Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
A BIBLIOTECA
Antonio Carregal
Created on October 10, 2022
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
A bilioteca do noso centro
Que é a biblioteca?
Que hai na biblioteca?
Que podo facer?
Como buscar un libro?
Como se identifica un libro?
Como levalo para casa?
Preciso carné?
Como colaborar?
Que é a biblioteca? A biblioteca é unha xanela aberta ao mundo. Alí podes atopar libros, películas, música, revistas, xogos... Anímate a coñecela!
Que hai na biblioteca? Na biblioteca podes atopar libros, xogos, revistas, música, películas... Se non atopas o que che gusta, tamén podes facernos suxestións. Lembra que sempre hai polo menos unha copia de cada libro das lecturas que che piden nas diversas materias.
+Info
Que podo facer? Hai moitas cousas que podemos facer na biblioteca. Podemos LER ESTUDAR, FACER as tarefas, coller un XOGO para o recreo, coller un LIBRO/PELI/CD e levalo para a casa en préstamo.
Como buscar un libro? Hai varias formas de facelo:
- Buscando no catálogo online no enlace abaixo.
- Podes tamén ir á biblioteca e pedirlle axuda ao/á profesor/a que estea alí nese momento.
catálogo
Como buscar un libro? Hai varias formas de facelo:
- Buscando no catálogo online no enlace abaixo.
- Podes tamén ir á biblioteca e pedirlle axuda ao/á profesor/a que estea alí nese momento.
catálogo
Como se identifica o libro?Cada exemplar está identificado cun código e cunha etiqueta. Hai un cartel que che guía polos códigos. Vas ver na etiqueta:
- O código do libro (CDU)
- As tres primeiras letras do apelido do autor en maiúscula
- As tres primeiras letras do título en minúscula
a nosa cdu
Como levalo para a casa? Podes ir xunto á bibliotecaria e que che anote no sistema. Podes coller un libro, peli ou CD por quince días, renovables se non hai ninguén en lista de espera para ese exemplar. Tamén podes acceder a unha biblioteca do préstamo en liña: Para acceder, tes que pasar pola biblioteca e pedir o nome de usuario e a clave de acceso.
Enlace á elba
Preciso carné? Todo o alumnado do centro xa ten un número de carné asignado. Se queres solicitar un préstamo, só tes que dicirlle o teu nome e apelidos á bibliotecaria.
Como colaborar? Pódese axudar na biblio como voluntario/a, facendo traballos de organización, deseño de actividades, acompañamentos lectores, deseños de carteis... Pregunta á bibliotecaria.
Como colaborar? Pódese axudar na biblio como voluntario/a, facendo traballos de organización, deseño de actividades, acompañamentos lectores, deseños de carteis... Pregunta á bibliotecaria.
+Info