A civilización romana
Temas 10 E 11
EMPEZAR
Índice
06. UNHA CIVILIZACIÓN URBANA
01. aS ORIXES DE ROMA
07. sOCIEDADE ESCRAVISTA
02. a REPÚBLICA ROMANA
08. PAGANISMO E CRISTIANISMO
03. a CONQUISTA DE HISPANIA
09. a ARTE ROMANA
04. o IMPERIO
10. CULTURA GALAICORROMANA
05. cRISE E FIN DO IMPERIO
O marco xeográfico: a Península Itálica
Illa de Sicilia
Mar Xónico
Illa de Córcega
Mar Adriático
Mar Tirreno
Río Tíber
Alpes
Apeninos
Río Po
Golfo de Tarento
753 a.C.
476 d.C.
27 a.C.
509 a.C.
República
Monarquía
Imperio
1. As orixes de Roma
A orixe mitolóxica de Roma
As orixes históricas de Roma mestúranse con lendas pensadas para engrandecer a historia da cidade. Por exemplo, no poema da Eneida, Virxilio describe como un supervivente da Guerra de Troia chamado Eneas é capaz de escapar e fundar unha cidade no Lacio chamada Alba Longa. Pasado o tempo, unha descendente de Eneas chamada Rea Silvia tivo dous fillos co deus Marte: Rómulo e Remo. Como a súa nai era unha sacerdotisa, intentou desfacerse dos nenos e botounos ao río Tíber pero foron salvados por unha loba. Cando medraron, nunha discusión Rómulo asasinou a Remo e fundou Roma no 753 a.C.
+ info
A orixe histórica de Roma
Non obstante, a arqueoloxía e a historia indican que Roma comezou sendo unha pequena poboación fundada polos latinos a mediados do s. VIII a.C. á beira do río Tíber, na rexión do Lacio (centro da península itálica). Orixinalmente, a Roma primitiva ocupaba o monte Palatino pero foi controlando os sete outeiros máis próximos. Esta posición permitiulle controlar as rutas comerciais que unían o norte e o sur de Italia, converténdose nun destacado enclave económico.
A monarquía (753 - 509 a.C.)
O primeiro sistema político de Roma foi a monarquía. Segundo as lendas, o primeiro rei foi Rómulo e a el seguiron outros dos que se ten constancia histórica: catro reis de orixe latina (Rómulo, Numa Pompilio, Tulo Hostilio e Anco Marcio) e tres de orixe etrusca (Tarquinio Prisco, Servio Tulio e Tarquinio "o Soberbio")
Os reis romanos
Os reis deste período concentraban todo o poder: a) Relixioso (sumo sacerdote) b) Xudicial (xuíz supremo) c) Militar (máximo dirixente do exército) Os monarcas eran vitalicios, é dicir, gobernaban toda a súa vida. Non obstante, a coroa non se transmitía de pais a fillos senón que os reis eran escollidos polo Senado. Así, o rei era un primus inter pares (primeiro entre os iguais), votado polas familias máis poderosas de Roma.
Os primeiros habitantes de R0ma
Os primeiros habitantes de Roma estaban organizados en grandes familias chamadas gens, que se consideraban descendentes dun devanceiro común. Estos eran os chamados patricios, un grupo reducido que controlaba o poder político, económico e relixioso. O resto da poboación eran os plebeos. Carecían de dereitos políticos e non participaban no goberno da cidade. Entre ambos grupos foron frecuentes os enfrontamentos, pois os plebeos querían acceder ao poder e os patricios non aceptaban a perda dos seus privilexios políticos.
O fin da monarquía romana
A oposición dos patricios ao último rei de Roma, Tarquinio "o Soberbio", provocou o fin da monarquía. Aproveitando un momento de debilidade do dominio etrusco, os romanos expulsaron a este rei e iniciaron unha nova forma de goberno: a República.
1. Que etapas se diferencian na historia de Roma?
2. Segundo a lenda, como se fundou Roma?
3. Cantos reis tivo Roma? Cales foron as súas principais características?
4. Quen eran os patricios? E os plebeos?
2. A república romana
A organización política da República
Coa chegada da República estableceuse un novo sistema político sintetizado nas siglas SPQR, é dicir, Senatus Populus-Que Romanus (o Senado e pobo romano)
O Senado
O Senado xa existía nos tempos da monarquía, pero durante a República converteuse no órgano principal de goberno. Nun comezo, só podían ser senadores os patricios, pero máis tarde entraron a formar parte os plebeos ricos. As súas funcións eran: 1) Dirixía a política exterior de Roma. 2) Decidía sobre os asuntos económicos, militares e relixiosos. 3) Controlaba as leis escollidas polas asembleas populares.
A expansión territorial da República
Durante a época da República, Roma pasou de ser unha cidade-estado a conquistar numerosos territorios. Diferenciamos 3 etapas: 1) Conquista da Península Itálica (s. III a.C.) 2) Conquista do Mediterráneo Occidental (s. II - s. I a.C.) 3) Conquista do Mediterráneo Oriental (s. II a.C. - s. I a.C.)
A conquista da Península Itálica
A primeira etapa de expansión corresponde á Península Itálica, na que se atopaba a cidade de Roma. A República romana tivo que vencer tanto a etruscos e latinos, ao norte, como aos gregos que se atopaban na Magna Grecia.
As guerras contra Cartago
Na súa expansión polo Mediterráneo, Roma atopouse cun gran rival: a cidade de Cartago.Roma e Cartago enfrontáronse durante as chamadas Guerras Púnicas. O exército cartaxinés estaba comandado por Aníbal, mentres que o romano era dirixido por Escipión. Tras a destrución de Cartago a mediados do s. II a.C., Roma dominou todo o Mediterráneo Occidental.
A conquista das Galias
Durante o s. I a.C., as tropas de Xulio César conquistaron o territorio da Francia actual, coñecido como as Galias.
Conquista de Grecia e Exipto
A República tamén puido expandirse polo Mediterráneo Oriental. Conquistou Grecia a mediados do s. II a.C. e avanzou por toda a cosa oriental, ata finalizar a conquista de Exipto no ano 30 a.C.
3. A conquista de Hispania
A Península Ibérica prerromana
Durante a súa expansión polo Mediterráneo Occidental, Roma conquistou a Península Ibérica e bautizouna como Hispania. Foi un proceso lento entre o s. III e o s. I a.C. que contou con diversas etapas. Daquela, a península contaba con múltiples pobos prerromanos como íberos, celtíberos ou castrexos, ademais de colonias gregas, fenicias e cartaxinesas.
Hispania e as Guerras Púnicas
A conquista romana de Hispania comezou como un episodio máis das guerras púnicas entre Roma e Cartago. Ambas cidades asinaran un acordo mediante o que o río Ebro sería a fronteira entre ambos dominios. Non obstante, este acordo foi rachado por Roma no 218 a.C., dando inicio a unha nova guerra entre ambas cidades.
A primeira etapa da conquista
Tras vencer a Cartago, iníciase a primeira etapa da conquista, a finais do s. III a.C. Nesta etapa Roma logrou dividir ao territorio peninsular en dúas provincias:
A) Citerior (máis próxima a Roma): ocupaba a costa do mar mediterráneo. B) Ulterior (máis afastada de Roma): ocupaba o sur peninsular.
A segunda etapa da conquista
Durante o s. II a.C., Roma avanzou sobre a meseta interior e tamén conquistou as illas baleares. Non obstante, as lexións romanas tiveron que soportar dúas grandes resistencias:
A) Pobo lusitano, situados no sur da península e dirixidos por Viriato, o "terror dos romanos". B) A cidade celtíbera de Numancia, que soportou un asedio de máis de 20 anos.
A terceira etapa da conquista
Roma rematou de conquistar a Península durante o mandato do primeiro emperador, Octavio Augusto. Tivo que enfrontarse aos cántabros e astures do norte peninsular a finais do s. I a.C.
Gallaecia e os galaicos
Foron os romanos os que denominaron Gallaecia ao noreste peninsular, a todas aquelas terras ao norte do río Douro. O nome de Gallaecia provén do nome dun dos pobos que habitaban a zona, os galaicos, cos que se enfrontou Roma na súa expansión.
A conquista da Gallaecia
Para lograr a conquista de Gallaecia foron necesarias tres expedicións romanas: 1) Décimo Xunio Bruto (s. II a.C.): foi a primeira expedición que atravesou o río Limia, pero non completou a conquista. Os romanos confundiron este co mitolóxico Río Lethes, un dos ríos do Hades (inferno romano). 2) Xulio César (s. I a.C.): desembarcou na cidade de Brigantium (A Coruña), pero non logrou o dominio efectivo do territorio. 3) Octavio Augusto (s. I a.C.): no contexto das guerras cántabras, venceu aos galaicos no Monte Medulio e logrou dominar o noreste peninsular.
4. O Imperio Romano
O emperador
A crise da República no s. I a.C. derivou na concentración de todo o poder na figura do emperador. Dende aquel momento ata a caída do imperio romano de occidente no ano 476 d.C., Roma pasou a ser un Imperio.
As provincias romanas
Os romanos organizaron o territorio en provincias. O número de provincias variou ao longo do imperio, multiplicándose o seu número conforme se conquistaban novos territorios. Algunhas deron nome a territorios e países actuais, como a Britania (Gran Bretaña) ou a Italia.
As primeiras provincias de Hispania
No caso de Hispania, os romanos inicialmente dividiron o territorio entre a provincia Citerior (máis próxima a Roma) e a Ulterior (máis afastada)
As seis provincias de Hispania
Pero ao final da dominación romana as provincias romanas de Hispania eran 6:1) Bética 2) Lusitania 3) Tarraconense 4) Gallaecia 5) Cartaxinense 6) Baleárica
Os conventos
Cada provincia estaba subdividida en conventos, nome que os romanos deron ás unidades administrativas máis pequenas. Así, a provincia de Gallaecia estaba subdidivida en catro conventos: Lucense (Lugo), Bracarense (Braga) e Astur (Astorga)
5. Crise e fin do Imperio
A crise do século III
Durante os séculos I e II, o imperio romano vivira en relativa paz. Non obstante, a partir do século III apareceron unha serie de dificultades que provocaron unha crise: 1) Os ataques dos pobos limítrofes do imperio (xermanos, persas), que os romanos coñecían como bárbaros. 2)Moitos xenerais do exército quixeron convertirse en emperador, provocando numerosas guerras civís. Esta situación obrigaba ao emperador a actuar como un déspota. 3) Todas estas liortas internas provocaron numerosas dificultades económicas.
1) Ataques de pobos limítrofes (bárbaros)
Crise do s. III
2) Numerosos xenerais romanos quixeron convertirse en emperadores
3) Dificultades económicas
Os intentos por frear a crise: a Tetrarquía
A finais do s. III, o emperador Diocleciano tratou de frear a crise. Estableceu un novo sistema de goberno, a Tetrarquía. Esta consistía en organizar o imperio en catro partes dirixas por catro emperadores (2 augustos -maiores- e 2 césares -menores-).
De Constantino a Teodosio: a división
No s. IV, o emperador Constantino reunificou o imperio e creou unha segunda capital: Constantinopla. Pero aquelo non evitou que o imperio se vira sacudido por grandes invasións de pobos xermanos. A finais do s. IV, o emperador Teodosio dividiu o imperio (395) entre os seus fillos. Resultando así o Imperio Romano de Occidente e o Imperio Romano de Oriente. co
A caída do Imperio Romano de Occidente
Ao longo do século V, as liortas internas e, sobre todo, as invasións xermanas remataron co imperio. Moitos deles asentáronse en provincias romanas, como os suevos na Gallaecia. Finalmente, no ano 476 d.C. o derradeiro emperador de occidente, Rómulo, foi destronado polos pobos xermanos. En cambio, o imperio de oriente perdurará case 1000 anos máis baixo o nome de Imperio Bizantino.
6. Unha civilización urbana
O urbanismo romano
Os romanos planificaban a elaboración das súas cidades. O tipo básico era semellante á das cidades gregas, o plano hipodámico. Un deseño regular e simétrico. Non obstante, as cidades romanas estaban atravesadas por dúas grandes avenidas. A) Cardo, de Norte a Sur B) Decumano, de Leste a Oeste Ambas avenidas cruzábanse no centro da cidade, o foro, lugar no que se construían os principais edificios.
Os edificios públicos
O impacto de Roma foi moi importante en todos os seus dominios. O centro da cidade era o foro pero próximos a el atopamos unha serie de edificios relevantes: a) Curia b) Basílica c) Termas d) Teatros e) Anfiteatros f) Circos g) Arcos de Triunfo h) Columnas historiadas i) Calzadas romanas j) Pontes k) Acuedutos
Curia romana
Basílica romana
Termas romanas
Anfiteatro
Teatro romano
Circo romano
Arco de Triunfo
Columna historiada
Calzada romana
Ponte romana
Acueduto
As vivendas romanas
Dentro da civilización romana, debemos diferenciar dous tipos de vivendas. A) As insulae, auténticos bloques de vivenda característicos das cidades romanas. B) As domus, pequenas casas familiares propias dos cidadáns máis enriquecidos, os patricios.
8. Paganismo e cristianismo
As características da relixión romana
A relixión romana caracterizouse por: 1) Ter como obxectivo lograr estar en paz cos deuses para que estes non fixesen mal aos humanos. 2) Ser unha relixión politeísta. Asimilaron os deuses gregos como propios pero, a medida que conquistaban territorios, cobraron importancia deuses orientais doutros lugares como Isis (Exipto), Mitra (Persia) ou Cibeles (Anatolia). 3) Ter un carácter máis externo que interior, cunha grande importancia de ritos, cerimonias e sacrificios.
Cultos públicos e privados
A relixión romana entendía que existía, por un lado un culto oficial. Os sacerdotes de Roma realizaban unha serie de ritos para establecer relación dos deuses. Destacaban os augures, encargados de coñecer os desexos dos deuses sobre as actividades humanas. Tamén existía o culto privado, nas casas particulares. No fogar romano rendíase culto aoss lares, espíritos benéficos dos antepasados e encargados de protexer a casa.
A orixe do cristianismo
En Palestina, un territorio dominado polos romanos, nace unha nova relixión predicad por Xesús de Nazaret: o cristianismo. Era unha relixión: a) Monoteísta b) Predica o amor ao próximo c) Promete unha vida despois da morte
A persecución dos primeiros cristiáns
Os primeiros seguidores de Xesús negáronse a render culto ao emperador, de modo que o cristianismo foi visto como un perigo polo Imperio Romano. Así, os cristiáns foron perseguidos e, para ocultarse das autoridades, agocháronse en catacumbas.
A expansión do cristianismo
A pesar das dificultades, o cristianismo foi aumentando o número de adeptos. A finais do s. III xa se expandira por todo o imperio , aínda que con diferentes niveis de implantación
Legalización e oficialización
No ano 313, o emperador Constantino autorizou aos cristiáns practicar a súa relixión mediante o Edicto de Milán (313), de modo que remataron as persecucións. A finais do s. IV, no Edicto de Tesalónica (380), o emperador Teodosio declarou ao cristianismo como relixión oficial do imperio.
Exercicio
Ordena cronoloxicamente, de máis antigo a máis recente, os seguintes acontecementos históricos relacionados co nacemento do cristianismo: - Edicto de Milán, legalización do cristianismo. - Nacemento e predicación de Xesús de Nazaret. - Edicto de Tesalónica, oficialización do cristianismo. - Persecución dos cristiáns. - Expansión do cristianismo por todo o imperio.
9. Unha sociedade escravista
Os escravos
En Roma, os escravos non tiñan ningún dereito. O seu número medrou durante a República e o Imperio. A finais da República había 3 millóns de escravos en Roma e durante a época imperial considerábase unha deshonra non ter escravos.
Escravos públicos e privados
Podemos diferenciar entre escravos públicos, que pertencían ao Estado, e escravos pribados, que traballaban para os seus amos. O amo podía liberar a un escravo, que adquiría a condición de liberto.
As sublevacións de escravos
As duras condicións dos escravos provocaron sublevacións. A máis coñecida foi a de Espartaco, que foi duramente reprimida polo estado romano, con 6.000 executados.
As mulleres en Roma
En Roma, as mulleres contaban cunha condición social e xurídica inferior aos homes. Necesitaban a autorización do seu martido para facer vida social, pero as viúvas quedaban sometidas á tutela do fillo maior ou o parente masculino máis próximo.
A pirámide social romana
Emperador
Patricios
Plebeos
Libertos
Escravos
1ºESO. XeoHist. Tema 10: Antiga Roma
Mateo Martínez Torres
Created on December 24, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Corporate Christmas Presentation
View
Snow Presentation
View
Winter Presentation
View
Hanukkah Presentation
View
Vintage Photo Album
View
Nature Presentation
View
Halloween Presentation
Explore all templates
Transcript