programa educativo "Iniciación segura á pegada dixital E ÁS REDES SOCIAIS"
COMO fago a solicitude?
PORQUE? Fundamentación
CAL é a finalidade? Obxectivo xeral e específicos
PRAZO de presentación
Lourdes Otero Rodríguez Asesora do Departamento de Convivencia e Inclusión Centro Autonómico de Formación e Innovación
A QUEN vai dirixido? Destinatarios
CRITERIOS de prioridade na selección.
COMO se desenvolve o programa? Descripción
PUBLICACIÓN dos centros seleccionados
CANDO se desenvolve o programa? Temporalización
LIGAZÓN á convocatoria de resolución
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir da publicación desta convocatoria (28 de setembro) no portal educativo a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/.
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal co seguinte asunto: “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”. Para formalizala, achegarase como arquivo adxunto o documento Anexo I desta resolución.
Ligazón ao anexo
Unha vez rematado o proceso de selección das solicitudes, farase pública a resolución no portal educativo desta consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/).Contra esa resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo máximo para resolver este procedemento será de tres meses. Se transcorrese o citado prazo sen que recaese resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo https://www.edu.xunta.gal/portal/, ata un máximo de 250 centros. En caso de quedar prazas sen cubrir, distribuiríanse entre os centros que indicasen o interese de realizar máis dun obradoiro, seguindo o criterio anterior.
Obxectivo xeral
- Capacitar ao alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Obxectivos específicos
- Reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais.
- Explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital.
- Afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre nenos e nenas.
- Ofrecer aos e ás menores ferramentas e recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía..
En total, executaranse 250 obradoiros que terán lugar desde outubro de 2023 a xuño de 2024 e que se realizarán presencialmente. A distribución durante o curso será a seguinte:
- de outubro a decembro levaranse a cabo 100 talleres
- de xaneiro a xuño terán lugar os 150 obradoiros restantes
O programa consiste na realización dun único obradoiro por centro de carácter eminentemente práctico que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores. A impartición da dinámica, de hora e media de duración e para un máximo de 30 alumnos/as (da mesma ou de diferentes aulas), correrá a cargo de especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Para a súa organización, concretaranse as datas e os horarios entre a persoa coordinadora de cada centro educativo e as especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (en adiante, LOMLOE) establece como obxectivo da educación primaria e da educación secundaria o desenvolvemento das competencias tecnolóxicas para a aprendizaxe do alumnado e o seu emprego como fonte de información para adquirir novos coñecementos con espírito crítico, sempre desde unha perspectiva de reflexión ética sobre o seu funcionamento e utilización (artigos 17.i e 23.e). Na mesma liña, os Decretos 155/2022 e 156/2022 de 15 de setembro (polos que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria e da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, respectivamente), recollen que a consellería con competencias en materia de educación e os equipos directivos dos centros docentes promoverán o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula como medio didáctico apropiado e valioso para desenvolver as tarefas de ensinanza e aprendizaxe (artigo 37). Nesta liña, a Estratexia Dixital 2030 recolle que desde o ámbito educativo apostarase pola innovación e novos modelos de educación dixital que preparen aos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no eido educativo, persoal ou profesional, poñendo á súa disposición os recursos adecuados para propiciar unha aprendizaxe máis dinámica, personalizada, colaborativa e creativa; combinando o desenvolvemento das súas destrezas tecnolóxicas coa súa capacidade social e cooperativa a través da aplicación de novas tendencias dixitais. Así mesmo, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, consciente da necesidade de educar integramente á comunidade educativa para o exercicio dunha cidadanía dixital, ética, segura e responsable, recolle na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 actuacións específicas cara unha convivencia dixital responsable.
Iniciación segura á pegada Dixital
analiliotero
Created on September 19, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Map
View
Akihabara Map
View
Frayer Model
View
Create Your Story in Spanish
View
Microcourse: Key Skills for University
View
Microcourse: Learn Spanish
View
Resource Bank
Explore all templates
Transcript
programa educativo "Iniciación segura á pegada dixital E ÁS REDES SOCIAIS"
COMO fago a solicitude?
PORQUE? Fundamentación
CAL é a finalidade? Obxectivo xeral e específicos
PRAZO de presentación
Lourdes Otero Rodríguez Asesora do Departamento de Convivencia e Inclusión Centro Autonómico de Formación e Innovación
A QUEN vai dirixido? Destinatarios
CRITERIOS de prioridade na selección.
COMO se desenvolve o programa? Descripción
PUBLICACIÓN dos centros seleccionados
CANDO se desenvolve o programa? Temporalización
LIGAZÓN á convocatoria de resolución
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir da publicación desta convocatoria (28 de setembro) no portal educativo a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/.
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal co seguinte asunto: “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”. Para formalizala, achegarase como arquivo adxunto o documento Anexo I desta resolución.
Ligazón ao anexo
Unha vez rematado o proceso de selección das solicitudes, farase pública a resolución no portal educativo desta consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/).Contra esa resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo máximo para resolver este procedemento será de tres meses. Se transcorrese o citado prazo sen que recaese resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo https://www.edu.xunta.gal/portal/, ata un máximo de 250 centros. En caso de quedar prazas sen cubrir, distribuiríanse entre os centros que indicasen o interese de realizar máis dun obradoiro, seguindo o criterio anterior.
Obxectivo xeral
- Capacitar ao alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
Obxectivos específicosEn total, executaranse 250 obradoiros que terán lugar desde outubro de 2023 a xuño de 2024 e que se realizarán presencialmente. A distribución durante o curso será a seguinte: