Memoria final Programa OBSERVA_ACCIÓN
IES SOFIA CASANOVA
Created on March 24, 2023
More creations to inspire you
DEMOCRATIC CANDIDATES NOV DEBATE
Horizontal infographics
STEVE JOBS
Horizontal infographics
ONE MINUTE ON THE INTERNET
Horizontal infographics
SITTING BULL
Horizontal infographics
10 SIGNS A CHILD IS BEING BULLIED
Horizontal infographics
BEYONCÉ
Horizontal infographics
ALEX MORGAN
Horizontal infographics
Transcript
Memoria
Programa de intercambio de experiencias OBSERVA_ACCIÓN
Documento final
Cronograma
Reunións entre o profesorado do centro
Memorias
Como foi a nosa experiencia
Recomendacións
Consellos para realizar unha práctica de observación
Reflexións
Impacto do programa na práctica educativa e/ou no centro
Memoria final
IES Sofía casanova
Memoria final O presente documento recolle a nosa experiencia durante a participación na primeira fase do Programa de intercambio de experiencias OBSERVA_ACCIÓN publicado na RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional. O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais. A primeira fase deste programa realizouse entre docentes deste centro educativo e consistiu na observación da práctica docente e xestión da aula, así como no intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente. Profesores participantes
- Andrés Rodríguez Bergara
- Francisco Tenreiro Gavela
- Emilio Saldaña Lourido
- José Vilasánchez Seoane
- Eva Leira Bouzamayor
- Marta Sixto Sanjosé
- Paula Varela Caínzos
- Mª Olga Martínez Gómez
- Mª Teresa Somoza Rodríguez
- Mª Paz López Galego
- Mª Teresa Sebio Puñal
- A primeiro que se fixo despois de sermos aceptados para participar na convocatoria foi realizar unha sesión de formación presencial (26 de xaneiro) en Santiago de Compostela á que acudiron a orientadora do centro e a directora. O día seguinte tivemos unha reunión na biblioteca do centro todo o profesorado participante onde se explicou brevemente o proxecto, déronse recursos e tomáronse acordos para realizar a reflexión inicial, a observación holística, os instrumentos de observación e o Plan de aula. Durante esa semana, segundo a dispoñibilidade do profesorado, comezáronse a realizar as practicas de reflexión e observación.
- O 8 de marzo houbo unha sesión de formación online. Ao día seguinte, volvemos a reunirnos o grupo de profesorado para poñer en común reflexións e acordar pautas para realizar a observación focalizada, a reflexión final, a vinculación coas liñas do PFPP e a folla de observación focalizada. Durante esa semana, seguíronse realizando prácticas de reflexión e observación.
- O 1 de marzo tivemos a última sesión de formación online. Seguindo a noso costume, ao día seguinte reunímonos para poñer en común en que punto estabamos da práctica, resolver dúbidas ou, que nos faltaba por realizar. A 15 de marzo tivemos a reunión final onde acordamos como debíamos realizar a presente memoria, que incluír, como difundir, cal era o impacto da práctica tanto no centro ou na aula como no profesorado e conclusións en forma de recomendación para realizar a practica de observación, en definitiva foi unha reunión para ter un proceso de diálogo reflexivo e toma de conciencia.
O profesorado participante no programa reuniuse varias veces para intercambiar información e impresións
Resume das nosas experiencias durante a práctica da observación
Despois de observación
- Propostas de cambio no propio centro
- Propostas de colaboración con outros ou de continuidade alén do propio programa
Antes da observación
Durante a observación