Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PRESENTACIÓN RECUERDOS

Hortocoliña

Created on June 4, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

AS NOSAS CANTIGAS

CEIPP DE SIGÜEIRO

A MIÑA BURRIÑA

A miña burriña cando vai po muíño, vai enfariñada cheíña de frío. Cheíña de frío e mais de xiada, a miña burriña sempre vai cargada. Esta noite e maila outra e maila outra pasada abalei unha pereira, que nunca fora abalada.

Recollida por Vega V.P. ao seu avó en Oroso.

Tantarantán

– Tantarantán, para que son as churras? – Tantarantán, para poñer ovos. Para que son os ovos? Tantarantán, para que son os ovos? – Tantarantán, para lle dar ao cura. – Tantarantán, Para que é o cura? – Tantarantán, Para dicir a misa. Tantarantán, Para que é a misa? – Tantarantán Para subir ao Ceo!
-Tantarantán, A onde vas vella? – Tantarantán, A Pontevedra. – Tantarantán, que vas buscar? – Tantarantán, Un saco de sal. – Tantarantán, para que é o sal? – Tantarantán, para facer o caldo. – Tantarantán, para que é o caldo? – Tantarantán, para lle dar ás churras
Recollérona Martina(4º B) e Iago Vázquez Grela (1ºA) da súa nai. Ela acordábase destas cantigas que lle tocaba e cantaba a súa .
Miña nai e maila túa quedan no río berrando. Por culpa dunha galiña que ten amores cun galo. Eu queriame casare, miña nai no teño roupa. casa miña filla, casa, cunha perna tapa a outra casa miña filla, casa, cunha perna tapa a outra
Recollérona Martina(4º B) e Iago Vázquez Grela (1ºA) da súa nai. Ela acordábase destas cantigas que lle tocaba e cantaba a súa .
Heiche de dar un cariño un cariño acariñado Heiche de dar un cariño que che ha de durar un ano. O meu amor é pequeno eu tamén así o quero meto no peto da saia parrandeo cando quero. A miña nai e mais meu pai quedou na cama durmindo meu pai non se que lle fai miña nai quedaba rindo. Ai la lara la lara la lara la la la.
Recollidas por Maia Rodríguez Fraga, cantoullas Bea. Cantabas o seu tataravó da Maía.
O RUN RUN
O run run, run run, meu neno. O run run, o run run meu amor. En unhas pallas hai un neniño tan pequeniño que é un primor e o boi marelo de comer deixa e co alento dalle calor. O run run, run run, meu neno o run run o run run, meu amor. Todos lle levan ao neno. Eu tamén lle levarei unha torta de mazá e un tarro de rica mel. O run run, run run, meu neno o run run o run run. meu amor. Vinde todos rapaciños adorar ao noso neno a Xesús o rei do ceo nos brazos da súa nai. O run run, run run, meu neno o run run o run run, meu amor
Recolleu a cantiga Candela Beceiro Hernández, canta a súa avoa Amparo. Comentanos o seguinte: "Esta cantiga cantaba a bisavoa todos os anos o día 25 de decembro ás 00:00, á vez que da a toda a familia unha figura do neno Xesús para darlle un bico".
RAPACIÑOS
Vamos todos compañeiros con gaitiñas a Belén a ver aquel rapaciño que ha acabado de nacer, como non temos diñeiro para darlle ó neno Sol. Fixemos esta cantiga que naceu do corazón.
Recolle e canta a cantiga Candela Beceiro Hernández, ensinoulla súa avoa Amparo.
Toca, miña pandeireta se non heite de rachar que me custáchelos cartos axúdamos a ganar. Ai la la…
Deixame subir ao alto, desde o alto vexo ben, quero ver os meus amores, se se paran con alguén.
Este pandeiro que toca non é meu que é de María, funo buscar onte a noite para ir a romaría.
A raíz do toxo verde é moi mala de arrincare tamén os primeiros amores son moi malos de olvidaré.
Recollidas por Mateo Rosende (4ºC) e cantadas pola súa avoa Celsa, de Tordoia.
Santa Margarita ten unha fonte con dous canos,onde se van a lavare, todolos males estranos. Todolos males estranos, ai lalelo ai lalalo.
Cantiga recollida por Izán Varela López e cantada pola súa avoa, que tocaba e cantaba en Cantigas e Agarimos.
O corazón dunha pulga quen o soubera guisare. O corazón dunha pulga quen o soubera guisare. Daba xantar e merenda e a cea para ceare. Daba xantar e merenda e a cea para ceare.
Recollen estas cantigas, de Meirol en Mondariz, Matias e Celia López Vaamonde. Canta Andrea Castro. Contanos que nesa zona sur de Pontevedra ás festas de pandeiretas llamanlle "O SERÁN" e tiñan 5 pezas: 2 saltos(jota e muiñeira) e 3 agarrados (rumbas e pasodobles)
Eu cantar cantaba ben a gracia non era moita quedoume no lavadoiro cando fun lavar a roupa. Ai lalelo, ai lalelo. Ai lalelo, ai lalala.
Mazarico pico pico, mazarico pico pon; no pico unha ponla, na ponla unha flor. - Mazarico:que pica o teu pico? - Verde vegetal. - Que pica o teu pico, mazarico? Pingas do luar. - Mazarico:que pica o teu pico? Grañas ao sol. Que pica o teu pico, mazarico? A ponla e a flor. Piquiño piquiño do mazariquiero. Que pica graíños, que pica no herbal , que pica e repica Pingas de luar.
Recolle a cantiga Lucas Sobrino Gende, de 3º A e recitan Lucas e a súa nai Nerea Gende
APAGA O CANDIL MARICA CHUS, CHUS
Apaga o candil marica chus, chus Apaga o candil que ten moita lus Que ten moita lus moita claridá Apaga o candil e achégate alá Pasei por la tua porta E mirei polo cerrollo A ladra da túa nai Meteume un pau por un ollo Meteume un pau por un ollo Ailelelo, ailelelo Apaga o candil marica chus, chus Apaga o candil que ten moita lus Que ten moita lus moita claridá Apaga o candil e achégate alá
A túa nai é chiculate O teu pai chiculateiro A túa nai lambe as cazolas O teu pai lambe os pucheiros O teu pai lambe os pucheros Ailelelo, ailelelo. Apaga o candil marica chus, Apaga o candil que ten moita lus Que ten moita lus moita claridá Apaga o candil e achégate alá
Cantiga de Sofía, 6ºB Infantil
O carballo da Portela abanea e non cae. Así fai a boa nena que se guía por seu pai. Andivécheste alabando que te querían os mozos. que te ha de querer a ti? sacho de barrer pozos.
Recollida por Álex Rodríguez Martínez e recitada pola súa avoa.
PASODOBLE DE AVIÓN
XOTA DE AÑOBRES
Paxaro que vas voando que levas fío ao pico dame un pouco pra coser o meu corazón ferido o meu corazón ferido Ailalala,ailalala A túa nai prenderon a túa nai. A túa nai prenderon e foi teu pai e foi teu pai meniña e foi teu pai a túa nai prenderon a túa nai.
No muíño que eu moio tamén moe unha señora bótalle grao queridiña bótalle grao que non roia bótalle grao que non roia. Ailalala,ailalala A túa nai prenderon a túa nai. A túa nai prenderon e foi teu pai e foi teu pai meniña e foi teu pai a túa nai prenderon a túa nai. Moito mira para min-e sei que me queres comprare-e as túas monedas falsas non son para me paghare-e Ailalala,ailalala
Dentro do meu peito teño dúas espiñas dun peixe unha dime que te ame e outra dime que te deixe. Non quero que te vaias nin que te quedes nin que me deixes soia nin que me olvides aghora que nos xuntamos os de abaixo i os de arriba aghora que nos xuntamos viva a nosa compañía. Non quero que te vaias nin que te quedes nin que me deixes soia nin que me olvides.
Rita Aller Pérez, de 6º B e a súa avoa Susa cántanos un Pasodoble e unha Xota.
NADAL EN MOS
anivello con quen vaias, aninovo con quen veñas como brica o setetrelo no cortello das ovellas. Cantaremos, bailaremos e faremos unha festa cantaremos, brindaremos ata o ano que comeza. Con toxos, flores e xestas e algunhas cantigas destas, alegraremola festa e tamén a nosa mesa.
Outro ano de cantares ao neno que está no berce, para esquecer os pesares deste ano que esmorece. Ten os olliños de mel, Manuel, Manueliño, a cariña dunha rosa, no bico un caraveliño. Xa temos unha barquiña na casca dunha cebola, para levarlla a Xosé e máis á nosa señora.
Recollida por Anxo Beceiro e cantada pola súa avoa Amparo.