Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

DÍA DE LA MUJER: VIRGINIA WOOLF

maria bouza

Created on August 1, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Connectors Infographic

Essential Infographic

Practical Infographic

Akihabara Infographic

Interactive QR Code Generator

Advent Calendar

Tree of Wishes

Transcript

María Casares

María Casares, nada na Coruña o 21 de novembro 1922 e finada en Alloue (Charente, Nova Aquitania, Francia) o 22 de novembro de 1996, foi unha actriz galega que triunfou en Francia, onde residía como exiliada por ser filla de Casares Quiroga, que fora Ministro da II República Española durante o goberno de Azaña. En Francia era coñecida como Maria Casarès. Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950.

Isabel Zendal

Isabel Zendal Gómez, nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México), foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

Monxa Exeria

Século IV da nosa era. Naceu na provincia romana de galleacia. Exeria realizou unha viaxe de tres anos de duracion na que peregrinou a Oriente Próximo, saíu de Galicia, percorreu o sur de Francia atravesou o norte de Italia e cruzou en barco o mar adriático para continuar a súa viaxe ata Constantinopla e finalizar este periplo entre Xerusalén e Alexandría. Reflectiu toda esta viaxe nun libro no que relata as suas aventuras .