Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Over 30 million people create interactive content in Genially.

Check out what others have designed:

Transcript

Empezar

Célula VeXetal

As células vexetais son células eucariotas é dicir, células cun verdadeiro núcleo. No seu interior prodúcese un proceso fundamental: a fotosíntese. A forma que ten unha célula vexetal de nutrirse é autótrofa.

Constitución É un orgánulo que está rodeado por unha dobre estrutura chamada envoltura nuclear.

núcleo

Función Contén a información xenética ou ADN (ácido desoxirribonucleico) responsable de procesos como o metabolismo e o crecemento e diferenciación celular.

Función É o principal responsable da produción de lípidos.

RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO LISO

Característica Está rodeado por unha membrana vacuolar.

Constitución Son vesículas moi grandes que poden ocupar o 90% do volume celular, desprazando todos os orgánulos ao outro lado da célula.

Vacúolo

Función

  • Encárgase de manter a forma e tamaño da célula, así como de almacenar substancias.

Función

  • Son os orgánulos responsables da produción de materia orgánica na célula. Neles atópase a clorofila, que se encarga de absorber a luz para que a fotosíntese transforme os sales minerais, auga e dióxido de carbono en azucres e osíxeno.

Cloroplastos

Función Produce a síntese e secreción de polisacáridos complexos e ten un papel moi importante na formación da parede celular.

Aparato de golgi

Constitución Son orgánulos grandes, rodeados por unha dobre membrana: unha interna e outra externa. a membrana interna ten unha estrutura de pregamentos ou invaxinacións chamadas cristas, e a externa é lisa.

mitocondrias

Función Son as encargadas de obter a enerxía que necesita a célula mediante a respiración celular. Así obtense enerxía a partir da materia orgánica.

Función Conteñen encimas dixestivos cos que realizan a dixestión celular

Lisosomas

Caracterísiticas

  • Está situado no exterior da membrana plasmática.

Constitución

  • É a cuberta externa e ríxida que está formada fundamentalmente por celulosa.

parede celular

Función É unha estrutura ríxida que protexe as células e dálles forma.