Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
032B08-Miguel-Prexuízos galego
Miguel Fernández Álvarez
Created on September 21, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Akihabara Connectors Infographic
View
Essential Infographic
View
Practical Infographic
View
Akihabara Infographic
View
Interactive QR Code Generator
View
Witchcraft vertical Infographic
View
Halloween Horizontal Infographic
Transcript
Prexuízos Lingüísticos do galego-032B08
Novos prexuízos
Prexuízos vellos
Cara ó proceso de recuperación das linguas minorizadas
Prexuízos estéticos
Cara ós galegofalantes que se adaptan mal ó perfil social tradicional
Prexuízos socioeconómicos
Sobre a propia competencia do falante para empregar o galego.
Prexuízos socioculturais
Cara a estandarización do idioma
Este prexuízo atribúe ós galegofalantes un perfil característico. Este perfil normalmente é o de persoa do rural ou de avanzada idade. Se unha persoa que fala galego non se corresponde con este perfil, adoitánse buscar explicacións. Unha delas é que fala galego por conviccións políticas. Outra podería ser que é galegofalante para facerse notar. Segundo datos de 2019, na cidade de Lugo o 44'7% da poboación emprega máis o galego. Na bisbarra do Morrazo en 2019 o 41'2% empregaba máis o galego. Este dato desmente a asociación do rural co uso da fala.
Este prexuízo trata sobre a normalización da imposición dunha lingua sobre outra. Búscase un discurso baseado na suposta igualdade e no que é politicamente correcto. Pero non se procura protexer as linguas, e estas quedan o servizo da lei do máis forte. Por outra banda, un intento de recuperar a lingua minorizada vai ser visto en moitas ocasións como unha imposición desa lingua.
Este prexuízo céntrase na capacidade do falante para usar o galego. Moitas destas persoas non teñen outros prexuízos, pero pensan que non teñen un nivel lingüístico axeitado. En moitos casos, non intentan falar galego e non melloran. É díficil empezar de cero, polo que é unha situación complicada. Ademais, moita xente nova non ten referencias públicas do seu ámbito que falen galego.
Este gráfica mostra que no tramo de idade onde máis se emprega o galego é nos maiores de 65 anos. Pero hai tamén moita xente xoven que emprega o galego, aínda que a porcentaxe diminúe. Polo que non todos os maiores falan galego nin todos os mozos falan castelán.
A miúdo escóitase que costestar en galego cando o que pregunta faino en castelán é de mala educación. Se os dous falantes son galegos non debería haber problema de comunicación. En Galicia é frecuente que entre grupos de amigos se falen varias linguas, e que cada un escolla en que falar. Isto de falar varias linguas entre grupos de amigos é cada vez maís díficil de ver entre os mozos. Este fenómeno é clave para entender que está a pasar co galego.
Prexuízo Socioeconómico
Hai xente que asocia falar galego cunha determinada posición social e económica. Isto remóntase á guerra de sucesión castelá, onde os nobres galegos perderon e foron substituídos na súa maioría por falantes de castelán.Pero isto hoxe en día non ten que ver, xa que hai numerosos empresarios, políticos e personalidades que teñen o galego como lingua nai.
Prexuízo sociocultural
Os prexuízos socioculturais refírense á incompatibilidade do galego coa cultura. Estes prexuízos asócianse tamén coa crítica ó ensino de determinadas asignaturas en galego como a bioloxía, física, historia... Moitos artistas galegos escoitaron que non iban a ter éxito fóra de Galicia se cantaban en galego. Esta afirmación desmontárona "Os resentidos" co seu éxito a nivel nacional "Fai un sol de carallo". O feito de que fose en galego non supuxo ningunha traba, xa que se escoitaba en Andalucía, Madrid, Aragón... Isto mesmo pasou coas "Tanxugueiras".
Prexuízos estéticos
Os prexuízos estéticos son aqueles que fan referencia a como soa unha lingua ou a trazos particulares desa lingua. Ningunha lingua é máis bonita ou máis desagradable ca outra, simplemente cada lingua ten as súas particularidades. No caso do galego existen varios prexuízos estéticos. Un moi extendido dá a entender o galego como lingua bruta e non agradable. Este lévase a cabo especialmente cando un falante de galego emprega a gheada. Por iso pode haber prexuízos sobre determinadas zonas dialectais de Galicia. É dicir, que un galegofalante de Ourense critique a un do Morrazo polo uso da gheada. Por outra banda existe tamén o prexuízo contrario, pensar que o galego soa mellor ca outras linguas.
Cara a estandarización.
Este prexuízo fai referencia a que o galego é unha lingua popular e non unha lingua culta. O seu uso na administración, escola, reunións empresariais sería visto como algo extraño. Mentres que falalo de xeito informal é visto como algo normal. Este prexuízo trata tamén sobre que non hai necesidade dunha norma no galego, xa que é considerado unha lingua popular.