Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A HISTORIA DO GALEGO-PORTUGUÉS CGG

Patricia Garcia Arias

Created on March 9, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Transcript

A historia do galego-portugués ata os nosos días

Orixe

O galego portugués orixinouse a partir do latín cunha base de distintas falas celtas e sendo posteriormente influenciada polos pobos que se asentaron na Península Ibérica. Era empregado na Gallaecia romana dende o século IX d. C.

Alfonso VI de Castela (século XI) repartiu territorios entre as súas fillas, compartindo ambas a mesma lingua neolatina a que se lle deu o nome de galego-portugués. Nesta lingua escribíronse as mellores obras de poesía lírica, coñecidas como cantigas de cancioneiros galaico-portugueses, as cales tiñan unha temática profana (amorosas e satíricas). Alcanzou un gran prestixio lírico, polo que moitos trobadores da Península Ibérica o adoptan para compoñer as súas poesías. Incluso Alfonso X, rei da Coroa de Castela, escribiu as súas cantigas da Santa María nese idioma.

Separación

O galego e o portugués separáronse a finais do medievo (século XIV) por motivos político-históricos, a batalla de Aljubarrota (1385) e posteriores enfrontamentos coa Coroa de Castela cuxas consecuencias lingüísticas foron a separación definitiva do galego e do portugués. Portugal busca a súa propia identidade cultural e traballa na fixación dunha propia norma lingüistica e ortográfica, sendo fundamental neste aspecto as gramáticas de Fernâo de Oliveira (1536) e Joâo Barros (1540) ; as ortográficas de Magalhaes de Gándavo (1574) e as literarias de Luis Camoes. Pola súa contra o galego estivo ausente no ámbito oficial, pola imposición do idioma castelán, durante os séculos XVI, XVII e XVIII. Son os chamados Séculos Escuros. Será a partir do século XIX cando rexurda o idioma galego grazas a escritores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal (Rexurdimento).

O Reintegracionismo

A finais do século XIX e principios do XX descóbrense as cantigas medievais escritas en galego portugués.A partir de aquí fanse estudos filolóxicos sobre a nosa lingua. Empezamos a coñecer o que non sabiamos. Un colectivo decide tomalo como modelo para escribir en galego, o portugués polos vínculos históricos que tiñan. Nace unha nova norma que é a denominada "reintegracionismo". Esta corrente lingüística do século XX ten como principal ideólogo a Ricardo Carballo Calero (Carvalho Calero, 1981). Foi o primeiro autor reintegracionista ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas (2020). A Associacon Galega da Língua (AGAL), colectivo reintegracionista creado no 1981, promove o nome do galego internacional para diferenciar o galego escrito segundo a normativa reintegracionista do galego, daquel escrito segundo a normativa oficial do galego (RAG).

Castro CandazErguese Castro Candazcas adegas sen tellado,nas aforxas da memoria o morto baixa os brazos I espertan liberdades nas augas de Miño mar loita pedra na negrura abre as gorxas Belesar Carballo Calero

No 2014 o Parlamento Galego aprobou por iniciativa popular a ILP Paz-Andrade

Lei de aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Promove o ensino da lingua portuguesa en todos os niveis educativos e a relación có resto dos países da lusofonía a todos os niveis.

Grazas!