Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

revolución francesa

Carmen Iglesias

Created on September 7, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Snow Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Tarot Presentation

Winter Presentation

Transcript

A revolución Francesa

1789O ano do Terceiro Estado

ÍNDICE

Texto

1789

Monarquía Constitucional

Vídeo

Revolución Francesa

Napoleón

A revolución Francesa.

Foi 1789, o ano do Terceiro Estado?

1789, o descontento da maioría da poboación

Situación antes da revolución FRancesa

  • Os campesiños:
Sufren as cargas fiscais (impostos), as cargas do réxime señorial (rendas, malos usos, décimo) pero case non teñen recursos.

Situación no campo

  • Esta situación provocou o crecemento das protestas contra as rendas señoriais, e a petición da adquisición de terras.

Situación nas cidades

  • Clases populares urbanas: Suba de prezos, falta de traballo.
  • Burguesía: Con cartos pero sen os privilexios da nobreza e do clero. Non pode participar na política
  • Aumentan as protestas.

As novas ideas ilustradAs e a revolución americana impulsaron cambios:

políticos

económicos

Favorecer as actividades da burguesía (dereito á propiedade, liberdade de producir, comprar, vender...)

Liberdade, igualdade ante a lei, dereito a particpar na política,... Soberanía nacional (o poder emana do pobo) a través das eleccións.

descontento

TERCEIRO ESTADO ou estamento non privilexiado estaba moi descontento, mentres que os privilexiados (5%) non pagaban impostos, e tiñan dereitos señoriais, eran contrarios aos cambios.

95%

estados xerais

REinvicación política

crise económica

Dende 1760, Francia sufre unha serie de crises de subsistencia que provoca revoltas populares.Crise financeira: Gastos da Corte, guerras (guerra dos Sete Anos; guerra independencia USA)

Solución para a crise económica

Os ministros do rei propoñen que os privilexiados paguen impostos. A nobreza e clero negánse e exisen que convoque ESTADOS XERAIS para aprobar a reforma fiscal.

Convocatoria dos ESTADos xerais

En maio de 1789, reúnense os Estados Xerais en Versalles. Era o órgano que podía aprobar unha reforma fiscal.

Antes da reunión, cada estamento redactaba uns “cadernos de queixas”, coas súas peticións.

CADERNOS DE QUEIXAS DO TERCEIRO ESTADO

1-. Que todos os impostos sexan pagados polas tres ordes, sen ningunha excepción, cada un segundo as súas posibilidades económicas.3-. Supresión total de todas as taxas e impostos. 4-. Exención de impostos para todas as feiras e mercados e abolición de todas as peaxes. 5-. Supresión de toda clase de décimo en especie. 8-. Que se aplique a xustiza con máis rapidez e menos parcialidade. 10-. Abolición total das corveas (obrigación de traballar gratis nas terras do señor feudal ou nobre), sexan da clase que sexan.

peticións dos estamentos

estamentos privilexiados

3º estado

  • Abolición dos dereitos señoriais
  • Establecemento da soberanía nacional.
  • Defendían a permanencia dos seus privilexios.
  • Opuxéronse ás reformas e aos novos impostos.

Sistema de voto

  • Nos Estados Xerais, cada estamento tiña un voto e deliberaban por separado.
  • Os deputados do Terceiro Estado solicitaron deliberar en común e non por separado e que o voto fora por persoa e non por estamento, pero nobres e clero negáronse.

Os representantes do Terceiro Estado abandoaron a reunión dos Estados Xerais. Trasladáronse ao pavillón denomindado Sala do Xogo da Pelota.

Asamblea Nacional

Autoproclamáronse Asemblea Nacional (eran os únicos con lexitimidade para representar á nación, a Francia).

Asamblea nacional

Acabar cos privilexios

Aprobar o voto por persoa, e non por estamento

Xuraron que permanecerían unidos ata redactar unha Constitución.

Crear un novo sistema baseado na vontade soberana da maioría.

Os privilexiados ameazaron con utilizar o exército.

O pobo de París interveu asaltando a Bastilla, símbolo do absolutismo. Apoderáronse das armas da fortaleza.

A toma da Bastilla foi un feito insólito que demostraba que a monarquía non era invulnerable.

Revoltas contra os señores

A revolución estendeuse pola cidade e polo campo, onde se queimaron castelos e propiedades (Gran Medo).

Aceptou o rei de francia a monarquía constitucional?

A Asamblea impulsou medidas revolucionarias

A Asamblea Nacional estaba composto polos representantes do Terceiro Estado, algúns nobres e eclesiásticos.

A Asamblea Nacional considerábanse os representantes da nova nación.Aboliou os privilexios e dereitos señoriais aprobou a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadáns.

supresión dos privilexios e dereitos señoriais

  • exercicio da xustiza.
  • décimos
  • tributos e dereitos de caza
  • malos usos
  • monopolios señoriais.
Declarouse a igualdade a hora de pagar impostos.

Doc : ABOLICIÓN DO REXIME SEÑORIAL

Art. 1. A Asemblea Nacional suprime completamente o réxime feudal e decreta que os dereitos e deberes, tanto feudais como censuais (…) e a servidume persoal (…) son abolidos sen indemnización. .Art 4. Todas as xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización. Art. 5 Os décimos de calquera clase (…) serán abolidos. (Decreto da Asemblea Nacional. 4-VIII-1789.)

Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán

  • Libertades individuais (de pensamento, prensa e credo)
  • Igualdade ( fiscal e ante a lei),
  • Inviolabilidade da propiedade
  • Proclama que a soberanía residía na nación.
  • Presunción de inocencia de todo imputado nun proceso penal.

Doc : Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán

Os representantes do pobo francés, constituídos en Asemblea Nacional, (…) acordaron ... Art 1. Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos (…). Art 2. A fin de toda sociedade política é a conservación dos dereitos naturais e imprescritibles do home. Estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión. Art. 3 O principio de toda soberanía reside esencialmente na nación (…). Art 6. A lei é a expresión da vontade xeral. Todos os cidadáns teñen o dereito a participar persoalmente, ou polos seus representantes, na súa elaboración. A lei ten que ser a mesma para todos (…)

Doc : Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán

Art. 11. A libre comunicación de pensamento e opinións é un dos dereitos máis preciados do home. Todo cidadán pode, pois, falar, escribir, imprimir libremente, sen prexuízo de responder do abuso desta liberdade nos casos determinados pola lei. Art 16. Toda sociedade na que a garantía dos dereitos non estea asegurada nin a separación se poderes determinada, non ten constitución.

Aprobouse a primeira Constitución liberal

A Asamblea Nacional Constituinte elaborou unha Constitución en 1791

Constitución 1791

  • Separación de poderes, ainda que o rei ten dereito de veto
  • Igualdade ante a lei.
  • Dereitos e liberdades
  • Soberanía nacional
  • Sufraxio censatario (So poden votar os maiores de 25 anos e cun nivel de riqueza)

Doc: CONSTITUCIÓN DE 1791

(…) Dende agora non hai nobreza nin pares, nin distincións hereditarias nin ordes nin réxime feudal (…)Art. 3. O poder lexislativo está delegado nunha Asemblea Nacional unicameral elexida por sufraxio censatario indirecto por dous anos. É o único órgano que dispón da iniciativa lexislativa; ademais inspecciona a labor dos ministros e controla a política exterior e financieira. Art. 4. O goberno é monárquico: o poder executivo está delegado no rei, para ser exercido baixo a súa autoridade por ministros e outros axentes responsables .Art. 5. O poder xudicial está delegado en xuíces independentes pagados polo Estado e elexidos temporalmente polo pobo. Art. 12. Para ser cidadán activo é preciso ter nacido ou ter sido feito francés, ter cumpridos os 25 anos (…), pagar unha contribución directa polo menos igual ó valor de tres xornais (…)

asamblea lexislativa

Asamblea lexislativa

  • Inaugurouse a monarquía parlamenteria.
  • Suprimíronse os gremios
  • Implantouse a liberdade económica.
  • Decretouse a igualdade dos cidadáns ante os impostos.
  • Creouse a Garda Nacional
  • A Igrexa viuse obrigada a xurar a Constitución Civil do clero.
  • Os bens da Igrexa foron expropiados e vendidos a particulares para que o Estado conseguise cartos.

Forzas contrarrevolucionarias

Francia convertiuse nunha monarquía constitucional

Forzas contrarrevolucionarias

A Igrexa que non aceptou a subordinación ao sistema constitucional

Os privilexiados que non querían deixar os seus privilexios.

A familia real que non aceptaba que lle impuxeran leis.

Todos os privilexiados buscaron axuda para acabar ca revolución. Pediron axuda ás monarquías absolutistas, en especial a Austria e Prusia.

Fuxida de Varennes

  • Luís XVI intentou fuxir en xuño de 1791 para unirse aos aristócratas que se exiliaran e formar un exército para poner fin á revolución.
  • Pero foi detido en Varennes e obrigárono a regresar a París onde quedou baixo custodia.

O rei é un traidor

O rei foi descuberto e declarado traidor ao país.

Guerra 1792

  • As actividades contrarrevolucionarias non cesaron.
  • En abril de 1791, a Asamblea Nacional declaroulles a guerra a Austria e Prusia.
  • En xullo de 1791, o exército austríaco chegou ás portas de Paris.
OPCIÓNS POLÍTICAS
Absolutistas Querían o mantemento do Antigo Réxime
Realistas. Nobreza e clero Moitos exiliáronse.
Monárquicos Defendían unha monarquía liberal.
Patriotas (liberais) Defendían a revolución liberal
Republicanos Contrarios ao poder hereditario, querían que todos os poderes fosen electos.
  • Moderados. Xirondinos
  • Radicais. Xacobinos

qUE MUDOU COA REVOLUCIÓN FRANCESA?

Proclamación da república

Sans-Culottes

  • A traizón do rei, e a invasión de Francia por tropas prusianas radicalizou a Revolución
  • Prodúcese o asalto ao palacio das Tullerias, residencia da familia real que é encarcearada, cunha participación destacada dos Sans-culotte

Sans Culottes

Os Sans Culottes pertencián aos grupos máis humildes das cidades.O seu nome responde a que non levaban os culottes (bombachos) das partes altas.

re`pública

  • En agosto de 1792 suprimiuse a monarquía,e proclamouse unha república (setembro).

Eleccións 1792

  • A revolta de agosto de 1792 forzou novas eleccións, pero esta vez, por sufraxio universal masculino. Gañaron os xirondinos (revolucionarios moderados)

Convención nacional

A nova asamblea chamouse Convención Nacional.A Convención proclamou a república, abolindo a monarquía.

Convención nacional: Grupos de deputados

Destacaron dous grupos políticos:

  • Os xirondinos: Revolucionarios moderados
  • Os xacobinos (Robespierre, Marat y Danton): Partidarios de la república democrática vencellados cos Sans culottes

Proclamación da república

O rei e acusado de traidor, xulgado e condeado a morte. Foi guillotinado en 1793

Reaccións ante a morte do rei

Estranxeiro

FRancia

  • División entre os revolucionarios.
  • Os absolutistas rebeláronse contra a nova república.
  • Revoltas contrarrevolucionarias no campo.
  • As potencias europeas alarmáronse.
  • Declaración de guerra do resto das potencias (Gran Bretaña, España, Holanda …) que se uniron a Austria e Prusia.

Instauración do Terror

Convención XacobinA

No 1793, o temor á derrota da Revolución provocou o golpe de Estado dos xacobinos, con apoio da parte da burguesía e dos sans-culottes contra os xirondinos. Os xacobinos dirixidos por Robespierre fixeronse co poder.

1793

Comité de saúde pública

A separación de poderes quedou limitada, xa que Robespierre asume todos os poderes implantado unha ditadura. O goberno está concentrado en mans dun Comité de Salvación Pública

Medidas do goberno xacobino

Creación dun exército baseado na incorporación obrigatoriados cidadáns para defender a nación (recrutamento masivo ou leva en masa) co fin de frear a invasión austríaca .

Medidas do goberno xacobino

Elaborouse unha nova Constitución democrática (Constitución do ano 1) na que se recoñece: Soberanía popular e o sufraxio universal masculino. Declarouse a igualdade social

Medidas do goberno xacobino

Declarouse a igualdade social que establecía o dereito á existencia, ao traballo, á educación...

Medidas do goberno xacobino

Para favorecer as clases máis pobres, establecen:

  • Ensino obrigatorio
  • A redistribución da terra a favor dos campesiños
  • Fixación de prezo máximo para produtos de 1º necesidade
  • Salario minimo

Medidas do goberno xacobino

Instaurouse a política do Terror (detencións e execucións en masa) apoiada na lei de Sospeitosos. O Comité de Salvación Pública suspendeu as liberdades e uns tribunais revolucionarios castigaron con prisión ou morte na guillotina a aqueles sosteitoso de opoñerse ao goberno

Como rematou a REvolución francesa?

Un golpe de Estado instaurou o directorio

Problemas do goberno xacobino

As victorias contra os exércitos europeos e a mellora das condicións de vida das clases populares non consolidaron a Convención Xacobina.

Causas da caida do goberno xacobino

  • O rexeitamento da burguesía ás leis sociais;
  • O Terror, as detencións arbitrarias, e as execucións incontroladas;
  • Os enfrontamentos entre os xacobinos

Reacción termidoriana

En 1794 os republicanos moderados organizaron un golpe de Estado (Reacción Termidoriana) que lle deu o poder ao Directorio (1795) formado por 5 membros.

goberno do directorio

Forte represión:

  • Terror blanco: Detención e execución de dirixentes xacobinos como Robespierre.
  • Anulación das leis sociais xacobinas
  • Nova Constitución (1793)

Constitución de 1795: Burguesa

Limitación dos dereitosSufraxio censatario Nova organización do poder que excluía os representantes das clses populares.

máis non logrou estabilidade

goberno burgués

O Directorio reforzou o liberalismo económico e impulsou unha nova sociedade burguesa.O exército tiña cada vez máis poder e influencia. Os éxitos das campañas militares expandiron as ideas revolucionarios dende o Rin ata Exipto.