Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

EDIXGAL 25_26

jlmlorenzo

Created on September 14, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Cursos e materias Edixgal

Edixgal implantarase progresivamente dende 1º de ESO ata 4º de ESO. Comezou no 23/24 en 1º de ESO. As materias Edixgal serán, en tódolos cursos, todas excepto Lingua Galega e literatura, Lingua Castelá e literatura, Portugués, Oratoria e Cultura Clásica.

Equipamento da aula dixital

Portátil do profesor: HP ProBook 650 G8 Portátil do alumnado: HP Pro x360 Fortis 11 inch G9 Panel dixital interactivo de 86 polgadas Conexión wifi á rede edu.xunta.gal Armario de carga con saída de audio

Equipamento alumnado

Portátil do alumno: HP Pro x360 Fortis 11 G9 con sistema operativo Debian 12 bookworm (Maqueta Abalar 12), que pode ser utilizado como portátil ou como tableta. O portátil é para uso persoal e educativo. Non se pode usar para ningún outro uso persoal distinto da actividade educativa. Tampoco se pode ceder a terceiras persoas. A responsbilidade do cuidado e do bo uso do equipo recae nos/as pais/nais ou titores/as legais do alumno.

Normas a seguir no uso do equipo

Non se poden realizar manipulacións no hardware do ordenador nin no software instalado. Deberá informarse ao/á titor/a e ó Coordinador Edixgal de calquera dano observado no equipo. O alumnado debe levar o ordenador ao centro todos os días e coa batería cargada. O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso ou a etapa e cando o centro o solicite para realizar tarefas de mantemento. O profesorado e o/a coordinador Edixgal poderán inspecccionar o ordenador cando o estimen oportuno, co fin de constatar o seu estado.
Mais información nas NOFC (páxina 54)

Entorno virtual de aprendizaxe (EVA)

https://eva.edu.xunta.gal/

Entorno virtual de aprendizaxe (EVA)

No equipo do alumno hay unha versión offline chamada Eva offline, que se pode usar cando o ordenador non teña conectividade. No momento que o ordenador teña conectividade, todo o feito en Offline sincronízase coa version Online.

Contidos dixitais educativos

O profesorado das materias Edixgal pode facer uso do material didáctico dispoñible no EVA das seguintes editoriais: EDEBÉ, Netex, aulaPlaneta e Pearson. Tamén poden empregar o repositorio de contidos do espazoAbalar ou de DIXIT. Creagal. Ou elaborar material propio.

Navegación segura en E-Dixgal

Soporte PREMIUM

Para comunicar e resolver incidencias e problemas técnicos do equipo do alumnado.O servizo préstase a través de diferentes canles: - por teléfono cun servizo 24x7 no seguinte número: 881 86 99 00 - a través do correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.gal - a través do WhatsApp no número: 604 06 78 56 - a través do Telegram na comta @Serviciopremiumedixgal - de xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan á ubicación concreta onde se atope o equipo do alumno (se fose preciso). - a través dos puntos de atención que pertenzan á Rede de puntos físicos de atención PROTOCOLO REPARACIÓN DE PORTÁTILES

Soporte PREMIUM

Rede de puntos físicos de atención

Servizo integral de reparación do portátil

Este seguro cubre os danos no portátil non contemplados na garantía. A contratación é anual (dende 1 de setembro ata 31 de agosto) O seguro cubre: rotura de calquera compoñente do equipo e rotura do cargador de alimentación. O seguro non cubre: roubo ou perda tanto do portátil como do cargador. Na páxina web coberturasir.plexus.es, unha vez feito o rexistro, pódese contratar e facer o pago online do seguro opcional, que ten un custo de 49 €. Tamén se pode facer a contratación a través do teléfono 881 505 136.
Servizo integral de reparación

Acordo de cesión de uso do ordenador

Independientemente da firma do acordo de cesión, as familias son responsbles dos danos e perdas que os fillos poidan causar, voluntaria ou involuntariamente, ao equipamento dos centros de ensino: LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. Artigo 13. Responsabilidade e reparación de danos. 1. O alumnado está obrigado a reparar os danos que cause, individual ou colectivamente, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións e aos materiais dos centros docentes, incluídos os equipos informáticos e o software, e aos bens doutros membros da comunidade educativa, ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Así mesmo, está obrigado a restituír o subtraído ou, se non for posible, a indemnizar o seu valor. As nais e pais ou as titoras ou titores serán responsables civís nos termos previstos pola lexislación vixente. DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. Artigo 35. Reparación de danos causados 1. O alumnado está obrigado a reparar os danos que cause, individual ou colectivamente, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións e materiais dos centros, incluídos os equipamentos informáticos e o software, e aos bens doutros membros da comunidade educativa, ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Así mesmo, está obrigado a restituír o subtraído ou, se non fose posible, a indemnizar o seu valor. As nais e pais ou as titoras ou titores legais serán responsables civís nos termos previstos pola lexislación vixente.

Edixgal Familias

Na páxina web espazoabalar.edu.xunta.gal, no apartado

E-dixgal Familias,

pódese atopar máis información sobre todo o proxecto E-dixgal