Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

FONDOLIBROS

rosagl

Created on May 22, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Connectors Infographic

Essential Infographic

Practical Infographic

Akihabara Infographic

Vision Board

The Power of Roadmap

Artificial Intelligence in Corporate Environments

Transcript

FONDOLIBROS: AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/25.

Mediante a ORDE do 7 de maio de 2024 convócase:-FONDO SOLIDARIO.- 3º e 4º (préstamo)-AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS .- 1º, 2º -AXUDAS MATERIAL ESCOLAR.- 1º, 2º,3º,4º,5ºe 6º-En 5º e 6º traballan con EDIXGAL polo que só poden solicitar axuda para material escolar. -O alumnado de Educación Infantil non pode solicitar axuda. -O alumnado de 6º de Ed. Primaria ten que solicitala no IES que lle corresponde.

Forma de presentación

FondoLibros

A solicitude obterase por vía electrónica na aplicación en ( http://www. edu.xunta.gal/fondolibros). Inicie a solicitude premendo na icona de acceso na parte superiordereita, unha vez cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude. Posteriormente optarán por dúas formas de presentación: - Presentación no centro: imprimir a solicitude e o anexo II, asinar e entregar coa documentación acreditativa. -Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://www.sede.xunta.gal) Prema para máis información.

PRAZOS: DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO CURSO 2023/2024: Ata o 19 de xuño. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 21 de xuño. PUBLICACIÓN LISTADO PROVISIONAL:24 de xuño RECLAMACIÓNS: 25 e 26 de xuño PUBLICACIÓN LISTADO DEFINITIVO: 27 de xuño.

Código do procedemento

OBRIGAS

DOCUMENTACIÓN
Axudas libros: Entre 160€ e 300€Bono material: Entre 60€ e 75€

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Formulario ED330B (ANEXOS I E II)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde da convocatoria, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • No caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
  • Resolución xuficial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada
  • Resolución administrativa ou xudicial da acreditativa da situación de acollemento.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos SS.SS ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que os proxenitores ou titor/a legal carezan de DNI e NIE.
  • Copia DNI ou NIE do solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

OBRIGAS

Obrigas:

  • Ter devolto os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/2024 en bo estado.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e material reutilizable.
  • Destinar o importe do vale a adquirir os libros de texto que indique o centro.
  • Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite

A) De xeito manual e presencial o procedemento sería: 1.-Imprimir os anexos I e II da convocatoria 2.-Encher a man eses anexos I e II. Observe que o anexo II pode requirir a sinatura de varios membros da unidade familiar. 3.-Presentarase a solicitude (anexos I e II) xunto con outra que acredite circunstancias alegadas, no seu caso, no centro educativo ou calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa de procedemento administrativo.

documentación

B e C) Preferiblemente, creando a solicitude coa aplicación Fondolibros, con presentación presencial ou con presentación por vía electrónica, seguindo estes pasos: 1. Acceda á aplicación Fondolibros 2. Pulse no botón na esquina superior dereita da pantalla para identificarse. Seleccione se quere identificarse cunha conta de usuario da Consellería de Educación (só para persoal da Consellería ou outro persoal acreditado) ou co sistema Chave365 da Xunta de Galicia. Tamén ten a opción de acceder cun certificado dixital, máis abaixo na pantalla. 3. Introduza todos os datos requiridos na solicitude, e os que desexe alegar. Garde a solicitude. Verá que se lle asigna un número de solicitude. Pode revisar e volver a gardar posteriormente a solicitude. 4. Unha vez teña a solicitude completa e desexe presentala, pode optar por dúas vías: B) Presentación presencial: imprima a solicitude (AnexosI e II) xerados pola aplicación Fondolibros, revise e asine os documentos. Observe que o Anexo II pode requirir a sinatura de varios membros da unidade familiar. Presente a solicitude (anexos I e II) xunto con outra documentación que acredite circunstancias alegadas, no seu, no centro educativo. Ao estar os datos xa cargados na aplicación e contar cun número de solicitude, axilizarase a tramitación. C) Presentación electrónica, pola Sede Electrónica da Xunta de Galicia: En ambos casos o centro deberá acceder á solicitude, comprobar e completar os datos desta e a documentación presentada e, de ser o caso, proceder á súa validación para continuar coa tramitación.

siga este procedemento

Teña en conta os seguintes requisitos previos:.-Para identificarse na Sede electrónica ten que dispoñer dunha conta de Chave365 .-Se vai acceder á Sede identificándose con certificado dixital, ten que ter instalada no seu ordenador a aplicación Autofirma do Goberno de España para poder asinar dixitalmente os documentos presentados. -Se vai acceder á Sede identificándose con Chave365, teña a man o teléfono móbil que deu de alta en Chave365, xa que se lle enviará un código mediante mensaxe SMS. Teña dispoñibles en formato dixital os documentos que vai presentar. No caso dunha solicitude de Fondolibros necesitará ter en formato dixital (documento pdf ou escaneado) cada un dos documentos acreditativos das alegacións que fai na solicitude, EXCEPTO cando estea marcada a autorización para que a administración faga a comprobación telemática. -Cumpridos estes requisitos, pode entrar na aplicación Fondolibros e acceder á súa solicitude. Lembre que se vai a presentar na Sede Electrónica solicitude para varios alumnos, deberá presentar unha solicitude distinta para cada un deles. -Pulse no botón Presentación telemática. A aplicación recordaralle:

  • Que si continúa có procedemento de presentación telemática a solicitude xa non poderá ser modificada
  • Que teña a man os documentos dixitalizados, como se mencionou máis arriba
  • Que antes de realizar á presentación na Sede Electrónica deberá imprimir o Anexo II que xera a aplicación Fondolibros para proceder a asinalo en papel. Observe que tamén poden ser necesarias as sinaturas doutros membros da unidade familiar. Unha vez completado deberá dixitalizalo (escanealo) para poder presentalo electrónicamente, xunto cos outros documentos.
  • Completados os pasos anteriores, pode pulsar o botón Presentación na Sede Electrónica. Abrirase a páxina da Sede Electrónica. Identifíquese con Chave365 ou certificado dixital, e siga os pasos que se lle indiquen.Recoméndase que ao final do proceso descargue e garde o documento Xustificante.
  • A solicitude presentada estará dispoñible para o centro no sistema informático ó día seguinte.