Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
SEMENTANDO PATRIMONIO ECOLÓXICO-NATURAL E CULTURAL NA NOSA CONTORNA
ceipdeandrade5
Created on June 9, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Neste curso 2022-2023, o noso proxecto de centro , está baseado na creación dun bosque comestible, no coidado e respecto polo natural e cultural que ten a nosa contorna, na procura de concienciar á comunidade educativa dun coidado axeitado do medio natural e cultural que nos rodea.
PDI Patrimonio ecolóxico- natural e cultural na nosa contorna.
A rapazada e os mestres xunto con familias, gozamos de obradoiros para fomentar a nosa alimentación e vida saudable. Desexamos que para o curso vindeiro podamos facer alimentos saudables cos froitos e plantas do noso bosque comestible e horto.
Sementando alimentación e vida saudable
Que magnífica saída! Tanto o alumnado coma o profesorado, tivo un contacto directo coa cultura e a natureza da nosa contorna. Observación de paxaros na desembocadura do río Eume e tamén, un coñecemento dos alimentos de proximidade, na visita ao mercado de Pontedeume e sen esquecer a parte de patrimonio cultural, co descubrimento da historia do mercado, antiguamente o palacio dos Andrade.
Sementando patrimonio cultural e natural
Parabéns rapazada!!!
A rapazada do noso centro tivo a sorte de facer un mural nunha das nosas paredes, cunhas pinturas especiais, cuxa función é a de absorber CO2, o mesmo que si fosen árbores. A rapazada máis miuda estivo a facer pintado de bolsas de tea, coa mesma pintura. Foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto a nivel artístico como ecolóxico.
PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS