Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
O DÍA DE ROSALÍA
Rosa
Created on February 20, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
CEIP XOAQUÍN LORIGA
Compartimos este traballo con todo o alumnado do CEIP Xesús Golmar (Lalín), CEIP Pío Cabanillas Gallas (Dozón), Nosa Señora de Xuvencos (Boborás).
A todos, grazas por abrirlle a fiestra á nosa Rosalía
ALBORADA DE ROSALÍA
ANTES DE COMEZAR ESCOITAMOS A ALBORADA DE ROSALÍA DE CASTRO.
CARAPAUS
ALBORADA DE ROSALÍA
Alborada de Rosalía. Cantada polo alumnado de Infantil e Primaria na biblioteca do centro para conmemorar o Día de Rosalía
A INFANCIA DE ROSALÍA
María Rosalía Rita naceu en Santiago de Compostela, 0 23 de febreiro de 1837. Criárona unhas tías que vivían pretiño, na aldea de Ortoño. Alí medrou e aprendeu a falar. Como a xente de Ortoño falaba galego, Rosalía aprendeu esta lingua e as cousas bonitas que nela lle cantaban.
Miña Santiña, miña Santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar; hei de emprestarcho, cara bonita, si me adeprendes a puntear.
2º CURSO EP
PREGUNTA 1
ONDE NACEU ROSALÍA DE CASTRO?
EN LOURENZÁ, LUGO
EN SANTIAGO
EN MALPICA, A CORUÑA
moi ben!
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela..
SEGUINTE
PREGUNTA 2
CAL É A DATA DE NACEMENTO DE ROSALÍA?
21 DE ABRIL DE 1900
23 DE FEBREIRO DE 1837
17 DE MAIO DE 1963
moi ben!
SEGUINTE
Rosalía naceu o 23 de febreiro de 1837.
PREGUNTA 3
LUÍSA ROSALÍA ALEXIA
QUE TRES NOMES LLE PUXERON A ROSALÍA?
MARÍA ROSALÍA RITA
PILAR ROSALÍA SILVIA
moi ben!
A Rosalía puxéronlle os nomes de María Rosalía Rita.
SEGUINTE
PREGUNTA 4
EN QUE DÚAS LOCALIDADES CORUÑESAS PASOU A SÚA INFANCIA ROSALÍA?
EN MEIRA E VILAGARCÍA
EN ORTOÑO E PADRÓN
EN GUITIRIZ E COIRÓS
moi ben!
Rosalía pasou a súa infancia nas vilas de Ortoño e Padrón.
SEGUINTE
A NATUREZA NA VIDA DE ROSALÍA
En Ortoño aprendeu tamén a coñecer as árbores e as flores. E as estacións do ano cos seus cambios. Porque Rosalía andaba polos camiños e polos prados. E mollábase coa chuvia e escondíase na brétema. E bebía nas fontes. E escoitaba os paxaros, os grilos, o moucho, o vento, as campás…E seguro que xogou coas bonecas de millo….
Retrato de Rosalía de Castro feito pola súa filla Alejandra.
A EMIGRACIÓN
Tamén viu traballar a xente. E soubo que os homes tiñan que emigrar. E que as mulleres quedaban soas cos meniños e meniñas pasando moitos traballos. Por iso escribiu despois:
Este vaise i aquel vaise, E todos, todos se van. Galicia, sin homes quedas Que te poidan traballar. Tes , en cambio, orfos e orfas E campos de soledad, E nais que no teñen fillos E fillos que non tén pais…
3º CURSO
Tradicións e Medio ambiente
E como en Ortoño a xente tamén cantaba, Rosalía aprendeu alí moitos dos nosos cantares:
Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar, que che hei de dar moitos. Adiós, ríos; adiós fontes; Adiós regatos pequenos; Adiós, vista dos meus ollos; Non sei cándo nos veremos. Eu ben vin estar ó moucho Enriba d’ aquel penedo: ¡ Non che teño medo moucho, Moucho non che teño medo!.
EDUCACIÓN
INFANTIL
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Cando Rosalía tiña catorce anos, a súa nai e máis ela trasladáronse a vivir a Santiago.
Retrato de Rosalía de Castro feito pola súa filla Alejandra.
A súa vida desde aquela foi moi diferente. Ía á escola. Debuxaba e pintaba. Tocaba a guitarra, a arpa, a frauta e o piano. Representaba obras de teatro... Lía moito e escribía moi ben. Por iso axiña soubo contar historias e facer poemas.. Porque Rosalía foi unha grande escritora.
PREGUNTA 5
QUE IDADE TIÑA ROSALÍA CANDO MARCHOU COA SÚA NAI A SANTIAGO?
CATORCE ANOS
CATRO ANOS
DEZASEIS ANOS
moi ben!
Rosalía tiña catorce anos cando ela e a súa nai foron vivir a Santiago.
SEGUINTE
Teño tres pitas brancas e un galo negro, que han de poñer bos ovos andando o tempo; i hei de vendelos caros polo xaneiro; i hei de xuntá-los cartos para un mantelo; i heino de levar posto no casamento; i hei... -Pois mira, Marica, vai por un neto, que antramentras non quitas eses cerellos, i as pitas van medrando co galo negro, para poñé-los ovos, e todo aquelo do xaneiro, dos cartos i o casamento, miña prenda da ialma, ¡vamos bebendo!
SOFÍA. 6º CURSO
PREGUNTA 5
De que ave nos fala este poema que recitou Sofía?
3 pitas brancas e un galo negro
2 pitas brancas
3 porquiños
moi ben!
Siii, o poema que tan ben recitou Sofía fala de tres pitas brancas e un galo negro.
SEGUINTE
Aos dezanove anos marchou a Madrid. Alí escribiu o seu primeiro libro de poemas, "La flor". En Madrid coñeceu escritores importantes, como Manuel Murguía, co que casou. Tiveron sete fillos, dos que se criaron cinco: Alexandra, Aura, Gala, Ovidio e Amara. Murguía animouna a escribir Cantares gallegos, un libro moi importante para a nosa lingua e a nosa literatura. Recordando a publicación deste libro celébrase cada 17 de maio o Día das Letras Galegas.
EN MADRID: A MORRIÑA
Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na veira do mare. Cantarte hei, Galicia, na lingua gallega, consolo dos males, alivio das penas. Mimosa, soave, sentida, queixosa; encanta si ríe, conmove si chora.
4º CURSO
PREGUNTA 7
QUE LIBRO DE POEMAS ESCRITO POR ROSALÍA FOI MOI IMPORTANTE PARA A LINGUA GALEGA?
moi ben!
SEGUINTE
Cantares Gallegos foi o primeiro libro escrito en lingua galega.
PREGUNTA 8
CON QUEN CASOU ROSALÍA EN MADRID?
CURROS ENRÍQUEZ
MANUEL MURGUÍA
EDUARDO PONDAL
FRANCISCO AÑÓN
moi ben!
SEGUINTE
Casou en Madrid co escritor e historiador Manuel Murguía.
ROSALÍA EN CASTELA
Rosalía e a súa familia tiveron moi pouco acougo. Cambiaron moito de fogar e percorreron terras moi diferentes da nosa.
Unha tarde alá en Castilla brillaba o sol cal decote naqueles desertos brilla. Craro , ardoso e insolente, con perdón del, pois né modo aquel de queima-la xente e secar con tales bríos a probe inxeliña pranta, a fonte, os sedentos ríos....
6º CURSO
ROSALÍA EN CASTELA
Rosalía doíase, nos versos que compoñía para un novo libro, da dor dos que tiñan que marchar, como lle pasaba a ela e aos seus fillos.
Foi a Páscoa enxoita, choveu en San Xoán; a Galicia a fame logo chegará.
1º CURSO
Con melenconía miran para o mar os que noutras terras tén que buscar pan.
ROSALIA MULLER
Tamén falaba das mulleres que quedaban sen os seus homes e que, ás veces, non volvían saber deles.
Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carraxe, el non ha de virm’a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás… Ferve o pote… mais, meu caldo, soíña t’hei de cear.
5º CURSO
DOS NENOS E DAS NENAS
Xuntando todos estes poemas publicou Follas novas. Este é un libro moi variado. Fala das penas escondidas no seu corazón. Das inxustizas que facían cos pobres. Da emigración. E de cousas da terra contadas con moito humor… Rosalía refírese tamén moitas veces ás nenas e aos nenos.
Polas silveiras errante Vexo unha meniña orfa Que triste vai marmurando: -¿Ña Virxe, quen rosa fora! - ¿Por que qués ser rosa, nena?- Lle preguntei cariñosa. I ela contesta sorrindo: -Porque non tén fame as rosas-...
ALEJANDRA 6º
ROSALÍA E A NATUREZA
Rosalía tamén escribiu outro grande libro de poemas en castelán, En las orillas del Sar.
En mi pequeño huerto Brilla la sonrosada margarita, Tan fecunda y humilde, Como agreste y sencilla....
EMMA 6º
OS ÚLTIMOS ANOS
Rosalía pasou os derradeiros anos da súa vida na Casa da Matanza, en Padrón, unha Casa-Museo que agora visita moita xente. Está enterrada en Santiago de Compostela, no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.
LOIS 4º
AMOR A GALICIA
Pero tamén é querida e coñecida en todo o mundo. Os seus poemas están traducidos a moitas linguas.
Lugar máis hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo n'hachara que aquel de Galicia, ¡Galicia encantada! Galicia frorida, cal ela ningunha, de froles cuberta, cuberta de espumas,
ERIC 4º
XOÁN 4º
PREGUNTA 9
CAL ERA O NOME DA CASA DE PADRÓN ONDE VIVIU ROSALÍA OS ÚLTIMOS ANOS?
CASA DA MATANZA
PAZO DE MEIRÁS
CASTELO DE PAMBRE
moi ben!
SEGUINTE
Rosalía pasou os útimos anos da súa vida na Casa da Matanza, en Padrón.
PREGUNTA 10
ONDE DESCANSAN OS RESTOS DE ROSALÍA DE CASTRO?
NO MOSTEIRO DE MONFERO
NO PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES
NO CASTELO DE GONDOMAR
moi ben!
SEGUINTE
Rosalía está enterrada no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
PREGUNTA 11
QUE FIXERON OS FILLOS DE ROSALÍA COS SEUS ESCRITOS?
VENDÉRONOS
QUEIMÁRONOS
BORRÁRONOS
moi ben!
SEGUINTE
Os fillos de Rosalía, á súa morte, queimaron os seus escritos.
CANTARES GALLEGOS
Rosalía de Castro escribiu en prosa e en verso, usando o galego e o castelán. No ano 1863 publicouse en Vigo o seu libro Cantares Gallegos, que era o primeiro escrito en galego, nunha época na que non se adoitaba escribir nada no noso idioma.
PREGUNTA 12
CAL É O TÍTULO DO PRIMEIRO LIBRO EN GALEGO PUBLICADO POR ROSALÍA?
moi ben!
SEGUINTE
O primeiro libro en galego publicado por Rosalía foi Cantares Gallegos.
PREGUNTA 13
EN QUE CIDADE E EN QUE ANO SE PUBLICOU CANTARES GALLEGOS ?
SARRIA
1801
VERÍN
1823
VIGO
1863
FERROL
1888
moi ben!
SEGUINTE
Cantares Gallegos publicouse en Vigo no ano 1863.
UN REPOLUDO GAITEIRO
De Cantares Gallegos
Un repoludo gaiteirode pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, entre os mozos o primeiro e nas soidades sen par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña ás nenas hei de enganar.
PREGUNTA 14
QUE INSTRUMENTO TOCABA O PROTAGONISTA DO POEMA?
A gaita
A guitarra
O tambor
moi ben!
SEGUINTE
O protagonista do poema tocaba a gaita.
PREGUNTA 15
A QUEN QUERÍA ENGANAR O REPOLUDO GAITEIRO?
Aos nenos
Ás nenas
Á vella
moi ben!
SEGUINTE
O gaiteiro quería enganar ás nenas.
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos comezou a celebrarse o Día das Letras Galegas, foi un 17 de maio de 1963. Ese ano a autora homenaxeada foi Rosalía de Castro.
PREGUNTA 16
EN QUE DATA CELEBRAMOS ANUALMENTE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?
13 de xullo
14 de febreiro
24 de xaneiro
17 de maio
moi ben!
SEGUINTE
O Día das Letras Galegas celebrámolo o 17 de maio.
PREGUNTA 17
QUEN FOI A PRIMEIRA PERSOA HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS?
MANUEL ANTONIO
ÁLVARO CUNQUEIRO
ROSALÍA DE CASTRO
ALFONSO D. R. CASTELAO
moi ben!
SEGUINTE
A primeira persoa homenaxeada no Día das Letras foi Rosalía de Castro.
PREGUNTA 18
A QUEN SE LLE DEDICA ESTE ANO 2024 O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?
LUÍSA VILLALTA
ROSALÍA DE CASTRO
XELA ARIAS
Mª VICTORIA MORENO
moi ben!
Neste 2024, o Día das Letras Galegas dedícaselle á escritora Luísa Villalta Gómez.
SEGUINTE
FOLLAS NOVAS
En 1880 publicou unha escolma de poemas en galego co título de Follas Novas.Neste libro Rosalía escribe poemas sobre a emigración e foi escrito na localidade de Simancas, en Valladolid, onde Manuel Murguía, o seu marido, dirixía o Arquivo Xeral de España.
PREGUNTA 19
DE QUE TRATA FOLLAS NOVAS ?
É UN LIBRO DE POEMAS EN GALEGO SOBRE AS PLANTAS
É UN LIBRO DE POEMAS EN GALEGO SOBRE A EMIGRACIÓN
É UN LIBRO EN PROSA SOBRE AS PÁXINAS DOS LIBROS
moi ben!
SEGUINTE
Follas Novas é un libro de poemas en galego sobre a emigración.
PREGUNTA 20
en que LOCALIDADE de valladolid escribiu rosalía follas noVAS ?
TORRELOBATÓN
MEDINA DO CAMPO
SIMANCAS
MEDINA DE RIOSECO
moi ben!
SEGUINTE
Follas Novas foi escrito na localidade de Simancas, en Valladolid.
PRA HABANA
De Follas Novas
Vendéronlle os bois,vendéronlle as vacas, o pote do caldo e a manta da cama. Vendéronlle o carro e as leiras que tiña; deixárono só coa roupa vestida.
PREGUNTA 21
que animais aparecen no poema?
BOIS e VACAS
CANS e GATOS
OVELLAS e CABRAS
moi ben!
SEGUINTE
Tes razón, no poema aparecen citados os bois e as vacas.
PREGUNTA 22
A QUE CIDADE TIVO QUE emigrar O SEÑOR?
A CARACAS
A LISBOA
Á HABANA
moi ben!
SEGUINTE
Á Habana foi a cidade á que emigrou.
PREGUNTA 23
A QUE libro de rosalía pertence o poema pra a habana ?
moi ben!
SEGUINTE
Pois si, este poema é do libro Follas Novas.
23
O DÍA DE ROSALÍA
Rosalía de Castro está considerada a escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia.Cada 23 de febreiro, data do seu nacemento, dedicámonos a homenaxeala como agradecemento pola defensa que fixo do pobo galego e da súa lingua, é o Día de Rosalía .
PREGUNTA 24
CANDO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA?
17 de MAIO
23 de FEBREIRO
25 de XULLO
moi ben!
SEGUINTE
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía.
PREGUNTA 25
POR QUE HOMENAXEAMOS A ROSALÍA DE CASTRO NO DÍA DE ROSALÍA?
POLA DEFENSA DO POBO GALEGO E DA SÚA LINGUA
POLA DEFENSA DA FLORA E DA FAUNA DOS NOSOS RÍOS
POLA DEFENSA DOS PAZOS E DOS MUÍÑOS GALEGOS
moi ben!
SEGUINTE
Homenaxeamos a Rosalía pola súa defensa do pobo galego e da súa lingua.
NON É CORRECTO!
INTENTÁMOLO OUTRA VEZ?
feliz día de rosalía !
23 DE FEBREIRO DE 2024
CEIP XOAQUÍN LORIGA
Rosalía quíxolle moito a Galicia e Galicia quérelle moito a Rosalía
XA SABES MÁIS COUSAS DE ROSALÍA DE CASTRO!
DÁMOSLLE OUTRA VOLTA?