Full screen

Share

Show pages

COLEXIO RURAL AGRUPADO DE VILABOA
CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
MEMORIA OBSERVA ACCIÓN

Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

MEMORIA OBSERVA ACCIÓN CRA VILABOA

vilaboa.cra

Created on March 22, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

COLEXIO RURAL AGRUPADO DE VILABOA CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ
MEMORIA OBSERVA ACCIÓN

UNHA OLLADA DESDE UN CRA EN VILABOA

Análise da consecución dos obxectivos propostos por competencias

Conclusións

Evidencias

Difusión

Introdución

Índice

INTRODUCIÓN

01

POR QUE OBSERVA- ACCIÓN?

O programa OBSERVA – ACCIÓN é unha gran oportunidade para o CRA que permitiría visibilizar a nosa realidade, as nosas prácticas educativas baseadas en metodoloxías activas en contacto coa natureza na nosa contorna privilexiada, e á vez aprender de outros centros, mergullarnos noutras realidades educativas para nós descoñecidas, cambiar a mirada e logo, volver ao noso CRA para aplicar, de ser o caso, o observado e aprendido. Queremos e podemos abrir as nosas portas para permitir unha ollada a un CRA en Vilaboa, recibir, acoller, mostrar e compartir o que aquí facemos e construímos.Queremos e podemos partir para coñecer, observar, conectar, repensar, aprender e volver con outra mirada a un CRA en Vilaboa.

Introdución

Unha necesidade
Kilómetros que separan as escolas
Corredores escolares que son estradas
Observa acción nun CRA?
DA DIFICULTADE DE ENCONTRARSE XORDE A NECESIDADE OBSERVARSE
UN RETO DE ORGANIZACIÓN!
Moitos kilómetros entre as escolas
NECESIDADE DE VERNOS E OBSERVARNOS
QUE DIFÍCIL ORGANIZARNOS!
Observa acción nun CRA

"Este curso conto cunha mestra en prácticas na aula, co paso do tempo conseguimos manter un feedback diario de todo o que aconteceu durante a mañá, compartimos opinión, outros puntos de vista, aspectos a ter en conta, erros, aprendizaxes… está sendo moi positivo na miña labor coma docente".( MESTRA TITORA DUNHA DAS MESTRAS EN PRÁCTICAS)

Mestras en prácticas:

  • 3 mestras da Universidade de Vigo
  • 1 mestra da Universidade de Alicante
  • 1 mestra da Universidade de Zaragoza- Programa Generación Docentes da Fundación Princesa de Girona.

EQUIPO DE MESTRAS EN PRÁCTICAS
POR QUE OBSERVA- ACCIÓN?

A particularidade dun CRA, no que o profesorado non comparte espazos diariamente, por estar as escolas separadas por kilómetros e estradas fai que non deixemos de lado oportunidades para aproximar, ver, observar, coñecer e compartir.O profesorado especialista, e especialmente o profesorado de apoio de educación infantil dalgún xeito desenvolven unha función de observación e extensión de boas prácticas, unindo ás escolas pese as distancias e contribuíndo á idea de centro agrupado.O noso claustro está acostumado á presenza de estudantes de prácticas, e seguimos recibíndoas porque consideramos que nos enriquece a súa mirada crítica e o desexo de aprender. No curso 2022-23 contamos con cinco estudantes de Ciencias da Educación do grado de Educación infantil, mostra da nosa boa disposición para acoller e seguir aprendendo.

...Introdución

A OBSERVACIÓN

Observar a práctica docente dun compañeiro permite coñecer as propias características do teu lugar de traballo.A observación debería ser unha ferramenta clave dentro das escolas, que permita a construción dun perfil docente e profesional. Esta acción debería permitirnos analizar a nosa propia práctica docente, intervir no proceso de ensinanza- aprendizaxe e establecer unas metas persoais para o noso propio desenvolvemento.Este estudio móstrase como un instrumento para a reflexión que nos permite establecer as fortalezas e debilidades tanto da práctica docente como do funcionamento xeral do Centro escolar. Levar a cabo unha investigación a cal permite crecer profesionalmente a través da posta en común de diferentes metodoloxías, proporciona un ambiente enriquecedor para toda a comunidade educativa.Durante a observación levada a cabo valoráronse diferentes obxectivos dentro do Programa Observa-Acción. Este proceso permitiu coñecer diferentes realidades, sempre cunha actitude de colaboración e innovación, adaptándose ás diferentes propostas e aos diferentes grupos de traballo.Esta experiencia, vista dende os ollos doutro adulto, permitiu valorar diversos aspectos, entre outros: diversidade lingüística, os espazos , uso de tecnoloxías e outras metodoloxías.
Competencia en innovación e investigación Competencia dixital: Educación e transformación dos centros

COMPETENCIAS A OBSERVAR

CONSULTA O PROXECTO

1 MARZO FORMACIÓN ONLINE MEMORIA

18 NOVEMBRO 2022TOMA DE DECISIÓN PRESENTACIÓN PROXECTO

23 NOVEMBROPRESENTACIÓN PROXECTO

DO 9 AO 26 XUNTANZAS (PRESENCIAS/TELEFÓNICAS/TELEMÁTICAS) ELABORACIÓN MEMORIA

ENTREGA DA MEMORIA 27 DE MARZO

2-8 DE MARZOREFLEXIÓNS

8 DE MARZOFORMACIÓN FINAL MEMORIA

OBSERVACIÓNS HOLÍSTICAS1-8 DE FEBREIRO

8 DE FEBREIRO FORMACIÓN ONLINE

OBSERVACIÓNS FOCALIZADAS DO 15 DE FEBREIRO AO 1 DE MARZO

31 XANEIRO XUNTANZA ORGANIZACIÓN

27 XANEIRO SORTEO PARELLAS

26 XANEIRO DE 2023 1ª FORMACIÓN PRESENCIAL

2022/2023

Organización e datas clave

CRONOGRAMA OBSERVA ACCIÓN 22/23

Os pertinentes permisos para compartir a imaxe e audio están arquivados na secretaría do centro.

LOGO DA PRIMEIRA FORMACIÓN ARRANCOU OBSERVA- ACCIÓN NO CRA

...Introdución

sorteo parellas

CONCHITA

HENAR

ISA

BORJA

EVA

PARELLAS DOCENTES

ALBA V

RESULTADO SORTEO

MARICARMEN

FÁTIMA

NEREA

BEGOÑA

LUIS

PARELLAS DOCENTES

ALBA F

RESULTADO SORTEO

REFLEXIÓNS As entrevistas e reflexións posteriores fixéronse nalgúns casos o mesmo día e noutros nos días seguintes. Ás reflexións por parellas seguíronlles as reflexións grupais nas xuntanzas de equipo docente.

FOCALIZADA10 de marzo

EVA-LUIS

HOLÍSITICA 2 e 8 de febreiro FOCALIZADA 3 e 6 de marzo

ALBA F- FÁTIMA

HOLÍSITICA 2 e 3 de febreiro FOCALIZADA 15 de marzo

EVA-CONCHITA

HOLÍSITICA 30 de xaneiro e 2 de febreiro FOCALIZADA 20 e 24 de marzo

ISA-BORJA

OBSERVACIÓNS HOLÍSTICAS E FOCALIZADAS

datas das observacións

REFLEXIÓNS As entrevistas e reflexións posteriores fixéronse nalgúns casos o mesmo día e noutros nos días seguintes. Ás reflexións por parellas seguíronlles as reflexións grupais nas xuntanzas de equipo docente.

HOLÍSITICA 3 e 6 de febreiro FOCALIZADA 6 e 10 de marzo

BEGOÑA - NEREA

HOLÍSITICA 31 de xaneiro e 7 de febreiro

MARICARMEN - LUIS

HOLÍSITICA 31 de xaneiro e 2 de febreiro FOCALIZADA 28 de febreiro

HENAR- ALBA V

OBSERVACIÓNS HOLÍSTICAS E FOCALIZADAS

datas das observacións

02

Análise da consecución dos obxectivos propostos por competencias

Unha vez realizadas tanto a observación holística coma a observación focalizada, foi momento de reflexionar sobre as mesmas, primeiro por parellas e logo como equipo do programa. Estes intercambios resultaron sumamente enriquecedores, e sorprendeu gratamente a gran cantidade de matices positivos e escasos negativos. Estes últimos, normalmente debíanse a circunstancias de difícil arranxo inmediato como poden ser os espazos a empregar ou o número de alumnado en relación aos mesmos. Se ben ditas apreciacións abren vías de mellora interesantes para o futuro.Tamén é certo que fixemos autocrítica, sendo capaces de detectar erros, principalmente referidos ao control do grupo e á xestión do alumnado.

OBSERVA ACCIÓN

ANÁLISE

Partindo dos obxectivos do plan, así como dos instrumentos do observación empregados, foron moitas as reflexións, aprendizaxes, dúbidas e experiencias que se compartiron. Dende a análise da organización espacial e o uso dos espacios interiores e exteriores, ata as rutinas de aula que promoven diariamente hábitos de vida saudable. A finalidade de compartir o proceso de aprendizaxe con outros compañeiros/as a partir da observación, parte da base de traspasar as portas da aula dende o respecto, a admiración e o principal obxectivo de enriquecernos de forma mutua. Sen dúbida esta relación entre o equipo docente vai favorecer o primeiro obxectivo de: Deseñar, establecer e aplicar plans de mellora nos centro: Xestión de calidade.

OBSERVA ACCIÓN

ANÁLISE

Parécenos fundamental facer unha reflexión antes de ser observados, pararse e e ser consciente de que non temos que impresionar ao compañeiro/a observador, non temos que planificar nada especial para ese día nin sentirnos examinados. Ter isto en conta é primordial para que a observación realmente sexa real e cunha retroalimentación productiva.Facer observacións entre pares fortalece o vínculo entre os mestres e mestras: compartir, propor, verse, dialogar… moi necesario no noso centro que nos atopamos espalados en distintas escolas alonxadas as unhas das outras e non temos a oportunidade de vernos todos os días.

OBSERVA ACCIÓN

ANÁLISE

LIÑA

  • Propor estratexias e ámbitos de intervención para promover a vida saudable.
  • Observar e optimizar a práctica docente a través da observación inter-pares e inter-centros.
  • Deseñar, implementar e avaliar estratexias de desenvolvemento sostible.
  • Deseñar, establecer e aplicar plans de mellora dos centros: Xestións de calidade.
  • Analizar o uso dos espazos e adecualos ao Plan de Arquitectura Pedagóxica.

Competencia en innovación e investigación

Competencia en innovación e investigación

obxectivos por competencias

•Deseñar, establecer e aplicar plans de mellora dos centros: Xestións de calidade.Dadas as características do noso centro e o enfoque das observación realizadas, non tivemos a oportunidade de observar nada concreto relacionado con este obxectivo, o cal será especialmente interesante na fase II do programa INTER-CENTROS. Así, este obxectivo non se acadou na primeira fase desta observación. A partires do uso de diferentes ferramentas e despois dunha avaliación reflexiva logo da segunda fase preténdese aplicar cambios e mellorar a xestión do centro. • Analizar o uso dos espazos e adecualos ao Plan de Arquitectura Pedagóxica.No CRA contamos con cinco escolas distribuídas por todo o concello. Esta proposta de observación, posibilitounos visitar diferentes escolas, cos seus espazos, equipamentos e grupos – aula. Así foi como nos decatamos da influencia que o espazo ten á hora deseñar e desenvolver a nosa práctica docente. As observacións principalmente focalizadas estiveron moi centradas neste obxectivo -utilización dos espazos e autonomía do alumnado á hora de moverse polos mesmos....- Cómpre destacar que unha boa organización de espazos, fomenta seguridade no alumando e lles permite actuar con independencia sen estar pendentes da figura da mestra, en todo momento.

ANÁLISE DA Competencia en innovación e investigación

• ...Analizar o uso dos espazos e adecualos ao Plan de Arquitectura Pedagóxica. Cabe destacar a distribución espacial das aulas, xa que cada unha das cinco escolas do CRA é diferente, pero en xeral podemos falar de gran amplitude o que permite o libre movemento, a socialización e a realización de diferentes actividades lúdicas. Dentro dun mesmo espazo, contamos con diversos recunchos pensados para estimular o desenvolvemento de cada alumno, como por exemplo a biblioteca, a cal se presenta nun recuncho que incita á calma, con libros ao seu alcance e diversos lugares para gozar da lectura. Ademais, o mobiliario permite a fácil manipulación para ofrecer distintos espazos de aprendizaxe e xogo como os obradoiros de lóxica-matemática adaptados aos diferentes niveis da aula e que permiten a libre circulación do alumnado e ademais favorecen a colaboración entre iguais. Observouse que o papel do alumno é activo e o do mestre é de guía no proceso de ensino-aprendizaxe. Neste proceso de observación, valorouse de forma moi positiva a diversidade de propostas creativas por parte do profesorado que inciden no proceso de ensinanza- aprendizaxe. xa que a motivación dos máis pequenos crece de forma exponencial e proporciónase unha aprendizaxe significativa que perdura no tempo, seguindo o Diseño Universal de Aprendizaxe (DUA).

ANÁLISE DA Competencia en innovación e investigación

• ...Analizar o uso dos espazos e adecualos ao Plan de Arquitectura Pedagóxica. Aínda que as metodoloxías que se empregan en ambos escenarios parten dunha base común, a organización da aula e o uso dos recursos son diferentes, xa que adaptanse ao grupo aula que forman as nenas e nenos. Desta forma podemos apreciar como a atención a diversidade é a que ten que primar ante a nosa práctica educativa, camiñando cara odeseño universal de aprendizaxe, un dos aspectos máis salientables que observamos e analizamos nesta experiencia. É dicir, en relación ó obxectivo de Analizar o uso dos espazos e adecualos ao Plan de Arquitectura Pedagóxica concluímos que o espazo é promotor de aprendizaxes, ferramenta favorecedora do DUA, aliado a prol da diversidade de aula e posibilitador dun rol activo do alumnado. Grazas ás observacións e reflexións puidemos descubrir novos xeitos de organización pero tamén o seu por qué en relación ó propio grupo aula, converténdose o coidado do espazo nunha necesidade educativa. Como reflexión, dicir tamén que as nosas escolas distan bastante do establecido en dito Plan, pero durante os últimos anos no CRA, fíxose unha gran labor de cambio e adaptación de espazos e así o puideron ver en primeira persoa durante as observacións as mestras titoras, que non acostuman a cambiar de espazo (pois a súa actividade docente desenvólvese exclusivamente en unha das cinco escolas do centro).Acondicionar e mellorar os espazos seguirá a ser unha prioridade do centro e do equipo docente.

ANÁLISE DA Competencia en innovación e investigación

• Propor estratexias e ámbitos de intervención para promover a vida saudable.Ao observar a mestres especialistas como o de Educación Musical, Educación Física..., fomos conscientes do globalizada que poden chegar a ser estas áreas. Así por exemplo nas sesións de música observamos que ademais de traballar a música con cancións, instrumentos, etc; unha parte da práctica docente apoiase no baile e movemento polo espazo. Ao observar as sesións de psicomotricidade do mestre de Educación Física puidemos comprobar como a través de xogos promove a vida saudable nos nenos e nenas xa que todo o que se fai na súa clase ten que ver con ela, tanto explicita como implicitamente. Decatámonos de diferentes aspectos relacionados con este obxectivo e concluímos que maioritariamente se fomenta o movemento, xa sexa libre ou dirixido polo espazo, descartando polo tanto o sedentarismo. Asistimos a diferentes propostas, relacionadas nalgúns casos coa vida práctica e hábitos saudables como as merendas, nas que a maioría do alumnado consume alimentos saudables, dende froita ata bocadillos, sendo practicamente mínima ou inexistente na maioría das aulas a presencia de productos ultraprocesados.

ANÁLISE DA Competencia en innovación e investigación

• ...Propor estratexias e ámbitos de intervención para promover a vida saudable.Neste proceso, observouse que existen amplos espazos que inciden no libre movemento e polo tanto promoven o exercicio. Existen numerosos momentos que requiren actividade física como bailes durante a asemblea, obradoiro de robótica utilizando o noso corpo como guía, ...Ademais nas escolas se promove unha dieta saudable e nas merendas de media mañá soe predominar a froita. Manter estes hábitos e seguir innovando nesta liña será un obxectivo claro. • Observar e optimizar a práctica docente a través da observación inter-pares e intercentros.Polo de agora so realizamos observacións no noso centro educativo, este obxectivo está fixado para a fase II. No obstante a participación activa das mestras en prácticas converteuse dalgún xeito nun simulacro nesta liña, tendo como referencia a escola na que fan as prácticas, viaxar ás restantes escolas do CRA viuse como unha especie de oportunidade inter-centros moi enriquecedora.

ANÁLISE DA Competencia en innovación e investigación

• Deseñar, implementar e avaliar estratexias de desenvolvemento sostible.Os espazos exteriores tamén contan! En todas as observacións puidemos comprobar que o espazo exterior tamén é lugar de aprendizaxe que abre as portas a traballar calquera ámbito, idóneo para achegarnos a este obxectivo. Así que concluímos que debe seguir sendo mellorado e promocionado porque permite levar a cabo actividades positivas como ter o noso propio composteiro para as actividades de horta, preparar comedeiros de sementes para os paxaros, coidar a flora e fauna, plantar…Se ben este obxectivo non se observou como parte directa das sesións observadas, tivemos a oportunidade de observar accións vencelladas a este obxectivo indirectamente en cada unha das escolas (espazos exteriores con elementos que promoven o desenvolvemento sostible -composteiro, contendedores...- ) Ademais, de realizar actividades para implementar este proceso como facer papel reciclado, etc.Destacar que as merendas observadas nas aulas están baseadas en alimentos saudables como froita e bocadillos, sendo practicamente nula a existencia de resudios por emprego de friameiras, cantimploras...., evitando así aluminios e plásticos.( programa residuos cero).

ANÁLISE DA Competencia en innovación e investigación

• ...Deseñar, implementar e avaliar estratexias de desenvolvemento sostible.Se ollamos todos os plans aos que o noso centro educativo atopase asociado, podemos ver como contribuimos a facer da nosa comunidade educativa, un espazo que atende as necesidades de todas elas, así como a contribuir ao desenvolvemento dos tan en auxe, obxectivos do desenvolvemento sostible (ODS). Deste xeito, a través da dinamización da nosa biblioteca a través de PLAMBE, ou a través dos programas como EDUSaúde, EDUSostibilidade, Emocióna-T, Convíve-T, Iguála-T ou Inclúe-T, promovemos o desenvolvemento integral do noso alumnado, facéndoos conscientes da importancia da promoción da hábitos de vida saudables, ofrecéndolles unha educación inclusiva baseada no respecto e na convivencia positiva, en definitiva, una educación para a vida. Grazas ás observacións e a poñer o foco nos obxectivos fixados puidemos reflexionar que as estratexias e ámbitos de intervención para promover a vida saudable forman parte do día a día, da vida de aula, de cada situación de aprendizaxe… saúde é un termo moi amplo así que se promove dende cada validación de emocións e acompañamento positivo nas aprendizaxes, dende a posta en práctica de valores dos propios programas (comezando polo exemplo docente), dende os propios espazos que son agradables, seguros, cómodos e invitan ó movemento, dende as estratexias de mediación e resolución de conflitos, dende a colaboración coa familia como primeiro axente promotor da saúde, entre outros.

ANÁLISE DA Competencia en innovación e investigación

"Na parte focalizada centrámonos máis na competencia en innovación e investigación, pareceume moi interesante centrarme neste aspecto á hora de observar, conseguir analizar únicamente os ítems para levar a cabo dita observación focalizada e deixar de lado outros aspectos que estaban a suceder na aula, pareceume todo un reto."

OBSERVACIÓN FOCALIZADA

EN PRIMEIRA PERSOA

"Despois de realizar as observacións, podo concluir que no vencellado coa competencia en innovación e investigación, centreime en todo o implicado na xestión pedagóxica e na participación, relación e convivencia.O trato e a forma de dirixirse ao alumnado, a participación dos nenos e nenas nas propostas e en resumo, o clima de aula creado pola docente resultou baixo o meu punto de vista moi positivo.Se ben é certo que nunca ata o de agora observara unha especialista en Audición e Linguaxe en pleno momento de intervención, grazas a esta iniciativa podo facerme unha idea das diferentes técnicas a empregar e recursos para intervir coas diferentes casuísticas. Polo tanto, aínda que supoña unha idea moi vaga, a nivel persoal resulta moi enriquecedor."

OBSERVACIÓNS HOLÍSTICA E FOCALIZADA

EN PRIMEIRA PERSOA

" Como conclusión dicir que me pareceu moi positiva a experiencia porque me permitiu coñecer máis de preto o traballo do meu compañeiro, que doutra forma non podería facelo. Ademais de sacar ideas de dinámicas e metodoloxías que podo aplicar nas miñas clases e que non se me ocorreron."

TRAS AS OBSERVACIÓNS...

EN PRIMEIRA PERSOA

LIÑA

  • Proxectar, organizar, implementar e avaliar iniciativas formativas no ámbito STEM.
  • Definir accións para o fomento da creatividade e formular propostas de mellora de uso dos Polos creativos.

• Identificar, empregar e enriquecer espazos virtuais para o traballo en rede.

Competencia dixital: Educación e transformación dos centros

Competencia dixital: Educación e transformación dos centros

obxectivos por competencias

• Identificar, empregar e enriquecer espazos virtuais para o traballo en rede. Grazas as observacións puidemos descubirir o útil que poden chegar a ser ferramentas online de agrupación de contidos como Symbaloo para acceder a recursos dixitais dun xeito áxil. • Proxectar, organizar, implementar e avaliar iniciativas formativas no ámbito STEM.Déronse oportunidades de observar accións relacionadas con este obxectivo como a robótica, que permite afondar nos proxectos de aula á vez que inciden na consecución de outros obxectivos globais. . Observouse o xeito de presentar e traballar cun robot novo para o grupo – aula. Isto foi de moita utilidade pois ao non ter traballado persoalmente con un recurso concreto, permitiu ver o feedback entre o alumnado e o manexo do novo robot e telo en conta no momento de introducilo en outras sesións/ materias. É importante destacar que os recursos STEAM empregados nas sesións de observa-acción, foron moi útiles á hora de adaptarnos as necesidades dos nenos e nenas, salientando todos eses recursos das aulas que promovían a creatividade do alumnado. Por unha banda na sesión de robótica o propio robot permite adaptarse ós diferentes ritmos de aprendizaxe, ao mesmo tempo que supón un recurso motivador para o alumnado e que é autocorrectivo, permitíndolles realizar un traballo autónomo. Ademais, a actividade creativa tamén está presente en outras das sesións observadas nas que se combinaban estas actividades máis creativas con outras dirixidas para que así os agrupamentos puidesen desprazarse en función das súas necesidades.

ANÁLISE DA Competencia Competencia dixital: Educación e transformación dos centros

• Definir accións para o fomento da creatividade e formular propostas de mellora de uso dos Polos creativos. Unha das mestras participantes e a súa alumna, mestra en prácticas titorizada, compartiron a súa experiencia na observación holística: Aa proposta baseábase nunha instalación relacionada co “Espazo, o Sistema Solar e a Lúa”, polo que o alumnado podían dispor de múltiples materiais, cos que podían desenvolver diferentes actividades propostas por eles libremente. Concluiron a importancia deste tipo de actividades dpara o fomento e desenrolo da creatividade.

ANÁLISE DA Competencia Competencia dixital: Educación e transformación dos centros

REFLEXIÓNS DO EQUIPO DOCENTE E DAS MESTRAS EN PRÁCTICAS

DIFUSIÓN

03

As convocatorias e actas das xuntanzas están arquivadas na secretaría do centro.

100%

ACADADA

OBSERVA-ACCIÓN

DIFUSIÓN

XUNTANZAS DE EQUIPO DOCENTE:

  • NOVEMBRO: 22 e 29 . Presentación do proxecto e exposición das liñas de actuación.
  • XANEIRO: 10, 24 e 31. Preparación das observacións e formación inicial (26 de xaneiro)
  • FEBREIRO: 7, 14 e 28. Análise das observacións holísticas e focalizadas, preparación e organización.
  • MARZO: 7, 14 e 28. Remate das actuacións, análise, reflexión e elaboración das memorias.

FAMILIAS, CLAUSTRO, CONSELLO ESCOLAR...

As actas permanecen na secretaría do centro.

100%

ACADADA

OBSERVA-ACCIÓN

DIFUSIÓN

XUNTANZAS COAS FAMILIAS 17 DE XANEIRO

  • As titoras aproveiraron as xuntanzas coas familias do 2º trimestre para explicar o programa.
CLAUSTRO E CONSELLO ESCOLAR 31 DE XANEIRO
  • O claustro foi informado do inicio das observacións e no consello escolar aclaráronse as dúbidas das familias, coñecedoras do programa a través das titoras.

UNIVERSIDADE, INTERCAMBIO EN CONGRESOS

UNIVERSIDADE

100%

ACADADA

OBSERVA-ACCIÓN

DIFUSIÓN

VISITA da CATEDRÁTICA Dona Ángeles Parrilla Latas da UNIVERSIDADE DE VIGO 15 de marzo de 2023

  • No marco da presentación dun programa Erasmus+, a catedrática visitou as escolas do CRA e expuxémoslle as liñas do programa, intercambiado reflexións e opinións ao respecto.
I CONGRESO NACIONAL DE ESCOLA RURAL EN NAVALMORAL DE LA MATA 17 de marzo de 2023
  • A asistencia da directora e a xefa de estudos ao congreso aproveitaron a ocasión para intercambiar impresións cos CRAS da provincia de Ourense (CRA Amencer Ribadavia e CRA Monterrei) tamén participantes no programa e asesores dos CFR de Coruña e Pontevedra.

CONCELLO

Ver MORRAZO NOTICIAS

Ver FARO DE VIGO

100%

ACADADA

OBSERVA-ACCIÓN

DIFUSIÓN

XUNTANZA NO CONCELLO DE VILABOA CO ALCALDE DON CÉSAR POZA GONZÁLEZ 22 de marzo de 2023

  • O alcalde recibiunos xunto á directora do CEP Plurilingüe de Riomaior en conexión telemática para interesarse polo desenvolvemento do programa (presente en dous dos tres centros educativos do concello). Desde o concello deúselle visibilidade ao encontro nas súas RRSS e prensa.
  • Explicámoslle as dificultades de organización e o interese pedagóxico da experiencia.

UNIVERSIDADE

Mestras en prácticas:

  • 3 mestras da Universidade de Vigo
  • 1 mestra da Universidade de Alicante
  • 1 mestra da Universidade de Zaragoza- Programa Generación Docentes da Fundación Princesa de Girona.

Ver FARO DE VIGO

100%

ACADADA

OBSERVA-ACCIÓN

DIFUSIÓN

MESA REDONDA EQUIPO DOCENTE- MESTRAS EN PRÁCTICAS (CIENCIAS DA EDUCACIÓN) 23 de marzo de 2023

  • A participación das alumnas de Ciencias da Educación acompañando ás súas titoras do prácticum enriqueceu a experiencia como se concluiu na mesa redonda celebrada o xoves 23 de marzo previa á dinamziación dunha actividade de biblioteca extraescolar do equipo docente en prácticas.

COMUNIDADE EDUCATIVA DE VILABOA

ACCEDE AO PODCAST

100%

ACADADA

OBSERVA-ACCIÓN

DIFUSIÓN

ENTREVISTA NA RADIO ESCOLAR "COBRES NAS ONDAS" DO CEP PLURILINGÜE DE RIOMAIOR 24 de marzo de 2023

  • Mª del Carmen Negro, directora do CEP Plurilingüe de Riomaior entrevistou á directora Mª Concepción Pérez Núñez e ambas compartiron impresións e desexos de continuidade no programa.

FAMILIAS, ANPA, COMUNIDADE...

ESCOLA DE PAREDES: https://aescoladeparedes.blogspot.com/

ESCOLA DE FIGUEIRIDO: https://aescoladefigueirido-ana.blogspot.com/

ESCOLA DE BÉRTOLA: https://escoladebertolavilaboa.blogspot.com/

ESCOLA DE BARCIELA: https://aescoladebarciela.blogspot.com/

ESCOLA DE POUSADA: https://pousadaescola.blogspot.com/

ACCEDE Á WEB

100%

ACADADA

OBSERVA-ACCIÓN

DIFUSIÓN

ESTA MEMORIA ESTÁ DISPOÑIBLE NA WEB DO CENTRO E NOS BLOGS DAS ESCOLAS DO CRA As familias recibiron un aviso ABALAR para poder acceder ao seu contido.

PROXECTADO

OBSERVA ACCIÓN

DIFUSIÓN

3º TRIMESTRE CONFERENCIA FINAL OBSERVA ACCIÓN Está proxectada unha conferencia final dirixida á comunidade educativa do CRA e centros educativos de Vilaboa que emitirase in streaming a través da canle de youtube do CRA para permitir a conexión de outros colectivos interesados. A difusión da convocatoria realizarase a través das RRSS.

EVIDENCIAS

04

Play

COBRES NAS ONDAS PODCAST

RADIO

FARO DE VIGO

MORRAZO NOTICIAS

PRENSA

WEB

ESPAZO OBSERVA ACIÓN NA WEB

PUBLICACIÓNS EN FACEBOOK

CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez.

DESTACADOS EN INSTAGRAM

Accede ao destacados OBSERVA ACCIÓN

GRUPO WHATSAPP OBSERVA ACCIÓN

O profesorado participante coordinouse diariamente a través desta canle de comunicación.

EVIDENCIAS

Os pertinentes permisos para compartir a imaxe e audio están arquivados na secretaría do centro.

EVIDENCIAS

CONCLUSIÓNS

05

Os tempos do programa en relación ás formacións e prazos para realizar as entrevistas, observacións e reflexións foron moi axustados.

A retroalimetación por parellas, equipo docente e mestras en prácticas participantes foi ositiva en termos xerais.

As competencias fixadas nas liñas de traballo do proxecto redefiníronse en cada observación, focalizándose máis e máis na competencia didáctica.

TEMPO

OBSERVA ACCIÓN

conclusións

ALGO ESTAMOS A FACER BEN

REDEFINIR AS LIÑAS

Chegamos a conclusión de que as sesións de observación non foron suficientes para poder ver todas as accións relacionadas cos obxectivos propostos. De ter a oportunidade de observar máis veces dun xeito máis pausado sen a premura dos prazos seguramente enriqueceríamos moito máis a nosa práctica docente. Esta falta de tempo evidénciase si resaltamos que foi preciso realizar desprazamentos que oscilan entre os 3 e os 14 km, o que complicou bastante establecer un horario de visita contando coas horas de garda e apoios de cada docente. Unha vez dentro da práctica, o resultado foi moi positivo e enriquecedor pero todo o profesorado coincide en que sería preciso dedicar máis tempo para poder coñecer o funcionamento real de cada escola e poder observar diferentes momentos da rutina diaria.

OBSERVA ACCIÓN

CONCLUSIÓNS

Sinalar que nas observacións realizadas, prestamos, se cadra, máis atención á Competencia Didáctica que ás competencias fixadas no proxecto inicial. Fixámonos moito na metodoloxía de cada docente, na xestión do Deseño Universal da Aprendizaxe, nas estratexias empregadas para a motivación do alumnado. En definitiva, este programa de observación permitiunos coñecer máis e mellor aos nosos compañeiros e compañeiras, e aprender deles e mellorar como docentes. Neste senso, e mirando cara atrás, á hora de escoller as liñas de traballo, poderíamos ter valorado mellor as elixidas.

OBSERVA ACCIÓN

CONCLUSIÓNS

Cando redactamos o noso proxecto OBSERVA ACCIÓN, entre os nosos obxectivos destacábamos aspectos coma a análise de erros, a necesidade dunha visión externa e a necesidade de observar outras formas de traballar.Consideramos que estes obxectivos están cumpridos pese ao pouco tempo do que dispuxemos. Puidemos reflexionar sobre erros, coñecer novas formas de ensinar noutras especialidades, recursos, técnicas... Tivemos a opción de ser observados por alguén que normalmente é alleo ás nosas propostas e recibir retroalimentación constructiva, maioritariamente positiva sobre as nosas prácticas, o que supón un impulso e un reforzo para seguir camiñando nesta dirección. .

OBSERVA ACCIÓN

CONCLUSIÓNS

A modo de conclusión final, destacar o enriquecedora que foi esta primeira fase do programa Observa-Acción, a pesar do repentinos e apresurados que foron todos os prazos. Se hai tanto marxe de aprendizaxe observando a realidade propia do centro educativo no que traballamos, as posibilidades achegándonos a outros centros, rexións de España ou incluso outros países, son infinitas e valiosas para a mellora da nosa práctica docente.

OBSERVA ACCIÓN

CONCLUSIÓNS

FASE II INTER-CENTROS

COA VISTA NO FUTURO

PROPOSTAS DE MELLORA A PARTIR DA OBSERVACIÓN INTERCENTROS

QUE OFRECEMOS OBSERVAR??

QUE QUEREMOS OBSERVAR??

+ INFO

+ INFO

+ INFO

Queremos observar... como programan? Modelos secuenciais didácticos (proxectos, programación por ambientes…) Emprego de recursos e espazos -relación coa competencia en innovación e investigación-. Metodoloxías de aula...

Competencia didáctica

Queremos observar... o modelo organizativo e de xestión. Como organizan os tempos de xestión? Como se desenvolven as xuntanzas? Modelos de calidade da xestión. Reparto de funcións directivas e organizativas. Os espazos. Espazos interiores e exteriores. Como organizan os ambientes e por que?....

Competencia en innovación e investigación

QUE QUEREMOS OBSERVAR??

Queremos observar... o emprego co alumnado e o uso que fai o alumnado dos entornos virtuais (aula virtual, plataforma….) Queremos ver qué medios empregan na infantil e como o fan.

Competencia dixital: Educación e transformación dos centros

Competencia dixital Educación e transformación dos centros

Competencia en innovación e investigación

PAREDES
BARCIELA
POUSADA
BÉRTOLA
FIGUEIRIDO
FASE II INTER- CENTROS

A organización e xestión particular dun colexio rural agrupado (5 escolas dispersas xeograficamente é unha sede administrativa) Implantación de plans de mellora (Polos creativos, PLAMBE…) apoiados na participación activa da comunidade (familias, asociacións, concello, centros educativos da contorna …) Visión comunitaria. Estratexias de intervención para promover un estilo de vida Saudable e sostible.Desnvolvemento dos ODS. Liñas de traballo co alumnado de EI e actividades complementarias. Organización e uso dos espazos interiores e exteriores nas escolas rurais nun CRA Obradoiros STEAM : robótica , arte e creatividade...

QUE OFRECEMOS OBSERVAR??

  • Xestión organizativa e directiva.
  • Aproveitamento dos espazos: organización e uso.
  • Dinámicas e metodoloxías implementadas nas aulas.
  • Promoción dos ODS.
  • Dixitalización:Uso de dispositivos e entornos dixitais. Queremos construír un modelo responsable de uso por parte do alumnado e profesorado na EI.
  • Competencia STEAM do alumnado. Queremos integrar a competencia STEAM (a creatividade, a arte, a tecnoloxía e as matemáticas) en todas as áreas de aprendizaxe.
A partir da retroalimentación dos compañeiros doutros centros e as observacións que realicemos fóra do centro queremos propor cambios melloras internas en:

PROPOSTAS DE MELLORA A PARTIR DA OBSERVACIÓN

REFLEXIÓNS, conclusións e prOpostas de mellora DO EQUIPO DOCENTE

CRA de Vilaboa. Consuelo González Martínez
https://www.instagram.com/cravilaboa/
618 55 45 94
cra.vilaboa@edu.xunta.gal

ALGUNHA Pregunta?

MOITAS GraZas

Next page

genially options