Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Séculos Escuros

noelmartinez434

Created on March 29, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vaporwave presentation

Women's Presentation

Geniaflix Presentation

Shadow Presentation

Newspaper Presentation

Memories Presentation

Zen Presentation

Transcript

LITERATURA CULTA NOSSÉCULOS ESCUROS

NOEL MARTINEZ PARADA 1C

01 Séculos Escuros.

02 Consecuencias da marxinacion do galego.

Índice

03 Literatura culta nos Séculos Escuros.

04 Poesía.

05 Teatro.

06 Prosa.

SÉCULOS ESCUROS

Recibe o nome de Séculos Escuros un período histórico que abrangue os séculos XVI e XVII. Caracterízase polo estado de prostración e marxinación social do idioma galego, a raíz da imposición do castelán.

Xoana "A Beltranexa"

Isabel a Católica

Foi una infanta castellana apodada "Beltranexa" porque se dicía que o seu verdadeiro pai era Beltrán de la Cueva.

Raiña de Castilla dende 1474 ata 1504, casada con Fernando de Aragón.

Como consecuencia da dominación e marxinación política, do fenómeno masivo da emigración e da pobreza en que vivían amplas capas da poboación galega, nacerá no resto da Península unha imaxe do galego como un pobo mísero

+ INFO

CONSECUENCIAS DA MARXINACIÓN DO GALEGO

A progresiva fragmentación dialectal do idioma ao carecer dun modelo culto de referencia, aprendido e imitado por todos.

Aruralización e castelanización do léxico.Ao non haber cultivo escrito nin uso en ámbitos cultos, o vocabulario galego quedou circunscrito a áreas da vida social moi concretas.

Neste período consolídanse evolucións fonéticas que afastan o galego do portugués, como a gheada, a desaparición das vogais nasais...

Castelanización da onomástica (antropónimos e topónimos).

O galego, vítima da marxinación dos ámbitos cultos e formais, acabará converténdose nun idioma desprestixiado. Isto leva consigo a aparición, en amplas capas da poboación galega, dun sentimento de autodesprezo ou autoodio

LITERATURA CULTA NOS SÉCULOS ESCUROS

Apenas existen mostras literarias cultas escritas en galego entre os séculos XV e XVIII.

Eses escasos textos cultos en galego escritos neste período non pretendían en ningún caso desprazar o uso ou cuestionar o status privilexiado do castelán.

POESÍA

Cantar do Mariscal e o Romance do Mariscal, coñecidos co nome conxunto de Pranto da Frouseira, son dous poemas anónimos de finais do século XV.

sonetos

O “Soneto de Monterrei”, de autor descoñecido e datábel arredor do 1530.

Saqueo de Cangas polos turcos”, en que se describen con vivo trazo a angustia e o pánico dos habitantes desa vila mariñeira do Morrazo.

O soneto escrito en 1578 pola primeira muller galega escritora coñecida, a Condesa de Altamira, Isabel de Castro e Andrade.

As seis “Décimas ao Apóstolo Santiago”, escritas en 1617 polo crego santiagués Martín Torrado de Figueira.

Dous sonetos barrocos escritos con motivo da morte en 1612 da raíña Margarita de Austria: o chamado “Soneto con falda”, de Xoán Gómez Tonel, e o pranto “Respice finem”, de Pedro Vázquez deNeira.

As denominadas “Composicións das Festas Minervais”. Trátase de 9 romances duns 80 versos cada un, de estilo barroco e idéntico tema.

Os “vilancicos” cultos de Nadal, compostos e interpretados por músicos de capela tanto en Galiza como en boa parte da Península Ibérica.

TEATRO

PROSA

A Relazón da carta xecutoria e copias de os que venderon a Frouseyra, na que se narra a traizón e morte do mariscal Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos en 1483, facendo relación do nome e procedencia dos vinte e dous traidores.

Consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid o manuscrito dunha breve peza teatral, de 433 versos repartidos en nove escenas, coñecida como Entremés famoso sobre a pesca no río Miño ouContenda dos labradores de Caldelas.

Moitas grazas pola vosa atención.

Algunha pregunta?