Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

O SER HUMANO dende a Antropoloxía

Ana López Sampedro

Created on December 13, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Blackboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Historical Presentation

Psychedelic Presentation

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Transcript

Presentación

O SER HUMANO

dende a Antropoloxía

Empezar

10. Filosofía da mente

1. Que é a Antropoloxía filosófica

11. A dimensión psicosocial

2. Clasificación biolóxica

3. Orixe e evolución

12. Conciencia e linguaxe

4. O proceso de hominización

13. Tipos e modos de identidade

ÍNDICE

5. Natureza e cultura

14. Resumo (mínimos)

6. O proceso de humanización

15. Test

16. Obradoiro de filosofía

7. Neotenia

8. Concepcións do ser humano

9. O sentido da existencia

Que é a antropoloxía filosófica?

Empezando polo principio... Clasificación biolóxica

Agora:

  1. Clasifica ao ser humano indicando: especie, xénero, familia, orde, clase, tipo e reino.
  2. Que problemas presenta o concepto "especie"?

A evolución do ser humano: hominización e humanización

Le este resumo (algúns aspectos del xa os traballaches en cursos anteriores). O documento servirá como referencia e axuda para a comprensión dos textos que lerás e analizarás a partir de agora; non te preocupes que son poucos e fáciles:

TEXTO 1 "Será fácil observar como puideron satisfacerse novas necesidades e adquirirse novos costumes, se se presta atención ás seguintes leis da natureza que a observación sempre comprobou: Primeira lei: En todo animal que non superou o termo do seu desenvolvemento, o emprego frecuente e continuo dun órgano calquera fortifica pouco a pouco dito órgano, desenvólveo, agrándao, conferíndolle unha potencia proporcional á duración do seu uso; de igual modo, a ausencia constante de uso de dito órgano debilítao, deteriórao, fai diminuír progresivamente as súas facultades e acaba por facelo desaparecer. Segunda lei: Todo canto a natureza fixo perder ou gañar aos individuos por influencia das circunstancias ás que desde hai tanto tempo se encontra exposta a raza e, consecuentemente, por efecto do uso predominante dun órgano ou da súa constante non utilización, consérvase a través das xeneracións transmitíndose aos novos individuos derivados del, con tal de que os cambios adquiridos sexan comúns aos dous sexos ou, polo menos, aos que produciron estes novos individuos." LAMARCK: FILOSOFÍA ZOOLÓXICA

Cuestións

TEXTO 2 "O máis sorprendente que se ofrecía aos meus ollos era verme rodeado de novas aves, novas plantas, novos réptiles, novos moluscos e novos insectos que diferían polos pequenos detalles de estrutura, pola tonalidade da súa voz ou da plumaxe, no caso das aves, daqueles que vira nas chairas temperadas da Patagonia ou no cálido deserto do norte de Chile. O feito máis sorprendente e importante para nós é a afinidade que existe entre as especies que viven nas illas e as de terra firme máis próxima sen que sexan realmente as mesmas. Como de cada especie nacen moitos máis individuos dos que poden sobrevivir e, en consecuencia, existe unha loita constante pola existencia, dedúcese que calquera ser, se se modifica aínda que sexa lixeiramente dalgunha forma vantaxosa para si mesmo, terá máis probabilidades de sobrevivir e, desta maneira, é seleccionado naturalmente. A esta conservación de diferenzas e variacións individuais favorables e a destrución das prexudiciais, chameina selección natural ou supervivencia do máis apto" Charles DARWIN: A ORIXE DAS ESPECIES

Cuestións

TEXTO 3 "Entón Yavéh Deus formou o home con po do chan, e insufloulle no seu nariz alento de vida, e resultou o home un ser vivo... Dixo logo Yavéh Deus: 'Non é bo que o home estea só. Voulle facer unha axuda axeitada'. E Yavéh Deus formou do chan tódolos animais do campo e tódalas aves do ceo e levounos perante o home para ver como os chamaba, e para que cada ser vivo tivese o nome que o home lle dera. O home puxo nome a tódolos gandos, ás aves do ceo e a todos os animais do campo, mais para o home non encontrou unha axuda axeitada. Entón Yavéh Deus fixo caer un profundo soño sobre o home, o cal quedouse durmido. E quitoulle unha das costelas reenchendo o baleiro con carne. Da costela que Yavéh tomara do home formou unha muller e levouna perante o home" BIBLIA de Xerúsalén, XÉNESE

Cuestións

PINCHA na imaxe para acceder á presentación

Árbore ev.

VÍDEO: a dimensión biolóxica do ser humano

VÍDEO: 1º capítulo da serie "La evolución en el tiempo"

Fundación Atapuerca

dialéctica natureza-cultura

Introdución

+ info

Ler máis

NEOTENIA E PLASTICIDADE BIOLÓXICA

Textos e cuestións

CONCEPCIÓNS DO SER HUMANO

Para ler

CLAVES SOBRE O SENTIDO DA EXISTENCIA HUMANA

Para ler

FILOSOFÍA DA MENTE

Os seres humanos somos autoconscientes ...

Info

+Activid.

VÍDEO: Dimensión psicosocial do ser humano

Estás de acordo? Engadirías algo?...

conciencia e linguaxe

Os seres humanos utilizamos sistemas de comunicación aprendidos e convencionais

+ Texto

tipos e modos de identidade

A nosa identidade é o que permanece en nós ao longo do tempo...

+ Enlace

MAPA CONCEPTUAL

Interpreta o mapa conceptual no teu caderno

OBRADOIRO DE FILOSOFÍA

ACTIVIDADES

Contidos mínimos

Resumo de contidos mínimos

en busca del fuego, jean jacques annaud

Info

la odisea de la especie

Info

ánimo e a estudar!