Aventura, curiosidade, diversión e tenrura transmitidas grazas á xenialidade das ilustracións, cheas de cor e expresividade, que nos mostran o mundo interior dun pequeno que aínda apenas fala.
Este relato autobiográfico, tenro e emotivo, achega os nenos e nenas a cuestións fundamentais: as raíces familiares, os afectos, o paso do tempo, a vellez, a perda dos seres queridos e como superar esa situación ou a importancia da memoria e dos recordos.
Unha proposta perfecta para prelectores e para axudar a recoñecer as cores. Unha fábula contemporáneapara primeiros lectores que nos invita a recoñecernos e a aceptarnos, a superar as nosas inseguridades,e que revela a importancia da amizade e da comunicación.
O rebumbio social ante a excepcional noticia do nacemento dun neno de papel marca o inicio deste traballo.Así, unha tras outra,sucédense fermosas metáforas para describir á insólita criatura,entre a tenrura,o caracter extraordinario da súa natureza sensible e a extrema delicadeza dos coidados que require.
O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz. Só era feroz.
Os famosos detectives, o lobo Lupas e a xirafa Nanai, están sempre preparados para resolver calquera misterio que se lles presente e tamén para vivir divertidas aventuras.Aímaste ti tamén.
Unha historia agradable e optimista que nos anima a comunicarnos, a expresar afectos e emocións.
Narrado en primeira persoa ,desde a perspectiva dun neno, narra a vida cotiá de Omar o seu irmán e o resto de persoas que viven nun campo de refuxiados, onde hai espacio para a dor, a espera, a aprendizaxe , xogos, irmandade , e esperanza de futuro. Este cómic dá voz a unha realidade e faino dun xeito sinxelo e entretido .
O detective Lechuza enfróntase ao caso máis difícil da súa carreira . Unha aventura que poñerá a proba os nervios do lector e os superpoderos do detective Lechuza como nunca antes. Qué pasará ???
Poesía
Poemas rimados, divertidos, musicais que percorren as noites amosándonos multitude de persoaxes: a lúa, as estrelas,o zorro,o peixe, as ovellas,unha sábana convertida en pantasma... As ilustracións de cores vivos e intensos ,aportan luz a este poemario nocturno ideal para compartir no limiar do sono.
Co esta obrea,as lectoras e lectores viaxarán ao mundo do circo guiados por un paiaso que perdiu unha bágoa unha carpa presumida ou unha pitonisa. Ilustrtacións cheas de cor,riqueza expresiva e movemento como os propios poemas,completan esta proposta.
Coas preguntas enxeñosas e as respostas rápidas deste libro aprenderedes moitos detalles e curiosidades sobre os virus e as bacterias.Nunca deixedes de aprender e divertirvos !!!
Este libro explica, de xeito moi breve e sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender... divertíndote
Certo éque na mar hai máis palabras que mariñeiros, pero o noso barco non podía traer todo. Marchamos á mercé do vento e voltamos con máis de douscentas palabras e oitenta actividades nas nosas redes. Divírtete con elas!!!!!
Versos sinxelos e enxeñosos revelan algunhas pautas para coidarnos e manter a nosa saúde. Atrévete a saber mais con estas rimas cheas de humor
Un libro para os mais pequenos, cheo de solapas e partes móbiles, co que poderás explorar o fermoso lugar onde vives: o planeta Terra!
Vivir É un himno á diversidade e singularidade do mundo que revela aspectos compartidos por animais e seres humanos.As súas ilustracións a tinta e acuarela con tal abundancia de detalles que cautivaran a grandes e pequenos.
Se puidese redeseñar o mundo, despregaríao como un libro... Con esta frase o autor revela os seus soños de conseguir un mundo mellor, no que todos os seus habitantes puidesen dar renda solta á súa imaxinación e descubrir a beleza do mundo. ambiente. E ti, como o debuxarás?
NOVIDADES NA BIBLIOTECA ROSALÍA
Belen Veleiro
Created on November 16, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Project Roadmap Timeline
View
Step-by-Step Timeline: How to Develop an Idea
View
Artificial Intelligence History Timeline
View
Museum Escape Room
View
Momentum: Onboarding Presentation
View
Urban Illustrated Presentation
View
3D Corporate Reporting
Explore all templates
Transcript