More creations to inspire you
WOLF ACADEMY
Presentation
STAGE2- LEVEL1-MISSION 2: ANIMATION
Presentation
TANGRAM PRESENTATION
Presentation
VALENTINE'S DAY PRESENTATION
Presentation
HUMAN RIGHTS
Presentation
LIBRARIES LIBRARIANS
Presentation
IAU@HLPF2019
Presentation
Transcript
XUÑO 2023
CEP LOIS TOBÍO
A edición do Chalano deste ano está feita de traballos novidosos e de traballos que fan memoria destes case dez meses de implicación, constanza e esforzo. Desfrutade deste ansiado xornal
CURSO 2022/2023
Durante este ano escolar ese foi o noso lema, "Ás para crear"". A través del estudamos as aves da nosa contorna, investigamos sobre elas e conseguimos coñecelas mellor; resaltando a importancia do coidado do medioambiente para respectar os entornos onde estas habitan, e a importancia que teñen os noso comportamentos nesa tarefa.
"Ás para crear"
O CHALANO
A volta ao mundo nun curso 6º
Entrevista a Fernández del Riego 5º
Os pasatempos de 4º
Recomendacións para o verán 3ºB
05
Xogando coas rimas 2ºAEntrevista gañadores Microrrelatos 2ºA
O Antroido no Tobío 2ºC
Visita a Belelle 2º B
10
09
04
08
07
06
03
Xornalistas por un día 1ºB
02
As nosas verbas 1ºA
01
Sumario
O coro do cole
16
Partituras non convencionais - Música
Concurso de microrrelatos
Exposición Microrrede da Mariña
15
14
13
Día da EF na rúa - Día do Libro
12
O reloxo de Santa María - Relixión
11
Sumario
Con motivo da celebración das Letras Galegas o 17 de maio de 2023, o alumnado de 1ºA fixo unha selección daquelas palabras máis fermosas que podemos atopar na lingua galega. Visualizade este vídeo para descubrilas!!!
AS NOSAS VERBAS 1ºA
Desfrutade desta sección de verbas fermosas da nosa lingua seleccionadas polo alumnado de 1ºA
Os alumnos/as de 1º B convertíronse en xornalistas durante un día.
O alumnado de 1ºB fixéronse entrevistas uns aos outros sobre o seu primeiro curso no CEP Lois Tobío. Se queredes saber o que pensan a que esperades para ver o vídeo!!!
XORNALISTAS POR UN DÍA
O alumnado de 2ºA confeccionou unha colección de pareados divertidos e fixeron unha entrevista aos gañadores do Concurso de Microrrelatos: Gabriel Bermúdez 5ºB e Marcos Cabada 6ºA
ENTREVISTA GAÑADORES CONCURSO MICRORRELATOS 2ºA
XOGANDO COAS RIMAS 2ºA
No mes de maio o alumnado de segundo pasa o día nunha granxa
O alumnado de 2ºB cóntanos que tal o pasaron na súa excursión de fin de curso na granxa escola de Belelle. Aprenderon moito sobre os animais e o seu coidado, fixeron pan, montaron a cabalo... Un día xenial!!!!
VISITA Á GRANXA ESCOLA DE BELELLE 2ºB
Un ano máis o alumnado e o profesorado do colexio pasámolo pipa cos nosos disfraces
O alumnado de 2ºC cóntanos como foi o Antroido no nosos colexio este curso. Había moitos animais con ás: mouchos, bolboretas, saltóns, xoaniñas...Pasámolo xenial!!
O ANTROIDO NO CEP LOIS TOBÍO 2ºC
Recomendacións de 3ºB para pasar un verán divertido
O alumnado de 3ºB elaborou un vídeo onde nos dan algunhas recomendacións sobre actividades que podemos facer estas vacacións de verán para non aburrirnos.Aquí as tedes!!!
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN POR 3ºB
Serás capaz de resolvelos?
OS PASATEMPOS DE 4º
OS PASATEMPOS DE 4º
O alumnado de 5º entrevista ao autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas
Os expertos das linguas de 5º fixeron unha charla coloquio do por que das Letras Galegas, e da aportación de Francisco Fernández del Riego á nosa lingua.Non vos perdades este video!!!
QUINTO ENTREVISTA A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
O alumnado de 6º déixanos aquí un pequeno resumo de todas as viaxes que fixeron este curso. Viaxaron máis que Willy Fog!!!
A VIAXE AO MUNDO NUN CURSO 6º
O alumnado visitou a Igresa de Santa María acompañados por Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro e antigo mestre do colexio. Explicoulles distintos detalles e características da igrexa e do seu reloxo.
O alumnado puido observar como é un reloxo antigo por dentro
O RELOXO DE SANTA MARÍA - RELIXIÓN
O mércores 26 de abril de 2023 o alumnado de 1º ciclo do CEP Lois Tobío (Viveiro) fixeron unha saída para conmemorar o Día da EF na rúa (26 de abril) e o Día do Libro (23 de abril).Fomos en patinete ata Os Castelos (Covas) contribuíndo a consecución do lema deste ano do día da EF na rúa: "Fomentando a mobilidade activa con EF".De volta ao colexio paramos no parque Pernas Peón (Parque dos Patos), onde merendamos, e levamos a cabo un xogo de pistas titulado "Na búsqueda dos contos perdidos" para conmemorar o Día do Libro.
DÍA DA EF NA RÚA E DÍA DO LIBRO 2023
Do 8 ao 11 de maio celebrouse de novo a Exposición de Microrredes da Mariña na sala multiusos do Concello de Viveiro.Dende o noso centro participamos co traballo "Ás para crear", no que cada aula ten un cubo con información sobre unha das aves que habitan temporal ou definitivamente a nosa contorna.O martes poidemos desfrutar dun concerto do coro do noso colexio.Espectacular!!!
EXPOSICIÓN MICRORREDE DA MARIÑA 2023:"ESCRIBIR ARTE NA MARIÑA"
Noraboa aos gañadores: Gabriel (5ºA) e Marcos (6ºA)
Neste último trimestre tivo lugar un concurso de microrrelatos.Aquí tedes os dous microrrelatos gañadores.
CONCURSO DE MICRORRELATOS CEP LOIS TOBÍO
E se non existisen as partituras nin os instrumentos? Como as escribiríamos? Iso fixemos en segundo e terceiro con obxectos cotiás representando os sons á nosa maneira...
PARTITURAS NON CONVENCIONAIS - MÚSICA