Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

DisCamino

Sheila

Created on January 15, 2023

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Newspaper Presentation

Audio tutorial

Pechakucha Presentation

Desktop Workspace

Decades Presentation

Psychology Presentation

Medical Dna Presentation

Transcript

Martes, 10 de xaneiro do 2023

NOTICIAS FRESCAS!CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro

Visita ao centro

A asociación DisCamino, fíxonos unha visita!

Comezaron a súa andaina no ano 2009 con Gerardo, mozo xordocego de Vigo. Tivemos a sorte de coñecelo e que nos contara de primeira man a súa peregrinaxe. Acompañouno, Ana, unha rapaza que naceu con parálise cerebral, e Luís, outro compañeiro da asociación.

O pasado martes, 10 de xaneiro, tivemos a sorte de contar con Javier Pitillas, presidente fundador de DisCamino. Pero... que é DisCamino? É un proxecto que naceu para unir ás persoas con discapacidade co Caminño de Santiago.

Chegada

Os integrantes da asociación chegaron sobre as 9.30 da mañá

DisCamino dispón dunha furgoneta adaptada onde poder transportar ás persoas con movilidade reducida.

Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º prepararon o salón de actos para coñecer e facerlles moitas preguntas a Javier, Gerardo, Ana e Luis

Gerardo

Gerardo non sempre foi cego nin xordo, por ese motivo é quen de vocalizar as palabras.Fixo o Camiño de Santiago pedaleando no seu Copilot, un triciclo tándem de orixe holandés que foi doado para que poidese cumprir o seu soño.

Subido na súa Copilot

Javier Pittillas presentounos a Gerardo.Como é xordocego, tíñamos que dirixirnos a el a través das palmas da súa man onde podía interpretar os signos dactilolóxicos ou a linguaxe de signos.

COMO FOI ESA VIAXE?

O sentido do olfacto foi fundamental

Durante a súa viaxe, Gerardo identificaba os novos lugares a través do olfacto, da luz do Sol na súa face, a través do tacto cando coñeceu a unha vaquiña e, sobre todo, pedaleando moito.

PREME NO VÍDEO

Os integrantes no salón de actos.

+info

O Camiño dos Sentidos

A través de diversos vídeos fomos descubrindo, non só a viaxe de Gerardo, tamén a de Fanny e a de Ana. No seguinte enlace podes coñecer a asociación ao seu completo e colaborar para darlles unha alegría, encántalles coñecer xente nova!

Integrantes de DisCamino

Ana

Campioa de Slalom

Ana, naceu con parálise cerebral. Para comunicarnos con ela, empregou a súa tablet e un libriño con imaxes. Notábaselle vergonzosa pero contounos un montón de cousas. Entre elas que é campioa de Slalom, unha modalidade deportiva para persoas con discapacidade que consiste en solventar unha carreira de obstáculos. Ana tamén fixo o camiño de Santiago e pasouno xenial!

Ana

Campioa de Slalom

Ana contounos o por que do seu nome en linguaxe de signos. Para desenvolverse en Slalom, ela morde os seus dedos para que a súa cabeza non se mova e poder así visualizar perfectamente o camiño a seguir. Por este motivo, o seu nome é "morder os dedos". Aquí vemos un artigo de Ana Soage con máis compañeiros que practican deporte.

DisCamino no seu máximo esplendor

CEIP PURILINGÜE PORTO CABEIRO

MOITAS GRAZAS A DISCAMINO POR ACHEGARNOS UNHA REALIDADE QUE, ÁS VECES, SE NOS OLVIDA. LEMBRA QUE PODES SER VOLUNTARIO/A NA PÁXINA WEB PODERÁS ACCEDER A MÁIS INFORMACIÓN.GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN.

www.discamino.org

sígueos: