Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2022

merchigoro

Created on December 9, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Human Rights Presentation

Memphis Presentation

Blackboard Presentation

Florida Neon Presentation

Genial Storytale Presentation

Historical Presentation

Psychedelic Presentation

Transcript

Nadal 2022

Recomendacions lectoras

A onde queres voar?

Introdución

3º Primaria

4º Ed. Infantil

4º Primaria

5º Ed. Infantil

5º Primaria

6º Ed. Infantil

1º Primaria

6º Primaria

2º Primaria

Desenlace

ÉRASE UNHA VEZ...

Como cada ano, dende o equipo de biblioteca, traemos as recomendacións lectoras para Nadal. Tanto nós coma vós sabemos da importancia de fomentar nos nosos nenos e nenas o gusto pola lectura. Por eso sería bo que ademais dos agasallos de nadal habituais, tamén recibisen un libro adaptado á súa idade. Fixemos unha selección de libros segundo as idades para orientarvos. Ademais, nos próximos meses contaremos no colexio con algún deses autores.

"O MEU IRMONO"

3 anos

Autor: O Hematocrito

Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo.

"A ARAÑA QUE LLE TIÑA MEDO ÁS ARAÑAS"

4 anos

Autor: Ramón D. Veiga

Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena. A nada lle teme esta araña intrépida ata que... Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos.

"UNHA FÁBRICA DE BICOS"

Autora: María Canosa

A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non.Pódese aprender a dar bicos? Existe unha máquina que os fabrica dentro de nós e os fai saír a través dos beizos? Como e cando se pon a funcionar?

5 anos

"DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS"

Autora: Eva Mejuto

Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina.

1º Primaria

"CANDO LEO"

Autora: Eva Mejuto

2º Primaria

Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible.Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo.

3º Primaria

"PATIO DE LUCES"

Autora: Erica Esmorís

Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?

4º Primaria

"Papá canibal"

Autor: Antonio Manuel Fraga

Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín.Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!

5º Primaria

"MAXIA DE PEDRA"

Autores: Xabier Domínguez e Alba De Evan

Uns restos arqueolóxicos de orixe galega que se atopan en Roma son roubados cando viaxan de volta a Galicia. Anxela, unha nena de 12 anos, atopa un gato de tres colas, con poderes máxicos, que é exactamente igual ao que estaba gravado no petróglifo roubado. De onde procede ese gato? Como puido chegar ata unha necrópole romana? Que interese hai detrás do roubo? Unha novela de maxia, intriga e acción que nos transporta á Galicia castrexa e á época da romanización.

6º Primaria

"ALMA DE ELEFANTE"

Autora: Andrea Maceiras

Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións novas. El debería ser o elefante! Pero ás veces as cousas non son o que parecen. Ás veces os tesouros teñen catro patas. E só as bolboretas voan o suficientemente alto para atopalos.

FELICES LECTURAS