Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

POR UN MONTE VIVO

bcseoane

Created on July 2, 2023

Participamos no proxecto "MONTE VIVO" para que as nosas nenas e nenos valoren a necesidade de coidar os bosques e de mantelos, non se pode consentir o que acontece en Galicia cos nosos bosques.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Tarot Presentation

Vaporwave presentation

Women's Presentation

Transcript

MONTE VIVO

PINTAMOS DE CORES OS NOSOS MONTES

CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO

A NOSA ESCOLA E OS BOSQUES

Na nosa escola levamos dende o ano 2006 traballando en favor dun MONTE VIVO, tentamos pintar os montes de cores realizando plantacións de árbores autóctonas nos montes comunais en colaboración coas entidades e co concello. Este curso imos fixémolo, unha vez máis, a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Un ano máis decidimos participar no proxecto "Monte Vivo" parécenos moi importante concienciar ao noso alumnado da necesidade de coidar o entorno e os nosos bosques.

1ª E 2ª TAREFAS DE MOTIVACIÓN

O 1º que fixemos foi unha saída ao entorno, onde puidemos observar a variedade de árboles que medran nel. Como 2ª tarefa propuxemos ao noso alumnado que sairan coa familia ao entorno máis próximo das súas casas e observaran os árboles que tiñan polo seu entorno, e fixeran fotografías. Fixemos redaciones sobre a nosa saída. Para estas dúas tarefas levamos un caderno de campo no que fixemos as nosas anotacións.

CONTINUAMOS CO TRABALLO NA ESCOLA

Realizamos dende 5º e 6º nivel unha unidade didáctica para traballar co noso alumnado. "Os nosos bosques" Esta unidade vai ser o punto de partida do noso proxecto deste ano. Traballamos en grupos de traballo cooperativo, buscando así que todas e todos traballemos colaborando e axudándonos uns a outros/as.

Charlas divulgativas de técnicos da natureza

Ricardo Da Silva e a súa compañeira déronnos unha charla informativa sobre os ecosistemas que nos atopamos no noso entorno, sobre como coidar os nosos bosques, como previr incendios e como actúan os axentes ambientais, coma el, cando se ven enfronte dun incendio. Poidemos aprender moitas cousas moi interesantes, e tamén nos dixo que cando avistásemos un incendio chamásemos rapidamente ao 112.

ETAPAS DA NOSA UNIDADE DE INVESTIGACIÓN

Proceso 1

Proceso 3

Proceso 2

Traballamos a Unidade Didáctica "Os nosos bosques"

Expoñemos aos nosos compañeiros e compañeiras todo o investigado e realizamos power-points como apoio visual para as nosas exposicións.

Realizamos a unidade didáctica en equipos de cooperativo.

PREPARAMOS OS NOSOS SEMILLEIROS

Tráennos sementes de árbores autóctonas e na zona do invernadoiro realizamos un semilleiro con todas as sementes, para poder plantar as árbores que nazan dentro dun par de anos no monte do noso concello.

Descub

PLANTAMOS ÁRBORES AUTÓCTONAS

Realizamos dúas plantacións unha co alumnado de 5º e outra co alumnado de 6º. Na 1ª creamos unha fraga e na 2ª un souto.

COÑEZO O MEU ENTORNO

Unha vez rematada esta parte e dentro da unidade de investigación ...

Descubrimos como eran os bosques no noso concello antes, e comparamos como son agora. Que aconteceu? Coñecemos que é unha fraga, un souto, unha carballeira, etc.? Buscamos en Internet Pasamos as nosas investigacións a papel e expuxémolas na aula aos nosos compañeiros e logo nos corredores.

TRABALLAMOS EN EQUIPO

Maio preparamos os paneis realizados por equipos nas aulas para expoñer nos corredores da escola.

FACEMOS POWER-POINT

Preparamos en 5º lipbooks e power-point dos beneficios dos bosques.

EXPOÑEMOS AS NOSAS INVESTIGACIÓNS

Exposición paneis. Quedaron xenial!

Grazas a todas e todos os que participades con nós neste proxecto!"POR UN MONTE VIVO"