CURSO 2022 - 2023
AS NOVAS DE PEPA
EDLG
EDICIÓN XVI
PRESENTACIÓN
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO:
O noso PDI deste curso tivo como centro de interese a roupa, os tecidos, a reciclaxe e a moda. Programamos ao longo do curso diferentes Tarefas de Aprendizaxe Integradas (TAIs), coas que investigamos unha morea de cousas relacionadas co centro de interese. Algunhas das TAIs que investigamos foron:
AS NOVAS DE PEPA, na súa XVI edición, pretende achegar a Lingua Galega a todas as lectoras e lectores a través da presentación das experiencias vividas no CRA de Culleredo durante o curso 2022/2023, un curso no que desenvolvemos o Proxecto Documental Integrado: D´XASTRES.
Dende aquí, agradecemos enormemente a colaboración das familias que, coma sempre, fan que os nosos proxectos e propostas medren e sexan posibles, así como a implicación e bo facer do resto da Comunidade Educativa.
TINTAS NATURAIS
LIMIAR
APRENDEMOS INGLÉS
PDI
GAMIFICACIÓN
MÚSICA
Conseguimos as 17 cores do logo da Axenda 2030
Fixemos tintas con alimentos e substancias naturais
OBRADOIROS DE AL
ESCOLA DE VINSEIRA
MOSTRARIO DE TEAS
ESCOLA DE LEDOÑO
PSICOMOTRICIDADE
FESTAS E SAÍDAS
ESCOLA DE CHOEIRA 1
ESCOLA DE SÉSAMO
EDLG
BIBLIOTECA CREATIVA
ESCOLA DE CHOEIRA 2
Investigamos os tecidos das pezas de roupa e a súa orixe
O mostrario
Title 1
O TRAXE DA MOUCHA
8M - DÍA DA MULLER
GAMIFICACIÓN: Pura a tartaruga
A gamificación deste curso estivo relacionada co coidado do medio ambiente, en concreto coa conservación e emprego dos mares, océanos e vida mariña de xeito sostible. A mediados de outubro recibimos un vídeo de MARTIÑO E TESTA, protagonistas da gamificación do curso pasado, onde nos piden a nosa colaboración e compromiso para axudar a Pura a tartaruga e ás súas amizades a mellorar a súa calidade de vida.
Escribímoslle unha mensaxe á Moucha e prestounos o seu traxe!
Escribimos palabras bonitas en comunidade e colgámolas nun tendal
O PRODUTO FINAL: CHAQUETAS CON CÁPSULAS
PATCHWORK
Elaboramos en comunidade unha manta coa técnica do Patchwork
aprendemos a ser xastres da man de diego valeiras
Días despois recibimos na aula as CREDENCIAIS ECOLOXISTAS que certificarán o noso compromiso polo coidado do medio ambiente. As novas de Pura chegaban a través de mensaxes dentro dunha botella de vidro, nunha bolsa de tea coa súa imaxe. Ao longo do curso tivemos que superar diferentes misións e recibimos como recompensa un adhesivo dunha amizade de Pura, así ata completar a nosa credencial!!
Así foi como rematamos o noso PDI deste curso, amosando unha creación feita durante varios meses, onde o profesorado aprendeu un oficio necesario e moi complexo, e a nosa comunidade educativa estivo moi presente. Preparade o corpo... o ano que vén inculcarémoslle hábitos saudables!!
Title 1
Na 1ª misión preséntanos a SUSA A MEDUSA e descubrimos a problématica do aumento da temperatura do noso Planeta. Superámola difundido mensaxes ecolóxicas á nosa comunidade educativa.
Na 7ª misión descubrimos con RODOLFO O POLBO que podiamos facer un piano con papel de aluminio das nosas merendas... e facer música!!!
Na 8ª misión axudamos a MANOLA A CARACOLA a descubrir os diferentes onomatopeias do fóra do mar, despois da nosa visita ao Aquarium Finisterrae.
Na 2ª misión coñecemos a TAREIXA A PEIXE LANTERNA no 20ª aniversario do Prestige, onde o petróleo continúa a ser a máxima preocupación da vida mariña. Superamos a misión coa axuda das familias.
Na 3ª misión preséntanos a TOMÁS, O CABALIÑO DE MAR. Empregamos o método científico e reflexionamos sobre o uso que facemos dos nosos retretes para os obxectos de hixiene persoal.
Na 9ª misión coñecemos o poder especial de LARA A PEIXE ESPADA, que axuda ás súas amizades atrapadas dentro das redes pantasma. Redes coas que fixemos unha composición artística coa cámara Polaroid.
Na 4ª misión valoramos a importancia da amistade con CARPIÑO, cando libera a ANTÓN O MEXILLÓN de dentro dunha lata de conserva. En agradecemento compuxémoslle e interpretamos unha bonita canción.
Na derradeira colaboramos con QUICO O GOLFIÑO para deixar os areais limpos da primeira fonte de contaminación mundial: as cabichas.
Na 5ª misión coñecemos a historia de PAZ A ESTRELA DE MAR, que despois de cortarse un braciño cun vidro, coñeceu moito mellor as súas emocións e a si mesma.
Na 6ª misión axudamos a ALEXO O CANGREXO a construír unha casa con diferentes materias de refugallo (cartóns, plásticos, papeis...) do noso día a día.
Se queredes ter máis información da gamificación, picade nas imaxes.
Title 1
ESCOLA DE VINSEIRA
Unha vez preparada a tenda física, pasamos a clasificar as prendas por tamaño e tipo. Fixemos etiquetas coa talla e o prezo xusto. Aprendemos a embolsar, perchar e doblar axeitadamente. Cando todo estivo organizado , inauguramos a nosa tenda, na que as nenas e nenos puideron probar e mercar a roupa con cartos de verdade, sumando, restando e comprobando o cambio. Intercambiando os roles de dependente e cliente.
Durante o período de adaptación, as nosas propostas partiron dos libros e contos que levamos á aula. Todos foron fonte de inspiración para nós , pero especialmente, VIAXES. A partir del , creamos as fotos dos percheiros e fabricamos un tren enorme de nove vagóns con caixas de cartón. O proceso resultou moi motivante, e, cando o sacamos ao patio para xogar e viaxar nel, tivemos que pensar e probar varias ideas para que non se desenganchasen os vagóns.
Empezamos o proxecto D´XASTRES recollendo roupa de desfeito doada polas familias para levar a cabo as TAIS e demais propostas. Estas prendas usámolas durante todo o curso e sacámoslle moito proveito. Unha das propostas máis exitosas do primeiro trimestre foi a creación dunha TENDA DE ROUPA, idea que parte das nenas e nenos.
Unha das TAIS do primeiro trimestre que máis nos gustou foi a de tinguir as teas a partir de produtos naturais por ser moi experimental e sorprendente .
Tivemos que planificar ben as tarefas a realizar, pois había que empezar de cero: Buscamos un nome para a tenda e uns carteis con reclamos publicitarios, organizamos os andeis, o mostrador, o probador e decoramos o escaparate.
Coas cabazas decoradas, montamos a exposición. Chegado o día disfrazámonos e realizamos xogos e merenda de medo durante toda a xornada.
Celebramos o Samaín. Primeiro recollemos as cabazas que prantamos o curso anterior e usámolas para baleirar e decorar, xunto con algunhas máis. Gardamos as sementes .
Title 1
Un día, ao mover un moble, atopamos unhas boliñas brancas e decidimos preguntar en casa, que podían ser? Resultou que eran niños de araña que contiñan ovos no seu interior. Isto xerou preguntas e curiosidade, así que , decidimos iniciar un proxecto novo sobre as ARAÑAS, animais tecedores aos que levabamos tempo observando de perto.
No segundo trimestre propuxémonos seguir usando a roupa doada. A partir das prendas que tiñamos fixemos auténticas obras de arte, incluída a pomba da paz e a araña TECHO, unha pequena mascota que convive con nós .
Para comenzar, recollimos toda a información que xa sabiamos e, tamén a que queriamos coñecer. A través da investigación, puidemos contrastar datos e facer un MAPA CONCEPTUAL ILUSTRADO moi completo e interesante.
Suzana, unha das nosas mamis traballa cosendo bonecos de fieltro e veu ao cole para facer con nós un novo mural de aniversario.
No Entroido fixemos os nosos traxes con farrapos, botóns, fitas, lás, pompóns e todo o material que xuntamos. Deste xeito, tuneamos unha vella camiseta branca , converténdoa nun disfraz para a comparsa do cole.
Acompañamos o proxecto cun montón de xogos e actividades artísticas nas que desenvolvemos habilidades lóxico- matemáticas, de lectoescritura, de motricidade fina e grosa . Para rematalo proxecto , escenificamos o conto A ARAÑA FACENDOSA e, o último día do trimestre vimos a película A TELARAÑA DE CARLOTA.
E, a continuación , tivemos que deseñar e confeccionar os traxes dos nosos sacapenas, a partir do libro SACAPENAS. Usando as súas propias ideas, as nenas e nenos crearon unhas roupuñas ben bonitas.
Title 1
No mes de maio celebramos a ROMARÍA das LETRAS GALEGAS. Previamente, na escola, lembramos a Lenda da Moucha e preparamos uns reclamos e unha mensaxe para ela, xa que tiñamos moitas ganas de ver o seu traxe . Funcionou... a Moucha deixounos un paquete coa súa roupa , poidemos vela de perto , tocala, ulila...
No terceiro trimestre renovamos os nosos rotuladores, gastados de tanto usalos. Non os tiramos , reutilizámolos para facer auga tinguida, clasificándoos por cores e deixándoos uns días metidos en auga. Aproveitamos as tintas no recanto de arte, pero, neste momento ... aínda non sabiamos que molaban tanto para tinguir teas.
En primavera, recuperamos as nosas sementes das cabazas do Samaín. Por un lado , fixemos un sementeiro en vasos para que cada quen levara unha pranta á súa casa. E, por outro , fixemos a nosa horta na escola.
Para colaborar na elaboración do produto final do proxecto D´Xastres, as nenas e nenos encapsularon en bolsas de plástico reutilizado , obxectos e material de refugallo que trouxeron dos traballos e casa da súa familia .
E, para rematar, pensamos... que poderiamos facer cunha funda nórdica branca doada á escola ? . Despois dunha chuvia de ideas , que puxemos en práctica, empezamos a creación dunha casa de tea, usando como estrutura dúas mesas. Tivemos que fixarnos na dimensión, facer o diseño, cortar e coser para darlle forma , pintala e decorala. O certo é que gañamos moita destreza coa agulla e o fío!! e... sabedes como pintamos as paredes? pois coa auga tinguida cos rotuladores gastados. Quedounos chula?...NON, CHULÍSIMA!!!
Para facer a horta , contamos coa axuda de Paco, que veu preparar a terra, xa que para iso hai que ter maña, forza e ferramentas. As nenas e nenos carretaron herbas malas , botaron sementes e fertilizante , e, finalmente, taparon os regos. Cada día regamos as nosas prantas , que medran ben fermosas, esperando recoller as cabazas de novo no outono.
Title 1
ESCOLA DE LEDOÑO
A nosa escola está rodeada de espazos naturais que nos axudan a experimentar e gozar da nosa contorna. Este curso, debido a problemas alleos á escola, limitáronse esas experiencias gratificantes na horta, por exemplo, pero aínda así, puidemos degustar fresas. É que boas estaban!
Saímos ata a carballeira en varias ocasións para buscar tesouros, paus para algunha que outra actividade e xogo, para explorar e facer arte co que nos atopamos...
Tamén aproveitamos a nosa contorna para facer as merendas en diferentes ubicacións: a carón do parque, preto do areeiro e na carballeira.
Title 1
Durante este curso e seguindo a temática do noso PDI D'XASTRES, fixemos varias actividades e algunhas propostas como tarefas de aprendizaxe.Comezamos decorando uns manteis para a merenda, debuxando libremente sobre un anaco de tea.
O Día de Rosalía que baixo o lema de: No día de Rosalía, unha flor e unha poesía, tamén utilizamos tea de feltro para facer a flor.
Experimentamos coas tintas naturais; seleccionamos varios elementos que recollimos na nosa contorna e probamos si tintaban tea. A verdade que foi emocionante descubrir como se poden conseguir cores con elementos da natureza.Investigamos a orixe e nome dos tecidos de diferentes prendas de roupa.
O Día internacional da muller quixemos recoller palabras bonitas que nos gustan dicir e escoitar e escribímolas en anacos de tea.
as conmemoracións festexadas estiveron relacionadas co proxecto. Usamos teas, lá, fíos, fitas, rotuladores especiais de tea, pintura, abalorios,...
Polo Día da Paz, cubrimos con tea a silueta dunha pomba
O Día internacional do libro elaboramos un marcapáxinas recortando anaquiños de teas que tiñamos pola escola e que usamos en outras actividades, e pegándoos con cola nunha tira de tea.
No Entroido convertémonos en xastres e elaboramos o noso disfrace reutilizando unha camiseta branca e decorándoa.
Por Nadal fixemos unhas coroas e decoramos bolsas con diferentes tiras de teas.
Dentro do proxecto que levamos a cabo na aula sobre o corpo, e baseándonos no libro Sacapenas, fixemos cadanseu sacapenas con feltro, lá, gomas e teas.
Title 1
Outro interese que tivemos este curso foi todo o relacionado cos bechos. Como diciamos, a nosa escola posúe unha contorna natural na que habitan moitos bechos e xurdiron preguntas de que tipo de becho son, cal é o seu nome, que características teñen...Desta volta, puidemos contar con libros da biblioteca do CRA, algún xogo, proposta, e algún vídeo sobre o ciclo da vida dalgún insecto.
Na escola este curso tiveron cabida dous proxectos que saíron das preguntas, inquedanzas, ganas de coñecer, experimentar, explorar, DESCUBRIR,... E foron sobre O CORPO e OS BECHOS.
As preguntas comezaron en saber como eramos por dentro, que había debaixo da nosa pel, se eramos iguais os nenos e as nenas, cantos pelos temos na cabeza,... e esa información podíamos buscala nos libros, no ordenador...Pedimos a colaboración solicitando libros ou material que nos puidese servir na investigación.
OS BECHOS
O CORPO
Conseguimos radiografías, puzzles e libros, xunto cos libros da biblioteca.
Gústounos moito buscar caracois e xogar con eles. Ata fixemos casas para eles!
A nosa investigación levounos a coñecer o noso corpo por dentro e os sistemas que o compoñen.Podedes ver como levamos a cabo este proxecto no seguinte vídeo.
Unha familia trouxo á escola unha eiruga que atoparon preto da súa casa. Estivo na escola e puidemos observar como mudou en crisálide e se convertiu despois en bolboreta.Foi moi fermoso!
Podedes visitar o noso blog para poder ver estas e outras actividades.
ESCOLA DE LEDOÑO
Title 1
ESCOLA DE CHOEIRA 1
Clasificación
Este curso 2022/2023 na Choeira 1 aprendemos un montón de cousas, rimos, choramos, fixemos novos compañeiros/as, coñecimos profes novas, e vivimos un sinfín de experiencias e aventuras que nos axudan día a día a medrar sendo felices e respectándonos uns aos outros. Algunhas destas aprendizaxes adquirímolas a través das propostas semanais, das cales vos mostramos algunhas imaxes (facendo clic accederedes aos vídeos das propostas).
Lectoescritura
Grafías
Lóxica matemática
Trasvases
Esquema corporal
Simetrías
Title 1
Seguindo a temática do proxecto documental integrado de centro D´Xastres, na Choeira 1 levamos a cabo algunhas actividades como as seguintes:
Deseñamos e creamos a nosa liña de roupa efímera, desfilamos e posamos como modelos. Ademais convertémonos en fotógrafos.
Estampación de teas con flores
Escribimos palabras bonitas en retais
Patchwork grupal con acuarelas
Representamos a nosa familia con fieltro e botóns
Creamos un póster da paz con restos de teas
Title 1
Disfrutamos e aprendemos moito coa arte e as manualidades
Ademais das propostas, levamos a cabo moitas outras aprendizaxes, das cales vos mostramos aquí unha pequena mostra, recordándovos que podedes ver todo o compartido ao longo do curso no blog da Choeira 1.
Aprendemos un montón sobre as plantas da nosa contorna e as partes das mesmas.
Tamén vivimos experiencias xunto cos compis da Choeira 2
Disfrutamos da chegada da primavera e as súas cores.
Title 1
Tamén experimentamos con alimentos e prantas para crear tintes naturais alternativos aos químicos. Nun primeiro momento probamos a tinguir con flores de xeranio, espinacas, mandarina e cacao. Pero según se ns ían ocurrindo outras opcións iamosfacendo probas.
ESCOLA DE SÉSAMO
Este curso levamos a cabo gran cantidade de actividades e propostas. Moitas delas estiveron centradas na temática do PDI do centro: o textil e a reciclaxe de prendas, teas e outros elementos usados na costura.
Comezamos falando da nosa roupa e vendo que cada un tiña unha talla distinta e comparando tamén a nosa roupa coa que levaban as nosas familias cando eran pequenos coma nós. Isto levounos a falar da moda, que cambia co paso do tempo.
Despois puxémonos a traballar sobre o proceso que se segue na elaboración das prendas de vestir desde que se obteñen os tecidos ata que os compramos nunha tenda.
Realizando as TAI plantexadas pola biblioteca escolar descubrimos que os tecidos poden proceder dos animais, dos vexetais ou da industria. Para isto pedimos ás familias que nos trouxesen prendas que xa non usan para ver as súas etiquetas e saber de que tipo de tecido estaban feitos. E tamén aproveitamos para probalas!
O primerio que fixemos foi converternos en diseñadores debuxando sobre un manequí distintas prendas de roupa e complementos. O seguinte paso, xa que non todos usamos a mesma talla foi tomar as medidas do noso corpo.
O seguinte paso foi probar a crear os deseños con patróns papel, e por suposto probalos.
Title 1
Para comemorar o día da paz decoramos unha pomba usando pequenos anacos de teas e outros elementos textís.
E por fin fixemos traxes de alta costura con teas e axudándonos de impredibles, que probamos aos nosos modelos. Quedaron moi elegantes!
Cando chegou o Entroido elaboramos os nosos disfraces usando lazos, teas e abalorios de todo tipo.
Para rematar este percorrido polas profesións relaciondas coa moda montamos unha tenda. Tiñamos probador zona de caixa para cobrar e por suposto moitas prendas para probarnos.
Aprendemos a facer pompóns de lá usando rolos de cartón e tenedores. Os mais grandes convertémolos nuns graciosos amigos peludos.
Pero ademais de todo isto, coñecemos útiles de costura que fomos usando para facer diferentes creacións ao longo do curso.
Participamos na elaboración e colocación das cápsulas que decoraron as chaquetas, produto final de PDI.
Elaboramos con cartón e lá unha bolas para decorar a árbore de Nadal que montamos na escola e despois levámolas para decorar nas nosas casas. Tamén elaboramos unha postais cosendo estrelas para felicitar as festas ás nosas familias.
E rematamos facendo uns bolsos onde desmotramos as nosas dotes de xastres. Cosemos, bordamos e ata aprendemos a facer trenzados. Como remate decorámolos cuns chaveiros cos nosos nomes Quedaron xenial!
Title 1
Disfrutamos do patio e da horta.
Recibimos visitas na escola. Coñecemos aos gatiños de Andrés, fixemos un cadro con follas coa nai de Manu, elaboramos un león coa nai de Eume e coñecemos os contos prefiridos de Rosalía. Pero non só viñeron as familias...tamén nos vistou a Dragona Ramona!
Pero non todo foi traballar...
Estas son algunhas das actividades que fixemos ao longo deste curso. Se queredes ver mais podedes visitar o blog da escola picando no "BOTÓN"
Cociñamos para celebrar os cumples ou celebrar distintas festas!
Title 1
ESCOLA DE CHOEIRA 2
O mellor agasallo que lle podemos dar as nosas nenas e nenos son as raíces para apoiarse e as ás para voar.
REPRESENTACIÓN ESQUEMA CORPORAL
COMEZAMOS UN CURSO CON MOITAS NOVIDADES, NOVOS COMPIS, NOVA PROFE, NOVAS RUTINAS E MATERIAIS PERO CON MOITAS GANAS DE PASALO EN GRANDE . POUCO A POUCO ADQUIRIMOS AUTONOMÍA A TRAVÉS DAS PROPOSTAS DE APRENDIZAXE,AS INSTALACIÓNS, OS OBRADOIROS....
A FAMILIA DOS NÚMEROS
SIMETRÍAS
TÁBOA CURVA
PARTE DO TEMPO NA ESCOLA É ADICADO Á CIRCULACIÓN LIBRE POLAS PROPOSTAS DE APRENDIZAXE. É IMPORTANTE QUE CADA NENO/A DECIDA QUE FACER, É EL/ELA O QUE MELLOR SABE O QUE PRECISA EN CADA MOMENTO SEGUNDO OS SEUS INTERESES, MOTIVACIÓNS E A SÚA MADURACIÓN.
A LUZ, COMPOSICIÓNS
OS SENTIDOS
REALIDADEAUMENTADA
BARRO
INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA
TRAZO
CREACIÓN SOBRE ESPELLO
COMPOSICIÓN DE NÚMEROS
MINIMUNDOS
CONCIENCIA FONOLÓXICA
INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA
AS NOSAS INICIAIS
COLGADOR DE PERLAS
DEBUXO E NATUREZA
EXPERIMENTACIÓN
VIDA PRÁCTICA
Title 1
INSTALACIÓNS DE XOGO
A ÁRBORE DOS DESEXOS
APROVEITANDO A CHEGADA DO OUTONO PROXECTAMOS IMAXES DO BOSQUE DE OMA, OBRA ARTÍSTICA CREADA POLO ESCULTOR E PINTOR AGUSTÍN IBARROLA. DESPOIS DE OBSERVAR, COMENTAR E ANALIZAR FOTOS REPRESENTÁMOLO CUNHA RAMA. DESTE XEITO XA TÍÑAMOS O SOPORTE DO QUE COLGARÍAMOS O MÁIS IMPORTANTE: OS DESEXOS E AS PALABRAS ADICADAS POLAS FAMILIAS PARA ESTE CURSO.
INSTALACIÓN BASEADA NO CONTO "UN AGASALLO DIFERENTE"
BENVIDO OUTONO
SENTIMOS AS CORES FRÍAS
Title 1
PROXECTO D´XASTRES
FLORES DA CONTORNA
No terceiro trimestre e aproveitando a chegada da primavera estivemos investigando sobre as flores.
O LONGO DO CURSO REALIZAMOS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO PDI DO CENTO. MOSTRÁMOSVOS ALGUNHA DESTAS TAREFAS:
AS CORES DOS ALIMENTOS: TINTES NATURAIS
CAMPO DE FLORES Obradoiro Hervé Tullet
EXPERIMENTOS: QUE PRECISA UNHA SEMENTE PARA CRECER?
TESOUROS DA NATUREZA
PLANTAMOS MARGARIDAS
TIPOS DE TECIDOS
CREAMOS DISEÑOS
Cada día chegaban flores novas a aula, aproveitámolas para investigar e aprender sobre elas: observámolas, ulímos, vimos as súas partes, coñecimos o seu nome, a gama cromática, insectos polinizadores, curiosidades... Outra das tarefas que fixemos con elas foi metelas na prensadora e as representamos con distintas técnicas para elaborar o noso libro de "flores da contorna"
COSEMOS
ESQUEMA CORPORAL
NA CAMELIA ATOPAMOS UNHA PLAGA. OBSERVÁMOLA CO MICROOSCOPIO E INVESTIGAMOS.
...
TRABALLAMOS A NOMENCLATURA DAS ETIQUETAS
Title 1
APRENDEMOS INGLÉS
CHEGA O OUTONO E A FESTA MÁIS AGARDADA, O HALLOWEEN!
PROXECTO D´XASTRES COS NOSOS CONTOS EN INGLÉS
FIXEMOS UNHA CAMA PARA QUE O OURIZO PUIDESE DURMIR QUENTIÑO.
CHRISTMAS TRAE CONTOS E PANXOLIÑAS CHEAS DE LEDICIA.
Title 1
CHEGA A PRIMAVERA, E VISÍTANNOS OS COELLOS EN EASTER
TAMÉN ATOPAMOS UN LAGARTO!
MÚSICA
Arrancamos un novo curso e a Música non podía faltar! Acompáñanos e está presente en diferentes momentos do día a día, tanto de grandes como de pequenos, e no cole temos a sorte de poder desfrutala e aprender moito con ela e tamén dela!As nosas clases de Música teñen a súa propio rutina que pouco a pouco imos descubrindo e trazando entre tod@s! O saúdo, o quentamento, as cancións e xogos musicais e para rematar como merecemos a relaxación. Foron moitas as aventura e os momentos que desfrutamos coa Música este curso, a continuación queda unha pequena selección para o recompilatorio musical deste curso.
XOGAMOS, CREAMOS, E PINTAMOS AS PERSONAXES DOS CONTOS.
Title 1
BO DÍA! As canción de saúdo forma unha parte fundamental das nosas sesións, convértense case nun “himno” de grupo; tanto é así que nos costou atopar unha que estivera á altura do Tatachán! Pero o Bo día de Golfiños, enseguida nos conquistou!!
OS COELLIÑOS Por petición popular, non podíamos deixar fóra deste recompilatorio unha actividade de dramatización musical que nos deixou enganchad@s!
FÍOS EN LINGUA DE SIGNOSPariticipamos por terceiro ano no concurso "Cantamos coas mans". Ademais da nosa banda sonora do PDI, con Fíos aprendemos novo vocabulario en LSE! Que enriquecedor coñecer novas linguas!
QUENTAMENTOS MUSICAIS A música faise e vívese con todo o corpo, por iso as nosas clases empezan cunha rutina de quencemento corporal ó ritmo da música que soa! Preparad@s?
VIAXES Estes contiños son sempre bos aliados para romper o xeo dos primeiros días. E moito máis se ademais de contalos podemos cantalos!
EN MAIO, MUSICA TRADICIONAL Na nosa tradicional Romaría das Letras Galegas nunca falta a Musica e ese momento especial de baile en familia que tanto nos gusta!
O QUEBRANOCES Este Nadal, enlazando co noso proxecto "D´Xastres", unha mistura de Música e tecidos permitiunos descubrir 5 danzas do tradicional ballet do Quebranoces de Tchaikovski.
E NO VERÁN... A MÚSICA NON PODE FALTAR! Chegan as vacacións, pero que mellor forma de desfrutalas que con Música! Bo verán!!
LALALÁ
Title 1
Actividades manipulativas
OBRADOIROS DE AL
Ao longo deste curso levamos a cabo variadas activadades coas que traballar todos os compoñentes da linguaxe de xeito lúdico e motivador.
Ditas actividades realizáronse tanto en formato dixital para a pdi como con material manipulativo, entre moitas outras as seguintes:
Actividades na PDI
- Para a conciencia fonolóxica e silábica:
- Para potenciar a atención:
- Para ampliar o vocabulario:
- E para enriquecer a morfosintaxe:
- Así como videos de discriminación auditiva e praxias:
- Actividades interactivas:
PSICOMOTRICIDADE
Celebramos algunhas CONMEMORACIÓNS dun xeito un pouco diferente.
A PSICOMOTRICIDADE é especialmente importante durante as primerias etapas polos múltiples beneficios que ten a nivel motor, cognitivo, socila e afectivo. Ao longo do curso traballamos con diferentes matariais e propostas nas que todos os nenos e nenas puideron experimentar e crear así como participar dentro das nosas posibiliades.
ESQUEMA CORPORAL
ORIENTACIÓN ESPACIAL
HABILIDADE ÓCULO-MANUAL
ESCORNABOT
Desde psicomotricidade tamén aportamos ao noso PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO a tavés de diversas actividades ao longo do curso.
HABILIDADE ÓCULO-PODAL
CIRCUITOS
EQUILIBRIO
ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL
ARTE
LANZAMENTOS
Title 1
FESTAS, SAÍDAS E COMMEMORACIÓNS
AQUARIUM
MAGOSTO
MEISEL
DÍA DA PAZ
DONAIRE
ENTROIDO
Title 1
EDLG
ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA encárgase de promover o nosa propia lingua e cultura na escola. Unha das maneiras para achegar a lingua galega ás nosas nenas e nenos é a través dos xogos, polo que continuamos coa proposta dos XOGOS CANTADOS. Durante este curso 22/23 os protagonistas foron os XOGOS DE SORTES, que serven para rifar. Organizamos os xogos cantados para a ROMARÍA DAS LETRAS: "A pita cega", "1,2,3, volta atrás quen mova os pés" , " fío- botón" e "A vaca que escapa".
Doce meses ten o ano, catro fases ten a lúa, dime ti cantas pedriñas ten o chan da túa rúa? 6....1,2,3,4,5,6.
Pelo gato vintaecatro, 1,2,3 e 4.
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Rabo de boi, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta.
Title 1
NO DÍA DE ROSALÍA ... UNHA FLOR E UNHA POESÍA con esta proposta o alumnado creou unha tarxeta postal coa que agasallar á súa familia, deste xeito non só achegamos á autora ás aulas , senón que levámola aos fogares, dándolle maior visibilidade a este homenaxe a Rosalía De Castro. Eliximos e ofrecemos textos , cancións e vídeos sobre a súa vida e obra para traballar nas aulas. Para a creación da flor usamos teas, agulla, fío e botóns, seguindo a línea do PDI.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS A maleta de Don Paco axudounos a coñecer ao autor homenaxeado Francisco Fernández del Riego, a través de obxectos importantes na súa vida e na súa carreira como escritor, periodista e editor.
CALENDARIO 2023/24 En colaboración co Equipo de Biblioteca, coordinamos a creación do CALENDARIO ESCOLAR do vindeiro curso, agasallo que reciben todas as familias e escolas do CRA.
ELABORACIÓN DE MATERIAL DE AULA EN LINGUA GALEGA Creamos material editado e impreso por nós en galego : - Libro interactivo VIAXES: personaxes, medios de comunicación, nomes de nenos e nenas, pluralidade e diversidade... usamos todos estos elementos para relacionar, identificar, vestir, contar, etc. - Tarxetas de Vocabulario: Asociación da palabra e a imaxe, divulgación de vocabulario en galego, actividades de lectoescritura. - Bingo D´Xastres: Xogo de bingo feito a partir do vocabulario D´Xastres.
REVISTA AS NOVAS DE PEPA" Editamos a revista "As novas de pepa" , na que colabora todo o profesorado do noso centro e o alumnado que remata 6º curso , que participan debuxando as asombrosas avionetas coas que ilustramos a portada e contraportada .
Title 1
BIBLIOTECA CREATIVA
O noso centro participa no Proxecto de Biblioteca Creativa dende o curso 2018-19. Os Espazos Fedello forman parte indispensable das nosas bibliotecas de aula; unha selección de materiais que espertan á creatividade e fomentan o traballo cooperativo. Este curso "fedellamos" con...
TEAR DE NATUREZA A natureza tamén pode formar parte das nosas creacións.
PRENSA DE FLORES Perpetuamos a beleza da natureza en dúas dimensións.
TEXCO Xogo de construción para facer diferentes figuras arquitectónicas.
ROTACIÓN DOS RECURSOS POLAS AULAS
Robot DOC Electrokit Osmo LittleGenius Let´s go code Marbotic
CABANA Palliñas e conectores cos que se poden facer diferentes estruturas en tamaño XXL.
BOTES SENSORIAISBotes cos que poder experimentar con cores, luces e pezas variadas.
Title 1
obradoiros en familia
NOVOS DISEÑOS COA IMPRESORA 3D
OBRADOIRO DE TEARES CON MANUEL RODRÍGUEZ
Aprendemos a facer teares con caixas de froitas
OBRADOIRO DE xastraría CON diego valeiras
Confeccionamos chaquetas con cápsulas como produto final do noso PDI.
OBRADOIRO CON adcor
Creamos a nosa propia bolsa "Dlonas"
OBRADOIRO creativo con feltro
Aprendemos a facer un boneco de feltro da man dunha das nosas avoas
Na ESCOLA DE NAIS E PAIS as familias participantes tamén poideron probar os recursos da Biblioteca Creativa
Title 1
DEBUXOS REALIZADOS POLAS NENAS E NENOS DE 6º DE E.D INFANTIL
AS NOVAS DE PEPA 22-23
Susana Rego
Created on May 8, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Mobile App Dossier
View
Color Shapes Dossier
View
Notes Dossier
View
Futuristic Tech Dossier
View
Crowdfunding Campaign
View
Company Dossier
View
Economy Dossier
Explore all templates
Transcript