Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Unidade 1. Lingua Galega 6º

HIJAS DE CRISTO REY

Created on September 22, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Higher Education Presentation

Psychedelic Presentation

Vaporwave presentation

Geniaflix Presentation

Vintage Mosaic Presentation

Modern Zen Presentation

Newspaper Presentation

Transcript

Unidade 1

A HISTORIA DA LINGUA GALEGA

7.

Estado de la cuestión

8.

Desarrollo

Unidade 1: Índice

1.

Compara-contrasta

2.

A historia da lingua galega

2.1.

A orixe da lingua galega

2.2.

O galego na Idade Media

2.3.

Os Séculos Escuros

2.4.

O Rexurdimento

2.5.

O Galego no século XX

3.

Literatura: o texto expositivo

4.

Expresión oral

5.

Ortografía: acentuación de palabras agudas, graves e esdrúxulas

6.

O substantivo

7.

Comprensión lectora

1. Compara-Contrasta

Para comezar a unidade, debes pensar: en que se asemellan e diferencian as nosas linguas? Garda a ficha en Archivos e responde no teu iPad.

páx 1

2.1. A orixe da lingua galega

Os primeiros poboadores

• Os primeiros poboadores coñecidos, que nos deixaron vestixios da súa .pegada na nosa terra, foron os pobos celtas.

O galego é o resultado da derivación do latín que os romanos trouxeron ao Noroeste peninsular, e coa aportación das linguas anteriores e posteriores á colonización romana. Antes da chegada dos romanos, o noso territorio estaba habitado por diferentes pobos que falaban distintas linguas. Trala conquista romana, estes pobos pasaron, pouco a pouco, a falar latín, do mesmo xeito que tamén adoptaron a cultura e o tipo de sociedade romanas. Pero esas linguas anteriores ao latín, tamén aportaron algo ao galego, especialmente no campo léxico, con palabras que se refiren a conceptos concretos, como nomes de animais, plantas, accidentes topográficos, etc. Algúns exemplos son:

morea
veiga
beizos
amorodo
berce
billa
rodaballo
burato

páx.2

2.1. A orixe da lingua galega

• Despois da desaparición do Imperio Romano de Occidente, outros pobos, como os xermánicos e os árabes tamén se instalaron na Gallaecia, pero non borraron o latín galaico, aínda que si deixaron algunha pegada da súa presencia, sobre todo no léxico común e na toponimia. De orixe xermánica son palabras como: • A influencia árabe foi pequena e, ás veces, a incorporación dunha palabra árabe ó galego non foi directamente, senón a través do castelán. Son arabismos:

Guitiriz
gardar
branco
Allariz
roubar
alfombra
alfinete
aceite
acelga
oxalá (interxección)
azucre

• O que non sabemos con seguridade é cando acaba o latín e comeza o galegoportugués, pero si que nos séculos X e XI xa é unha lingua bastante ben estructurada e cunhas características propias, aínda que o latín seguiu sendo usado como única lingua escrita durante moitos máis anos. Vai ser a partir do século XII cando a nosa lingua pase a usarse a nivel escrito, como tamén o fixeron as outras linguas románicas.

MURALLA ROMANA DE LUGO

páx.3

Visita a un castro

Visita a un castro

Imos coñecer un pouco máis sobre a vida dos nosos antepasados, os celtas.Trátase dun percorrido completo polo Castro de Viladonga, en Lugo.

Imos coñecer un pouco máis sobre a vida dos nosos antepasados, os celtas.Trátase dun percorrido completo polo Castro de Viladonga, en Lugo.

Ver

Ver

Hipótesis 2

Hipótesis 3

páx.4

2.2. O galego na Idade Media

O galego-portugués

Hai nesta época unha enorme semellanza entre o galego e o portugués, podéndose falar dunha única lingua: a galego-portuguesa, que serve de instrumento de comunicación a tódalas clases sociais para calquera tipo de expresión, desde a máis cotiá e popular ata a máis culta e literaria. O galego escrito úsase en todo tipo de textos, cartas, composicións literarias, documentos notariais... , tanto de carácter público coma privado. Durante o século XIII e a 1ª metade do XIV chega a ter unha grande importancia literaria, sendo considerado o galego como a lingua máis axeitada para a lírica trobadoresca. Tres tipos de composicións poéticas destacan nesta época: as cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir, escritas por autores tan importantes como Martín Codax, Mendiño, Pero Meogo etc., e recollidas e conservadas en tres grandes compilacións: Cancioneiro de Ajuda, Cancioneiro da Vaticana e Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Mención especial merecen as Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio, obra que demostra claramente o enorme prestixio acadado pola nosa lingua nesa época.

para saber

páx.5

2.2. O galego na Idade Media

As cantigas

  • As cantigas de amigo son poemas líricos escritos por un home pero postos en labios dunha muller namorada. A muller expresa a súa paixón amorosa máis chea de dor ca de gozo, a súa resignada sumisión ó amor ou amigo ou ben a oposición da nai a ese amor.
A maior parte son un monólogo no que a muller fala coa súa nai, irmá, amiga confidente, ó propio amado ou a algún elemento da natureza que aparece personificado.
  • As cantigas de amor son poemas nos que un poeta masculino se dirixe en primeira persoa á súa dama ou reflexiona sobre o amor.
  • As cantigas de escarnio e maldecir son poemas burlescos que acostumaban estar escritos na lingua popular, nos que os poetas falaban mal de algunha persoa en concreto ou colectivo. Acostumaban a esconder críticas políticas, sociais e literarias.

Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus, se verrá cedo! Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus, se verrá cedo! Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro? E ai Deus, se verrá cedo!

Martín Códax
(cantiga de amigo)

páx.6

2.3. Os Séculos Escuros (XVI-XVIII)

O galego, despois de lograr un importante desenvolvemento como lingua de cultura, pasou por unha etapa de forte decaemento desde finais da Idade Media ata comezos do século XIX. Este período de decadencia recibe o nome de Séculos Escuros. A causa principal foi a introducción do uso do castelán a través das clases dirixentes, cando no século XIII Galicia quedou integrada na coroa de Castela. A penetración de nobres casteláns no país foi intensa e os cargos máis importantes foronlles concedidos a eles. Por estes e outros motivos o galego deixou de ser a lingua das clases sociais máis altas e quedou reducido ao uso cotián para as clases traballadoras, no seu nivel oral. Sen embargo a actividade literaria non morreu de todo. Atopamos unha importante cantidade de mostras de literatura popular, elaborada anonimamente e divulgada de xeito oral. Entre eles, atopamos un exemplo: o soneto renacentista de Isabel de Castro e Andrade, Condesa de Altamira, composto no último tercio do século XVI. Esta situación de abandono empezou a cambiar a finais do XVIII gracias ó labor dalgúns ilustrados que defenderon que o galego era unha lingua coma calquera outra. A figura máis relevante foi Frei Martín Sarmiento, que non só se preocupou polo estudio do galego, senón que tamén denunciou a marxinación que sufría na escola, na administración e na Igrexa. A partir de Sarmiento, algúns outros ilustrados tomaron o galego coma punto de partida para as súas investigacións.

páx.7

2.4. O Rexurdimento (XIX)

Na primeira metade do século XIX xorden en Galicia unha serie de acontecementos que debuxan unha nova situación, na que se aprecia un compromiso por parte de moitas persoas que preparan o camiño para o chamado Rexurdimento. Esta época é coñecida coma a dos Precursores. Feitos históricos importantes contribúen a espertar a conciencia de moitos galegos. Un deles foi a Revolución Francesa, que dará lugar a que circulen textos de axitación popular na lingua do país. Coa publicación en 1853 do primeiro libro escrito en lingua galega no século XIX, A gaita galega, dáse un paso moi importante cara á normalización literaria. O seu autor foi Xoán Manuel Pintos, que xunto con Francisco Añón, Manuel Murguía e outros, pertence ó grupo chamado dos Precursores, por esta faceta de anticiparse ó que logo sería o pleno rexurdir da cultura galega. Pero o Rexurdimento pleno vai chegar coa publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, en 1863, Outros escritores destacados son Curros Enríquez (Aires da miña terra, 1880) e Eduardo Pondal (Queixumes dos pinos, 1886), que lle deron ó galego a plenitude literaria que perdera séculos atrás.

páx.8

2.5. O galego no século XX

A comezos do século XX imos asistir a unha toma de conciencia sobre o galego por parte de diversos colectivos que fixeron importantes reivindicacións para que chegase a ser unha lingua normalizada a todos os niveis, e non só no terreo literario. Entre eles destacaron: as Irmandades da Fala, a Xeración Nós e o Seminario de Estudos Galegos.

As Irmandades da Fala constitúense en 1916 sendo algúns dos seus líderes os irmáns Villar Ponte, Xoán Vicente Viqueira, Losada Diéguez, Vicente Risco e Ramón Cabanillas. O seu ideario, difundido polo xornal A Nosa Terra, defende a rehabilitación do idioma galego na escola e na administración. O galego comezou a facerse habitual nos actos públicos (académicos, políticos, conferencias...). A Xeración Nós, integrada entre outros por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Estes homes, cunha rigorosa formación, realizaron un valiosísimo traballo de estudo e fortalecemento da cultura galega, defendendo o uso da nosa lingua en calquera ámbito, coma o ensaio científico, a novela longa, etc.

Creado en 1923, o Seminario de Estudos Galegos reunía a unha serie de universitarios que publicaron en galego un conxunto de traballos científicos sobre Galicia. Dentro do Seminario creáronse seccións dedicadas a campos determinados como xeografía, historia, arte, ciencias xurídicas, económicas... En xuño de 1936 foi aprobado o Estatuto de Autonomía de Galicia, durante a Segunda República. No seu artigo 40 establecía a oficialidade do galego. A Guerra Civil paralizou todo o proceso e esta importante conquista legal tardaría moitos anos en poñerse en práctica. A dictadura franquista supón o inicio dun duro período de represión coñecido coma a “longa noite de pedra”. O galego sobrevive na clandestinidade, gracias ó labor de asociacións culturais coma O Galo en Santiago de Compostela, O Facho na Coruña, etc. No ano 1950, coa fundación da Editorial Galaxia iníciase unha lenta recuperación das letras galegas.

Despois da morte de Franco e como resultado da Constitución de 1978, Galicia acada un Estatuto de Autonomía, aprobado o 21 de decembro de 1980, e no que se recoñece de novo o galego como lingua oficial en Galicia.

páx.9

3. Literatura: o texto expositivo

O texto expositivo

O texto expositivo ten como finalidade informar e difundir coñecementos sobre un tema.

Características:

  • Presenta de forma obxectiva feitos, ideas e conceptos (non inclúe opinións, pensamentos ou sentimentos).
  • Normalmente, está escrito en 3ª persoa.
  • Utilízase un vocabulario preciso e apóiase en exemplos.
  • Para clarificar a información:
    • Divídese en parágrafos e apartados que van precedidos dun título.
    • Complementa a información con esquemas, imaxes, etc.

Organización da información:

  • Introdución: presentación do tema e dos puntos a tratar.
  • Desenvolvemento: explicación de cada un dos temas previamente nomeados.
  • Conclusión: breve resumo que recolla os datos máis importantes do texto.

Actividade

3. Expresión oral: Falo en público

Para facer unha exposición oral:

Prepara un esquema dos apartados e das ideas principais que che sirva de guía e pono nun lugar visible (iPad, folla...).

Explica o título e o tema que vas tratar.

Ten en conta o tempo asignado para a exposición.

Non repitas o texto de memoria, tal e como está escrito, senón coas túas palabras.

Usa un volume normal (nin moi alto nin moi baixo).

Usa un ritmo áxil, pero non rápido, e vocaliza ben para que todos te entendan.

Evita repetir palabras ou muletillas e utiliza un vocabulario variado e preciso.

Mantén unha postura corporal correcta e mira cara o público.

Prepara o material que precises (iPad, cartolina...) e practica a presentación para sentirte máis seguro.

4. Ortografía: acentuación das palabras agudas, graves e esdrúxulas

As palabras pódense clasificar segundo a súa sílaba tónica:

Normas de acentuación:

4.1. Ortografía: Actividades

1. Subliña a sílaba tónica e agrupa as seguintes palabras segundo sexan agudas, graves ou esdrúxulas. Explica por que levan ou non til: cóxegas, vasoira, gráfico, feliz, tixola, xeroglífico, peite, estación, bolboreta, cartón, mel, xílgaro

3. As seguintes palabras teñen as sílabas desordeadas, intenta ordealas e logo clasifícaas en agudas, graves ou esdrúxulas:

for-ga-mi der-mo-na

pei-ra-ra sau-de-da

rei-pe-ra lé-no-te-fo

2. Copia o texto no teu caderno e pon til ás palabras que o precisen:

A casa dos avos de Catuxa esta situada ao caron da praia de Ber, en Pontedeume. Tanto ela como os seus curmans pasan o ano enteiro esperando a que chegue o veran para pasar ali as vacacions. Divirtense moitisimo cando baixan polas mañans a area a facer castelos, xogar coas ondas e cos peixes que habitan nas rochas. O mellor de todo e que cando chega a hora de comer, o avo Martiño berralles a todos para que vaian poñer a mesa.

4. Escribe dúas palabras agudas, graves e esdrúxulas relacionadas co campo semántico de natureza

4. Gramática: O substantivo

Os substantivos ou nomes son palabras que serven para nomear persoas, animais, lugares, obxectos, ideas e sentimentos.

CLASES DE SUBSTANTIVOS:

  • Común: nomean a un individuo, animal, lugar ou obxecto calquera. Exemplo: O can é branco.
  • Propio: nomean a un individuo, animal ou lugar en concreto. Exemplo: Coco é branco.

Os substantivos comúns poden clasificarse en:

  • Individual: nomean a un único individuo, animal, lugar ou obxecto. Ex: area
  • Colectivo: nomean a un conxunto de individuos, animais, lugares ou obxectos. ainda estando en singular.
Ex: areal
  • Contable: son aqueles que se poden contar, é dicir, pódense separar por unidades. Ex: un gran de area
  • Incontable: son aqueles que non se poden contar. Ex: area
  • Concreto: designan o que se pode tocar, ver, escoitar ou ulir. Ex: mesa
  • Abstracto: designan realidades que non podemos percibir polos sentidos. Ex: carraxe.

Unidade 1

Para elaborar un texto expositivo

A historia da lingua galega

Pasos a seguir:

  • Seleccionade a información que queirades expoñer.
  • Elaborade un guión con todos os puntos que ides tratar sobre este tema na libreta.
  • Poñédelle título ao tema.
  • Redactade unha breve introdución.
  • Iniciade cada apartado cun título relacionado co contido que trata.
  • Acompañade o texto de imaxes que o ilustren ou expliquen os distintos apartados do texto expositivo.