Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PLOTTER DE CORTE

Pombi OH

Created on April 8, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Genial Storytale Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Transcript

POLOS CREATIVOS

PLOTTER DE CORTE

paloma.oliveira@edu.xunta.gal

ÍNDICE

QUE É?

COMO COMEZAR?

QUE MATERIAIS PRECISO?

QUE PODO FACER?

QUE É UN PLOTTER DE CORTE?

É unha máquina cun funcionamento similar ao dunha impresora, pero a súa función é a de cortar os deseños que se lle indican. No caso de POLOS CREATIVOS, o plotter co que contamos é o ROTUTEX C41:

CARACTERÍSTICAS DO ROTUTEX C41

  • Ancho máximo de corte: 39 cm.
  • 3 tipos de conexión:
    • cable directo pc/plotter
    • wifi
    • usb (arquivos formato .plt)
  • Manuais:
    • Básico (ven na caixa xunto co material)
    • Extendido (na web de rotutex)

PARTES DO PLOTTER - FRONTAL

Rodillos de suxeición
Cabezal
Soporte porta coitela
Botón encendido/apagado
Pantalla táctil

Escribe un título

puedes escribir un subtítulo aquí

Conector fonte de alimentación
Conector cable comunicación ordenador
Conector usb entrada arquivos

PARTES DO PLOTTER - LATERAL

PARTES DO PLOTTER- PANTALLA

Imaxes do manual Rotutex

PARTES DO PLOTTER - PANTALLA

Imaxe do manual Rotutex

ACCESORIOS

PORTA COI TELAS

Coitelas: amarela vermella azul

PORTA MINAS

RX- PG1 FERRAMENTA PARA GRAVADO

RX-PG2 FERRAMENTA MARCADO, REPUXADO, FENDIDURAS...

COMO COMEZAR?

Instalar Signmaster - Software de diseño Compatible con Windows. Só podemos ter licencia activada nun ordenador á vez, aínda que si podemos ter o programa instalado en varios ordenadores.

QUE MATERIAIS PRECISO ?

PEGAMENTO REPOSICIONABLE

ALFOMBRA DE CORTE

ESPÁTULA

GANCHO OU PINZAS DE PELADO

CHAPAS DE METAL

PAPEL ADHESIVO

VINILO ADHESIVO

TRANSPORTADOR

VINILO TERMOADHESIVO

CHAVEIRO ACRÍLICO

PAPEL TRANSFER

QUE PODO FACER ?

CORTE POR CORES

CORTE DE CONTORNOS

CORTE SIMPLE

GRAVADO

CORTE E REPUXADO

CORTE SIMPLE

  • É o uso máis frecuente e o que ofrece máis posibilidades.
  • Podemos facer corte en cartulina, papel, vinilo adhesivo, vinilo termoadhesivo, goma eva, fieltro, piel sintética, ...
IMPORTANTE

Escoller a coitela axeitada: - Vermella 45º: É a coitela de uso máis habitual. Válenos para cortar materiais de pouco grosor. - Azul 60º: para cortar materiais grosos, como pode ser goma eva ou fieltro. - Amarela 30º: para cortar materiais duros como reflectantes ou imáns.

Colocar ben a coitela no seu soporte: Debe sobresaír unicamente o preciso para cortar o grosor do material.

Axustar ben a altura da coitela: - 20 post-its: cartulina, papel, vinilos... - 15 post-its: coitela azul, máis groso que cartulina, menos que goma eva. - 10 post-its: coitela azul (goma eva, fieltro...)

CORTE SIMPLE (II)

IMPORTANTE

Uso de imaxes externas - Para que o programa recoñeza os trazos que ten que facer as imaxes deben estar vectorizadas, para iso, ao seleccionar a imaxe contamos cun botón na barra superior que di "vectorize" ou "vectorizar".

Colocación na alfombrilla de corte - É importante utilizar a alfombrilla para non danar o plotter ao facer os cortes. - A alfombra debe estar lixeiramente pegañenta para que os materiais non se movan, máis debemos ter ollo de que non pegue demasiado cando traballamos con papel ou cartolina, xa que estragaríamos o traballo.

Corte de GOMA EVA con purpurina - Debemos colocar na alfombrilla a purpurina cara baixo, xa que doutro xeito enlixaremos o soporte da coitela e é bastante difícil acceder ao interior para poder limpala.

CORTE POR CORES

Utilizámolo cando o noso deseño consta de varias cores e queremos cortar cada un deles por separado.Para iso, cando enviamos o traballo ao "Corte de vinilo", deberemos marcar a opción "Separar por colores", e enviar cada un dos recortes individualmente.

CORTE DE CONTORNOS

Este tipo de corte ímolo utilizar cando queremos cortar o contorno dun debuxo, ou outro deseño que nos interese.

IMPORTANTE

Debemos facer o deseño de impresión tamén dende o signmaster, e dende aí, ou ben mandar a imprimir o traballo (se temos a impresora configurada), ou ben xerar un documento pdf coas guías de corte.

CORTE E REPUXADO

Serve para deseños que requiran zonas que queremos cortar e outras zonas de dobrar. Por exemplo, para planillas de caixas ou bolsas de papel.

Podemos enviar o corte ao plotter de dúas maneiras:

Ao enviar o corte facer a separación por cores (primeiro sempre enviamos o repuxado, e logo o corte). Aquí debemos ter marcado absoluto (posición). E cambiaremos os complementos na máquina ao enviar cada parte.

No deseño, cambiaremos as liñas de dobrar a formato punteado. Logo enviaremos o corte de todo o traballo, sen separar por cores, e utilizaremos únicamente a coitela.

Dispoñemos desta web (templatemaker), dende a que podemos descargar as planillas de diferentes caixas, as cales poderemos personalizar:

DESEÑO DE PLANILLAS

¡GRAZAS!

paloma.oliveira @edu.xunta.gal