Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

CONTOS DO MUNDO

xachegamosasegundo

Created on January 26, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Randomizer

Timer

Find the pair

Hangman Game

Dice

Scratch and Win Game

Create a Word Search

Transcript

Contos do mundo con Solidariedade Internacional

26/01/2023

Chegando o Día da Paz, visitounos María, de Solidariedade Internacional para falarnos dun país de América: Guatemala.

Explicounos onde estaba situada Guatemala e ensinounos fotos da súa paisaxe, da súa costa (ben bonita!)

Tocamos unha pedra volcánica. Era dura, áspera, con buraquiños e bastante pesada. Ulimos tamén grans de café, xa tostados.

María ensinounos unha bonequiña chamada "quitapenares" que axuda a descansar despois de contar o que nos preocupa.

Aprendemos que en Guatemala:

Os autobuses son antigos e de cores.
Hai Pirámides
A roupa das mulleres é moi colorida.
Véndese zumo natural na rúa.
Hai grandes mercados na rúa.
Fan tortiñas de millo.

María ensinounos fotos de máscaras tradicionais antigas que representaban animais. Dicían que quen poñía unha máscara desas adquiría o poder do animal que representaba.

Impresionante!

Para rematar, regalounos para o cole e para a aula uns libros que falan da vida noutros lugares do mundo. Hai lugares moi diferentes aos nosos, pero todos, todos, teñen cousas marabillosas.Todos os pobos somos iguais; temos que respectarnos e coidarnos. Grazas por axudarnos a ver o mundo con outra mirada!