Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

FOGAR DE BREOGÁN- Himno de Galicia

ALBERTO HERMÁNS

Created on December 7, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

FOGAR DE BREOGÁN

A. Hermáns
2022
Monográfico do Himno de Galicia

FOGAR DE BREOGÁN

Letra

Breogán

Música

Orixe

Datas

Arquivos

Autores

Actividades

Breogán

Breogán, fillo de Brath, foi o caudillo celta que someteu as tribos de España. Tras conquistar todo o territorio, fundou a cidade de Brigantia (A Coruña) e construíu xunto a ela unha torre, que denominou Torre de Breogán.

Breogán

O seu fillo Ith ao ver desde o alto da Torre as terras de Irlanda, partiu para conquistala, pero a empresa fracasou. El morreu e trouxeron o seu corpo a Brigantia onde o enterraron. Sucedeuno o seu fillo Mil, quen intentou de novo a conquista de Irlanda, e desta volta, conseguiu vencer os Thuatha-Dé-Dannan e dominar todo o país.

Orixe

O mesmo que a bandeira, o noso himno obtivo recoñecemento oficial no ano 1984, en virtude da Lei de Símbolos de Galicia. Porén, a historia do himno galego esténdese moito máis atrás no tempo, pois a súa andaina comeza na derradeira década do século XIX. A orixe do himno nacional de Galicia está no certame musical organizado polo compositor Pascual Veiga e o seu Orfeón Coruñés Número 4, un evento que se celebrou na Coruña durante os días 30 e 31 de agosto de 1890.

Orixe

Aínda que descoñecemos o momento exacto e as circunstancias precisas en que tivo lugar a combinación da música de Veiga e das palabras de Pondal, si podemos afirmar que o certame coruñés de 1890 estivo animado por unha evidente intencionalidade patriótica de enxalzamento da música e das tradicións galegas. Compréndese así o desexo dos organizadores de dotar a Galicia dun himno particular que a representase e co cal a súa xente se sentise identificada.

Orixe

A primeira representación pública coñecida do que naquel momento se denominaba o "Himno Regional Gallego", foi na homenaxe a Pascual Veiga realizada no Teatro do Centro Galego de La Habana (Cuba) o día 20 de decembro de 1907. A súa música interpretouna a Banda Municipal da cidade.

Pouco despois, en 1908; o himno de Veiga e Pondal pasaría a ser oficial en todas as conmemoracións organizadas por ese Centro Galego.

Orixe

Anos máis tarde, unha segunda homenaxe a Pascual Veiga, nesta ocasión celebrada no país durante o traslado dos restos mortais do compositor desde Madrid ao seu Mondoñedo natal en setembro de 1912, ofreceu a ocasión para interpretar o himno publicamente por primeira vez en Galicia. Foron estes os primeiros episodios do transcorrer histórico do noso himno, o cal logrou alcanzar, como a bandeira, unha ampla aceptación popular moito antes de ser recoñecido oficialmente.

Datas

  • 1890
Pondal escribe o poema Os Pinos.
O Orfeón do Centro Galego en Madrid ensaiábao
  • 1896
  • 1907
Estreouse o 20 de decembro na Habana (Cuba)
O Coro Cantigas e Aturuxos grávao por primeira vez o 19 de novembro en Lugo.
  • 1918

Datas

  • 1936
No franquismo elimínase do espazo público .
Retómase a súa interpretación en pequenos actos, pero só a primeira parte.
  • 1960
  • 1975
Entoado pola xente en pé na Festa do Apóstolo.
Declarado himno oficial da comunidade na Lei de Símbolos de Galicia do 19 de maio.
  • 1984

Autores

O himno de Galicia é unha composición conxunta do escritor Eduardo Pondal e do músico Pascual Veiga.

Pascual Veiga
Eduardo Pondal

Letra

A letra deste himno é un poema de Eduardo Pondal titulado 'Os Pinos' que se atopa dentro da súa obra Queixume dos Pinos, de 1886.

Letra

A idea principal que quería transmitir Pondal neste poema é clara: Galicia ten que espertar e volver ser un país forte e libre.

O nome de Galicia non se cita en ningún momento, substitúese por "Fogar de Breogán" ou "Nazón de Breogán". De seguido, imos facer unhas pequenas acotacións sobre a letra para que se entenda mellor o seu significado.

Letra

1. Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? ¿Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar?

O himno galego comeza cunha pregunta que o poeta fai sobre que lle dirán os pinos, chamados «rumorosos», á Lúa «raio transparente do prácido luar». Pondal outórgalles aos piñeiros a capacidade humana de falar. Na segunda parte pregunta que lle din as follas escuras das copas dos piñeiros mentres se moven co vento.

Letra

2. Do teu verdor cinguido e de benignos astros, confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán.

Na segunda estrofa fai unha descrición da paisaxe de Galicia. Dálle a importancia que ten á relación de Galicia e os seu pobo coa natureza. Tamén chama a non esquecer todo o dano que se lle fixo a este terra en tempos pasados e a iniciar unha nova etapa. Aparece por primeira vez identificada Galicia como "Fogar de Breogán".

Letra

3. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, máis sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden, non.

Nesta terceira estrofa Pondal fai unha direnza entre os "Bos e xenerosos" e os "Iñorantes, féridos, duros, imbéciles e escuros" que lles quitan valor á cultura e ao idioma de Galicia. Idioma que foi perseguido e prohibido durante moito tempo.

Letra

4. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.

Nesta última estrofa o poeta anuncia que o tempo no que Galicia rexurdirá e no que deixará de estar durmida xa chegou. Chega o momento no que a voz do pobo galego terá que ser escoitada e respectada.

FOGAR DE BREOGÁN!.

Música

A música do himno compúxoa o músico mindoniense Pascual Veiga no ano 1890.

Arquivos

Actividades