Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

IES VAL DO TEA: ABAU

Mabel Cyb

Created on May 13, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Economic Presentation

Tech Presentation Mobile

Geniaflix Presentation

Vintage Mosaic Presentation

Shadow Presentation

Newspaper Presentation

Zen Presentation

Transcript

IES VAL DO TEADEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN INFORMACIÓN PROBAS ABAU

COMO SE ORGANIZA? A proba de acceso á universidade divídese en dúas fases: unha chamada Parte Obrigatoria, e outra denominada Parte Voluntaria, con exames de materias vinculadas á rama de coñecemento universitario no que se inscribe o grao que queiras estudar. Esta última fase é voluntaria, pero se a fas axudarache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos (poderías sacar un 14, nota máxima, en caso de que acadaras un 10 en bacharelato). Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da túa nota de bacharelato, e un 40% da túa nota da Parte Obrigatoria. Neste último caso, a nota máxima que podes sacar é un 10. Os exames das materias das que te examinarás versarán sobre as materias xerais troncais da modalidade elixida en Bacharelato ademais de Lingua Galega e Literatura II (Parte obrigatoria) e das materias troncais de opción ademais da optativa de Lingua Estranxeira II (Parte Voluntaria). Todas as materias obxecto de exame na ABAU son de 2o curso de bacharelato. Estarán exentos da realización da proba de Lingua Galega e Literatura II, aqueles que estiveran exentos da materia en 2o curso de Bacharelato (exención oficialmente autorizada pola Consellería de Educación).

EN QUE CONSISTE A PARTE OBRIGATORIA?Na Parte Obrigatoria examínaste das materias xerais troncais cursadas en 2o de bacharelato. Consta dos seguintes exercicios: Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura II. Consiste en facer un comentario por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo ou divulgativo, relacionado coas capacidades e cos contidos desta materia. Segundo exercicio: Lingua Galega e Literatura II. Igual que no primeiro exercicio pero relacionado cos contidos desta materia. Pódese solicitar a exención deste exercicio no impreso de matrícula da proba de acceso, se se estivo exento da materia en 2o de bacharelato. Terceiro exercicio: Historia de España. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións da materia, nun formato de resposta que deberá garantir a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación previamente aprobados. Cuarto exercicio: Primeira Lingua estranxeira e Literatura II. Para este exercicio podes elixir entre alemán, francés, inglés, italiano e portugués, sempre que a cursaras en 2o de bacharelato como Primeira Lingua Estranxeira. Ao igual que no exercicio anterior, na solicitude de inscrición debes indicar de que lingua estranxeira podes examinarte. Este exercicio valora a comprensión oral e lectora e a expresión oral e escrita e non se poderá empregar o diccionario nin ningún outro material didáctico. Quinto exercicio: Materia xeral troncal vinculada á modalidade cursada en 2o de bacharelato. É dicir, dunha das materias troncais asociadas a unha das modalidades ou itinerarios que se cursan en Bacharelato.

EN QUE CONSISTE A PARTE OBRIGATORIA? Na solicitude de inscrición na proba de acceso, deberás indicar que materia de modalidade de 2o de bacharelato cursache. A nota desta materia utilízase dúas veces, para calcular a fase obrigatoria e tamén para ponderar na fase voluntaria. O exercicio consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións sobre a materia. En cada exame haberá unha única proposta con varias preguntas e o alumno/a terá que responder á súa elección a un número determinado de preguntas. Cada un destes exercicios terá unha duración máxima dunha hora e media (90 minutos). Haberá un intervalo mínimo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comenzo do seguinte. Para cada exercicio pódese utilizar calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, excepto para Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua estranxeira, que deberá realizarse nos seus respectivos idiomas. Cada un dos exames desta fase xeral puntúase de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, redondeada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.

COMO SE ORGANIZA A PARTE VOLUNTARIA? Mentres que a Parte Obrigatoria é imprescindible superala para acceder a calquera grao, a Parte Voluntaria é completamente optativa e permíteche sumar ata 4 puntos a túa nota de admisión. En que consisten os exercicios da Parte Voluntaria? Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións adecuadas ao coñecemento e capacidades que deban ser avaliadas cun formato de resposta que garanta a aplicación dos criterios obxectivos de avaliación. A duración de cada exercicio será dunha hora e media (90 minutos) e haberá un intervalo de 30 minutos entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte. O exercicio consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións sobre a materia. En cada exame haberá unha única proposta con varias preguntas e o alumno/a terá que responder á súa elección a un número determinado de preguntas. Poderás contestar en Lingua Castelá ou Lingua Galega. Na solicitude de matrícula deberás indicar as materias das que te examinarás. A que materias me podo presentar na Parte Voluntaria? Na Parte Voluntaria cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro materias que poderá escoller de entre as materias de opción do bloque das materias troncais de calquera modalidade, e/ou das materias xerais troncais de modalidade distintas daquela da que se examinen na Parte Obrigatoria, todas de 2o curso de bacharelato. Tamén se poderá escoller como materia da Parte Voluntaria a optativa de 2a Lingua Estranxeira II, sempre e cando sexa diferente da opción lingüística escollida na Primeira Lingua Estranxeira II. Nesta parte non é obrigatorio ter cursado as materias en 2o de bacharelato así que poderase escoller materias doutra modalidade ou itinerario.

QUE MATERIAS ESCOLLO NA PARTE VOLUNTARIA? Que materias escollo para examinarme na Parte Voluntaria? Debes examinarte das materias que se corresponden, en xeral, coa rama de coñecemento onde se inscribe a titulación que che interesa, e concretamente, que ponderan o seu valor (0 ́1 ou 0 ́2) para o grao ou graos aos que desexas acceder. Dentro de cada rama universitaria, cada universidade poderá sinalar as materias concretas que considera prioritarias para un determinado título. Así que se xa sabes que titulación queres estudar e en que universidade, o mellor é que consultes directamente na universidade que che interesa as súas táboas de ponderación. As universidades publican cada ano estes datos (táboas de ponderación) nas súas webs e adoitan ser comúns para todas as universidades dunha mesma comunidade (como é o caso de Galicia). As materias da Parte Voluntaria podes elexilas libremente. Non é necesario que pertenzan á túa modalidade, nin siquera é necesario que as cursaras. Por exemplo, imaxina que estudache o bacharelato de Ciencias Sociais, pero queres estudar Terapia Ocupacional. Pois neste caso, na Parte Voluntaria, debes examinarte de materias vinculadas á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde porque Terapia Ocupacional está adscrita á rama de Ciencias da Saúde. Obviamente, será máis fácil superar a Parte Voluntaria se estudache a modalidade de bacharelato relacionada (neste caso Ciencias), pero nada che impide optar á titulacións “fóra” da túa modalidade. Se a túa nota de admisión é suficiente para obter unha das prazas de Terapia Ocupacional, poderás acceder igualmente a este grao ainda que cursaras un bacharelato de Ciencias Sociais. Pero se desexaras mellorar a nota só te poderías presentar ás materias de Ciencias da Saúde, que según ás táboas de ponderación son Matemáticas II, Física, Química e Bioloxía. É moi importante decidir ben que materias escoller para examinarse desta parte pois cada un dos exames voluntarios suporá sumar como mínimo medio punto á túa nota de admisión (valor ponderado de 0 ́1), e ata dous puntos se a universidade sinalou esa materia como unha das prioritarias (valor ponderado de 0 ́2). Convén escoller sempre materias que ponderan 0 ́2 na Parte Voluntaria porque un 5 nunha materia que pondera 0 ́2 (5 ́00 * 0 ́2 = 1) é igual que un 10 nunha materia que pondera 0'1 (10 ́00 * 0 ́1 = 1).

COMO SE CALCULA A NOTA DA PARTE OBRIGATORIA?Cada un dos exercicios da Parte Obrigatoria cualificarase entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais. A nota da parte obrigatoria será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Poñamos un exemplo: -Primeiro exercicio: 7 ́30 -Segundo exercicio: 4 ́20 -Terceiro exercicio: 5 ́90 -Cuarto exercicio: 6 ́10 -Quinto exercicio: 7 ́80 Nota desta Parte Obrigatoria: 7 ́30 + 4 ́20 + 5 ́90 + 6 ́10 + 7 ́80 = 31 ́30/5 = 6 ́260

QUE NOTA NECESITO PARA SUPERAR A ABAU? Considérase superada a proba de acceso cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos na media ponderada entre a cualificación obtida na Parte Obrigatoria da ABAU (que conta un 40%) e a nota media de Bacharelato (que conta un 60%), e que se expresará con dous decimais, sempre que se acadara un mínimo de 4 puntos na cualificación da Parte Obrigatoria. Se acadas un 4 na Parte Obrigatoria necesitarás alomenos un 5 ́67 en Bacharelato para superar a ABAU. O cálculo é así: (5 ́67 * 0 ́60)+ (4* 0 ́40) = 5. Se acadas menos dun 5 ́67 en Bacharelato, necesitarás acadar máis dun 4 na ABAU para que a media ponderada sexa alomenos o 5 necesario para aprobar. Para o cálculo da nota media de bacharelato, para efectos de acceso á universidade, compútanse todas as materias cursadas en bacharelato. A cualificación da Parte Obrigatoria terá validez indefinida, sempre que se teña superada a proba de avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade.

COMO SE CALCULA A NOTA DA PARTE VOLUNTARIA? As cualificacións dos exames da parte voluntaria van de 0 a 10 e para que conten para mellorar a nota de acceso é necesario acadar un 5. Cada unha das materias da Parte Voluntaria das que te examines será cualificada entre 0 e 10 puntos, con dúas cifras decimais. A notas que acadas en cada materia multiplícanse por 0 ́2 ou 0 ́1 según as táboas de ponderación. Estes resultados logo súmanse e engádense á túa nota de acceso, que é a media ponderada entre a túa nota de bacharelato e a túa nota da Parte Obrigatoria. No mellor caso, se te examinas de dúas materias que ponderan 0 ́2 para a titulación que queres estudar, e acadas un 10 en ambas, sumarás o máximo de 4 puntos adicionais directamente á túa nota de admisión. Calcúlase así: (10 * 0 ́2) + (10 * 0 ́2) =4 Non se ponderará a cualificación obtida nunha materia cando non se acade nesta unha puntuación igual ou superior a cinco (≥ 5) puntos. Tamén para mellorar a nota de admisión terase en conta a cualificación obtida na materia xeral troncal da Parte Obrigatoria, vinculada a cada modalidade (Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais e Fundamentos da Arte II), sempre e cando a cualificación acadada nesa materia sexa igual ou superior a 5 puntos. Así que en realidade disponse de 5 posibles materias para mellorar a nota de admisión, a troncal (da Parte obrigatoria) e 4 materias (da Parte Voluntaria).

COMO SE CALCULA A NOTA DA PARTE VOLUNTARIA? Lembra que se decides examinarte de máis dunha materia na Parte Voluntaria, só se terán en conta as dúas mellores notas acadadas, contando tamén coa nota da materia troncal xeral vinculada. Aos efectos de poderación a cualificación das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terán validez durante os dous cursos académicos seguintes a súa superación; así, por exemplo, para alguén que superase a/as materia/s obxecto de exame na Parte Voluntaria da proba na convocatoria ordinaria ou extraordinaria do ano 2022, a validez destas será para o acceso á universidade no curso 2022-2023 e 2023-2024.

CONVÉN PRESENTARSE Á PARTE VOLUNTARIA? A recomendación é moi sinxela. Se a titulación que queres estudar non tivese límite de prazas na universidade onde queres estudar, non che fai faria falta que te examinaras da Parte Voluntaria. Só necesitarías aprobar a Parte Obrigatoria para entrar nesa titulación, pois a ABAU supérase unicamente tendo en conta a túa nota na Parte Obrigatoria. Pero se onde queres estudar, hai prazas limitadas para a titulación que máis che interesa, deberías sen dúbida facer a Parte Voluntaria, incluso se tes moi boas notas. Por que? Supoñamos que tes unha media de 9 en Bacharelato. Acadas tamén un 9`00 na Parte Obrigatoria e a titulación que queres estudar tivo o ano pasado unha nota de corte de 7. Entrar parece sinxelo, non? Pois se non fas a Parte Voluntaria, non. Ten en conta que é probable que moitos estudantes desexen acceder á mesma titulación ca ti, e van examinarse da Parte Voluntaria. Imaxina a alguén que ten un 6 ́50 de media en bacharelato, acada un 6 ́500 na Parte Obrigatoria, e logo fai a Parte Voluntaria e acada 6 ́50 e 6 ́50 en dúas materias que ponderan 0 ́2. Pois a súa nota de acceso sería 9 ́100. Entraría antes ca ti, co seu 6 ́50 pois superaría teu 9 ́00 en Bacharelato.

CONVÉN PRESENTARSE Á PARTE VOLUNTARIA? Lembra tamén que a Parte Voluntaria, en caso de non superala, non afecta á nota de acceso obtida, só sirve para subir nota. Se suspendes os exames da Parte Voluntaria non che baixarán a nota da ABAU. Para que o resultado dos exames da parte voluntaria che permitan subir a nota debes acadar unha puntuación mínima de 5. Conclusión Se a titulación que che interesa ten as prazas limitadas, deberías facer a Parte Voluntaria. Do contrario, por moi boas notas que teñas, arríscaste a quedarte fóra.Ten en conta tamén, que actualmente, todas as titulacións do Sistema Universitario Galego teñen límite de prazas.

COMO SE CALCULAN AS NOTAS DE ACCESO E ADMISIÓN?Nota de acceso: 0. 6 NMB +0, 4 CPO Nota de Admisión: 0. 6 NMB +0, 4 CPO + a*M1+a*M2 A nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da Parte Voluntaria e/ou da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria no caso de que as devanditas materias sexan consideradas prioritarias para o título ao que se queira ser admitido, dacordo cos parámetros de ponderación establecidos polas tres universidades do SUG para o acceso aos estudos oficiais de grao no curso académico 2023-2024. Se un estudante non se presenta a algún dos exercicios da Parte Obrigatoria da ABAU, na cualificación correspondente figurará NON PRESENTADO (NP), pero a efectos do cálculo da Nota Media computará como 0.

POR QUE É IMPORTANTE A NOTA DE ADMISIÓN? Cando un grao ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas disponibles que número de estudantes queren acceder a ese grao en dita universidade, o único criterio que as universidades públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de admisión dos estudantes. O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudantes que queren estudar un determinado grao son ordenadas de maior a menor nota e vanse adxudicando as prazas a aqueles estudantes que teñen mellor nota de admisión. O último estudante que consegue entrar nun determinado grao e universidade é o que marca a nota de corte para ese ano, e sirve de estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de corte cambian dun ano a outro, xa que depende do número de prazas que se oferten no grao e do número e da nota media do alumnado que solicite entrar nese grao. Esa nota pode variar cada ano un mesmo grao, polo que deben considerarse sólo unha orientación para o ano seguinte.

PODO TER DIFERENTES NOTAS DE ADMISIÓN? Sí. Un estudante terá diferentes notas de admisión en función das universidades e titulacións nas que solicite admisión. Poñamos un exemplo dun estudante que ten as seguintes notas e que quere estudar Mediciña: Nota media de bacharelato: 9 ́00 Nota da Parte Obrigatoria: 8 ́00 Nota de acceso antes de realizar a Parte Voluntaria: (0 ́60*9 ́00) + (0 ́40*8 ́00) = 8 ́600 Parte Voluntaria: Materia 1: Química 8 ́50 Materia 2: Bioloxía 8 ́20 Nota da materia troncal xeral (matemáticas II): 7'00 Na universidade onde quere estudar Mediciñaa tanto Química como Bioloxía teñen multiplicador de 0 ́2. ¢ No caso deste estudante, a súa nota de admisión para Medicina nesta Universidade sería: ¢ (0 ́60 * 9 ́00) + (0 ́40 * 8 ́00) + (0 ́2 * 8 ́50) + (0 ́2 * 8 ́20) = 11 ́94 Para Medicina non se terá en conta a nota de matemáticas II para mellorar a nota de admisión porque en Química e Bioloxía acadou mellores notas e ademais ponderan 0'2, matemáticas II sólo pondera 0'1. Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento (Ciencias da Saúde), como Psicoloxía, onde Química e Matemáticas ponderan 0 ́1 e Bioloxía pondera 0'2, a súa nota de admisión sería: ¢ (0 ́60 * 9 ́00) + (0 ́40 * 8 ́00) + (0 ́2 * 8 ́20) + (0 ́1 * 8 ́50) = 11 ́09 Polo tanto, os estudantes que soliciten praza en diferentes estudos e universidades, terán diferentes notas de admisión que se calcularán en función da ponderación (0 ́1 ou 0 ́2) das materias ás que se presentou na Parte Voluntaria e que pode variar dependendo da titulación.

CANTO TEMPO TEN VALIDEZ A NOTA DE ADMISIÓN? A nota da Fase Obrigatoria non caduca, será definitiva a non ser que te presentes para mellorar nota. En cambio, a Fase Voluntaria solo che servirá para dous cursos, o curso no que aprobes as materias e no seguinte curso. Aos efectos de poderación a cualificación das materias da Parte Voluntaria e da materia troncal de modalidade da Parte Obrigatoria terán validez durante os dous cursos académicos seguintes a súa superación; así, por exemplo, para alguén que superase a/as materia/s obxecto de exame na Parte Voluntaria da proba na convocatoria ordinaria ou extraordinaria do ano 2023, a validez destas será para o acceso á universidade nos cursos 2023-2024 e 2024-2025. No caso de que non superes a Fase Obrigatoria, as túas notas da Fase Voluntaria descártanse aínda que as aprobaras.

PODERÍA ENTRAR NUN GRAO COMO PSICOLOXÍA SE CURSEI O BACHARELATO DE ARTES? Sí. Cando un estudante quere acceder a un grao onde hai máis demanda que oferta, a admisión faise por orde estricto da nota de admisión. Quizais penses entón que a modalidade de bacharelato que se estuda non ten tanta importancia pois un estudante de Artes pode solicitar praza para estudar un grao doutra rama, como por exemplo en Psicoloxía. Efectivamente é posible, pero non hai que esquecer que os graos teñen materias vinculadas que permiten aos estudantes subir nota.E se para Psicoloxía as materias de Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás CCSS II, Historia da Filosofía e Bioloxía, permiten sumar puntos na nota de acceso á universidade, loxicamente un estudante que se preparou no Bacharelato de Ciencias ou Ciencias Sociais terá moitas máis posibilidades de subir nota, que un estudante que cursou o Bacharelato de Artes, onde non estudou ningunha desas materias vinculadas. Por outra banda, hai que pensar que o Bacharelato debe darche unha base segura para levar o grao con éxito. Se por exemplo un estudante que cursa o Bacharelato de Artes decide solicitar praza nunha enxeñaría que ten unha nota de corte de 5 ́00, é 100% seguro que entrará no grao. Pero o máis probable é que a abandone, pois é moi difícil seguir o ritmo das clases sen ter unha base previa en materias como matemáticas, física, etc...

SE QUERO ESTUDAR NOUTRA COMUNIDADE OU NUNHA UNIVERSIDADE PRIVADA TEÑO QUE PRESENTARME Á PARTE VOLUNTARIA? Debo presentarme á Parte Voluntaria se quero estudar nunha universidade privada? A Parte Voluntaria é opcional, pero como cada universidade privada pode establecer criterios propios de acceso, debes consultar nas universidades que che interesan. Quero estudar noutra comunidade autónoma: Se queres asegurar a mellor nota posible deberás ter en conta as súas propias táboas de ponderación das materias prioritarias para a fase voluntaria, que non teñen porque coincidir coa ponderación establecida na nosa comunidade. Ten en conta ademais que para estudar en universidades públicas de comunidades diferentes debes realizar unha preinscripción por cada comunidade autónoma que estás considerando. Esta preinscripción é compatible coa que fagas en Galicia.

CANTAS CONVOCATORIAS TEÑO PARA PRESENTARME Á ABAU? Non hai límite de convocatorias para superala. Cada ano celébranse dúas convocatoria: unha ordinaria (en xuño) e outra extraordinaria (en xullo). No curso 2023 as datas das dúas convocatorias en Galicia son as seguintes: DATAS DA CONVOCATORIA DE XUÑO: 6, 7 e 8 de xuño (martes, mércores e xoves) DATAS DA CONVOCATORIA DE XULLO: 11, 12, 13 de xullo (martes, mércores e xoves) O alumnado que participe na convocatoria ordinaria poderá presentarse á convocatoria extraordinaria para a mellorar as cualificacións. Terase en conta a cualificación obtida sempre que sexa superior a anterior. A matrícula realizada na convocatoria ordinaria non sirve para a convocatoria extraordinaria. Para cada convocatoria débese formalizar unha nova matrícula e pagar as taxas correspondentes.

SE SUPERO A PROBA, PODO PRESENTARME A SUBIR NOTA? Sí. Poderás presentarte en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da Parte Obrigatoria ou de calquera das materias da Parte Voluntaria. A Fase obrigatoria habería que realizala completa. Considérase sempre a cualificación superior entre as obtidas. Debes ter en conta que na convocatoria extraordinaria podes repetir a fase que queiras para subir nota, pero aínda que acades mellor nota non terás prioridade para entrar nese ano sobre os da convocatoria ordinaria pois estes xa foron admitidos e matriculados. Se queres ter prioridade igual que os da convocatoria ordinaria deberás esperar ao ano seguinte para solicitar praza no período ordinario.

SE NON ESTOU DACORDO COAS NOTAS, COMO PODO RECLAMAR? Dispós de tres días para solicitar a revisión da nota. 1º paso: CUALIFICACIÓN PROVISORIA: No prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións, poderase solicitar revisión da cualificación nun ou varios exames. Neste caso os exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sin corrixir). No caso de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha “P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a orixinal e asígnaselle tamén unha “P”.

SE NON ESTOU DACORDO COAS NOTAS, COMO PODO RECLAMAR? SEGUNDA CORRECCIÓN: A continuación realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distinto ó que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a letra “S”. Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2. No suposto de que existise unha diferencia maior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S), un terceiro profesor/a especialista distinto dos anteriores fará unha terceira correción, indicada por “T”. Así pasamos ó terceiro paso...

SE NON ESTOU DACORDO COAS NOTAS, COMO PODO RECLAMAR? TERCEIRA CORRECCIÓN: No suposto de que na segunda corrección existise unha diferencia maior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S), un terceiro profesor/a especialista distinto dos anteriores fará unha terceira correción, indicada por “T”. Neste caso a cualificación definitiva será a media aritmética entre as tres cualificacións: P, S e T (P+S+T)/3. Todo este procedemento deberá efectuarse no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir do día en que remata o prazo para solicitar a revisión.

COMO SOLICITO A REVISIÓN? As solicitudes de revisión poderanse facer a través da aplicación informática Nerta, empregando o seu código de acceso. O alumnado deberá gardar copia da súa solicitude en calidade de resgardo e xustificación de presentación desta.

COMO SOLICITO A REVISIÓN? As solicitudes de revisión poderanse facer a través da aplicación informática Nerta, empregando o seu código de acceso. O alumnado deberá gardar copia da súa solicitude en calidade de resgardo e xustificación de presentación desta.

PODO VER O EXAME? O estudante ten dereito, previa solicitude, a ver o exame corrixido na data e lugar que se lle indique, unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de revisión. O prazo para solicitar ver o exame será aproximadamente de 10 días contados desde que se lle notifique a o resultado da revisión.

E SE NON ESTOU DACORDO COA CUALIFICACIÓN DEFINITIVA? Contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CiUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.

A TARXETA DE CUALIFICACIÓN DA ABAU Recíbese no correo electrónico. Acredita a superación da ABAU e especifica as notas. Pídena se solicitas praza na universidade fóra da comunidade onde realizaches a ABAU ou se solicitas praza nas residencias universitarias públicas ou para solicitar bolsas.

DOCUMENTACIÓN PARA O DÍA DO EXAME -DNI ou pasaporte -Resgardo de matrícula e xustificante de pago Dicionario de latín/grego/español ou galego para os exames de Latín II ou Grego II -Material de debuxo e pintura para debuxo técnico II e Deseño -Calculadora non programable PROHIBIDO: teléfono móbil ou reloxo intelixente

VÍDEO EXPLICATIVO ABAU (CIUG)

COMO ACTIVAR A CONTA NERTA

ACTIVACIÓN CONTA

MOITAS GRAZAS VOSA ATENCIÓNE MOITA SORTE