muller, que vive na cova de Xan Vello, nas illas Farallóns, no concello de Cervo (Lugo).
A serea vive entre percebes e mexillóns, e pasa o tempo fiando con febras de liño. Esta ninfa mariña sobe o curuto da Sombriza cando hai temporal e berra e toca o seu corno.
Desde o mar atrae cos seus cantos e coa súa enfeitizadora fermosura ós mariñeiros para que naufraguen. As mansas augas convértense de súpeto en remuíños, tempestades, vendavais e furacáns deitando as embarcacións dos inxenuos mariñeiros que sucumben ás melodías engaioladoras da serea.
MOURAS
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra. As lendas describen as mouras encantadas como doncelas novas de gran beleza ou encantadoras princesas. Aparecen frecuentemente cantando e peiteando os seus longos cabelos, louros como o ouro ou negros como a noite, cun peite de ouro, e prometen tesouros a quen as libere do encanto.