Full screen

Share

LECTURA 
EN FAMILIA
LECTORES

EXPERTOS
LECTORES

AUTÓNOMOS
PRIMEIROS 
LECTORES
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2023

Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

RECOMENDACIÓNS VERÁN 2023

covadonga

Created on June 19, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

LECTURA EN FAMILIA

LECTORESEXPERTOS

LECTORESAUTÓNOMOS

PRIMEIROS LECTORES

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2023

PRIMEIROS LECTORES

LECTORES AUTÓNOMOS

LECTORES EXPERTOS

LECTURA EN FAMILIA

PRIMEIROS LECTORES

Os nosos montes son lugares máxicos e o fogar dunha chea de seres vivos: árbores, arbustos, pequenos fungos e toda clase de animais, dende os xabarís máis grandes ata os insectos máis pequenos. Xa sabemos que as árbores veñen dunha semente. Pero, sabías que son os seres máis lonxevos e grandes do planeta?

MILLÁN, BLANCACUMIO

O GRAN LIBRO DOS NOSOS MONTES

PRIMEIROS LECTORES

Un prisioneiro que transportabades no voso navío pirata escapouse. Tivo sorte, pois había unha illa moi preto e agora tedes que atoparlle. Só el coñece o lugar exacto onde se atopa o tesouro! Un verdadeiro pirata nunca renunciaría a atopar un tesouro verdade? Atopa ao prisioneiro fuxido e atoparás o gran tesouro. O éxito da túa misión depende só de ti porque en Piratas O heroe es ti!

Shuky MedinaMasQueOca Ediciones

piratas

PRIMEIROS LECTORES

E por que non? Seica ten algo de raro que un lobo queira ser mamá? Cun pouquiño de musgo, uns cuantos palitroques e tres puños de barro, Lobo construíu o seu niño na oitava rama dun castiñeiro. E unha vez instalado no seu novo fogar… dispúxose a poñer un ovo!

Txabi Arnal.TRIQUETA

un ovo de lobo

PRIMEIROS LECTORES

No medio dun bosque, nunha bonita cabana viven un Gato, un Esquío e un Pato. Cada día fan sopa de cabaza para cear: o Gato parte a cabaza, o Esquío remove a sopa e o Pato ponlle o sal. Viven os tres moi felices, tendo cada un a súa tarefa diaria. Pero un día o Pato decide cambiar os papeis, e ármase unha gran lea entre os tres amigos.

Helen Cooper JUVENTUD

SOPA DE CALABAZA

PRIMEIROS LECTORES

A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non. Pódese aprender a dar bicos? Existe unha máquina que os fabrica dentro de nós e os fai saír a través dos beizos? Como e cando se pon a funcionar?

María Canosa XERAIS

UNHA FÁBRICA DE BICOS

PRIMEIROS LECTORES

Nos outeiros de Sicilia, é a hora da sesta. Todo está en calma, pero ás veces óese un estraño zumbido BzzzZZZ... Unha abella? Que vai! É a biblioteca de Orazio. Este antigo mestre de escola percorre os pobos dos outeiros na súa biblioteca de tres rodas. A súa misión é: proporcionar lecturas para as poboacións illadas.

Davide CaliTRAMUNTANA

LA BIBLIOTECA DE ORAZIO

PRIMEIROS LECTORES

Garabitolas son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar coas palabras.Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me dá bicos/ e que me abraza.

Xoán BabarroXERAIS

GARABITOLAS

PRIMEIROS LECTORES

«Princesa, eu? Víchesme ben? Son unha bruxa!» A temible bruxa Petra dos Tornados é a lexítima herdeira do defunto rei Papanatas V e debe ocupar o seu lugar como princesa de Sotavento. Pero ela é unha bruxa! Aínda así, vivir nun palacio resulta tan tentador que Petra decide tentar converterse en princesa. Que pode haber mellor que pasarse o día tombada nunha gran cama, paseando polos xardíns e facendo o que lle apeteza? Pronto Petra descubrirá que ser princesa non é tan divertido como parece...

Susanna IsernBEASCOA

LA BRUJA QUE NO QUERÍA SER PRINCESA

PRIMEIROS LECTORES

Descobre as superaventuras de Súper Caribú. Este cómic con personaxes carismáticos e divertidos preséntanos historias cheas de humor sobre o heroe de Vientosano.

Magali Le HucheBEASCOA. Cómic.

SÚPER CARIBÚ

PRIMEIROS LECTORES

Embarca neste libro xunto co pequeno Magalláns, Elcano e a súa divertida tripulación nesta nova aventura inspirada nunha das maiores fazañas da nosa historia, a primeira viaxe arredor do mundo… en barco! Soltando cabos, despregando velas e…. todo a babor!

Rena OrtegaEDICIÓNS DO CUMIO

TODO A BABOR!

LECTORES AUTÓNOMOS

Entre as vilas de Leira e Beira había moita rivalidade. Unha noite de San Xoán, os veciños e as veciñas decidiron rematar coas envexas e as porfías dos seus mandatarios. Desde entón viven felices en Feira, onde cada 23 de xuño a súa cacharela refulxe coma ningunha outra. «Meigas fóra!» é un divertidísimo conto que propón unha reflexión sobre o desastre ao que nos poden levar determinados comportamentos. Unha historia que é un canto á liberdade.

Ramón D. VeigaXERAIS

MEIGAS FÓRA!

LECTORES AUTÓNOMOS

Cómic protagonizado por un heroe moi perruno! Grazas ao seu olfacto humano e á súa intelixencia perruna... ou ao revés... En fin, que Policán é unha machada combatendo o crime e tal. Unha chea de historietas tronchantes para pasar un intre ladrando de risa!

Dav Pilkey SM. Cómic.

POLICÁN

LECTORES AUTÓNOMOS

E ti, QUE FARÍAS SE te QUEDASES 24 HORAS SEN PAIS? Eu téñoo claro... TODO O QUE NON nos deixan facer FACER cando están ELES! É dicir: - Montar unha FESTA co meu irmán e o meu mellor amigo. Vai ser épica! - Comer pizzas, chuches e flocos de millo a varrer. E encima do sofá! - Ver xuntos pelis de TERROR. Aínda que dan máis medo os meus pais enfadados! É un plan perfecto... Pero os nosos plans non poderán...

Isaac PalmiolaMONTENA

STRANGER KIDS

LECTORES AUTÓNOMOS

A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa intención de dominar o Reino Unido. A inventora vai ter que despregar todo o seu enxeño para recuperar a peza roubada e tamén para que a paz regrese a Londres. Mais non o vai ter nada doado.

Ledicia Costas XERAIS

A SEÑORITA BUBBLE. DEUS SALVE AS RAÍÑAS

LECTORES AUTÓNOMOS

Dona Equis, famosa investigadora, está nas súas horas máis baixas. Desde que lle picou o mosquito duermevela, non pode resolver un misterio sen durmirse no medio do escenario do crime. Todo complícase cando un malentendido lévaa a dar clase nun colexio. Os seus alumnos Lena, Álex, Bruna e Kike deciden reconverter a extraescolar nunha axencia de detectives e axudar a dona Equis a recuperar o seu prestixio.

Enrique Carlos MartínDESTINO

Detectives EXTRA escolaresmisterioso cambiazo en la biblioteca

LECTORES AUTÓNOMOS

Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear a campaña.

Eva Mejuto XERAIS

O DÍA QUE CHOVERON GATOS

LECTORES AUTÓNOMOS

As protagonistas desta historia acaban de terminar o curso e teñen unha gran ilusión por pasar uns días de vacacións xuntas nun campamento. Sen embargo, un problema poderíaas afastar dos seus plans. Conseguirán o seu soño de pasar o verán xuntas? A casa da árbore é un lugar máxico onde reunirse para atopar boas ideas para calquera situación e problema.

W. Ama AGAPEA

TODAS PARA UNA

LECTORES AUTÓNOMOS

O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables na gran pantalla. Será unha viaxe tan sorprendente que nin tan sequera a maxia do cine poderá explicar.

Iria Misa XERAIS

UNHA VECIÑA DE PELÍCULA

LECTORES AUTÓNOMOS

Suy e Lawen son dous irmáns xemelgos que viven na aldea de Sat Naapa, un remoto lugar do sureste asiático. As súas tranquilas vidas cambian o día no que a velliña Champey le as súas almas e lle di a Suy que el ten alma de bolboreta, mentres que a súa irmá Lawen posúe o espírito do elefante. A Suy parécelle imposible porque el é máis forte e sempre coidou da súa xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións descoñecidas. Así que Suy conta unha pequena mentira. Di que el é o elefante.

Andrea Maceiras XERAIS

ALMA DE ELEFANTE

LECTORES AUTÓNOMOS

Hilda é unha nena decidida, intelixente e moi moi aventureira. Ademais vive nunhas montañas cheas de troles, xigantes e todo tipo de seres extraordinarios. Así que as súas aventuras son todo menos ordinarias. Cómics intelixentes, con toques filosóficos e que xuntan aventuras, mitoloxía e mundos fantásticos.

Luke PearsonBARBARA FIORE EDITORA. Cómic.

HILDA Y EL TROL

LECTORES EXPERTOS

Este libro está cheo de pirámides con labirintos onde podes perderte e escuros pasadizos onde nada é o que parece. Vas ter que buscar con moita atención entre os tesouros, descifrar os xeroglíficos e usar os teus mellores amuletos: intelixencia, lóxica e razoamento.

Alberto Jiménez García LIBSA

ENIGMAS DE EGIPTO

LECTORES EXPERTOS

Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. A praia da esperanza é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno.

Agustín Fernández PazXERAIS

A PRAIA DA ESPERANZA

LECTORES EXPERTOS

Ophelia múdase á pequena cidade costeira de Saltvik. Alí coñece ao pescador Bernard, que comparte a súa fascinación polas criaturas submarinas. Unha noite, Ophelia ve algo misterioso pola xanela. Que é o que se esconde baixo a superficie do mar? Terá algo que ver co mozo que se tirou de cabeza ao mar e desapareceu? Acompaña a Ofelia e a Bernard na súa aventura nas profundidades!

Hans Jorgen SandnesEdebé. Cómic.

CRIPTO EN LAS PROFUNDIDADES

LECTORES EXPERTOS

A Saínza Loureiro non lle gusta durmir moito, os ruídos fortes, o exceso de purpurina ou as baterias de preguntas. Prefire corretear entre carballos, respirar o aire limpo ou mirar o ceo intensamente azul. Eso si, é unha amiga inmellorable, forte como un carballo e incansable loitadora contra as inxustizas.

Maria CanosaA COSTUREIRA EDICIÓNS

SAÍNZA A PUNKIERETEIRA

LECTORES EXPERTOS

É a noite máis terrorífica do ano e tamén a máis divertida! Os alumnos organizaron unha festa de disfraces para Halloween, pero o que non se esperaban é que aparecesen uns zombis en clase. Serán mortos viventes de verdade? S.O.S., Para escapar dos zombis necesitan a túa axuda! - Resolve enigmas e misterios - Investiga os detalles de cada ilustración - Le con atención para non perderche ningunha pista E chega ata o final!

Jule AmbachMONTENA

ESCAPE SCHOOL ¡ALERTA ZOMBI!

LECTORES EXPERTOS

Joe é o neno de doce anos máis rico do mundo. Ten tanto diñeiro que comprou todo o que se pode desexar: un coche de Fórmula 1, cincocentos pares de deportivas (sen esaxerar), un can robot importado do Xapón, un acuario con dous crocodilos e unha quenlla e un parque de atraccións privado para o xardín. Pero o que de verdade necesita non pode comprarse con diñeiro. Sabedes que é?

David Walliams MONTENA

EL CHICO DEL MILLÓN

LECTORES EXPERTOS

O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciño, Nela e Milucho, tres rapaces da aldea, sospeitan algo e deciden embarcarse na resolución do arrepiante misterio.

Andrea García Martínez XERAIS.

ANIMAIS FANTÁSTICOS DE ALDEA

LECTORES EXPERTOS

Un misterioso anfitrión convocou a un selecto grupo de seis investigadores ao torreón dos enigmas: un neno de 12 anos e unha nena de 9 aos que lles encanta resolver enigmas lóxicos, un mozo universitario, unha adorable ancianita, un ex investigador do goberno e unha xornalista famosa. Guiados polo mordomo, os invitados percorrerán as duascentas habitacións da mansión. Cada porta revelará un enigma cuxa solución lles irá conducindo aos poucos ata a misteriosa identidade do seu anfitrión, á vez que compiten para descubrir quen deles é o máis intelixente de todos.

VV.AA.ALFAGUARA

EL TORREÓN DE LOS ENIGMAS

LECTORES EXPERTOS

Aldán ten catro anos e aínda está tentando entender o mundo. Cando os seus pais deciden deixar atrás a cidade e mudarse a unha pequena vila, coñecerá a Xiana, unha nena da súa clase. Os dous vivirán unha noite de perigo cando un incendio ameaza con arrasar o bosque.

Xavier EstévezXERAIS

A MEMORIA DOS PINGÜÍNS

LECTORES EXPERTOS

Imaxínaste que o día do teu aniversario desaparece do calendario? Edu ten un plan infalible para recuperalo. As Autoridades decidiron eliminar un día do calendario e a data elixida foi o seis de outubro, o día en que naceu Edu. De golpe, quedouse sen aniversario, ancorado nos dez anos. E desde logo, non llo toma nada ben. Por eso, decide loitar para recuperalo e acode á Tenda de Cousas Prohibidas, onde consegue a Succionadora de Tempo, capaz de roubar minutos ata conseguir recuperar un día completo. Parece fácil e, sen pensar nas consecuencias, comeza a caza de bos momentos… doutros.

David Lozano GarbalaEDEBÉ

EL LADRÓN DE MINUTOS

LECTORES EXPERTOS

A Hugo, LÍa e o seu can Pepo encántalles explorar os almacéns do Museo do Planeta que dirixe o seu pai, o profesor Arquivo. Un día descobren un talismán máxico dentro dun cofre antigo e de súpeto trasládanse a un castelo da Idade Media! Acompáñaos nesta aventura interactiva e utiliza a túa capacidade de observación e os teus coñecementos para resolver máis de 40 probas! Convértete en detective, busca pistas, segue o camiño que te marcan e resolve o enigma!

Catherine MollicaBRUÑO

DESCUBRE EL MISTERIOPÁNICO EN EL CASTILLO

LECTORES EXPERTOS

Nun pequeno pobo rodeado de montañas, comeza unha historia incrible que nos conta as experiencias dunha nena de area que vive naquel lugar. A protagonista, inquieta e con gran capacidade de observación, relata no conto como descobre e aprende novos valores, sempre acompañada por Yuyú. A lectura deste libro convida o lector a percorrer xunto a Areia o seu camiño, descubrindo valores moi importantes para a vida a través da experiencia. Un libro para ler en familia durante a infancia e gardar para toda a vida.

Pablo Marco LeónBABIDIBÚ

MEMORIAS DE AREIA

LECTORES EXPERTOS

Lucía é unha nena que comeza a ter problemas de visión e ten que poñerse lentes. Ela está moi preocupada e non quere levalas porque pode ser obxecto de burlas en clase e ten medo a perder aos seus amigos. Ao poñerse as lentes, Lucía ve como algúns dos seus compañeiros búrlanse dela. Outros compañeiros, con todo, danse conta da crueldade destas accións e deciden apoiar a Lucía. Unha historia que nos ensina a non gardar silencio e a non apoiar ningún acto de humillación nin desprezo cara a ningunha persoa.

Aurora Soto DíazEL DODO LECTOR

PONTE MIS GAFAS

LECTORES EXPERTOS

Cociñando en familia: Aceite, allo, pemento, xamón, queixo… Estes son sabores e cheiros que sempre poderemos gozar nos guisos de familia. Son recordos de momentos felices ao redor dunha mesa. Este libro é un tesouro porque está cheo deses recordos. Quizais nun futuro se mesturen cos teus e os da túa familia, e así perduren no tempo durante moitos anos.

María de la Fuente SoroAPILA

COCINANDO EN FAMILIA

LECTORES EXPERTOS

Desde que apareceron as primeiras formas de vida na Terra ata os nosos días, a natureza demostrou ser un exemplo de evolución e resiliencia. Animais, plantas e todo tipo de organismos desenvolveron asombrosas capacidades para sobrevivir aos cambios ambientais, as enfermidades, os ataques de depredadores, a competencia con outras especies polos recursos ou a acción do ser humano.

Soledad Romero MariñoZAHORI BOOKS

SÚPER PODERES ANIMALES

LECTORES EXPERTOS

O noso planeta verde é un mundo oculto no que as plantas poden cheirar, saborear, tocar, oír e ata «falar»! Descobre historias fascinantes sobre as plantas neste libro ilustrado de non ficción baseado nunha nova serie da BBC. Desde as árbores do parque ata as herbas do asfalto, as plantas esconden moito máis do que aparentan.

Leisa StewartCOMBEL

PLANETA VERDE

LECTORES EXPERTOS

Nos nosos océanos habita a maior diversidade de vida da Terra e, con todo, temos mellores mapas de Marte que do leito mariño. Asómbrate con criaturas que nunca imaxinarías. Hai moito territorio por explorar!

Leisa StewartCOMBEL

PLANETA AZUL

LECTORES EXPERTOS

Como funcionan as mareas? E a depuración da auga? Cando se produce unha tormenta? Existen os ríos subterráneos? Quen falou por primeira vez da auga virtual? Un libro ilustrado fascinante que trata do papel que a auga desempeña no noso planeta, na natureza e para as persoas.

Sarah GarréCOMBEL

EL GRAN LIBRO DEL AGUA

Show interactive elements