Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

SAMAÍN OU HALLOWEEN

mbarca

Created on October 26, 2022

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Practical Video

Akihabara Video

Essential Video

Explainer Video: Keys to Effective Communication

Explainer Video: AI for Companies

Space video

Season's Greetings Video Mobile

Transcript

Un conto de moito medo...

Video-presentación

SAMAÍN OU HALLOWEEN?

O Samaín é unha celebración pagá que comeza no día de defuntos. Nesta data (1 de novembro), adoitamos recordar aos mortos e tamén cumprir con certas terroríficas tradicións...

Pero é o mesmo o Samaín que o Halloween?

Imos sabelo!

O SAMAÍN

A ORIXE DO TERMO

Samhain, deus dos mortos

En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os antigos celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

Samhain, o deus dos mortos, era un dos deuses que adoraban os antigos druídas irlandeses de orixe Celta

De feito, a orixe do Samaín está en Irlanda, un dos paises Celtas por excelencia.

"Os celtas que chegaron a Galicia trouxeron con eles as súas tradicións e costumes...que foron arraigando no noso país e variando pouco a pouco, ate os tempos actuais

O Ano Novo celta

Transición do verán ao inverno

Os pobos celtas consideraban que o ano estaba dividido en dúas partes: unha escura, que comeza na noite de Samaín, e unha clara, que comeza na noite de Walpurgis, coa festa de Beltane, entre o 30 de abril e o 1 de maio. .

Queredes saber por que decoramos terroríficamente as cabazas?

Moito antes de que nas hortas galegas houbese cabazas, en Samaín as poboacións célticas collían as caveiras dos seus inimigos mortos na batalla e iluminábanos, para colocalos nos muros dos castros. Posteriormente, a pesar da chegada do cristianismo, que o declarou unha festividade pagá, en Europa os pobos de orixe céltica continuaron coa tradición do Samaín.

Co tempo, as caveiras fóronse substituíndo por cabazas...moito máis doadas de conseguir que as cabezas dos enimigos!

Apostei cun amigo a ver quen aguantaba máis debaixo da auga...

Gañei eu!!

Entre aqueles pobos que conservaron as súas tradicións, como os irlandeses, a noite de Samaín baleiraban os nabos e no oco interno colocaban carbón ardente para alumar o regreso dos defuntos ao mundo dos vivos, coa intención de recibirlles e, á vez, protexerse dos malos espíritos.

Coa aparición das cabazas, comezaron a baleirarse estas para esculpir nelas caveiras que desen medo, colocando unha vela no seu interior,...

...para espantar aos malos espíritos na noite que transita entre o verán e o inverno

AQUÍ DESCANSAN...

PAQUETE METES BOA PERSOA, BO AMIGO, BO COMPAÑEIRO....

AS MIÑAS GANAS DE ESTUDAR!

...MAL ELECTRICISTA!!

Estade ben atentos...non vos vaia coller de noite a Santa Compaña!

Entre as tradicións, mitos e lendas de Galicia, o da Santa Compaña afunde as súas raíces nesta noite. A comitiva de defuntos, á que dirixe unha persoa viva, camiña en completo silencio con longos cirios que iluminan os lugares polos que pasan. Todos han de gardarse de atoparse con esta procesión. O condenado que as guía só verase libre de tal maldición cando lle pase a testemuña de tal desgraza a outro.

MORREU DE TODO O CORPO

XA VOS DICIA QUE ATOPÁBAME MAL!!!

O HALLOWEEN

A ORIXE DO TERMO

All Hallows' Eve

O Samaín chegou a Estados Unidos durante os séculos XVIII e XIX, por mor dos numerosos emigrantes escoceses e irlandeses que partiron cara a América, levando con eles a súa cultura e tradición. De aí provén o nome actual de Halloween, pois tal denominación ten a súa orixe no termo All Hallows' Eve, a vixilia que se celebraba a noite anterior ao Día de Defuntos.

As culturas entón mesturáronse e incluíuse nesta celebración a lenda negra de Stingy Jack, un irlandés que a noite dun 31 de outubro cóntase que se tropezou co mesmo Diaño, e a quen terminaría coñecéndose como Jack O' Lantern. Ese mesmo termo acabou utilizándose como nome común para referirse ás cabazas que se decoran en Halloween.

desexo que teñades un...

FELIZ SAMAÍN!