Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Final ou principio 4º ESO 23

PIENSOSIENTOSOY

Created on March 12, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Color and Shapes Presentation

Transcript

4º ESO

...e comezo de algo mellor

Titulación ESO

TIITULO:

  • se aprobo todo ou,
  • cando o equipo docente considera que cumpro TODAS as condicións seguintes:
a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estou matriculada/o neste ano académico é igual ou superior a cinco. b) Que adquirín as competencias da etapa. c) Que acadei os obxectivos da etapa.

+ info

Repeticións

NÚMERO DE REPETICIÓNS

  • Pódese permanecer no mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo ó longo do ensino obrigatorio (primaria e secundaria obrigatoria).
  • Cando estás en 4º ESO e agotas o máximo de permanencias, de forma excepcional, podes permanecer un ano máis, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición das competencias da etapa.

+ info

Nota media de 4º ESO e 1º Bach

A calificación media de 4º ESO condiciona o acceso aos Ciclos Medios. Por iso é importante titular sen materias suspensas e coa mellor nota posible. No BACHARELATO podes conseguir 6 de 14 puntos da ABAU polo teu expediente. Tamén se ten en conta: - nos premios extraordinarios, - nas matrículas de honra -en convocatorias como campus científicos, axudas de idiomas, etc

PASIÑO A PASIÑO: BUSCANDO O CAMIÑO

PASIÑO A PASIÑO

1. DECIDIR OPCIÓN EDUCATIVA

3. SOLICITUDE/MATRÍCULA

Ciclo?Bacharelato? Ciclo de réxime especial?

-Bacharelato: se o solicitas noutro centro, prazo de 1-20 marzo -FP: máis adiante explícoche como facela

5. BENVIDO/A AO CURSO 23-24

2. ELEXIR:-BACH: MODALIDADE E MATERIAS -FP: RELACIÓN DE CICLOS A ESCOLLER

4. FP: BÚSQUEDA DE ALOXAMENTO (de se-lo caso)

-Elexir ben un Ciclo Medio, mellorar as túas posibilidades de acceso a un Ciclo Superior (CS) -Elexir ben a modalidade e materias de Bacharelato mellora as túas posibilidades de acceso a un Grao Universitario ou CS.

Tomar decisións

Tres itinerarios académicos

ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL GRAO MEDIO (2 anos)

FP GRAO MEDIO (2 anos)

BACHARELATO (2 anos)

Precisan proba de acceso específica

Sen ABAU

Sen ABAU

Con ABAU

Estudos superiores (4 anos)

Ciclos Superiores (2 anos)

C. Superior 2 anos (reserva do 70% das prazas)

Universidade (4 ou máis anos)

C. Superior 2 anos (reserva do 20% das prazas)

Saber + do BACHARELATO

  • Etapa preparatoria para outros ensinos profesionais.
  • 2 cursos pero nalgúns casos poderíase plantear un reparto de materias para facer en 3 cursos.
  • 2 repeticións: 1 por curso (salvo excepcións con informe favorable do profesorado).
  • 4 modalidades: Ciencias e tecnoloxía, Xeral, Humanidades e Ciencias Sociais, e Artes.
  • Materias: comúns, troncais, optativas, autonómicas.
  • Posibilidade de cambio dunha modalidade a outra con condicións.

Consulta condicións

Nova modalidade LOMLOE

Promoción e titulación no Bacharelato

PROMOCIONO

  • Se supero todas as materias de 1º ou suspendo ata dúas materias.
  • No caso de repetir, debes cursar de novo o curso completo.
TITULO
  • Se aprobo todas as materias dos dous cursos.
  • Excepcionalmente, podo obter o título se o o equipo docente o decide así cando cumpro TODAS as condicións seguintes:
a) Acadei as competencias e os obxectivos da etapa. b) Non tiven inasistencia continuada e non xustificada c) Presenteime ás probas e realicei as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria. d) Obtiven unha media aritmética igual ou superior cinco nas materias da etapa cursadas que como mínimo se requiren para a obtención do título. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

+ info

E DESPOIS DO BACHARELATO, QUE?

TES MOITAS OPCIÓNS

Ensinanzas artísticas profesionais (2 anos) Ensinanzas superiores de Deseño (4 anos)

Curso Ciclo Superior

-Ciclos Superiores

Accedes de forma directa. Reservarán o 70% das prazas

Universidade

Podes cursar -un Grao -Un Grao Aberto -Un dobre grado ou programa simultáneo -Un título propio

Conservación e Restauración de Bens (4 anos)

Ensinanzas deportivas

Arte Dramático (4 anos)

-Ciclos Superiores

Proba de acceso específica

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

O Bacharelato prepara para estudos posteriores, logo debes preguntarte?

Quero cursar un Grao Universitario?

Quero cursar un Ciclo Superior?

Quero cursar Ensinanzas de Réxime Especial artísticas, deportivas ou musicais/danza?

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

Cando non tes claro que estudar, pensa que as materias que se che dan ben...

Marcan as modalidades e itinerarios a escoller

Permiten obter un bo expediente. Lembra que o expediente permite obter ata 6 puntos sobre 14 no acceso á universidade

Quero ir a á Universidade

Fase Voluntaria da ABAU(ver parámetros).

Materias de 2º Bacharelato

Modalidades e materias de 1º Bacharelato

Materias de 4º

Estas materias vincúlanse coas RAMAS nas que se organizan os Graos: Hai cinco: 1. Artes e Humanidades 2. Ciencias 3. Ciencias da Saúde 4. Enxeñaría e Arquitectura 5. Ciencias Socias e Xurídicas

Quero ir a FP de Grao Superior

Ter cursado unha modalidade e materias concretas de 2º de Bacharelato permiten un acceso preferente a un CS concreto.

Modalidades e materias de 1º Bacharelato

Modalidade e materias de 2º Bacharelato

Materias de 4º

Consulta os vínculos preferentes. Entra antes un/ha alumno/a con menor nota se ten o acceso preferente.

1º Bacharelato LOMLOE

Humanidades e Ciencias Sociais

Ciencias e Tecnoloxía

  • Lingua Galega e Literatura I
  • Lingua Castelá e Literatura I
  • 1ª lingua estranxeira I
  • Filosofía
  • Educación Física
  • Relixión/Disposición do centro
  • Lingua Galega e Literatura I
  • Lingua Castelá e Literatura I
  • 1ª lingua estranxeira I
  • Filosofía
  • Educación Física
  • Relixión/Disposición do centro

PROPIAS DE MODALIDADE

PROPIAS DE MODALIDADE

  • Matemáticas I
  • Dúas das seguintes:
– Física e Química - Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais. – Debuxo Técnico I. –Tecnoloxía e Enxeñaría I.
  • Latín I ou Matemáticas aplicadas ás C. Sociais I
  • Dúas das seguintes:
-Latín I -Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I -Historia do Mundo Contemporáneo. -Economía -Grego I -Literatura Universal

OPTATIVA (escoller 1):

OPTATIVA (escoller 1):

– Anatomía Aplicada. – Antropoloxía. – Cultura Científica. - Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. – Segunda Lingua Estranxeira I. – Tecnoloxías da Información e da Comunicación I - Tecnoloxías Intelixentes - Materia propia de modalidade non cursada de calquera das catro modalidades de Bacaharelato ofertada polo centro.

– Anatomía Aplicada. – Antropoloxía. – Cultura Científica. - Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. – Segunda Lingua Estranxeira I. – Tecnoloxías da Información e da Comunicación I - Tecnoloxías Intelixentes - Materia propia de modalidade non cursada de calquera das catro modalidades de Bacaharelato ofertadas polo centro.

Ciencias e Tecnoloxía

Humanidades e Ciencias Sociais

Propias de Modalidade 1º Bach (2+1 obrigatoria)

  • Matemáticas (Obrigatoria)
  • Bioloxía, Xeoloxía e C.Ambientais
  • Debuxo Técnico I
  • Física e Química
  • Tecnoloxía e Enxeñaría I

Propias de Modalidade 1º Bach (2+1 obrigatoria)

  • Latín I ou Mats Aplicadas ás C. Sociais (Obrigat)
  • Economía
  • Grego I
  • Historia do Mundo Contemporáneo
  • Literatura Universal
  • Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais/Latín I

Xeral

Propias de Modalidade 1º Bach (2+1 obrigatoria)

  • Matemáticas Xerais (Obrigatoria)
  • Economía, emprendemento e actividade empresarial
  • Materias doutras modalidades

Artes

Propias de Modalidade 1º Bach (2+1 obrigatoria)

VÍA ARTES PLÁSTICAS,IMAXE E DESEÑO

  • Debuxo Artístico I
  • (Obrigatoria)
  • Volume
  • Cult Audiovisual
  • Proxectos Artísticos
  • Debuxo Tecnico aplicado ás artes Plásticas e o Deseño I

VÍA MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

  • Análise musical I /Artes Escénicas I (Obrigat)
  • Coro e Técnica Vogal I
  • Linguaxe e práctica Music
  • Cultura Audiovisual
  • Análise musical I /Artes Escénicas I

BACHARELATO de ARTES

  • Podes acceder ás titulacións de Artes desde outras modalidades pero, cursar a modalidade de Arts libérache das probas de acceso específicas nas ensinanzas artísitcas de Réxime Especial .
  • Consulta a oferta dos centros con Bach. de Arte máis próximos.

IES RICARDO CALERO (Ferrol)

IES CONCEPCIÓN ARENAL (Ferrol)

BACHARELATO XERAL

  • Opción se tes dúbidas ou che gustan materias que pertencen a varias modalidades

IES SATURNINO MONTOJO (Ferrol)

DEBES SABER

MATERIAS CON CONTINUIDADE SON: • as acompañadas dun número romano (I), • Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e, • Física-Química A continuidade implica que para poder cursar a materia de 2º debes ter cursada a de 1º curso. Poderás matricularte da materia de 2º curso sen cursar a correspondente materia de 1º curso, cando o profesor/a considere que podes seguir con aproveitamento a materia de 2º. En caso contrario, debes cursar a materia de 1º como pendente

Matriculación condicionada por: - o número de alumnos/as que escollen a materia (5 ou 10 alumnos/as segundo os casos). -o número de profesores/as que nos autorizan a impartila materia.

Cambio de modalidade (1º curso)

CANDO E DONDE SE SOLICITA? Solicítase á dirección, con carácter xeral, durante os dous primeiros meses do 1º curso.

TEN EN CONTA QUE AO FINALIZAR 2º DEBES TER CURSADO- todas as materias xerais do bloque de materias troncais de 1º e 2º da modalidade pola que rematas - 4 materias de opción do bloque de materias troncais das que polo menos 3 deben ser da modalidade pola que rematas, das cales 2 serán de 2º curso -un mínimo de 4 do bloque de materias específicas das cales 2 serán de 1º e dúas de 2º

Rama: Ciencias

Rama: Artes e Humanidades

Bacharelatos cos que se relaciona

  • Bioloxía
  • Biotecnoloxía
  • Bioquímica
  • Ciencias Ambientais
  • Ciencias do Mar
  • Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos
  • Física
  • Matemáticas
  • Nanociencia e nanotecnoloxía
  • Química

Bacharelatos cos que se relaciona

  • Belas Artes
  • Deseño
  • FIoloxía Aplicada Galega e Española
  • Español: Estudos Lingúísticoe e literarios
  • Filoloxía Clásica
  • Filosofía
  • Galego e portugués: estudos llingúísticos e literarios
  • Historia
  • Hª da Arte
  • Inglés. Estudos lingüísticos e literarios
  • Lingua e Literatura Españolas
  • Lingua e literatura galegas
  • Lingua e Literatura Inglesas
  • Lingua e Literaturas Modernas
  • Linguas Estranxeiras
  • Tradución e Interpretación
  • Xeografía e Historia
  • Xestión Cultural
  • Xestión Dixital da Información e Documentación

Estes Graos relaciónanse coa modalidade de: -Ciencias e Tecnoloxía Escolle Física e Química e Bioloxía Xeoloxía. Se queres facer algún destes Graos, consulta a táboa de ponderacións para ver que materias ponderan máis.

Case todas as materias que puntúan na ABAU son das modalidades de: -de Humanidades e Ciencias Sociais e -Artes -Dependendo do que escollas, o Xeral tamén pode ser unha opción. Se queres facer algún destes Graos, consulta a táboa de ponderacións para ver que materias ponderan máis.

Bacharelatos cos que se relaciona

Rama Ciencias da Saúde

Rama de Enxeñaría e Arquitectura

  • Enfermaría
  • Farmacia
  • Fisioterapia
  • Logopedia
  • Medicina
  • Nutrición humana e dietética
  • Odontoloxía
  • Óptica e optometría
  • Podoloxía
  • Psicoloxía
  • Terapia Ocupacional
  • Veterinaria

Bacharelatos cos que se relaciona

  • Arquitectura Técnica
  • Ciencia e Enxeñaría de Datos
  • Enxeñaría Aeroespacial
  • Enxeñaría Agraria
  • Enxeñaría agrícola e agroalimentaria
  • Enxeñaría biomédica
  • Enxeñaría Civil
  • E. da automoción con mención dual
  • E. de Enerxía
  • E,. de procesos químicos industriais
  • E. de tecnoloxías da telecomunicación
  • E Recursos Mineiros e Enerxéticos
  • E. eléctrica
  • E electrónica industrial e automática
  • E. en deseño industrial e desenvolvemento do produto
  • E. en organización industrial
  • E. en química industrial
  • E en tecnoloxías Industriais
  • E. Forestal
  • E. Forestal e do medio natural
  • E. Informática
  • e. Mecánica
  • E Naval e Oceánica
  • E. Química
  • Estudos de arquitectura
  • intelixencia Artificial
  • Máquinas Navais
  • Náuitica e transporte Marítimo
  • Paisaxe
  • Robótica
  • Tecnoloxías da E. Civil

Estes Graos relaciónanse coa modalidade de:-Ciencias e Tecnoloxía Escolle bioloxía e xeoloxía, e física e química. Consulta a táboa de ponderacións para ver que materias ponderan máis.

Estes graos relaciónanse con materias dos Bacharelatos: - Ciencias e Tecnoloxía (a mellor opción) - Humanidades e Ciencias Sociais (so nalgún grao) -Xeral (dependendo das materias que escollas) As materias de Debuxo, Tecnoloxía, Física e Química son unha base importante para estes Graos. Consulta a táboa de ponderacións para ver que materias ponderan máis.

Rama Ciencias Sociais e Xurídicas

Bacharelatos cos que se relaciona

  • Administración e Dirección de Empresas
  • Ciencias da Actividade Física e do Deporte
  • Ciencias Política e da Administración
  • Ciencias Empresariais
  • Comercio
  • Comunicación Audovisual
  • Creación Dixital, Animación e VIdeoxogos
  • Criminoloxía
  • Dereito
  • Dirección e Xestión Pública
  • Economía
  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Social
  • Empresa e Tecnoloxía
  • Mestre en Educación Infantil
  • Mestre en Educación Primaria
  • Pedagoxía
  • Publicidade e Relacións Públicas
  • Relacións Internacionais
  • Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • Socioloxía
  • Traballo Social
  • Turismo
  • Xeografía e Orednación do Territorio
  • Xestión de empresa hostaleiras
  • Xestión Industrial d e Moda
  • Xornalismo

Estes graos relaciónanse con materias dos Bacharelatos: - Humanidades e Ciencias Sociais (a que máis opcións abre) -Artes -Ciencias e tecnoloxía -Xeral (dependendo do que escollas) Dependendo do Grao te pode vir mellor unha modalidade e materias concretas. Consulta os parámetros de ponderación.

ABAU E UNIVERSIDADE

EXPEDIENTEMultiplico a miña nota media de Bacharelato por 0,6(máximo 6 puntos)

Nota de Acceso

Nota de Admisión

FASE OBRIGATORIA ABAUMultiplico a miña nota por 0,4(máximo 4 puntos)

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE BACH

FASE VOLUNTARIA ABAU(4 PUNTOS)Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de poderación

Nota de Acceso

EXPEDIENTEA nota media do meu expediente(máximo 10 puntos)

Nota de Admisión

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE C. S

FASE VOLUNTARIA(4 PUNTOS) Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de poderación

MATERIAS ABAU

FASE VOLUNTARIA

FASE OBRIGATORIA

Ponderacións

  • Lingua Castelá e lit II
  • Lingua Galega e lit II
  • 1ª Lingua Estranxeira II
  • Hª de España
  • Materia de modalidade:
-Matemáticas II (Ciencias)-Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II (C.Socs) -Latín II (Humanidades) -Matemáticas Xerais (Xeral) -Fundamentos da Arte (Artístico)
  • A materia de modalidade da F. Obrigatoria conta tamén nesta fase.
  • Revisa os parámetros de ponderación para escoller materia. Escolle as que teñen parámetro de ponderación de 0,2 a non ser que non se che dea ben.

Validez: indefinida

Validez: 2 anos

Parámetros de ponderación?

Non acabo de entender o dos parámetros de ponderación!

Pode parecer compricado pero en realidade é sinxelo. Son os valores (0,1 e 0,2) que se multiplican pola nota que obtés nas materias da fase voluntaria da ABAU

0,1

E todas as materias teñen o mesmo parámetro de ponderación?

0,2

Non, e aí é donde esto o quid da questión. É recomendable escoller, preferentemente, materias de 0,2 para mellorar a puntuación

PODEN CAMBIAR OS PARÁMETROS DUN ANO PARA OUTRO? Si, aínda que normalmente cambian para mellorar as posibilidades do alumnado

SON OS MESMOS PARA TODAS AS UNIVERSIDADES?En Galicia si,pero se queres acceder a outra comunidade autónoma tes que consultar os parámetros no seu portal educativo

A MESMA MATERIA TEN O MESMO PARÁMETRO PARA DIFERENTES GRAOS?Non. Tes que consultar os parámetros da materia para cada Grao.

OFERTA SUG (SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO)

PREME nos enlaces para coñecer a oferta de: -Graos -Graos Abertos -Programas de simultanedade (dobre titulación) -Graos Duais

Requisitos específicos para acceso a Graos no SUG

Requisitos de Idiomas: Coñecemento de Inglés

  • Relacións Internacionais.
  • Xestión Industrial de Moda.

Proba de acceso

  • Ciencias da actividade física e do deporte (pódese facer proba en 1º Bach, válida durante 2 cursos). Cada universidade ten os seus calendarios e probas.

ACCESO A CICLOS MEDIOS

CICLOS GRAO BÁSICO

CICLOS GRAO SUPERIOR

CICLOS GRAO MEDIO

Curso de especialización: título de Máster profesional

Curso de especialización: título de Especialista

PLAN DE ESTUDOS. CICLOS MEDIOS

FCT Prácticas de empresae

MÓDULOS (=materias):-Comúns: FOL+ Empresa -Profesionais -FCT

2 CURSOS

3 TRIMESTRES

Exames finais en maio-xuño

Alguns datos de interese

  • Perda de avaliación continua: se faltas máis do 10% horas do módulo perdes o dereito á avaliación continua, terías so a oportunidade de maio. No mes de outubro poden darte de baixa de oficio se non apareces.
  • Duración: todos 2000 horas (agás algúns títulos LOXSE que están en extinción)
  • TÍTULO: Técnico/a en ....
  • Formación teórico práctica no centro educativo e formación práctica na FCT
  • Acceso directo a CS de calquera familia profesional (reservan o 20% das prazas). Prioridade no da mesma familia e en ciclos vinculados.
  • Co título de técnico/a podes obter o título de Bacharelato se superas as materias comúns do Bacharelato

Podes facer unha inscrición por réxime. Ollo se pides por Dual e che adxudican xa non tes opción no resto de réximes

RÉXIMES DE

FP Modular a distancia

FP Dual

FP Ordinaria

FP Modular presencial

Oferta de adultos. A partir de 18 anos

M. A DISTANCIA

  • Matrícula por módulos, máximo de 1000 horas por curso.
  • Formación online e exames presenciais.
  • Titorías presenciais non obrigatorias

DUAL

  • Alomenos un mìnimo do 33% do ciclo realízase nunha empresa.
  • Durante este período de formación en empresa: beca de formación/contrato de aprendizaxe remunerado +seguro.
  • Selección do alumnado pola empresa. Na admisión é preciso realizar CV europeo.
  • So se pode solicitar un ciclo por este réxime.

M. PRESENCIAL

  • Matrícula por módulos, máximo de 1000 horas por curso.
  • Horario normalmente de tarde-noite.

ORDINARIA

  • Matrícula de curso completo (5-6 módulos),
  • Dous anos.
  • Horario normalmente de mañá

EXPERIENCIAS ÚNICAS

Na FP poderás participar en experiencias únicas:-Mobilidade: podes facer prácticas noutros países-Concursos: Galicia Skills -Programas de emprendemento: Viveiros de empresa, Simula, Idea, Avanza, Actúa, Miniempresas, cooperativismo, etc

NOVA FP

Nos dous cursos seguintes completaranse os cambios da nova FP, polo que moitas das cousas tratadas ata agora cambiarán xa no curso 24-25. Entre os cambios que veñen, están os seguintes:
  • Toda a FP será Dual, haberá prácticas en empresas en cada módulo profesionalizador.
  • Posibilidade de prácticas en máis dunha empresa.
  • Desaparecen os módulos de FOL e Empresa e aparecen novos módulos como itinerario personal para a empregabilidade I e II, dixitalización, sostenibilidade e idioma estranxeiro.
  • Maior colaboración/contacto entre a Universidade e FP.
  • Nova ordenación con 5 grados: A, B, C, D, E, F, e tres niveis 1,2,3. Ciclos Básicos, Medios e Superiores estarán no nivel E.
  • Posibilidade de contar con ciclos con maior duración.
  • Impulsaránse as dobres titulacións (xa existen)

E DESPOIS DO CICLO MEDIO, QUE?

TES MOITAS OPCIÓNS

Cursar un Ciclo Superior

Traballar

Accedes de forma directa. Reservarán o 20% das prazas para os técnicos/as de FP.

Tes varias opcións:-opositar -montar unha empresa -ser contratado/a por outros/as

Cursar un Curso de Especialización (Master de FP)

Cursar materias comúns do Bacharelato

Se tes un título de FP podes cursar so as materias comúns do Bacharelato e obter o título de Bachiller. Podes intentalo por:-Proba Libre -Ensinanza semipresencial -Ensinanza presencial

Coa especialización nun Ciclo Medio, obtés o título de especialista.

Curso 23-24

  • Oferta en Galicia.

Que CICLOS hai e donde?

  • Mapa FP
  • Ciclos noutras comunidades. TodoFP.

Ciclos Superiores

  • CS Formación para a mobilidade segura e sustentable
  • CS Electromedicina clínica
  • CS Caracterización e maquillaxe profesional
  • CS Automoción especializado en vehículos de competición (Dual, AE)
  • CS Automoción especializado en vehículos industriais (Dual, AE)
  • CS Cocina Agroecolóxica (Dual, AE)
  • Robótica colaborativa
  • Sistemas de sinalización e telecomunicacións
  • Auditoría Enerxética

Cursos de especialización (Másteres)

  • CM Escavacións e sondaxes
  • CM Postimpresión e acabamentos gráficos

Ciclos Medios

NOVOS Ciclos e Másteres Curso 23-24

AE: Alta especialización

Folletos Ciclos 23-24

Queres coñecer algo máis dos perfis profesionais de cada ciclo e os módulos que estudarás? Preme na imaxe

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:1. Utilizar o ASISTENTE INFORMÁTICO PARA XERAR A SOLICITUDE WEB. Unha vez cuberta a solicitude pode darse 3 casos: - Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a devandita solicitude ao centro e quedará pendente da verificación por parte do centro da documentación achegada electronicamente. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar no centro. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo, en calquera centro de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional sostida con fondos públicos. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión. 2. CREAR ALARMAS COAS DATAS DO CALENDADIO DE ADMISIÓN e MATRÍCULA 3. CONSULTAR LISTAXES DE SOLICITUDES (provisional e definitiva) e AS DE ADXUDICACION nas datas sinaladas no calendario de admisión. 4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido MATRICULARSE OU RENUNCIAR (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Pasos da Admisión e Matrícula

Inscrición

Video explicativo admisión
  • Aplicación para realizar a admisión
  • Currículo Europeo (so para Dual)
  • Instrucións Réxime ordinario e de adultos
  • Instrucións Réxime Dual (con 18 anos)
Inclúe 5 opcións, o mesmo ciclo en diferentes centro e/ou varios ciclos. Ordealos por preferencia.

Inscrición

Inscrición

ALGUNHAS DÚBIDAS FRECUENTES

Que é o código persoal de consulta (CPC)?

Que tipos de centros hai?

Prazas liberadas

Cando un ciclo non ten lista de espera, a Consellería abre un prazo para matricularse directamente aínda que non se teña feito previamente a solicitude de admisión neste ciclo. As plazas adxudicanse por orde de chegada.

Nos listados non aparecerán os vosos nomes se non un código alfanumérico único e persoal. Consulta no enlace como obtelo.

Na solicitude figuran:-IES -CIFP centros integrados de FP. So imparten ensinanzs vinculadas con FP -CPR: Centro Privado Concertado (consulta se ten precios engadidos)

  • A matrícula é un proceso que remata a solicitude de praza.
  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Matrícula online ou no centro.

Matrícula

  • Matrícula no caso de ciclo liberado: en papel no centro. Importante a hora de chegada.
Podes renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que che sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que che fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia realízase polos seguintes medio: - través da aplicación informática -ou mediante impreso. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar.

Renuncia

  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Matrícula online.

RESIDENCIAS DE ESTUDANTES

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

+ CREDO VIGO

+ CREDO OURENSE

+ CREDO A CORUÑA

QUEN PODE SOLICITAR PRAZA?

  • Alumnado de Ciclos Medios e Superiores e Bacharelato que precisa estudar fora da súa zona de residencia.
  • Alumnado de FP Básica e de Universidade no caso de haber prazas.
CONDICIÓNS QUE DEBES CUMPRIR
  • Tes que ter matrícula nun centro público de A Coruña, Culleredo, Vigo ou Ourense.
  • Non ter posibilidade de cursar esta ensinanza no teu lugar de residencia nin noutra localidade próxima á que poidas desprazarte con facilidade.
PREZO
  • En función da renda. Podes ter matrícula gratuíta ou matrícula con prezo reducido cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2:
a) Ata un 10 %: 661, 04 €. b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 1013, 66 €. c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.627,19 €. d) Máis do 30 %: 2.414,31 €.
  • . Pago trimestral ( o 1º antes do 05 de outubro).
SOLICITUDE As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentarse as solicitudes presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

CONVOCATORIA

PRAZO SOLICITUDE: ata o 01 de agosto ( se fas ciclo)

DOCUMENTACIÓN

RESIDENCIAS ESTUDANTES

QUEN PODE SOLICITAR PRAZA?

  • Alumnado de Ciclos Medios e Superiores e Bacharelato que precisa estudar fora da súa zona de residencia.
  • Alumnado de FP Básica e de Universidade no caso de haber prazas.
CONDICIÓNS QUE DEBES CUMPRIR
  • Tes que ter matrícula nun centro público de A Coruña, Culleredo, Vigo ou Ourense.
  • Non ter posibilidade de cursar esta ensinanza no teu lugar de residencia nin noutra localidade próxima á que poidas desprazarte con facilidade.
PREZO
  • En función da renda. Podes ter matrícula gratuíta ou matrícula con prezo reducido. O prezo máximo ronda os 2000 euros por curso.

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

+ CREDO VIGO

+ CREDO A CORUÑA

+ CREDO OURENSE

Saber + das Ensinanzas de Réxime Especial

Ciclos Superiores (III)

Ensinanzas dep rtivas

  • CS Esquí Alpino
  • CS Esquí de Fondo
  • CS Snowboard
  • CS Fútbol
  • CS Fútbol Sala
  • CS Atletismo
  • CS Baloncesto
  • CS Hípica
  • CS Salvamento e Socorrismo •

Ciclos Iniciais (I e II) ou Medios

Proba de acceso: datas de inscrición

  • CM Esquí Alpino
  • CM Esquí de Fondo
  • CM Snowboard
  • CM Fútbol CS Fútbol
  • CM Fútbol Sala
  • CM Atletismo CS Atletismo
  • CM Baloncesto CS Baloncesto
  • CM Balonmán
  • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo
  • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre
  • CM Salvamento e Socorrismo
  • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo
  • CM Vela con Aparello Fixo
  • CM Vela con Aparello Libre
  • CM Judo e Defensa Persoal
  • CM Piragüismo de Augas Tranquilas
  • CM Piragüismo de Augas Bravas
  • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas
  • bloque común actividades de formación federacións deportivas
  • Sustitutiva do requisito de titulación de acceso a Ciclos Superiores : ata o 22 de maio. (con 19 anos cumpridos antes de rematar este ano 2023).
  • Proba Específica: ata o 28 de xuño.

Datas realización das probas

  • Sustitutiva do requisito de titulación Bacharelato: 30 maio.
  • Proba Específica: en xullo (consultar días na páx 12 do enlace).

Modelos probas

Exención proba de acceso específica.

Oferta. Centros que imparten estas ensinanzas

Grao Conservación e restauración de bens culturais

Especialidades

EsculturaPintura

Arqueoloxía

Datas inscrición para probas de acceso:-madurez (sen o título): ata o 22 de maio-específica: ata o 26 xuño

Datas das probas

-Madurez: 30 maio-Específica: 04 de xullo

Modelos de Probas de acceso

Normativa Acceso 23-24

Guía explicativa

Escolas de Arte e Superior de Deseño

Pablo Picasso (A Coruña)

Mestre Mateo (Santiago)

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (4 anos, equivalente a Grao)

Antonio Faílde (Ourense)

Ramón Falcón (Lugo)

Oferta-Deseño GRÁFICO (A Coruña, Lugo. Ourense) -Deseño de INTERIORES (A Coruña, Lugo, Ourense) -Deseño de MODA (Santiago) -Deseño de PRODUTO (Santiago)

Datas inscrición nas Probas de acceso:-Proba sustitutiva do título de acceso: ata o de maio. -Específica de acceso: ata o de

Datas das Probas-Proba sustitutiva: 30 de maio. -Específica de acceso: 04 de xullo.

Probas

Normativa de acceso 23-24

Escolas de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) Mestre Mateo (Santiago) Antonio Faílde (Ourense) Ramón Falcón (Lugo)

Artes plásticas e deseño (Ensinanzas profesionais, 2 Cursos)

Oferta

  • CM Serigrafía (Ourense, Lugo))
  • CM Procedementos Xoiaría artística (Santiago)
  • CS Arquitectura efémera (Santiago)
  • CS Cerámica artística (A Coruña)
  • CS Dourado, prateado e policromía (A Coruña, Santiago)
  • CS Ebanistería artística (Ourense)
  • CS Escultura aplicada ao espectáculo (A Coruña)
  • CS Fotografía (nas 4 escolas)
  • CS Gravado e técn. de estampación (Lugo)
  • CS Ilustración (Ourense, A Coruña)
  • CS Serigrafía Artística (lugo)
  • CS Técnicas Escultóricas (Santiago)
  • CS Xoiaría Artística (A Coruña)

Datas de inscrición nas Proba de Acceso: -sustitutiva do requisito do título: ata o 12 de xuño. -proba específica: ata o 22 xuño.

Datas das Proba de Acceso: -sustitutiva do requisito do título: 21 de xuño. -proba específica: 3 de xullo.

Normativa de acceso 23-24

IMPORTANCIA DOS IDIOMAS

B1 PARA SER TITULADO/A UNIVERSITARIO

GRAOS BILINGÜES: É PRECISO DEMOSTRAR NIVEL DE INGLÉS PARA SER ADMITIDO/A

GRAOS QUE IMPARTEN PARTE DAS MATERIAS EN INGLÉS (MÍNIMO 40%)

NA FP ESTÁ PREVISTO INCREMENTAR A FORMACIÓN EN IDIOMAS

  • Xestión Industrial de Moda
  • Relacións Internacionais
  • No curso 23-24 todas as FP Duais de Galicia terán formación en idiomas.
  • En 2025 toda a FP incorporará módulo de idiomas en todos os ciclos de calquera réxime.

Entenderse noutros idiomas

Que importante é!

CUALE

Prepara para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas (inglés). Clases nas tardes

TODO PODE IR A MELLOR INCLUSO SEN TITULAR

PROBA LIBRE GRADUADO SECUNDARIA OBRIGATORIA

EDUCACIÓN DE ADULTOS

REPETIR 4º

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Se tes agotadas as opcións de matrícula, temén podes presentarte ás materias suspensas das dúas convocatorias seguintes.

FP BÁSICA

REPITO 4º ESO LOMLOE

Optativa autonómica (Escoller 1)

Cultura Clásica (se non se cursou en 3º) Cultura Financiera Educación Dixital Filosofía Oratoria (se non se cursou en 3º) Tecnoloxía artificial para a sociedade Opción non cursada do bloque de estatais

  • Lingua Galega e Literatura
  • Lingua Castelá e Literatura
  • 1ª lingua estranxeira
  • Matemáticas A/ Matemáticas B
  • Xeografía e Historia
  • Educación Física
  • Relixión/Proxecto competencial
  • Titoría
  • Optativa autonómica
  • Optativa estatal 1
  • Optativa estatal 2
  • Optativa estatal 3

Optativa Estatal (Escoller 3)

Bioloxía e Xeoloxía Economía e emprendemento Expresión artística Física e QuímicaFormación e Orientación persoal e profesional Latín Música 2ª lingua estranxeira Tecnoloxía

  • Para quen? Para as persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso. Excepcionalmente, para maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.
  • Donde? Consulta o enlace

Educación de adultos

  • Como se organiza?
-3 ámbitos: *Comunicación (7 sesións/semana) *Social (4 sesión/semana) *Científico Tecnolóxico (8 sesións/semana) -Cada ámbito ten dous módulos en cada curso
  • Que modalidades hai?
-presencial -semipresencial: asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia 1 hora/semana. -a distancia: de forma telemática. IES San Clemente

Dirixido a persoas que teñan ou cumpran 18 anos o día anterior á celebración da proba e non teñan o graduado en educación secundaria

PARTES da proba: -ámbito científico-tecnolóxico: Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos Relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física. -ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.

PROBA LIBRE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

ESTUDOS VALIDABLES que liberan de realizar ámbitos

DATA iNSCRICIÓN E EXAMES (2 convocatorias)-Inscricións: 6 a 16 marzo (convocatoria de maio) e do 3 ao 10 de xullo do 2023 (convocatoria de setembro) -Convocatorias exames: 26 de maio e 01 de setembro de 2022

MATRÍCULA: o lugar más próximo é EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

Permite o ACCESO AOS CICLOS MEDIOS, NON SE OBTÉN TITULACIÓN.

IDADE: É preciso ter 17 anos ou cumplilos no ano de realización da proba

PARTES da proba:

  • Sociolingüística (LC, LG, CS),
  • Matemáticas,
  • Científico Técnica (C.N, Tecnoloxía)

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

APROBADO PARCIAL: manténse a parte aprobada durante 2 convocatorias en Galicia.

EXENCIÓNS: ter un ano de experiencia profesional, ou un certificado profesional ou, ter superado o 2º curso ou determinados módulos da FP Básica, ESA, PCPI che pode eximir de facer algunha parte. Consulta á orientadoral

FORMATO EXAMES: tipo test. As puntuacións incorrectas restan puntuación Exames anteriores: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio

Reserva de prazas nos Ciclos Medios: 10%

FP BÁSICA

MÓDULOS: 1.Profesionais asociados á unidade de competencia. 2. Formativos: Comunicación e Sociedade, Ciencias Aplicadas. 3. FCT. 4. Tutoría.

Dirixido a alumnado SEN TITULO ESO : entre 15 anos (excepcionalmente) e 17 (cumpridos no ano natural de comezo do Ciclo) que teñan cursado como mínimo 2º ESO . Tamén poden iniciar FPB as persoas entre 17 e 20 anos.

Agroxardinería e floraría

Con proposta do equipo docente + conformidade da familia.

PERMITE OBTER DOUS TÍTULOS: O DE FPB E O GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA+ Certificado Básico de Prevención de Riscos

Permite o ACCESO DIRECTO A CICLOS DE GRAO MEDIO (reserva dun 20% das prazas). Tes preferencia nos ciclos medios vinculados ao C.FB.

MÓDULOS PROFESIONAIS FP BÁSICAAgroxardinería e composicións florais

  • Preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos
  • Produción e mantemento de plantas en viveiros
  • Instalacións de xardíns, parques e zonas verdes
  • Mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.
  • Actividades de rega, fertilización e tratamentos de cultivos
  • Operacións auxiliares na elaboración de composicións florais e prantas
  • Materiais de floraría.

PRAZOS DE ADMISIÓN

ADMISIÓN E MATRÍCULA

OFERTA

GUÍA FPB

Inscrición

A inscrición a realizará o centro

Recursos para orientarse

RECURSOS PARA ORIENTARSE

DICIONARIO DE PROFESIÓNS EDUCAWEB

GRADOMANÍA

UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS UNISCOPIO

UNIGOW

BLOG

TELEGRAM

FACEBOOK

Becas e axudas

BECAS E AXUDAS

MECD

  • Se cursas Ciclo Formativo Básico, podes pedir a beca do Ministerio.
  • Prazo: ata o 17 de maio.
  • Consulta a aula virtual, tes instrucións para poder realizala

+ info

+ info

Comproba o que sabes

Kahoot: pon a proba o que sabes

Escape Room: superarías unha proba de traballo?

Estamos en contacto

  • maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
  • https://t.me/piensosientosoy (telegram)
  • @piensosientosoyorientadora (facebook)
  • https://piensosientosoy.blogspot.com

Xa estás chegando á meta

  • Mantén a ilusión
  • Convéncete de que podes conseguilo
  • Pelexa as túas posibilidades
  • Fai actividade física diaria e durme o que precises. Unha mente tranquila rinde máis e mellor.
  • Busca experiencias, persoas, que che fagan pasar un bo rato, rirse é fundamental.
  • Podes, logo...a por todas!

75%

Vémonos!