Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Pronomes persoais
calzada1990
Created on January 14, 2023
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
Transcript
os pronomes Presentación
Pronomes persoais (tónicos e átonos) e contraccións
Desde o punto de vista semántico, os pronomes persoais son unha clase de palabras que sinalan as tres persoas gramaticais:
Que son os pronomes?
"Son formas variables, pois teñen flexión de xénero, número e persoa."
Por exemplo: el-ela-eles-elas
Desde o punto de vista sintáctico, os pronomes substitúen a substantivos ou frases nominais (A avoa chegará mañá ➝ Ela chegará mañá) e desempeñan as mesmas funcións ca un substantivo.
Clasificación dos pronomes
Segundo a función que desempeñen, os pronomes poden ser:
pronomes tónicos
pronomes átonos
Para o CD de 3ª persoa hai tres formas distintas: • lo, la, los, las utilizarémolas cando o pronome vai despois dun verbo ou dun pronome rematados en -r ou -s: O libro vou compralo mañá, Compréillelo libro. • no, na, nos, nas, cando vai despois dun verbo rematado en ditongo: O libro comprareino mañá. • o, a, os, as, nos demais casos: O libro cómproo mañá.
Exemplo 1:Vin a ti na rúa. ➝ «Vinte» ou «vinche»? a) Vin a ela na rúa. ➝Vina. b) Vin a vostede na rúa. ➝ Vino. O emprego dos pronomes o/a confirma que se trata dun CD: Vinte na rúa. Exemplo 2: Dei a ti un libro. ➝ «Deite» ou «deiche»? a) Dei a ela un libro. ➝ Deille. b) Dei a vostede un libro. ➝ Deille. O emprego do pronome lle confirma que se trata dun CI: Deiche un libro.
Se dubidamos de cal é o pronome de 2ª persoa que temos que empregar (te/che), podemos realizar unha destas probas:a) Pasar a oración a 3ª persoa («a el» / «a ela»). b) Tratar ao interlocutor de «vostede».
Cando coinciden xuntos un pronome de CD e outro de CI fórmanse as seguintes contraccións:
Colocación do pronome átono:
En oracións subordinadas: Ela díxome que te viu onte.
Como regra xeral, os pronomes átonos van despois do verbo e ligados a el: Díllelo, Saudoume. Porén, colócanse antes do verbo nos seguintes casos:
Cando o verbo vai precedido dalgúns adverbios(xa, axiña, aínda, mesmo, sempre, tamén, acaso, ata, seica, ben…): Eu tamén o vin.
En oracións negativas introducidas por unha partícula negativa (nunca, non, xamais…): Ninguén me viu, Eu non o fixen.
Cando vai precedido dalgúns indefinidos(ninguén, nada, ningún/ningunha, alguén, algo, ambos/as, bastante, calquera, mesmo, todo, todos/as): Ninguén me dixo a verdade.
En oracións interrogativas, exclamativas ou desiderativas iniciadas por un adverbio ou pronome: Que lle fas?, Quen cho dixo!