Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ENIGMA 5

alba.senande.fernand

Created on February 8, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Microcourse: Artificial Intelligence in Education

Puzzle Game

Scratch and Win

Microlearning: How to Study Better

Branching Scenarios Challenge Mobile

Branching Scenario Mission: Innovating for the Future

Piñata Challenge

Transcript

Estás preparado/a para descubrir a solución?

A SOLUCIÓN É:

MAR DE ARDORA E AS ALGAS: Noctiluca Scintillans tamén chamadas chispa de mar e/ou Alexandrium tamarens

Queres saber máis sobre estas algas?

Queres saber máis sobre este fenómeno?

Como se produce este fenómeno?

Por que se ve de noite?

Para máis información

Onde ver o mar de Ardora?

QUE É O MAR DE ARDORA?

O Mar de Ardora é un termo co que se denomina ao fenómeno que provoca que o mar brille na escuridad, normalmente en tons azuis e fosforescentes.

QUE SON ESTAS ALGAS?

As Noctiluca scintillans son unhas algas unicelulares e microscópicas que teñen bioluminiscencia. Tamén existen outro tipo de algas chamadas Alexandrium tamarense que están presentes nas praias de Galicia e que tamén producen igualmente este fenómeno. Hai unha teoría, chamada a hipótese da «Alarma contra ladróns», que sostén que a Noctiluca emprega a súa luz para facer máis visibles e vulnerables ao seus depredadores. Soen ser a comida de pequenos crustáceos, como os copépodos, de corpo transparente que se volven máis chamativos cando as comen, xa que estas continúan brillando no seu interior.

POR QUE SE VE DE NOITE?

A Noctiluca tamén se pode ver durante o día, o que pasa é que non é tan rechamante como pola noite, pois cando os raios de sol están presentes en vez de ter o cor azulado pasa a un ton laranxa.

COMO SE PRODUCE ESTE FENÓMENO?

O movemento das ondas ou calquera vibración activa nas súas células provoca impulsos eléctricos liberando luciferina. Debido a isto só é visible cando hai axitación no mar. Por exemplo, cando hai moitas ondas. Ademais, se vos bañades un día no que están presentes, os vosos movementos iluminaranse, incluso cando camiñedes pola area, as vosas pisadas provocarán pequenos destellos de luz.

ONDE VER O MAR DE ARDORA?

Este fenómeno da natureza pódese observar en distintas partes do mundo: Puerto Rico, Indonesia, Nova Zelanda, Australia,... Pero non fai falla ir tan lexos, en Galicia tamén se pode observar en distintas praias, entre elas, na praia de Carnota. O momento máis propicio para ver a Ardentía con máis facilidade é entre finais do mes de agosto e setembro, así como a finais de primavera, e a partir das 22.30 ou 23.00, en lugares con ningunha ou escasa contaminación lumínica.

PARA MÁIS INFORMACIÓN