QUEN É O/A INTRUSO/A?
Observa detidamente as fotos de autores e autoras e identifica quen non pertence ao grupo.
Preparado/a?
Que autor non pertence ao Rexurdimento?
Ramón Otero Pedrayo
Antonio Neira de Mosquera
Manuel Murguía
Iso é!
O Rexurdimento foi un período de recuperación literaria, pero tamén cultural, política e histórica. Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno. Manuel Murguía e Antonio Neira de Mosquera foron algúns dos impulsores e iniciadores do rexurdimento literario galego, aínda que Neira de Mosquera non escribiu en lingua galega. Pola súa banda, Otero Pedrayo é un autor posterior e formou parte da Xeración Nós.
Quen non participa na corrente das Vangardas?
Rosalía de Castro
Fermín Bouza Brey
Iso é!
As vangardas é un movemento literario do século XX, que supuxo a ruptura coa tradición literaria anterior. Os protagonistas do impulso vangardista galego foron os poetas Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro, mais moitos outros formaron parte deste movemento como Bouza Brey. Dentro das vangardas, Bouza Brey foi o iniciador do neotrobadorismo, unha corrente poética que actualiza os temas e as formas das cantigas medievais. Bos exemplos disto son as súas obras Nao senlleira (1933) e Seitura (1955).
Quen non forma parte da Xeración do 27?
Federico García Lorca
Concha Castroviejo
Iso é!
A xeración do 27 foi unha constelación de autores que xurdiu no panorama cultural español ao redor do ano 1927, en que se conmemorou o tricentenario da morte do poeta barroco Luís de Góngora. Aproveitaron esta data para reivindicar a poesía que este autor compuxo na última época da súa vida, desprestixiada pola crítica decimonónica. En realidade, tratábase dun grupo pouco homoxéneo, onde atopamos, entre moitos outros, aos poetas do Neopopularismo ou neopopularistas, Rafael Alberti e Federico García Lorca.
Quen non é unha poeta contemporánea?
María do Cebreiro
Yolanda Castaño
Berta Dávila
Arantza Portabales
Iso é!
Todas as autoras que acabamos de ver teñen un grande recoñecemento na literatura galega actual, mais a única que non cultiva poesía é Arantza Portabales, quen ten colleitado moito éxito nos últimos anos como escritora de novela negra.
Quen non utiliza o reintegracionismo nos seus escritos ?
Carvalho Calero
Alfredo Conde
Raquel Miragaia
Teresa Moure
Iso é!
O reintegracionismo, tamén chamado lusismo, é unha postura lingüística que defende que o galego e o resto de variedades da lingua portuguesa son unha única lingua.Ricardo Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo e tanto Raquel Miragaia como Teresa Moure publicaron co selo editorial Através Editora, que busca amparar a produción literaria no reintegracionismo e tenta abrir o camiño da literatura galega á lusofonía.
A quen non se lle adicou o Días das Letras Galegas?
Begoña Caamaño
Rosalía de Castro
Antonio López Ferreiro
Iso é!
O 17 de maio do 1963 celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas. Desde aquela (e a ata 2022) só foron homenaxeadas 5 mulleres: Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, Mª Victoria Moreno e Xela Arias. Para reivindicar o papel literario das mulleres, desde o ano 2014, a plataforma de crítica literaria A Sega, celebra o Día das Galegas nas Letras, onde foi homenaxeada, entre outras, Begoña Caamaño.
Quen non é natural de Compostela?
Uxío Novoneyra
Xohana Torres
Roberto Vidal Bolaño
Iso é!
Estas tres figuras teñen un grande vínculo coa nosa cidade mais Uxío Novoneyra é natural de Parada (Seoane do Courel), de feito, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, como podemos ver na súa extensa obra.
parabéns!
INICIO
Coñece aos nosos autores e autoras compostelás
Erro! Inténtao de novo
1_Quen é o/a intruso/a?
MAOS Innovación Soci
Created on November 23, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Explore all templates
Transcript