Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

FP BÁSICA 22/23

PIENSOSIENTOSOY

Created on June 7, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Blackboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Historical Presentation

Psychedelic Presentation

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Transcript

FP BÁSICA: SEMENTES DE FUTURO

RETO CONSEGUIDO!

Agora ábrense portas novas para ti.

Técnico/a Básico en Agroxardinería e composicións florais+ Graduado/a en Educación secundaria

A POR ... NOVOS RETOS!

Reto: cursar un Ciclo de Grao Medio

CICLOS GRAO BÁSICO

CICLOS GRAO SUPERIOR

CICLOS GRAO MEDIO

Curso de especialización: título de Máster profesional

Curso de especialización: título de Especialista

PLAN DE ESTUDOS. CICLOS MEDIOS

FCT Prácticas de empresae

MÓDULOS (=materias):-Comúns: FOL+ Empresa -Profesionais -FCT

2 CURSOS

3 TRIMESTRES

Exames finais en maio-xuño

Alguns datos de interese

  • Perda de avaliación continua: se faltas máis do 10% horas do módulo perdes o dereito á avaliación continua, terías so a oportunidade de maio. No mes de outubro poden darte de baixa de oficio se non apareces.
  • Duración: todos 2000 horas (agás algúns títulos LOXSE que están en extinción)
  • TÍTULO: Técnico/a en ....
  • Formación teórico práctica no centro educativo e formación práctica na FCT
  • Acceso directo a CS de calquera familia profesional (reservan o 20% das prazas). Prioridade no da mesma familia e en ciclos vinculados.
  • Co título de técnico/a podes obter o título de Bacharelato se superas as materias comúns do Bacharelato

Podes facer unha inscrición por réxime. Ollo se pides por Dual e che adxudican xa non tes opción no resto de réximes

RÉXIMES DE

FP Modular a distancia

FP Ordinaria

FP Dual

FP Modular presencial

Oferta de adultos. A partir de 18 anos

M. A DISTANCIA

  • Matrícula por módulos, máximo de 1000 horas por curso.
  • Formación online e exames presenciais.
  • Titorías presenciais non obrigatorias

DUAL

  • Alomenos un mìnimo do 33% do ciclo realízase nunha empresa.
  • Durante este período de formación en empresa: beca de formación/contrato de aprendizaxe remunerado +seguro.
  • Selección do alumnado pola empresa. Na admisión é preciso realizar CV europeo.
  • So se pode solicitar un ciclo por este réxime.

M. PRESENCIAL

  • Matrícula por módulos, máximo de 1000 horas por curso.
  • Horario normalmente de tarde-noite.

ORDINARIA

  • Matrícula de curso completo (5-6 módulos),
  • Dous anos.
  • Horario normalmente de mañá

NOVA FP

Nos dous cursos seguintes completaranse os cambios da nova FP, polo que moitas das cousas tratadas ata agora cambiarán xa no curso 24-25. Entre os cambios que veñen, están os seguintes:
  • Toda a FP será Dual, haberá prácticas en empresas en cada módulo profesionalizador.
  • Posibilidade de prácticas en máis dunha empresa.
  • Desaparecen os módulos de FOL e Empresa e aparecen novos módulos como itinerario personal para a empregabilidade I e II, dixitalización, sostenibilidade e idioma estranxeiro.
  • Maior colaboración/contacto entre a Universidade e FP.
  • Nova ordenación con 5 grados: A, B, C, D, E, F, e tres niveis 1,2,3. Ciclos Básicos, Medios e Superiores estarán no nivel E.
  • Posibilidade de contar con ciclos con maior duración.
  • Impulsaránse as dobres titulacións (xa existen)

EXPERIENCIAS ÚNICAS

Na FP poderás participar en experiencias únicas:-Mobilidade: podes facer prácticas noutros países-Concursos: Galicia Skills -Programas de emprendemento: Viveiros de empresa, Simula, Idea, Avanza, Actúa, Miniempresas, cooperativismo, etc

Ciclos Superiores

  • CS Formación para a mobilidade segura e sustentable
  • CS Electromedicina clínica
  • CS Caracterización e maquillaxe profesional
  • CS Automoción especializado en vehículos de competición (Dual, AE)
  • CS Automoción especializado en vehículos industriais (Dual, AE)
  • CS Cocina Agroecolóxica (Dual, AE)
  • Robótica colaborativa
  • Sistemas de sinalización e telecomunicacións
  • Auditoría Enerxética

Cursos de especialización (Másteres)

  • CM Escavacións e sondaxes
  • CM Postimpresión e acabamentos gráficos

Ciclos Medios

NOVOS Ciclos e Másteres Curso 23-24

AE: Alta especialización

Curso 23-24

  • Oferta en Galicia.

Que CICLOS hai e donde?

  • Mapa FP
  • Ciclos noutras comunidades. TodoFP.

Folletos Ciclos 23-24

Queres coñecer algo máis dos perfis profesionais de cada ciclo e os módulos que estudarás? Preme na imaxe

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:1. Utilizar o ASISTENTE INFORMÁTICO PARA XERAR A SOLICITUDE WEB. Unha vez cuberta a solicitude pode darse 3 casos: - Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a devandita solicitude ao centro e quedará pendente da verificación por parte do centro da documentación achegada electronicamente. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar no centro. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo, en calquera centro de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional sostida con fondos públicos. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión. 2. CREAR ALARMAS COAS DATAS DO CALENDADIO DE ADMISIÓN e MATRÍCULA 3. CONSULTAR LISTAXES DE SOLICITUDES (provisional e definitiva) e AS DE ADXUDICACION nas datas sinaladas no calendario de admisión. 4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido MATRICULARSE OU RENUNCIAR (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Pasos da Admisión e Matrícula

Inscrición

Video explicativo admisión
  • Aplicación para realizar a admisión
  • Currículo Europeo (so para Dual)
  • Instrucións Réxime ordinario e de adultos
  • Instrucións Réxime Dual (con 18 anos)
Inclúe 5 opcións, o mesmo ciclo en diferentes centro e/ou varios ciclos. Ordealos por preferencia.

Inscrición

Inscrición

  • A matrícula é un proceso que remata a solicitude de praza.
  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Matrícula online ou no centro.

Matrícula

  • Matrícula no caso de ciclo liberado: en papel no centro. Importante a hora de chegada.
Podes renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que che sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que che fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia realízase polos seguintes medio: - través da aplicación informática -ou mediante impreso. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar.

Renuncia

  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Matrícula online.

ALGUNHAS DÚBIDAS FRECUENTES

Que é o código persoal de consulta (CPC)?

Que tipos de centros hai?

Prazas liberadas

Cando un ciclo non ten lista de espera, a Consellería abre un prazo para matricularse directamente aínda que non se teña feito previamente a solicitude de admisión neste ciclo. As plazas adxudicanse por orde de chegada.

Nos listados non aparecerán os vosos nomes se non un código alfanumérico único e persoal. Consulta no enlace como obtelo.

Na solicitude figuran:-IES -CIFP centros integrados de FP. So imparten ensinanzs vinculadas con FP -CPR: Centro Privado Concertado (consulta se ten precios engadidos)

  • Debes cubrir a folla de matrícula, pagar seguro e levar un par de fotos.
  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Realízase na aplicación de admisión de FP ou no centro no que cursas o Ciclo.
  • A matrícula é un proceso que remata a solicitude de praza.

Matrícula

  • Matrícula no caso de ciclo liberado: en papel no centro. Por orde de chegada, non precisa de inscrición previa. Publicación de ciclos liberados logo de cada adxudicación.

E se non superas 2º?

PROBA LIBRE GRADUADO SECUNDARIA OBRIGATORIA

EDUCACIÓN DE ADULTOS

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

REPETIR 2º FPB

  • Para quen? Para as persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso. Excepcionalmente, para maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.
  • Donde? Consulta o enlace

Educación de adultos

  • Como se organiza?
-3 ámbitos: *Comunicación (7 sesións/semana) *Social (4 sesión/semana) *Científico Tecnolóxico (8 sesións/semana) -Cada ámbito ten dous módulos en cada curso
  • Que modalidades hai?
-presencial -semipresencial: asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia 1 hora/semana. -a distancia: de forma telemática. IES San Clemente

Dirixido a persoas que teñan ou cumpran 18 anos o día anterior á celebración da proba e non teñan o graduado en educación secundaria

PARTES da proba: -ámbito científico-tecnolóxico: Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos Relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física. -ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

PROBA LIBRE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

ESTUDOS VALIDABLES que liberan de realizar ámbitos

DATA iNSCRICIÓN E EXAMES (2 convocatorias)-Inscricións: 6 a 16 marzo (convocatoria de maio) e do 3 ao 10 de xullo do 2023 (convocatoria de setembro) -Convocatorias exames: 26 de maio e 01 de setembro de 2022

MATRÍCULA: o lugar más próximo é EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

Permite o ACCESO AOS CICLOS MEDIOS, NON SE OBTÉN TITULACIÓN.

IDADE: É preciso ter 17 anos ou cumplilos no ano de realización da proba

PARTES da proba:

  • Sociolingüística (LC, LG, CS),
  • Matemáticas,
  • Científico Técnica (C.N, Tecnoloxía)

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

APROBADO PARCIAL: manténse a parte aprobada durante 2 convocatorias en Galicia.

EXENCIÓNS: ter un ano de experiencia profesional, ou un certificado profesional ou, ter superado o 2º curso ou determinados módulos da FP Básica, ESA, PCPI che pode eximir de facer algunha parte. Consulta á orientadoral

FORMATO EXAMES: tipo test. As puntuacións incorrectas restan puntuación Exames anteriores: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio

Reserva de prazas nos Ciclos Medios: 10%

ACCESO A CICLOS MEDIOS

RESIDENCIAS DE ESTUDANTES

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

+ CREDO VIGO

+ CREDO OURENSE

+ CREDO A CORUÑA

QUEN PODE SOLICITAR PRAZA?

  • Alumnado de Ciclos Medios e Superiores e Bacharelato que precisa estudar fora da súa zona de residencia.
  • Alumnado de FP Básica e de Universidade no caso de haber prazas.
CONDICIÓNS QUE DEBES CUMPRIR
  • Tes que ter matrícula nun centro público de A Coruña, Culleredo, Vigo ou Ourense.
  • Non ter posibilidade de cursar esta ensinanza no teu lugar de residencia nin noutra localidade próxima á que poidas desprazarte con facilidade.
PREZO
  • En función da renda. Podes ter matrícula gratuíta ou matrícula con prezo reducido cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2:
a) Ata un 10 %: 661, 04 €. b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 1013, 66 €. c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.627,19 €. d) Máis do 30 %: 2.414,31 €.
  • . Pago trimestral ( o 1º antes do 05 de outubro).
SOLICITUDE As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentarse as solicitudes presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

CONVOCATORIA

PRAZO SOLICITUDE: ata o 01 de agosto ( se fas ciclo)

DOCUMENTACIÓN

BECAS

BECAS E AXUDAS

MECD

  • Beca do Ministerio. Prazo: ata o 17 de maio. En STEMBRO terás que realizar cambios no caso de que estudes noutro sitio do indicado na beca

Axudas FCT

  • . O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2023.
  • Prazos:
1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2022-marzo 2023 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2023. 2. O segundo prazo será o comprendid0 entre o __ de _______ e o __ de _________ de 2023, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2023. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2023.
  • As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP Dual. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/fct
  • 4. As solicitudes xunto co resto dos anexos presentaranse no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou a FP Dual.

Saber + das Ensinanzas de Réxime Especial

Ensinanzas dep rtivas

Ciclos Iniciais (I e II) ou Medios

  • CM Esquí Alpino
  • CM Esquí de Fondo
  • CM Snowboard
  • CM Fútbol CS Fútbol
  • CM Fútbol Sala
  • CM Atletismo CS Atletismo
  • CM Baloncesto CS Baloncesto
  • CM Balonmán
  • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo
  • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre
  • CM Salvamento e Socorrismo
  • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo
  • CM Vela con Aparello Fixo
  • CM Vela con Aparello Libre
  • CM Judo e Defensa Persoal
  • CM Piragüismo de Augas Tranquilas
  • CM Piragüismo de Augas Bravas
  • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas
  • bloque común actividades de formación federacións deportivas

Proba de acceso: datas de inscrición

  • Sustitutiva do requisito de titulación de acceso a Ciclos Medios : ata o 28 de xuño. (con 17 anos cumpridos antes de rematar este ano 2023).
  • Proba Específica: ata o 28 de xuño.

Datas realización das probas

  • Sustitutiva do requisito de titulación Bacharelato: 06 de xullo.
  • Proba Específica: en xullo (consultar días na páx 12 do enlace).

Modelos probas

Exención proba de acceso específica.

Oferta. Centros que imparten estas ensinanzas

Escolas de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) Mestre Mateo (Santiago) Antonio Faílde (Ourense) Ramón Falcón (Lugo)

Artes plásticas e deseño (Ensinanzas profesionais, 2 Cursos)

Oferta

  • CM Serigrafía (Ourense, Lugo))
  • CM Procedementos Xoiaría artística (Santiago)

Datas de inscrición nas Proba de Acceso: -sustitutiva do requisito do título: ata o 12 de xuño. -proba específica: ata o 22 xuño.

Datas das Proba de Acceso: -sustitutiva do requisito do título: 21 de xuño. -proba específica: 3 de xullo.

Normativa de acceso 23-24

RECURSOS PARA ORIENTARSE

BLOG

TELEGRAM

FACEBOOK

Xa estás chegando á meta

  • Mantén a ilusión
  • Convéncete de que podes conseguilo
  • Pelexa as túas posibilidades
  • Fai actividade física diaria e durme o que precises. Unha mente tranquila rinde máis e mellor.
  • Busca experiencias, persoas, que che fagan pasar un bo rato, rirse é fundamental.
  • Podes, logo...a por todas!

75%

RETO: Salto ao mundo laboral

Primeiros pasos na busca de emprego: Servizos que ofrece o Concello

PIDO CITA Á ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO

APÚNTOME NA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO

Donde inscribirse para buscar emprego?

INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL

INSCRICIÓN NAS AXENCIAS DE COLOCACIÓN

INSCRICIÓN NAS EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL

INSCRICIÓN NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO (SEPE)

  • Figurarás oficialmente como demandante de Emprego.
  • Debes levar: DNI, tarxeta Seguridade Social e Títulos.
  • Preguntaranche por: postos de traballo que solicitas, condicións laborais, títulos, experiencia, lugar de traballo, etc
  • Son axencias que ofrecen servizo gratuíto para buscar emprego. Colaboran co SEPE.
  • Non figuras oficialmente como demandante de emprego.
  • Listado de axencias
  • Programa para xoves de + de 16 e ata 30 anos
  • Ofrece experiencia laboral e/ou formación
  • Algunhas son tamén axencias de colocación
  • Buscador páxinas galegas

INSCRIBIRSE COMO DEMANDANTE DE EMPREGONOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO (SEPE)

SOLICITUDE CITA PREVIA Dende este enlace podes solicitar cita previa

RENOVACIÓN da DEMANDADebes facelo cada 3 meses. Podes facelo por algunha das vías que indica o enlace

LOCALIZADOR OFICINAS DE EMPREGO.Preme para buscar a túa oficina de Emprego

SERVIZOS TELEMÁTICOSXa podes facer un montón de trámites sen ter que desprazarte.

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS EN GALICIA

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS EN ESPAÑA

E que hai da formación para o emprego?

Eu vou inscribirme nos PROGRAMAS INTEGRADOS DE FORMACIÓN. Existe o compromiso de dar emprego a un 35% das persoas que participan no programa, a ver se hai sorte!

Pois eu vou a facer PRÁCTICAS NON LABORAIS para poder ter experiencia nunha empresa e poñelo no Curriculum

Eu estou indeciso e non sei que facer, vou botar unha ollada no BUSCADOR DE FORMACIÓN a ver se encontro algún CURSO gratuíto para mellorar o meu Curriculum

E que hai da formación para o emprego?

Xa me decidín, realizarei un PROGRAMA DUAL DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS (a partir de 18 an0s). Combinarei formación e emprego durante 12 meses. Cobrarei o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias

Eu vou a decidirme por un OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO (a partir de 18 anos). Dura 9 meses e cobrarei o 100% do salario míni mo interprofesional e a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.

Buscar emprego nas redes

Podes buscar en (mira o enlace):

  • Portais de emprego
  • Webs de empresas
  • Apps

Non olvides

  • Apunta as empresas e as datas nas que envías curriculum.
  • logo de 06 meses volve a envialo se non houbo sorte
  • Cubre o CV Europeo
  • Emprega un correo cun nome axeitado para a busca

Nas entrevistas.

  • Chega con putualidade
  • leva unha vestimenta axeitada ao posto
  • fala con propiedade e de forma cortés
  • causa boa impresión.

RECURSOS PARA ORIENTARSE

Kahoot: pon a proba o que sabes

Escape Room: superarías unha proba de traballo?

Estamos en contacto

  • maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
  • https://t.me/piensosientosoy (telegram)
  • @piensosientosoyorientadora (facebook)
  • https://piensosientosoy.blogspot.com

Vémonos!