Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Observa Acción IES A Cachada

Ana Moreiras Cachada

Created on March 21, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Flow Presentation

Dynamic Visual Presentation

Pastel Color Presentation

Transcript

Avaliación inicial

O IES A Cachada é un centro que, talvez por estar preto de Santiago, non ten un cadro de profesorado estable; das 7 integrantes do equipo, só 5 teñen praza definitiva. Na xuntanza inicial puxemos en común a nosa experiencia docente e as que temos máis antiguedade demos a coñecer o centro ás compañeiras máis novas.

Observa - Acción

Memoria IES A Cachada, fase 1

Observar Conectar Crear

Avaliación inicial

Proxecto

Obxectivos

O noso centro xa participou este programa no 2017/18 e pareceunos unha experiencia a repetir. Logo dunha proposta en Claustro, xuntámonos 7 compañeiras e establecemos a folla de ruta que se ve á marxe.Para avanzar na presentación pode navegarse polas páxinas ou ir directamente á fase correspondente da folla de ruta.

Observación holística

Observación focalizada

Avaliación e propostas

Equipo e reflexión inicial

Luisa R. Queiruga

Digna Lampón

Ana Moreiras

Somos 7 profesoras, entre as que están a Directora, a Secretaria e as Coordinadoras de Biblioteca, Extraescolares e Estratexia Dixital. Para coñecernos mellor e saber que nos motiva a entrar neste programa, premer en cada imaxe.

Profe de Lingua Castelá desde o 2008

Profe de Física e Química desde o 2019

Profe de Tecnoloxía desde o 2001

Alba Pérez

Margarita Chamorro

Iria Brandariz

Gloria Santos

Profe de Matemáticas desde o 2022

Profe de Lingua Castelá desde o 2004

Profe de Bioloxía e Xeoloxía desde o 2010

Profe de Xeografía e Historia desde o 2016

Iria Brandariz

A docencia non foi a miña primeira opción. Son arquitecta de profesión e exercicín durante varios anos, ao longo dos cales sentín sempre a necesidade de priorizar o ben común e cooperar cos demais, procurando axudar en todo momento. Por iso, e porque vexo na adolescencia unha etapa de oportunidade, creo que desfrutarei desta nova etapa; aprendendo ademáis da rapazada e das compañeiras de profesión.

  • Gustaríame coñecer de primeira man distintas formas de traballar co alumnado, para poder chegar a el a través de ferramentas variadas.
  • Unha perspectiva comprensiva, empática e que considera os erros do alumnado como un paso máis no seu propio proceso de aprendizaxe.

Ana Moreiras

Teño a especialidade de Física, pero quixen quedar na Tecno porque me parece unha materia moi creativa e que fomenta como ningunha a aprendizaxe significativa. Creo que o alumnado ten que manipular para comprender. Xa estiven en programas de observación: job shadowing en PIALE, Erasmus e Observa Acción (edición 2019).

  • Gústame observar outras prácticas educativas para non caer na autocomplacencia e así seguir aprendendo.
  • Que me observen sácame da miña zona de confort e motívame para mellorar. Supoño que o que podo ofrecer é a perspectiva de quen leva anos ensaiando metodoloxías e, pouco a pouco, vai chegando ó simple, á esencia.

Gloria Santos Molinos

Descubrín a miña vocación en 2º de carreira. Dende sempre sentínme atraída polo mundo natural en todas as súas dimensións e disfruto cada día transmitindo eses sentimentos ó meu alumnado. Ver como se entusiasman con unha práctica de laboratorio, como lle sacan partido ós traballos feitos en clase é a mellor recompensa. Cada día na clase é un reto e, sobre todo, conseguir atopar novas formas de achegar a materia aó alumnado para obter unha maior rendabilidade.

  • Creo que é moi enriquecedor ter a posibilidade de ver dende dentro outra forma de xestionar a aula, de empregar dinámicas de aula diferentes ás que soemos empregar. Buscar motivación para saír da zona de confort.
  • O que podería observarse de min é o manexo das TAC como ferramenta de aprendizaxe do alumnado.

Luisa Rodríguez Queiruga

Aos 14 anos decidín ser profe de castelá, aínda que botei un bo puñado deles dando clase individuais de todas as materias que existían daquela no currículo da ESO. Sempre fun un pouco autodidacta, mais agora preciso reciclaxe con urxencia. Son a actual Directora do IES A Cachada.

  • Quero observar porque teño a necesidade urxente de actualizar as ferramentas docentes para unhas xeracións que usan moitas apps para pseudocomunicarse.
  • Se me observan podo demostrar que o tradicional tamén ensina de xeito efectivo. Falo da palabra e o razoamento.

Margarita Chamorro

Gustame reflexionar sobre o meu traballo e compartir experiencias cos meus compañeiros, paréceme o xeito máis enriquecedor para aprender.

  • Quixera observar porque estou interesada en aprender compartindo experiencias e inquedanzas coas miñas compañeiras.
  • Podo ofrecer unha visión sen prexuízos e coa necesidade compartida de mellorar a función docente.

Digna Lampón

Levo 11 anos dando clase regrada e algún máis en clases particulares, e desde o primeiro momento comprendín que para ensinar cómpre ir ao gran: reducir os conceptos teóricos e fomentar unha aprendizaxe máis manipulativa. Na miña experiencia, é fundamental que o alumnado pase horas nos laboratorios tradicionais. Gustaríame incorporalos de forma mais frecuente nas clases así como aprender a guiar proxectos de investigación. Actualmente, son a Secretaria do IES A Cachada.

  • Quero observar para buscar novos enfoques no ensino das ciencias e fuxir da lección tradicional, onde as fórmulas e os problemas parece que son o núcleo desta materia. Tamén me gustaría aprender estratexias de adaptación da materia ao alumnado NEAE, algo que me resulta moi complicado.
  • Podo ser observada nas prácticas: como o alumnado interacciona nun grupo de traballo e cómo son capaces de formular e contrastar ideas dun xeito moi natural.

Alba Pérez Argibay

Dende que teño uso de razón sinto unha especial paixón pola Arqueoloxía e pola Historia. A ensinanza foi algo totalmente vocacional. Non dou nada por sentado e son moi crítica comigo mesma; sempre estou pensando novas formas de aprendizaxe para o alumnado e encántame aprender dos meus compañeiros e compañeiras.

  • Gústame aprender de forma práctica e ver in situ a aplicación de teorías educativas, xa que é moito máis efectivo ca calquera formación teórica.
  • O que podo aportar como profesora observada é a constatación de que un clima distendido e creativo pode axudar a implicar o alumnado dunha forma práctica nunha materia tradicionalmente teórica.

Proxecto

Avaliación inicial

Froito da reflexión inicial, das nosas inquedanzas como docentes, do PEC do noso centro e as análises realizadas no PFPP do curso pasado, elaboramos un proxecto. Se queres consultalo, accede desde o botón.

Proxecto

Obxectivos

Observación holística

Observación focalizada

Avaliación e propostas

Obxectivos

Avaliación inicial

  • Arquitectura Pedagóxica: un punto débil no IES A Cachada é que hai insuficientes áreas de convivencia cubertas, que carecemos de aula de usos múltiples, e que non temos un espazo maker-STEAM adecuado. Como resolven estas deficiencias noutros centros?
  • Coñecer prácticas educativas baseadas en espazos e agrupamentos flexibles, metodoloxías DUA e aproveitamento das TAC.
  • Temos dinámicas de traballo interdisciplinares consolidadas: como sacarlles o máximo rendemento?
  • Indagar en dinámicas de concienciación ambiental e redución do consumo de enerxía.

Proxecto

Obxectivos

Observación holística

Observación focalizada

Avaliación e propostas

Observación holística

Avaliación inicial

  • Acordamos que cada compañeira fose observada dúas veces. Para orgnizarnos, creamos o calendario que achegamos.
  • Deseñamos un cuestionario de observación xenérico.
  • Cada profe comprometeuse a publicar unha guía didáctica da unidade que estaba vendo nese momento.

Proxecto

Obxectivos

Observación holística: ver resultados

Observación focalizada

Avaliación e propostas

Cuestionario de observación

Calendario

Guías didácticas (modelo)

Resultados da observación holística

Táboas de valoración

Avaliación intermedia

Corriximos rumbo

Anotamos os resultados das observacións nunhas táboas que podes consultar aquí. En cada táboa está a guía didáctica de cada observación.

Como foi a observación? En liñas xerais, que debemos reforzar e como podemos mellorar?

De cara á observación focalizada acordamos facer 4 observacións, unha por liña escollida.

Avaliación intermedia

Que problemas se dan nas nosas aulas e como os afrontamos? En xeral, sentimos que gozamos dunha boa convivencia, reforzada sen dúbida por un centro aberto e luminoso con profesorado moi activo e innovador. No lado negativo, constatamos que precisamos espazos máis funcionais, un cadro de profesorado máis estable, amplo e mellor formado. O maior problema, coincidimos, é a crecente porcentaxe de alumnado con NEAE xunto á elevada ratio e a desmotivación do alumnado (reforzada polo abuso do móbil). Para que as cousas cambien, temos que lograr que o profesorado con praza definitva se comprometa a autoavaliarse e participar en proxectos de innovación e actualización pedagóxica. Tamén debemos revisar e mellorar os espazos e ferramentas didácticas.

No debate xorden varios conceptos positivos e negativos, e con eles construímos estas dúas nubes de palabras que suliñan debilidades e fortalezas do traballo no IES A Cachada.

Avaliación intermedia (continuación)

Que aprendemos no proceso de autoobservación e observación entre iguais?

    • Ana Moreiras: cando son observada, aprecio que teño certo desleixo na preparación das miñas aulas. Sería preciso facer sempre unha guía de cada unidade didáctica, con fincapé na atención ás NEAE e á clarificación dos criterios de avaliación. Observar lémbrame o valor que ten a cooperación e interdisciplinariedade.
    • Iria Brandariz: no relativo á miña práctica docente, penso que debería lograr unha maior implicación do alumnado no seu proceso de aprendizaxe. Por outra banda, observar ás compañeiras fíxome ver distitntos estilos de xestión de aula (ambos os dous moi efectivos).
    • Luisa Queiruga: quedei gratamente sorprendida ao descubrir como de diferentes podemos traballar as profas. Isto axudoume a reflexionar sobre como as diferentes xeracións temos algo q aportar: unhas, a experiencia na resolucións de conflitos e na abordaxe de NEAE e outras, na variedade exitosa do uso de ferramentas innovadoras, por exemplo... É imposible non aprender algo bo con esta estratexia.
    • Digna Lampón: esta primeira fase fíxome reflexionar sobre o uso e distribución dos espazos na aula, ás veces mal aproveitados; tamén de que se insiste en dar unha directrices claras e logo que intentamos favorecer a implicación do alumnado, con maior ou menor éxito.

Avaliación intermedia (continuación)

Que aprendemos no proceso de autoobservación e observación entre iguais?

    • Gloria Santos: a posibilidade de poder observar a un compañeiro ou compañeira favorece tamén a autocrítica, anima a saír da zona de confort e aporta motivación para buscar novas estratexias no manexo do alumnado na aula. Resultoume moi enriquecedor poder realizar a observación ás miñas compañeiras, xa que esa autocrítica que menciono é necesaria e a velocidade coa que imos no día a día non sempre nos permite esos minutos de reflexión tan necesarios.
    • Alba Pérez: a autoobservación fíxome reflexionar sobre os tempos empregados para a explicación teórica e as actividades prácticas: sempre é moi amplo o primeiro e moi reducido o segundo. Observar a outras compañeiras fíxome ver distintas formas de xestionar a clase e os tempos que de seguro podo aproveitar.
    • Margarita Chamorro: o feito de observar ás miñas compañeiras fíxome reflexionar sobre a importancia de empatizar co alumnado, de escoitalos e de parar a clase cando hai unha situación persoal dalgún alumno que así o precise. Vin moita empatía nas miñas compañeiras e creo que teño que ser máis consciente do papel de profe, que non é soamente unha directora da aprendizaxe: tamén ten que saber escoitar á rapazada e telos en conta.

Avaliación inicial

Observación focalizada

Proxecto

Na revisión do proxecto comprobamos que os obxectivos non se corresponden exactamente coas competencias que pensabamos analizar, pero con certos axustes podemos facer un paralelismo. Acordamos facer unha observación focalizada por cada unha das liñas de traballo escollidas.

Obxectivos

Observación holística

Observación focalizada

Avaliación e propostas

Competencia Dixital

Competencia Didáctica

Competencia en Innovación e Investigación

Competencia Comunicativa

Competencia dixital

O obxectivo desta análise e valorar a competencia dixital dos diferentes sectores da comunidade educativa. Ana Moreiras, que imparte as materias de Tecnoloxía e Educación Dixital, observa a Gloria Santos, profesora de Bioloxía e experta en implantación de ferramentas TIC. Estas son as profesoras escollidas porque no curso pasado obtiveron ambas a cualificación de expertas no test CDD, de xeito que a súa análise parécenos a máis adecuada.

  • Na observación emprégase a folla suxerida na formación do CAFI. Para vela, premer o botón.
  • Baseándonos na folla de observación empregada deseñamos unha enquisa de autoavaliación para os compañeiros na que se valore cualitativamente a competencia dixital e se debuxe o PLE de centro (Personal Learning Environment). Participan na enquisa o 53% dos claustrais da Cachada. Os resultados foron publicados na web do centro (ver premendo o botón). A análise xeral é que o profesorado debería inscribirse nun proceso formativo (PFPP?) para renovar o seu PLE.
  • Da observación do emprego de ferramentas dixitais en xeral, particularmente entre o alumnado, inferimos que cómpre redactar un código de etiqueta dixital. Para ver, premer na imaxe.

54%

Enquisa PLE

Competencia en innovación e investigación

Esta competencia relaciónase directamente co Plan de Arquitectura Pedagóxica. Observamos á compañeira Ana Moreiras, quen imparte as súas aulas nun taller de Tecnoloxía onde tamén se dan aulas de Educación Dixital. Fai a observación Iria Brandariz, quen, como arquitecta, ten incuestionablemente o mellor criterio de todas nós. Acompáñaa Digna Lampón, Secretaria do centro e xa que logo persoa clave no redeseño de espazos. A través desta observación búscase, tamén, emprender accións de redución de consumo enerxético, un dos obxectivos iniciais do proxecto.

  • Na observación emprégase a folla suxerida na formación do CAFI. Para vela, premer o botón.
  • Valoración xeral: sendo o taller un dos espazos con máis versatilidade do centro, ten certos aspectos negativos que son extrapolables ó resto do instituto: os mobles son pesados e non apilables; as luminarias, antigas; as tomas eléctricas non están ben distribuídas; o equipamento TIC precisa unha renovación.
  • Froito da formación, elaboramos unha guía para conseguir espazos educativos innovadores. Premer na imaxe para ampliala.

Competencia comunicativa

Somos un centro inmerso en programas plurilingües desde o curso 2010. Participamos en tres Erasmus e varios intercambios escolares con centros da Bretaña Francesa; temos Seccións bilingües en inglés e francés. Porén, a competencia lingüística do noso alumnado non medrou nos últimos anos, nin na lingua propia nin en lingua estranxeira, e o rexistro comunicativo que emprega o alumnado non é o máis adecuado para un contexto educativo. En cursos pasados estivo elaborándose un TIL e estableceuse unha guía de corrección na presentación de traballos escritos, pero o alumnado non a ten presente. A observación e reflexións fana as compañeiras de Lingua Castelá: Margarita Chamorro e Luisa Queiruga.

  • Na observación cumpriméntase a folla que achegamos. Para vela, preme botón.
  • Froito da formación, elaboramos un decálogo de boas prácticas para mellorar a competencia comunicativa oral e un díptico con pautas para a redacción de documentos con procesadores de texto. Para velos en detalle, premer sobre as imaxes.

Competencia didáctica

Esta competencia trata do deseño e desenvolvemento dos novos currículos conforme os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA). A observación fana as compañeiras Alba Pérez Argibay e Gloria Santos, quen impulsaron o PLAMBE no curso 2019/20 e desde entón coordinan proxectos interdisciplinares que afondan na aplicación de novas metodoloxías na aula, nomeadamente as TAC.

  • Na observación emprégase o documento que achegamos (premer botón).
  • Froito da formación, créanse unhas escalas de valoración que permiten a autoavaliación do caderno e a coavaliacíón do alumnado nunha defensa oral (premer botón).

Avaliación

Na reunión final desta fase 1 concluímos que:

  • Lograr todos os obxectivos establecidos no proxecto non é posible nesta primeira fase do Observa Acción, pero, sen lugar a dúbidas, o proceso de observación-análise-reflexión axuda a concretar os camiños para logralo. Levaremos a Claustro esta memoria para estender o debate a todas e todos os compañeiros e facer propostas concretas de cambio de cara ó curso próximo.

  • A valoración do programa é positiva, e todas consideramos que os nosos obxectivos iniciais foron parcialmente acadados. Porén, precisaríamos facer observacións noutros centros para ter un resultado óptimo.
  • Cinco das sete compañeiras non puideron acceder á aula virtual ata case o final do prazo de entrega da memoria, o que dificultou un tanto facer as observacións.

Propostas

O resultado de cada observación focalizada deu lugar a un documento de interese para o centro. Estes documentos poden verse xunto a cada unha das observacións.

Que vai cambiar?

    • Competencia dixital: actualmente estamos traballando nun PFPP de actualización dixital. Trala enquisa que fixo o Claustro faise evidente que hai que repetir e concretar o PFPP para o curso próximo.
    • Competencia investigación: van renovarse as luminarias do centro, así como o mobiliario máis antigo e menos polivalente. Pintaranse todas as aulas e apelarase ó profesorado a seguir as pautas que suxerimos neste Observa Acción. Ter aulas materia facilita o proceso.
    • Competencia didáctica: valórase que en xeral hai unha competencia didáctica adecuada pero que o alumnado segue sen ter a autonomía e protagonismo precisos no proceso de ensino-aprendizaxe. Segue faltándonos formación e aprender uns de outros: repetir para o curso que vén o proceso de observación entre iguais pode ser unha boa estratexia, mesmo á marxe desta convocatoria. Levarémolo a Claustro.
    • Competencia comunicativa: vai retomarse a creación dun TIL, e no mesmo teranse en conta os decálogos de boas prácticas que incorporamos a este proxecto. Pasarase unha enquisa a profesorado e alumnado para valorar a continuidade do centro no programa de plurilingüismo. Do diálogo sobre as carencias nesta competencia, xurdiu a proposta de incorporar a materia de Portugués no catálogo de segunda lingua estranxeira.

Difusión

881866717

@iespacachada

Todos os materiais elaborados ou empregados (fotos) nesta memoria son de autoría propia, tipo CC: poden ser reutilizados. A memoria foi difundida nas nosas redes sociais e web de centro, e será presentada ó Claustro no mes de abril.

ies.acachada@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesacachada/

Contemplar algo como se nunca o tivésemos visto esixe un gran valor. Matisse

GRAZAS!