Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
En branco e negro
Proxecto CREAGal
Created on May 27, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
The Power of Roadmap
View
Simulation: How to Act Against Bullying
View
Artificial Intelligence in Corporate Environments
View
Internal Guidelines for Artificial Intelligence Use
View
Interactive Onboarding Guide
View
Word Search
View
Sorting Cards
Transcript
CANDO VIVÍAN EN BRANCO E NEGRO
Tomando como punto de partida as experiencias cotiás do alumnado, plantéxase un traballo de investigación para coñecer cómo vivían nenos e nenas da súa mesma idade na década dos cincuenta e sesenta do século XX.
Tarefas transversais Guía didáctica
Compartimos coñecementos
Investigación S.A.
Rolda de prensa
Cambios no tempo
Un baile para resumir
Unha mirada ao pasado
Traballando de reporteiros
Expoñendo os resultados
Comparando formas de comunicación: liña do tempo
Sintentizando a aprendizaxe por medio dunha coreografía
Difundindoo no blog
Comparando épocas históricas
Tarefas transversais - Organización da aula como estructura cooperativa: táboa de roles e funcións e avaliación da responsabilidade grupal. Guía básica para equipos cooperativos. Organización das tarefas: Taboleiro de organización das tarefas do equipo. - Diario de aprendizaxe: Dous minutos para pensar, ao final de cada bloque de tarefas.
Cambios no tempo Vídeo sobre radios antigas que serve para plantexar a seguinte interrogante: Como evolucionaron os medios de comunicación dende a súa aparición até os nosos días? - Creamos unha liña do tempo. O obxectivo é indagar na historia de catro medios de comunicación e situar nunha liña do tempo certos fitos importantes na evolución deses obxectos. Trátase de apreciar a evolución e os cambios. Cada equipo centrarase nun medio e creará a súa liña do tempo en soporte dixital ou en papel. Ao acabar resumirán o seu traballo no Modelo liña do tempo. - Cambios de onte a hoxe. Elaborar un texto expositivo cos datos recollidos na liña de tempo. Terá unha introdución, a exposición dos datos e unha opinión sobre a accesibilidade actual a eses medios en comparación coa que tiñan noutras épocas. Como guía poderán utilizar o Modelo de organización do texto. - Curioseando. Enlaces para coñecer como se comunicaban na época dos seus avós e avoas.
Rolda de prensa - Visualización de modelos de exposición oral sobre un tema investigado. Reflexión sobre aspectos importantes na comunicación oral. - Facemos unha exposición oral. Pautas para preparar unha exposición en equipo, coñecemento dos descritores para unha adecuada exposición a través da rúbrica de exposición oral. Exposición co apoio da presentación creada en "Compartindo a información". Coavaliación dos outros equipos e autoavaliación sobre a visualización da gravación das "conferencias".
Investigación S.A. - Presentación que da pe á reflexión sobre o inicio e os contidos da investigación. - Reporteiros por un día. Descrición da tarefa de recompilación de imaxes, documentos, testemuñas persoais e obxectos relacionados coas dez preguntas que se suxiren. Danse pautas e modelos para a recollida de información (Testemuñas personais, documentos e fotografías), así como suxestións sobre métodos e soportes para gardala. - Organizando a información do equipo. Debátese, consensúase, clasifícase, priorízase, elíxese e redáctase as respostas ás preguntas nos equipos. - Compartindo a información. Preparación por equipos dunha presentación coa información relevante; seguindo pautas de formato, contido e estética. - Curioseando. Consulta de enlaces para profundizar na sociedade dos cincuenta e sesenta.
Un baile para resumir. - Coreografía dos anos cincuenta e sesenta. Pautas para a preparación do espectáculo: esceas, reparto de tarefas, preparación das cancións, elección da música, ensaios, decorados... - Invitámosvos á función. Preparación do folleto con indicacións de formato, contido e elementos visuais e gráficos. Rúbrica de avaliación dun folleto. - Realización da obra ante o público e gravación da mesma para poder realizar a auto avaliación. A representación será valorada polos autores e polos compañeiros a partires do modelo de coavaliación de coreografía.
Compartimos coñecementos. - Análise da necesidade de compartir o proxecto realizado a través da Rede: darlle difusión e ao mesmo tempo facilitar a reflexión sobre a aprendizaxe realizada, o proceso seguido e a avaliación persoal e grupal da experiencia. - Peza a peza. Explicación do reparto dos artigos para o blog, indicación dos temas de cada un: contidos tratados, como aprendemos e traballo en grupo. Ofrecennos indicacións sobre estrutura, contido, formato e elementos a incluír nas entradas. Rúbrica.