Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

3ºESO_OS TECIDOS ANIMAIS

Pablo Blanco Penelas

Created on October 17, 2022

PRESENTACIÓN SOBRE OS PRINCIPAIS TECIDOS ANIMAIS

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Flow Presentation

Dynamic Visual Presentation

Pastel Color Presentation

Transcript

Os tecidos animais

Empezar

Un tecido é un conxunto de células que colaboran para realizar unha función dentro do organismo.

O proceso polo cal unha célula nai se convirte nunha célula concreta dun tipo de tecido denomínase diferenciación celular

Tecido Epitelial

Tecido con células moi unidas entre si que se disponen nunha ou varias capas. Existen 2 tipos de tecido epitelial.

EPITELIO GLANDULAR

EPITELIO DE REVESTIMENTO

Epitelio de revestimento

Epitelio glandular

O epitelio glandular é un derivado do epitelio de revestimento que se especializa na segreción de substancias. Ás formacións de epitelio glandular denomínanselles glándulas, e estas poden ser de 2 tipos:

Glándula exócrina: secreta sustancias ao exterior ou ao interior de cavidades corporais (como por exemplo, o estómago)

Glándula endócrina: secreta sustancias ao sangue, no interior dos vasos sanguíneos. A estas substancias denomínanselles hormonas, e a súa función é transmitir mensaxes entre as glándulas e os órganos do corpo, regulando así as súas funcións.

Tecido Conectivo

Os tecidos son aqueles compostos por células específicas incluídas dentro dunha substancia denominada matriz extracelular.

Tecido Conectivo propiamente dito (conxuntivo)

Células: FibrocitosMatriz: presenta abundantes fibras Función: enche o oco entre órganos e forma estruturas como tendóns e ligamentos

Tecido Sanguíneo

Células: Glóbulos vermellos, Glóbulos brancos (leucocitos) e PlaquetasMatriz: Plasma (líquida) Función: Transporte de sustancias, regulación térmica, defensa inmunolóxica...

Tecido Óseo

Células: OsteocitosMatriz: Calcificada (sólida e dura) Función: Formar os ósos do esqueleto (locomoción e soporte). Albergar a medula ósea (a cal fabrica as células sanguíneas)

Existen dous tipos de tecido óseo.

Tecido óseo compacto (zona externa do óso).

Tecido óseo esponxoso(zona interna do óso).O tecido óseo esponxoso contén medula ósea, a cal fabrica as células sanguíneas

Tecido Cartilaxinoso

Células: CondrocitosMatriz: Con aspecto liso e céreo Función: Evita o rozamento entre os ósos nas articulacións, sirve de soporte durante o desenvolvemento embrionario e forma estruturas como as orellas

Tecido Adiposo

Células: AdipocitosMatriz: Escasa, un pequeno espazo entre as células Función: Acumula lípidos (entre os que se atopan as graxas), co que cumpre función de reserva enerxética, protección contra golpes e illante térmico.

Tecido Nervioso

Tecido que conforma o encéfalo, médula espiñal e nervios. Está composto por neuronas (células especializadas en recibir e transmitir impulsos nerviosos) e células gliais (células de suporte).

Tecido Muscular

Tecido composto por células denominadas miocitos, que teñen a capacidade de contraerse e extenderse.

Tecido muscular estriado esquelético

Tecido muscular estriado cardíaco

Tecido muscular liso (tubo dixestivo)