Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Rexurdimento
Adrián Vázquez
Created on April 18, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
Transcript
O Rexurdimento
O Rexurdimento foi un movemento cultural, social e, sobre todo, literario co obxectivo de dignificar a identidade galega, conseguindo poder político e recuperando o idioma. Este movemento inagúrase coa publicación de Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro
Que imos tratar?
O nacemento dun novo pensamento na sociedade galega: o galeguismo
Os tres grandes autores do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal
O contexto histórico e a situación da lingua no último terzo do século XIX
Contexto histórico
O Rexurdimento é un movemento de recuperación cultural, social e literaria da identidade e da lingua galega. Comeza en 1863 e remata en 1916 coa creación das Irmandades da fala. - S. XIX: inestabilidade política (moderados vs progresistas). - 1868: Sexenio Revolucionario. - 1873-1874: Primeira República española (cantóns) 1874: Monarquía con Alfonso XII (conservadores vs liberais)
Alfonso XII
Primeira República Española
FIDALGUÍA E CLERO: DONOS DAS TERRAS BURGUESÍA: DONA DAS PRIMEIRAS INDUSTRIAS CONSERVEIRAS QUE NESTA ÉPOCA SE INSTALARON EN GALIZA. A MAIORÍA ERAN FORÁNEOS (CATALÁNS, VASCOS, CASTELÁNS) O QUE AUMENTOU O PROCESO DE CASTELANIZACIÓN DAS CLASES POPULARES. TRABALLADORES: NA SÚA MAIORÍA LABREGOS E MARIÑEIROS. OS TRABALLADORES DAS FÁBRICAS AÍNDA ERAN POUCOS, POIS GALIZA SEGUÍA A SER UN PAÍS MAIORITARIAMENTE AGRARIO.
VS
No Rexurdimento continúan os prexuízos xerados durante os séculos escuros debido á perda do galego como lingua culta e de poder (literaria, ensino, administración, igrexa) que relegou ao galego a ámbitos familiares. Son as clases traballadoras as que manteñen unha lingua que non estaba presente en ningún xornal, nin en ningunha obra literaria, nin en ningunha escola, nin administración. PERO ISTO, NO REXURDIMENTO, VAI COMEZAR A MUDAR, grazas ao traballo que antes fixeron os Ilustrados (Pai Sarmiento, Pai Feijóo) e os precursores (Xose Manuel Pintos, Francisco Añon) e que agora continuarán persoeiros do Rexurdimento
A cultura e a lingua no Rexurdimento
- Mediados do XIX: publicacións en castelán con algún texto en galego.
- A partir dos anos 70 do XIX: publicacións monolingües en galego:
Rosalía naceu en Santiago en 1834. A súa nai é fidalga e o seu pai crego, pero nace como horfa na súa partida de nacemento. Críase coa súa tía en Ames, aldea rural galega. 1850: marcha coa súa nai a Santiago. Participa no Liceo de la Juventud, onde coñece a Eduardo Pondal, outro autor do Rexurdimento. 1856: Casa co historiador Manuel Murguñia e publica os seus primeiros libros. 1875: Trasládase a Padrón, nunha casa convertida hoxe en museo e onde morrerá. 1885: morre de cancro. 1891: os seus restos trasládanse ao Panteón de Galegos Ilustres.
Rosalía de Castro
O novo pensamento: o galeguismo
IINTRODUCIÓN: A PARTIR DE 1840 E DURANTE O REXURDIMENTO (1863-1916) NACE O GALEGUISMO COMO REACCIÓN AO PROCESO UNIFICADOR DO ESTADO. O GALEGUISMO PRETENDE RECUPERAR A IDENTIDADE GALEGA E DARLLE PODER POLÍTICO: HOUBO VARIAS FASES:
- PROVINCIALISMO (1840-1868): EN 1833 GALIZA PERDE O STATUS DE REINO E PASA A SER UNHA REXIÓN DIVIDIDA EN 4 PROVINCIAS. ISTO PROVOCOU A REVOLUCIÓN GALEGA ARMADA DE 1846 MEDIANTE UN MOVEMENTO QUE SE CHAMOU PROVINCIALISMO E QUE REIVINDICABA A GALIZA COMO UNHA ÚNICA PROVINCIA, SEN DIVISIÓNS.
- FEDERALISMO (1869-1881): DURANTE A PRIMEIRA REPÚBLICA ESPAÑOLA OS GALEGUISTAS QUEREN QUE GALIZA SEXA UN ESTADO FEDERADO CO RESTO DE POBOS DO ESTADO. ESTE MOVEMENTO REMATA COA INSTAURACIÓN DA MONARQUÍA DE AFONSO XII.
- REXIONALISMO (1881-1916): CORRENTE QUE APOIARON OS INTELECTUAIS DO REXURDIMENTO. LIDERADA POR MANUEL MURGUÍA, AUTOR DE EL REGIONALISMO GALLEGO, PRETENDÍAN DAR STATUS OFICIAL A LINGUA, ASÍ COMO UNHA MAIOR AUTONOMÍA POLÍTICA.
- NACIONALISMO (A PARTIR DE 1916): É A EVOLUCIÓN DE TODAS AS CORRENTES ANTERIORES. NACE COA CREACIÓN DAS IRMANDADES DA FALA EN 1916. POR PRIMEIRA VEZ CONSIDÉRASE A GALIZA COMO UNHA NACIÓN CON DEREITOS POLÍTICOS. OS NACIONALISTAS CONSEGUIRÍAN A APROBACIÓN DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA EN 1936, PERO 20 DÍAS DESPOIS ESTOUPA A GUERRA CIVIL E ACABARÍA CON ESTE PROCESO.
MULLER ADMIRABLE
- A sociedade do século XIX reservaba o papel de reprodutoras e coidadoras ás mulleres.
- O galego era considerado un dialecto
- A literatura era un mundo dominado por homes.
- Rosalía fixo unha defensa continuada das mulleres. Sendo unha precursora da loita das mulleres polos seus dereitos
- Sendo escritora usou o galego
Converteuse nunha icona da rebeldía contra a sociedade patriarcal e defensora dos dereitos lingüísticos e políticos do pobo galego.
"Galiza non debes chamarte nunca española que España de ti se olvida canto eres, ai! tan fermosa!"
Obra
Empezou como novelista en castelán, pero destacou como poeta cos seguintes poemarios:
Castelán
EN LAS ORILLAS DEL SAR
- CANTARES GALLEGOS (1863): formada por glosas de cantigas populares
- FOLLAS NOVAS (1880): Obra de temática intimista e social
Galego
Estilo e lingua
RECURSOS DE POESÍA CULTA:
RECURSOS DA LITERATURA POPULAR:
SÍMBOLOS: SOMBRA: dor, enfermidade CRAVO ESPIÑA
- MÉTRICA POPULAR (NORMALMENTE VERSOS OCTOSÍLABOS DE ARTE MENOR E RIMA ASONANTE NOS VERSOS PARES: -a-a
- PRINCIPAIS FIGURAS LITERARIAS: Paralelismos, Comparacións, aliteracións, onomatopeas
CANTARES GALLEGOS publícase o 17 de maio de 1863. Foi un fito na historia de Galiza xa que inaugurou a literatura galega contemporánea. Cen anos despois da publicación desta obra, en 1963, festexamos esa data co Día das letras galegas.
Este libro está formado por 36 poemas nos que unha voz poética, na maioría dos casos identificada cunha rapaza, desenvolve un cantar popular que aparece ao principio e ao final de cada poema. Cantares Gallegos presenta unha estrutura circular xa que no primeiro poema faise unha presentación dunha voz feminina á que a autora lle pide que cante en lingua galega, algo que acepta en representación do pobo. No último poema escúsase por ter cantado con pouca graza a moita fermosura de Galiza.
Temáticas de Cantares Gallegos
SON 4 AS TEMÁTICAS QUE ATOPAMOS NA OBRA DE ROSALÍA:
- COSTUMISTA: POEMAS DESCRITIVOS E NARRATIVOS DA VIDA COTIÁ DOS LABREGOS, CRENZAS RELIXIOSAS E SUPERSTICIÓNS.
- AMOROSA: CONFLITOS ACONTECIDOS ENTRE NAMORADOS-
- INTIMISTA: VISIÓN PESIMISTA DO AMOR, A DOR E A SAUDADE DA PROPIA ROSALÍA.
- SOCIAL: DEFENSA DA XUSTIZA SOCIAL, DENUNCIA DA EMIGRACIÓN E DA MISERIA DOS LABREGOS.
FOLLAS NOVAS foi publicado na Habana en 1880. O ton vitalista de Cantares Gallegos dá paso a un sentimento máis pesimista da vida. Rosalía emprega gran variedade métrica, combinando octosílabos e hendecasílabos, alexandrinos ou decasílabos e dodecasílabos.
Temáticas de Follas Novas
A OBRA TEN 5 PARTES E 2 GRANDES TEMÁTICAS:
TEMAS: DOR EXISTENCIAL, SAUDADE, PASO DO TEMPO, MORTE...
Follas Novas. 5 partes: 1. Vaguedás 2. Do íntimo 3. Varia 4. Da terra 5. As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos
- POESÍA SUBXECTIVA
PARTES: VAGUEDÁS, DO ÍNTIMO
VARIA
TEMAS: DENUNCIA A POBREZA DOS LABREGOS, A EMIGRACIÓN OU A SITUACIÓN DAS MULLERES NO RURAL
2. POESÍA OBXECTIVA (CRÍTICA SOCIAL)
PARTES: DA TERRA, AS VIÚVAS DOS VIVOS E AS VIÚVAS DOS MORTOS
Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova en 1851. Alí pasou a súa infancia pero continuos conflitos co seu pai provocaron que maechase a Madrid onde moraba un irmáns seu. En Madrid remata os seus estudos universitarios e vive a revolución de 1868, feito que marcará o seu pensamento político, defendendo a república e o federalismo. 1877: participa nun concurso literario de poesía en Ourense coa súa famosa composición "A Virxe de Cristal" entre outras. Gaña o primeiro premio. 1880: Publica Aires da miña terra. Obra que provocou que fose xulgado polos seus ataques á relixión católica. En 1895 emigra a Cuba, falecendo na Habana en 1908
Manuel Curros Enríquez
Aires da miña Terra (1880) O divino sainete (1888)
Obras
AIRES DA MIÑA TERRA: principais liñas temáticas
- LIÑA SOCIAL: Curros cría que a literatura tiña que servir para ter un compromiso coa defensa do pobo galego, a democracia e ideas progresistas. Nesta liña denuncia inxustizas e opresións contra os máis débiles por parte dos poderosos. Son tamén importantes os poemas anticlericais (en contra da igrexa).
- LIÑA COSTUMISTA: poemas que recrean lendas, tradicións e a vida cotiá dos labregos. A diferenza é que en Curros teñen un ton reivindicativo.
- LIÑA INTIMISTA: son a minoría. Mostra a alegría polo nacemento dun fillo, a dor pola morte da nai ou pola morte de Rosalía de Castro.
O DIVINO SAINETE
TIPO: poema narrativo de carácter burlesco onde parodia a Divina Comedia do escritor clásico italiano Dante Alighieri
ARGUMENTO: o protagonista é o propia Curros que, acompañado de Francisco Añón, realizan unha viaxe a Roma. Añón guiará a Curros polos setes vagóns dun tren que representa os 7 pecados capitais. En cada vagón, Curros atopa a un personaxe co que mantivo algunha polémica ao longo da súa vida. Finalmente chega a Roma e dille ao Papa Leon XIII que a Igrexa abandone a súa riqueza e volva á vida sixnela.
SIGNIFICADO: esta obra é unha caricatura da sociedade daquel tempo. Critica a todas as clases sociais, aínda que especialmente aos poderosos, os seus inimigos e a Igrexa. Volve amosar o seu marcado anticlericalismo.
PREGUIZA ENVEXA GULA IRA LUXURIA AVARICIA SOBERBIA
7 PECADOS CAPITAIS
Lingua e estilo
A concepción que tiña Curros da poesía como medio de compromiso cos máis débiles fai que empregue na súa obra un galego popular da zona de Celanova, aínda que coida o léxico e a sintaxe e intenta evitar castelanismos.
Curros buscou que a a súa obra tivese un estilo sinxelo e claro para que fosen comprensibles as súa ideas. Nos poemas sociais predomina a ironía, as comparacións e as metáforas. Nos de carácter costumista, pola contra, emprega paralelismos, repeticións e anáforas, típicos destas composicións.
Eduardo Pondal naceu en Ponteceso en 1835. A súa familia era fidalga, así que viviu de forma acomodada. Desprazouse a Santiago para estudar o bacharelato e facer a carreira de medicina. Alí participou nas tertulias do Liceo de San Agustín e coñeceu a Aurelio Aguirre, co que realizou o banquete de Conxo en 1856. Volveu á casa materna aínda que visitaba A Coruña frecuentemente para participar no faladoiro chamado "A Cova Céltica". Alí coñeceu a outros escritores e coñeceu os poemas de Ossián, asumindo o papel de bardo. 1890: Escribe "OS Pinos", musicalizada por PAscual Veiga e convertida no himno de Galiza. Morre en 1917.
Eduardo Pondal
Obra
En 1861 publicou o seu primeiro poema en galego: "A campana de Anllóns"
- QUEIXUMES DOS PINOS (1886): PRIMEIRA OBRA TOTALMENTE EN GALEGO
- OS EOAS (2005): PONDAL TRABALLOU TODA A VIDA NESTA OBRA PERO O SEU PERFECCIONISMO IMPEDIULLE PUBLICALA. FOI EN 2005 CANDO SE PUBLICA A VERSIÓN DEFINITIVA. ESTA OBRA É UN CANTO ÉPICO AO DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA, CO OBXECTIVO DE DEMOSTRAR AS CAPACIDADES DO POBO E DO IDIOMA GALEGO.
Estilo e lingua
- PONDAL FOXE DA LINGUA COLOQUIAL, UTILIZANDO MOITOS CULTISMOS, XA QUE COÑECÍA MOI BEN AS LINGUAS CLÁSICAS (LATÍN E GREGO)
- RECORRE A SÍMBOLOS E MOITOS ADXECTIVOS RETÓRICOS PARA DIGNIFICAR A LINGUA GALEGA (Déstesme unha lingua de ferro, devólvovos unha lingua de ouro)
QUEIXUMES DOS PINOS
Poemas de carácter épico e lírico. DESTACAN CATRO ELEMENTOS:
- O CELTISMO: DEFENDE A ORIXE CELTA DE GALIZA E PRETENDE CONSTRUÍR UN PASADO CELTA PARA O NOSO POBO. É IMPORTANTE A FIGURA DO BARDO, COMO O GUÍA DO POBO. PONDAL PRESENTA UN POBO CUN PASADO HEROICO, UN PRESENTE DE OPRESIÓN E UN FUTURO DE LIBERDADE GRAZAS A AFOUTEZA DO POBO GUIADO POLO BARDO.
- O OSSIANISMO: UN POÉTA ESCOCÉS QUE CREOU O BARDO CHAMADO OSSIÁN QUE TIVO REPERCUSIÓN NA CULTURA EUROPEA. ISTO SÉRVELLE A PONDAL COMO FONTE DE INSPIRACIÓN PARA RECREAR O PASADO HEROICO DO POBO GALEGO.
- A NATUREZA: PANTEÍSMO PRINCIPAL HERDANZA DOS CELTAS: TERRA (ESPAZO QUE COMUNICA PASADO E FUTURO) ÁRBORES (GUERREIROS MOVIDOS POLO VENTO) PAISAXE ( SENTIMENTOS, PASO DO TEMPO, PAIXÓN AMOROSA...).
- A VIRILIDADE: NOS POEMAS, O FORTE E ENÉRXICO É O HOME, FRONTE AO DÉBIL DA MULLER. PAPEL SECUNDARIO DA MULLER NA ÉPICA DOS POEMAS. ACTITUDE MACHISTA E MISÓXINA.