Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Lecturas. Illas peregrinas
bibliocastroalobre
Created on June 1, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vintage Advent Calendar
View
Professional Advent Calendar
View
Interactive Event Microsite
View
January School Calendar
View
Genial Calendar 2026
View
Annual calendar 2026
View
School Calendar 2026
Transcript
illas peregrinas
Un mar cheo de lecturas
1.AROUSA
2.O MISTERIO DA ILLA DE CORTEGADA
3.ONS
4.A ILLA DE TODAS AS ILLAS
5.A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN
6.REGRESO Á ILLA DE SAN SIMÓN
7.SENDAS DE ONS
8.AS ILLAS CÍES
Co pano de fondo da Illa de Arousa, retornan os coñecidos Roi, Suso, Anabel e Fátima para guiarnos por intrigas que teñen que ver coa resolución dun conflito vinculado cun envelenador de cans e onde non falta nin ese humor que, sen dúbida, é marca do autor nin outros asuntos como o que se vincula coa vivencia da sexualidade nos seus protagonistas.
1. AROUSA
Carlos Meixide
Historia atípica, real, profunda e misteriosa. Unha novela de aventuras, de amizade, de lendas, mitos e superación. Todo comeza coa chegada do xornalista galego afincado en Madrid desde hai anos Miguel Barcia. O seu seguinte traballo tráeno de volta a súa Galicia natal, a Carril (Vilagarcía de Arousa). Investigará os misteriosos sucesos de cada noite na illa de Cortegada e non parará ata descubrir de que se trata.
2. O MISTERIO DA ILLA DE CORTEGADA
Manuel Losada
Catro rapaces inician as súas vacacións na Illa de Ons. Mais o primeiro día, un arrepiante descubrimento na praia converterá o seu verán nunha aventura trepidante e inesquecíbel...
3. ONS
Carlos Meixide
+Info
A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos.
4. A ILLA DE TODAS AS ILLAS
Xabier P. Docampo
+Info
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...»
5. A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN
Eva MejutoBea Gregores
+Info
Nesta BD colectiva toparémonos cun grupos de rapazas e rapaces que chegan á Illa para participar nun campamento pirata e descobren o que alí aconteceu no pasado, as historias dos presos que conviviron en San Simón durante e despois da Guerra Civil.
5. REGRESO Á ILLA DE SAN SIMÓN
+Info
Sendas de Ons, o libro co que El Patito Editorial inaugura a Colección Illadas, cadernos de viaxe que axuntarán nun mesmo volume dúas visións de cada unha das illas galegas: a dun escritor e a dun artista plástico. Para os habitantes do continente, cando a auga era fertilizadora, bondade divina, o arquipélago foi lugar de peregrinación. Hai milenios diso, dende que Ons se representaba nos illarios transmitidos de voz en voz como manancial de vida e coiraza contra as tempestades destrutoras do Mar Maior.
7. SENDAS DE ONS
Anxos SumaiPablo Rosendo
Nestas illas, é certo que estamos ante paisaxes grandiosas que nos mostran a pequenez do ser humano, pero é precisamente esa pequenez o que máis me move por dentro, eses espazos onde hai rastros de xente que tratou de sobrevivir. Non nos enganemos, as Cíes teñen un clima moi duro e unha paisaxe moi difícil de habitar.
8. AS ILLAS CÍES
Xelís de ToroTazab