Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PRESENTACIÓN 4º ESO

patfucinos

Created on September 10, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

LINGUA GALEGA E LITERATURA

4º ESO

PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA O CURSO 2025/2026

SECCIÓN 01

Materiais

. Libro dixital: editorial Netex.. Libro de apuntamentos. Un libro de lectura obrigada por avaliación. . Material fotocopiado, referente a aspectos concretos de ortografía, morfoloxía, léxico ou calquera outra necesidade específica que se detecte. . Dicionarios de Lingua Galega. . A plataforma eva-edixgal e outros recursos TIC como o Portal das palabras, o galego.eu, aulasgalegas.org..

DICIONARIOS E TRADUTORES

Dicionario da Real Academia Galega.

Digalego

Dicionario de dúbidas

Dicionario castelán-galego Rinoceronte

Gaio

CONTIDOS

COMUNICACIÓN

  • Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e icónica. Os abusos de poder e a manipulación a través da linguaxe. As falsas noticias. Valoración da forma e do contido do texto.
  • Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, definicións, resumos etc.
  • Alfabetización mediática e formacional: procura e selección da información con criterios de fiabilidade, calidade e pertinencia; análise, valoración, reorganización e síntese da información en esquemas propios e transformación en coñecemento; comunicación e difusión de maneira creativa e respectuosa coa propiedade intelectual. Utilización de plataformas virtuais para a realización de proxectos escolares.
  • Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
  • Mecanismos de cohesión. Conectores textuais de causa, consecuencia, condición e hipótese.
  • Mecanismos de referencia interna, gramaticais e léxicos (nominalizacións e hiperónimos de significado abstracto).
  • Correlación temporal na subordinación de oracións e no discurso relatado.
  • Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos.
  • Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
  • Os signos de puntuación como mecanismo organizador do texto escrito. A súa relación co significado.
  • Xéneros discursivos desde o puntode vista da produción, comprensióne análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Secuencias textuais básicas, con especial atención ás argumentativas.
  • Propiedades textuais: coherencia, cohesión e adecuación.
  • Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital e riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na Rede. Análise da imaxe e dos elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
  • Xéneros discursivos propios do ámbito profesional: o currículo, a carta de motivación e a entrevista de traballo.
  • Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
  • Interacción oral e escrita de carácter informal e formal: cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa,asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
  • Comprensión oral: sentido global do texto e relación entre as súas partes, selección e retención da información relevante. A intencióndo emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal, dos abusos a través da palabra e dos usos manipuladores da linguaxe. Valoración da forma edo contido do texto.
  • Produción oral formal: planificación e procura de información, textualización e revisión. Adecuación á audiencia e ao tempo de exposición. Elementos non verbais. Trazos discursivos e lingüísticos da oralidade formal. A deliberación oral argumentada. A expresión da subxectividade en textos de carácter argumentativo.

CONTIDOS

EDUCACIÓN LITERARIA

AS LINGUAS E OS SEUS FALANTES

  • Lectura autónoma. Implicación na lectura de obras de forma progresivamente autónoma a partir dunha preselección de textos variados e reflexión sobre os textos lidos e sobre a propia práctica da lectura.
  • Criterios e estratexias para a elección de obras variadas que inclúan autoras e autores galegos e, en menor medida, do ámbito lusófono a partir da utilización autónoma da biblioteca escolar e pública dispoñible.
  • Participación activa en actos culturais vinculados co circuíto literario e lector.
  • Expresión da experiencia lectora Utilizando progresivamente unha metalinguaxe específica.
  • Apropiación dos textos lidos a través de distintas formas de recreación.
  • Toma de conciencia e verbalización dos propios gustos e identidade lectora
  • Mobilización da experiencia persoal, lectora e cultural para establecer vínculos de maneira argumentada entre a obra lida e aspectos da actualidade, así como con outros textos e manifestacións artísticas e culturais.
  • Estratexias para a recomendación das lecturas en soportes variados
  • Lectura guiada. Lectura de obras e fragmentos relevantes da literatura do patrimonio literario galego e, en menor medida, do lusófono
  • Estratexias e modelos de construción compartida da interpretacón das obras.
  • Estratexias de utilización de información sociohistórica, cultural e artística básica para construír a interpretación das obras literarias: achegamento ao contexto, á
  • corrente literaria, ao autor ou autora e establecemento de parentescos literarios.
  • Relación e comparación dos textos lidos con outros textos orais, escritos ou multimodais, con outras manifestacións artísticas e culturais e coas novas formas de ficción en función de temas, tópicos, estruturas e linguaxes. Elementos de continuidade e de ruptura.
  • Estratexias para interpretar obras e fragmentos literarios a partir da integración dos diferentes aspectos analizados e atendendo aos valores culturais, éticos e estéticos presentes nos textos. Lectura conperspectiva de xénero. Visibilización do universo literario feminino.
  • Ampliación do coñecemento do portugués. Semellanzas e diferenzas léxicas entre o galego e o portugués (falsos amigos).
  • Fenómenos dialectais fónicos, gramaticais e léxicos dos bloques e das áreas lingüísticas do galego.
  • Comparación entre a norma e as variedades dialectais.
  • Diferenzas entre os trazos dialectais, os sociolectos e os rexistros.
▪Desenvolvemento da reflexión sociolingüística. Exploración e rexeitamento de prexuízos e estereotipos lingüísticos. Os fenómenos do contacto entre linguas: bilingüismo, diglosia, préstamos, interferencias. ▪ Indagación sobre os dereitos lingüísticos e a súa expresión en leis e declaracións institucionais. ▪ Valoración e comprensión das principais características do éuscaro. ▪ Elaboración de traballos de investigación relacionados con temas de interese académico, persoal ou social.

REFLEXIÓN SOBRE A LINGUA

  • Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
  • Diferenzas relevantes e interseccións entre a lingua oral e a lingua escrita atendendo a aspectos sintácticos, léxicos e pragmáticos.
  • Distinción entre a forma (categoría gramatical) e a función das palabras. A subordinación. A consolidación dos procedementos léxicos (afixos) e sintácticos para a mudanza de categoría.
  • Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración composta (subordinada).
  • Observación e transformación deenunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria.
  • Procedementos de adquisición e formación de palabras. Reflexión sobre as mudanzas no seu significado, as relacións semánticas entre palabras e os seus valores denotativos e connotativos en función do contexto e do propósito comunicativo.
  • Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica. Elaboración de glosarios, recoñecemento de distintos tipos de dicionarios, potenciación das TIC a través do emprego do dicionario
  • Promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir unha lingua de calidade.

AVALIACIÓN

Realizaranse tres avaliacións ordinarias e unha final, esta última para o alumnado que non consiga superar a materia.A nota de cada trimestre corresponderase coa cualificación das actividades de avaliación de cada período.. Para o cálculo da cualificación ordinaria do curso, farase a media aritmética das notas medias dos tres trimestres. Para superar a materia, o alumnado deberá ter unha media aritmética de cualificación de 5 puntos ou superior tendo en conta o conxunto de actividades de avaliación; segundo este aspecto o resto de cualificacións redondearanse a partir do 0,7 á nota enteira superior. Observacións: - Para aprobar haberá que sumar ao exame teórico o resto dos apartados (uso e dominio da lingua oral, actitude, traballo e lecturas) e haberá que obter un 30% como mínimo en cada un deles. - Os traballos e libros de lectura voluntarios determinados polo profesorado servirán para ofrecer a posibilidade de incrementar a cualificación obtida ao final da avaliación ata un punto de máximo. - No caso de que algunha parte da materia non estea superada poderá haber unha recuperación a final de curso que incluirá contidos de cada unha das partes (probas escritas, probas orais, control das lecturas e/ou entrega de traballos pendentes). .

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

70% Probas orais e escritas ou traballos que terán a mesma consideración dunha proba escrita ou oral á hora de avaliar.

10% Uso e corrección da oralidade .

10% Libros de lectura

10% Traballo diario e emprego activo do galego na aula.

Para aprobar haberá que sumar ao exame teórico o resto dos apartados (uso e dominio da lingua oral, actitude, traballo e lecturas) . O aprobado está no 5 e só a partir de aí se aplicará o redondeo. Alén diso, cómpre salientar que as incorreccións lingüísticas terán unha penalización que se reflectirá na cualificación de cada proba. Por este motivo, poderase aplicar unha penalización de ata un punto na súa cualificación.Os criterios de corrección ortográfica valorarán as faltas leves cun 0,05, as faltas graves cun 0,1 e as moi graves con 0,2..

AVALIACIÓNS SUSPENSAS

-No caso de que algunha parte da materia non estea superada poderá haber unha recuperación a final de curso que incluirá contidos de cada unha das partes suspensas (probas escritas, probas orais, control das lecturas e/ou entrega de traballos pendentes). .

REPARTO DOS CONTIDOS POR AVALIACIÓN

Este reparto de contidos é flexible e poderá ser modificado segundo as necesidades do curso e do alumnado.

Lecturas

Haberá que ler un libro por trimestre

RECURSOS DE INTERESE

Para repasar contidos gramaticais

Bibliotecas dixitais

  • Ebibliodacoruna
  • AULASGALEGAS
  • GaliciaLe
  • Elbe 2
  • OGALEGO.EU
  • LINGUAGALEGA.ORG
  • TINTARRAS
  • APRENDOGALEGO