Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS

Alejandro Sequeiros Doval

Created on September 19, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS

PREXUÍZOS VELLOS

NOVOS PREXUÍZOS

Prexuízos estéticos

Cara a estandarización do idioma

Prexuízos socioeconómicos

Cara ao proceso de recuperación das linguas minorizadas

Cara aos galegofalantes que se adaptan mal ao perfil social tradicional

Prexuízos socioculturais

Sobre a propia competencia do falante para empregar o galego

Vídeo sobre os prexuízos do galego (entrevistas no Carballiño)

Enténdense como prexuízos aquelas valoracións baseadas en ideas realizadas con descoñecemento do asunto que se xulga.

Según numerosos estudios, nos últimos anos os prexuízos tradicionais diminuíron con respecto ao siglo pasado. Por outro lado, xorden outros novos xa presentes na sociedade.

novos prexuízos

Moitas persoas non manifestan ningún dos prexuízos explicados nesta infografía, mais seguen empregando o castelán posto que non confían nas súas propias capacidades lingüísticas en galego. A xente nova ten inseguridade xa que non ten contextos onde falar e escoitar de xeito coloquial o galego.

Competencia do falante para empregar o galego

Adaptación ao perfil social tradicional

Estes prexuízos son unha variante actual dos vellos. Estes últimos que relacionaban galegofalante con persoa do rural, vella e inculta, agora alguén que non responde a estas características sofre a atribución doutros trazos descualificadores (radicalismo ideolóxico, pose intelectual).

Recuperación das linguas minorizadas

Aínda que xa poucas persoas defenden que o galego é unha lingua inferior, segue presente un discurso que considera a existencia de linguas máis importantes que outras. Desta maneira lévase a cabo a naturalización da imposición do castelán. Estes prexuízos son os que converten os procesos de normalización de linguas históricamente minorizadas en España en presuntos casos de discriminación do castelán.

  • ''Tes que falar en castelán, se falas en galego non che van atender''.

PRexuízos socioculturais

Dentro dos prexuízos tradicionais, son os relacionados coa falta de cultura e educación os que sufriron unha regresión máis importante.

  • ''As matemáticas e a química son máis difíciles en galego''.
  • Hai quen pensa que ''é de mala educación contestar en galego cando che falan en castelán''.

estandarización do idioma

Este prexuízo baséase na idea de que a lingua galega debe ser espontánea e natural, algo que non se lle esixen a ningunha lingua dominante. Dedúcese entón unha pretensión de que o galego non teña un modelo para os usos formais.

Como consecuencia dunha realidade histórica como foi a imposición do castelán en Galiza a partir do S.XV e a dura marxinación que o galego padeceu desde entón, xurdiron numerosos prexuízos que chegaron ao noso día a día.

Prexuízos VELLOS

Prexuízos estéticos

Fan referencia á presunta cacofonía da lingua ou dalgún dos seus trazos en particular.

'Exemplos:

  • ''Os chistes en galego son máis graciosos''.
  • ''A gueada soa mal''.
  • ''O galego é unha lingua bruta''.

Prexuízos socioeconómicos

Atribúen un determinado status ou potencialidades económicas en función do idioma ou dalgún dos trazos da mesma. Non se pode asociar o galego cunha clase social determinada. No mundo laboral valórase o coñecemento de varias linguas, incluíndo o galego.

  • ''Se fala galego non creo que teña moitos cartos''.