Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

As vangardas

traballoogalego

Created on November 16, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

AS VANGARDAS

MODERNIDADE E RUPTURISMO

ÍNDICE

CONTEXTO

MANUEL ANTONIO

CARACTERÍSTICAS

LITERATURA EUROPEA

RAFAEL DIESTE

LITERATURA GALEGA

CONTEXTO

TRAS A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL HAI UN CLIMA DE PESIMISMO EN EUROPA. NESTE CONTEXTO, XORDEN VAGAS DE RENOVACIÓN ARTÍSTICA PARA ROMPER DEFINITIVAMENTE COS VELLOS MOLDES ESTÉTICOS, ANTICUADOS E INAPROPIADOS PARA UNHA SOCIEDADE QUE QUERE MODERNIDADE. ESTAS NOVAS ESCOLAS CHÁMANSE VANGARDAS OU ISMOS: DIFERENTES MOVEMENTOS NO MESMO TEMPO OS CALES, TODOS XUNTOS, CONSTITÚEN A VANGARDA.

CARACTERÍSTICAS

  • O centro é París, capital da intelectualidade europea.
  • Uso do manifesto como punto de partida e canle de expresión.
  • Loita contra as tradicións e espírito de rebeldía.
  • Defensa da liberdade e da orixinalidade como máximo valor da obra artística.
  • Concepción autónoma da arte. Deshumanízase e despreza calquera interpretación que a una á realidade.
  • Renovación das técnicas de composicion e da linguaxe figurada, procura a irracionalidade e o absurdo.

LITERATURA EUROPEA

CREACIONISMO

CUBISMO

DADAÍSMO

FUTURISMO

SURREALISMO

EXPRESIONISMO

LITERATURA GALEGA

  • En Galicia, son os escritores nados arredor de 1900 os que adoptan as vangardas.
  • Coñécense como a Xeración de 1925 porque as súas obras saen arredor deste ano.
  • Son os autores máis novos pero conviven cos das Irmandades e cos do Grupo Nós, cos que comparten experiencias e iniciativas.
  • Características:
  1. Rompen coa tradición literaria mediante a provocación. Evitan o costumismo e procuran a intranscendencia social dos temas.
  2. Participan en agrupacións, partidos nacionalistas e institucións culturais.
  3. Adaptan os elementos das vangardas europeas e tamén das portuguesas.
  4. Extenden a vangarda a diferentes artes, non só a literatura.

LITERATURA GALEGA

  • As vangardas na nosa literatura desenvolven, principalmente, tres ismos:
  1. CREACIONISMO: creación dunha realidade independente dentro de cada poema; a natureza debe imitar a arte e non ao contrario. O único representante é Manuel Antonio.
  2. NEOTROBADORISMO: con temas e recursos estilísticos da lírica galego-portuguesa medieval adaptados aos gustos do século XX. Destacan Cunqueiro e Bouza Brey.
  3. HIlOZOÍSMO: poesía inspirada na paisaxe e na natureza; poemas breves pero con moita mensaxe. Sobresaen Amado Carballo ou Augusto María Casas.
  • De forma máis residual tamén hai mostras de:
  1. CUBISMO: Mar ao norde, de Cunqueiro ou Fírgoas, de Manuel Luís Acuña.
  2. SURREALISMO: Poemas do si e do non, de Cunqueiro.
  • Un fito fundamental é a publicación do manifesto ¡Máis alá! de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, en 1922. É o único expoñente do xénero na nosa literatura de vangarda e busca facer un chamamento a xuventude intelectual galega para liderar a renovación da arte e das letras.

LITERATURA GALEGA

  • Ao igual que se fai en Europa, os nosos escritores tamén empregan as revistas para difundir os seus textos. Ademais de A Nosa Terra e Nós, contan, entre outras, coas seguintes publicacións:
  1. ALFAR
  2. RONSEL
  3. GALIZA
  4. YUNQUE
  5. PAPEL DE COLOR

MANUEL ANTONIO

Foi un autor perfeccionista: revisou e depurou os seus versos e reorganizou títulos e poemarios constantemente. Contacta cos movementos nacionalistas e coas Irmandades da Fala, o que o afasta do conservadorismo familiar. Comeza a publicar artigos en revistas como "Alfar" ou "Ronsel" e participa nas actividades das organizacións nacionalistas.

Obra poética

Con anacos d`o meu interior, 1920-1922

Debátese entre temas e procedementos formais clásicos e unha incipiente renovación estética.

Foulas, 1922-1925

Percíbese o vangardismo, xa que as imaxes se aproximan ao modelo creacionista.

Sempre e mais dispois, 1923

Poema extenso e, seguramente, inacabado. Ofrece a visión do autor sobre a emigración.

Viladomar, 1928

Testamento literario do autor. Composto por seis poemas de ton elexíaco. Non chegou a vela publicada.

De catro a catro. Follas sen data d`un diario d`abordo, 1926-1928

  • Único poemario publicado en vida do autor.
  • Queda patente a súa filiación creacionista, xa que crea un universo partillado polo home, o mar e o barco.
  • Comeza co poema "Intencións" e remata con "Adeus". Así, a travesía do barco queda completa e a estrutura pechada.
  • Creación do ambiente mariñeiro.
  • Introdución de imaxes inesperadas (algo novidoso na nosa literatura).
  • Antirromanticismo.
  • Uso de tecnicismos e estranxeirismos da linguaxe marítima.

RAFAEL DIESTE

Dedícase, principalmente, á narrativa, ao teatro e ao xornalismo.Fai colaboracións con "El Pueblo Gallego" ou "El faro de Vigo". Ingresa no Seminario de Estudos Galegos e participa nas Misións Pedagóxicas. Durante a guerra civil participa en organizacións antifranquistas e ten que exiliarse en Bos Aires, onde desenvolve múltiples proxectos editoriais e culturais.

PRODUCIÓN LITERARIA

Dos arquivos do trasno

A fiestra valdeira

  • Os relatos aparecen en diferentes publicacións periódicas até que, en 1926, o autor prepara unha edición con 8 narracións.
  • En 1962, dáse por finalizada a obra con 20 textos.
  • Predilección polo fantástico, por buscar a verosimilitude no incrible e pola narración do medo.
  • Os/as personaxes acostuman ser de clases populares e deben enfrontarse a acontecementos que foxen da interpretación común do mundo.
  • Unha das poucas mostras do noso teatro vangardista.
  • Data de 1927 e non se representou até 1935.
  • Está escrita en clave simbólica: dona Balbina encarga un retrato do seu home, don Miguel. O pintor sitúa unha fiestra no fondo a través da que se percibe unha paisaxe mariñeira.
  • O tema é a fidelidade á orixe e á identidade propias.